Post on 08-Jul-2015
A auga condúcese para levala dun sitio a outro, para pola a traballar, para achegala aos lugares de consumo ou para evitar os danos que poida producir.
As construcións tradicionais para conducir a auga están feitas en pedra, en moitos casos moi ben traballada, e ás veces aproveitando as rochas naturais que se excavaban para darlle forma á canle.
Canle escavada na pedra
Muíños do Barosa (Barrro)
Canle dunha nora
A auga desvíase facendo presas ou tostas
Río Barbantiño
Levada do Gorgullón ou das Achas. Percorre máis de 20 km desde A Caniza ata preto de Arbo.
As levadas son desviacións dunha parte do caudal dun río ou regueiro.
Levadas para regar
Canle para regar no Umia
Muíños do Batán (Ribadumia)
Rego da Armenteira (Umia)
Os acuedutos constrúense para conducir a auga salvando desniveis.
O Incio
Mirón (Pontecaldelas)
Mosteiro de Samos
Monte da Cidade (Barragán-Oitavén)
Pradoalvar (Vilariño de Conso)
Frendoal (Aldán)
Diversas estruturas construídas en pedra serven tamén para almacenar auga como os estanques, ou neve, como os neveiros que se construíron nas serras para almacenar o xeo que se vendía despois nas cidades.
Neveiro na serra do Larouco
Tina dun muíño no Belelle
Patio do alxibe do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. No centro o acceso ao interior do depósito no que se almacena a auga que se recolle da chuvia por medio dun sistema de rampas e canles.
A pedra escavada foi utilizada como recipiente para a auga nas pías de bautismo e de auga bendecida nas igrexas, e nos pilóns das fontes, vertedeiros e bebedeiros.
Para dar saída á auga de tellados e cubertas fanse canos, gárgolas e baixantes.
Nos tempos en que non había auga corrente nas casas había que ir por auga á fonte para beber, lavarse ou cociñar. Non había cuartos de baño e para lavarse empregábanse diferentes recipientes.
Cerámica Celta. Pontecesures
Antes de existir o plástico os recipientes para transportar e almacenar a auga eran de barro (cántaros, olas, porróns), madeira (sellas, caldeiros, baldes), porcelana (xerras, palanganas) ou cinc (caldeiros, bañeiras).
Cociña do Museo de Lugo
Gregadeiro con desaugadoiro
Pilón de lavar, pías e recipientes de cinc.
Recipientes de cinc.
Esceas doutros tempos
Sellas na feira de Betanzos. Ano 1930
Déixame que vou de presacoa auga de regar,
auga de moitos regueirosé moi mala de xuntar.
(Cantiga popular)
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaNovembro 2013