Post on 24-Jan-2015
description
A cohesión textual
Unha aproximación
Algúns exemplos están adaptados de XABIER MOURIÑO: Curso de técnicas de expresión escrita, Tambre.
Que é a cohesión textual?
É a propiedade máis importante dun texto?
É unha propiedade que teñen os textos. Refírese á necesaria relación entre os elementos (palabras, frases, oracións e parágrafos).
Un texto ten varias propiedades, todas importantes: adecuación (rexistro axeitado), coherencia (cantidade, claridade e orde das ideas), corrección (axuste ás regras gramaticais e presentación, ademais da cohesión.Mais, se falta esta, o escrito non pasa de ser unha lista inconexa de elementos e a interpretación faise moi difícil.
A ver...
eh?
San Leonardo quería fundar un mosteiro.San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo todo un reino. San Leonardo rexeitou o reino. San Leonardo dixo que só quería a terra que puidese percorrer o asno de San Leonardo nunha noite. Tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. Todo o mundo invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos asnos.
A ver...
uf!
Contan que San Leonardo quería fundar un mosteiro. e, para iso, San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei O monarca ofreceulle a San Leonardo todo un reino., pero San Leonardo o santo rexeitouno o reino. San Leonardo e dixo que só quería a terra que puidese percorrer o seu asno de San Leonardo nunha noite. Por esa razón, tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. e todo o mundo o invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos asnos destes animais.
A ver...
ah!
Contan que San Leonardo quería fundar un mosteiro e, para iso, foille pedir un anaco de terra ao rei. O monarca ofreceulle todo un reino, pero o santo rexeitouno e dixo que só quería a terra que puidese percorrer o seu asno nunha noite. Por esa razón, tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos e todo o mundo o invoca para que vele pola saúde destes animais.
De que falamos entón realmente?
Se nos fixamos no texto anterior, era necesario introducir:
Mecanismos de tipo gramatical: palabras que conectan as ideas.Por exemplo: Pero. Mecanismos de tipo léxico: sobre todo palabras que substitúen outras. Como: o monarca, seu...
Principais mecanismos gramaticais
Conectores e marcadores textuais:
- de orde (En primeiro lugar, A seguir, Para rematar,...) - aditivos para engadir ideas (Ademais, Igualmente,...)- opositivos para contrastar (Pero, Aínda así,...) - etc.
Tamén é importante a puntuación para separar as distintas partes do texto.
Principais mecanismos léxicos
De repetición do dito mediante a substitución: pronomes, adverbios de lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións equivalentes...Exemplos?
De repetición das propias palabras. Certa repetición é precisa nun texto, pero debe evitarse o abuso coa substitución.Exemplos?
De supresión: a elipse.Exemplos?
Principais mecanismos léxicos
De repetición do dito mediante a substitución: pronomes, adverbios de lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións equivalentes...► rexeitouno o reino► dos burros e dos asnos destes animais
De repetición das propias palabras. Certa repetición é precisa nun texto, pero debe evitarse o abuso coa substitución.► Contan que San Leonardo... (...) Tense a San Leonardo...
De supresión: a elipse.► ...para que San Leonardo vele...
Aprecias a súa función?Identificas os tipos?
A fotografía, excelente, móstranos un primeiro plano de María, coa luz iluminando o lado dereito da súa cara. O que máis chama a atención na imaxe é a mirada: dá a sensación de que a rapaza mira ao máis alá. Mais, quen a fotografou foi un compañeiro, alumno da súa mesma clase, moi amigo dela. Aínda así, a moza non sabía que lle sacaran esa foto e () levou unha sorpresa enorme cando a viu.
Como mellorarías este texto?
Deixa a landra en auga morna durante unha noite. Coloca unha manda de pedriñas no fondo da maceta. Enche uns dous terzos da maceta. Cubre a maceta cunha pouca terra. Coloca unha bolsa de plástico sobre a maceta. Ata a bolsa á maceta. A landra estará húmida. Pon a maceta nun lugar soleado. Retira a bolsa da maceta cando a landra teña gromos. Trasplanta a planta no outono.