Post on 20-Feb-2017
Presentación: B. Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain Música: Bach. Aria de a Suite en Re.
José Antonio Pagola
27 setembro 201527 setembro 201526º Timpo Ordinario26º Timpo Ordinario
Marcos 9, 38-43. 45. 47-48Marcos 9, 38-43. 45. 47-48
A pesar dos esforzos de Xesús por ensinalos a vivir coma El, ao A pesar dos esforzos de Xesús por ensinalos a vivir coma El, ao servizo do reino de Deus, facendo a vida das persoas máis humana, servizo do reino de Deus, facendo a vida das persoas máis humana,
máis digna e ditosa, os discípulos non terminan de entender o máis digna e ditosa, os discípulos non terminan de entender o Espírito que o anima, o seu amor grande aos máis necesitados e a Espírito que o anima, o seu amor grande aos máis necesitados e a
orientación profunda da súa vida.orientación profunda da súa vida.
O relato de Marcos é moi iluminador. Os discípulos informan a Xesús dun feito que
os desagradou moito. Viron un descoñecido ««expulsando demosexpulsando demos». ».
Está actuando ««no nome de Xesúsno nome de Xesús» » e na súa mesma liña: dedícase a liberar as persoas do mal que as impide vivir de
maneira humana e en paz.
Con todo, aos discípulos non lles
gusta o seu traballo liberador. Non pensan na alegría dos que son
curados por aquel home. A súa actuación parécelles unha intrusión
que hai que cortar.
Expóñenlle a Xesús a súa reacción: «Quixémosllo impedir porque
non é dos nosos». Aquel estraño non debe seguir curando
porque non é membro do grupo.
Non lles preocupa a saúde da xente,
senón o seu prestixio de grupo.
Pretenden monopolizar a
acción salvadora de Xesús: ninguén
debe curar no seu nome se non se adhire ao grupo.
Xesús reproba a actitude dos seus discípulos e colócase nunha lóxica radicalmente diferente.
El ve as cousas doutra maneira. O primeiro e máis importante non é o crecemento daquel
pequeno grupo, senón que a salvación de Deus chegue a todo ser humano, incluso por medio de persoas que non pertencen
ao grupo: «o que non está contra nós, está connosco».
O que fai presente no mundo a forza curadora e liberadora de Xesús está a
favor do seu grupo.
Xesús rexeita a postura sectaria e excluínte dos seus discípulos que só pensan no seu prestixio e crecemento, e adopta unha actitude aberta e inclusiva onde o primeiro é
liberar o ser humano daquilo que o destrúe e o fai desditado. Este é o Espírito que ha de animar sempre os seus
verdadeiros seguidores.
Fóra da Igrexa católica, hai no mundo un número incontable de homes e mulleres que fan o ben e
viven traballando por unha humanidade máis digna, máis xusta e máis liberada. Neles está vivo o Espírito
de Xesús.
Temos que sentilos como amigos e aliados, Temos que sentilos como amigos e aliados, nunca como adversarios. nunca como adversarios.
Non están contra nós pois están a favor do ser Non están contra nós pois están a favor do ser humano, como estaba Xesús. humano, como estaba Xesús.
SON AMIGOS, NON ADVERSARIOS
A pesar dos esforzos de Xesús por ensinalos a vivir coma El, ao servizo do reino de Deus, facendo a vida das persoas máis humana, máis digna e ditosa, os discípulos non terminan de entender o Espírito que o anima, o seu amor grande aos máis necesitados e a orientación profunda da súa vida.
O relato de Marcos é moi iluminador. Os discípulos informan a Xesús dun feito que os desagradou moito. Viron un descoñecido «expulsando demos». Está actuando «no nome de Xesús» e na súa mesma liña: dedícase a liberar as persoas do mal que as impide vivir de maneira humana e en paz. Con todo, aos discípulos non lles gusta o seu traballo liberador. Non pensan na alegría dos que son curados por aquel home. A súa actuación parécelles unha intrusión que hai que cortar.
Expóñenlle a Xesús a súa reacción: «Quixemos impedirllo porque non é dos nosos». Aquel estraño non debe seguir curando porque non é membro do grupo. Non lles preocupa a saúde da xente, senón o seu prestixio de grupo. Pretenden monopolizar a acción salvadora de Xesús: ninguén debe curar no seu nome se non se adhire ao grupo.
Xesús reproba a actitude dos seus discípulos e colócase nunha lóxica radicalmente diferente. El ve as cousas doutra maneira. O primeiro e máis importante non é o crecemento daquel pequeno grupo, senón que a salvación de Deus chegue a todo ser humano, incluso por medio de persoas que non pertencen ao grupo: «o que non está contra nós, está connosco». O que fai presente no mundo a forza curadora e liberadora de Xesús está a favor do seu grupo.
Xesús rexeita a postura sectaria e excluínte dos seus discípulos que só pensan no seu prestixio e crecemento, e adopta unha actitude aberta e inclusiva onde o primeiro é liberar o ser humano daquilo que o destrúe e fai desditado. Este é o Espírito que ha de animar sempre aos seus verdadeiros seguidores.
Fóra da Igrexa católica, hai no mundo un número incontable de homes e mulleres que fan o ben e viven traballando por unha humanidade máis digna, máis xusta e máis liberada. Naqueles está vivo o Espírito de Xesús. Temos que sentilos como amigos e aliados, nunca como adversarios. Non están contra nós pois están a favor do ser humano, como estaba Xesús.
José Antonio Pagola