Post on 16-Apr-2017
Música: Albinoni. Concierto nº 8, en sol menor. LargoPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain.
José Antonio PagolaRede evanxelizadora BUENAS NOTICIASSementa coa fe e a confianza de Xesús. Pásao.
13 de xullo de 201415º Tempo ordinario (A)
Mateu 13, 1 - 23
Ao rematar o relato da parábola do sementador, Xesús fai esta chamada: “O que teña oídos para
oír, que oia”.
Pero, en que temos que reflexionar? Pero, en que temos que reflexionar? No sementador? Na semente?No sementador? Na semente?
Nos diferentes terreos?Nos diferentes terreos?
Pídesenos que prestemos moita atención Pídesenos que prestemos moita atención á parábola.á parábola.
Tradicionalmente, os cristiáns témonos
fixado case exclusivamente nos terreos en que cae a
semente, para revisar cal é a nosa actitude ao
escoitar o Evanxeo.
Con todo é importante prestar atención ao
sementador e ao seu modo de sementar.
É o primeiro que di o relato: “Saíu o
sementador a sementar”. Faino cunha
confianza sorprendente. Sementa de
maneira abundante.
A semente cae e cae por A semente cae e cae por todas partes, incluso onde todas partes, incluso onde
parece difícil que a semente parece difícil que a semente poida xermolar. poida xermolar.
Así o facían os campesiños Así o facían os campesiños de Galilea, que sementaban de Galilea, que sementaban
incluso ao bordo dos incluso ao bordo dos camiños e en terreos camiños e en terreos
pedrosos.pedrosos.
Á xente non lle é difícil identificar
o sementador. Así sementa Xesús a
súa mensaxe. Veno saír todas as
mañás a anunciar a Boa Nova de Deus.
Sementa a súa Palabra entre a xente sinxela que o
acolle, e tamén entre os escribas e fariseos que o
rexeitan. Nunca se desalenta.
A súa semente non será estéril.
Desbordados por unha forte crise relixiosa, podemos pensar que o Evanxeo perdeu a súa
forza orixinal e que a mensaxe de Xesús xa non ten garra para atraer a atención do home ou
da muller de hoxe.
Certamente, non é o momento de “recoller” éxitos chamativos, senón de
aprender a sementar sen desalentarnos, con máis humildade e verdade.
Non é o Evanxeo o que perdeu
forza humanizadora,
somos nós os que o estamos
anunciando con unha fe
débil e vacilante.
Non é Xesús o que perdeu poder de Non é Xesús o que perdeu poder de atracción. atracción.
Somos nós os que o desvirtuamos Somos nós os que o desvirtuamos coas nosas incoherencias e coas nosas incoherencias e
contradicións.contradicións.
O Papa Francisco di que, cando O Papa Francisco di que, cando un cristián non vive unha adhesión forte a Xesús,un cristián non vive unha adhesión forte a Xesús,
“ “axiña perde o entusiasmo e deixa de estar axiña perde o entusiasmo e deixa de estar seguro do que transmite, fáltalle forza e paixón. seguro do que transmite, fáltalle forza e paixón.
e unha persona que non está convencida, entusiasmada, segura, e unha persona que non está convencida, entusiasmada, segura, namorada non convence a ninguén”.namorada non convence a ninguén”.
Evanxelizar non é propagar unha doutrina, senón facer presente no medio da sociedade e no corazón das
personas a forza humanizadora e salvadora de Xesús. E isto non se pode facer de calquera maneira.
O máis decisivo non é o número de predicadores, catequistas e ensinantes de relixión, senón a
calidade evanxélica que poidamos irradiar os cristiáns. Que contaxiamos?
Indiferenza ou fe convencida?Mediocridade ou paixón por unha
vida máis humana?
Sementar
Ao rematar o relato da parábola do sementador, Xesús fai esta chamada: “O que teña oídos para oír, que oia”. Pídesenos que prestemos moita atención á parábola. Pero, en que temos que reflexionar? No sementador? Na semente? Nos diferentes terreos?
Tradicionalmente, os cristiáns témonos fixado case exclusivamente nos terreos en que cae a semente, para revisar cal é a nosa actitude ao escoitar o Evanxeo. Con todo é importante prestar atención ao sementador e ao seu modo de sementar.
É o primeiro que di o relato: “Saíu o sementador a sementar”. Faino cunha confianza sorprendente. Sementa de maneira abundante. A semente cae e cae por todas partes, incluso onde parece difícil que a semente poida xermolar. Así o facían os campesiños de Galilea, que sementaban incluso ao bordo dos camiños e en terreos pedrosos.
Á xente non lle é difícil identificar o sementador. Así sementa Xesús a súa mensaxe. Veno saír todas as mañás a anunciar a Bona Nova de Deus. Sementa a súa Palabra entre a xente sinxela que o acolle, e tamén entre os escribas e fariseos que o rexeitan. Nunca se desalenta. A súa semente non será estéril.
Desbordados por unha forte crise relixiosa, podemos pensar que o Evanxeo perdeu a súa forza orixinal e que a mensaxe de Xesús xa non ten garra para atraer a atención do home ou a muller de hoxe. Cirtamente, non é o momento de “recoller” éxitos chamativos, senón de aprender a sementar sen desalentarnos, con máis humildade e verdade.
Non é o Evanxeo o que perdeu forza humanizadora, somos nós os que o estamos anunciando con unha fe débil e vacilante. Non é Xesús o que perdeu poder de atracción. Somos nós os que o desvirtuamos coas nosas incoherencias e contradicións.
O Papa Francisco di que, cando un cristián non vive unha adhesión forte a Xesús, “axiña perde o entusiasmo e deixa de estar seguro do que transmite, fáltalle forza e paixón. E unha persoa que non está convencida, entusiasmada, segura, namorada, non convence a ninguén”.
Evanxelizar non é propagar unha doutrina, senón facer presente no medio da sociedade e no corazón das persoas a forza humanizadora e salvadora de Xesús. E isto non se pode facer de calquera maneira. O máis decisivo non é o número de predicadores, catequistas e ensinantes de relixión, senón a calidade evanxélica que podamos irradiar os cristiáns. Que contaxiamos? Indiferenza ou fe convencida? Mediocridade ou paixón por unha vida máis humana?
José Antonio Pagola