A evolución da Praza de Galicia (Santiago de Compostela)

Post on 05-Jul-2015

191 views 6 download

description

Nesta presentación analizase a evolución dun espazo urbano de Santiago de Compostela entre 1730 e 2012

Transcript of A evolución da Praza de Galicia (Santiago de Compostela)

A E V O L U C I Ó N D U N E S PAZ O U R B AN O :

A P R AZ A D E G AL I C I A

( S AN T I A G O D E C O M P O S T E L A)

1 7 3 0 - 2 0 1 2

O patrimonio desaparecido

Leopoldo Fernández Gasalla

A PRAZA DE GALICIA

O espazo coñecido hoxe como Praza de Galicia é un ámbito inmediato á zona histórica de

Santiago de Compostela, o que fai del un lugar particularmente sensible dende o punto de

vista urbanístico, pois debería marcar unha transición harmoniosa entre a zona histórica e o

ensanche da cidade.

Dende o século XVIII experimentou unha serie de cambios, que viñeron a acentuarse en

1913 co inicio do derrubo e construcción de varios edificios senlleiros que marcaron e marcan

a imaxe representativa da cidade.

Actualmente este espazo está pendente de remodelación. Existe un proxecto aprobado xa

polo Concello, aínda que a a crise económica semella que paralizou esta iniciativa

urbanística.

O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (1)

O primeiro dos edificios relevantes construidos neste lugar foi a Casa do Tribunal

do Santo Oficio da Inquisición.

Anteriormente estaba xunto ao mosteiro de San Martiño Pinario. Os benedictinos

comprometéronse a financiar a construcción deste novo edificio lonxe do seu.

Según se cre, foi deseñado polo arquitecto Fernando de Casas Nóvoa, mestre de

obras da catedral de Santiago, cara o ano 1730.

Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910

O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (2)

A Inquisición foi abolida en 1813, restaurada por Fernando VII nese mesmo ano,

abolida novamente en 1820, restaurada unha vez máis en 1822, e abolida

definitivamente en 1834.

Dende entón o edificio se empregou como escola, administración de Rendas do

Estado e, últimamente, acolleu as oficinas da “Unión Obrera”, os talleres da

tipográfica Galaica e as dependencias da empresa de transportes “La Carrilana”.

Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910

PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XIX

A finais do século XIX a praza vaise convertindo en lugar de chegada dos viaxeiros

que viñan a Santiago dende os catro puntos cardinais.

Un dos primeiros en ubicarse aquí será o “Petit Christian”. Este hotel ocupou unha

casa situada na esquina da praza coa Senra. A comezos do século XX dispoñía de

cocheira propia para automóviles.

Na súa planta baixa estaba a oficina da empresa de “El Comercio”, que

comunicaba Santiago con Vimianzo e Santa Comba.

En 1874 se encargou ao mestre de obras Manuel Pereiro a reforma do edificio, para

engadir unha galería de madeira continua na segunda planta.

Deixou de funcionar a comezos do século XX.

A praza de Galicia vista dende a Virxe da Cerca cara a 1910.

Hotel “La Estrella”

PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XX

A comezos do século XX a zona da Senra vai

tomando pulo.

En 1901 instálase o Hotel América no nº 1 da

Senra, nun edificio construido por Manuel Pereiro

Caeiro .

En 1907 este arquitecto constrúe un novo edificio

no que se instala o “Gran Hotel Argentina”, que

será dirixido por Francisco Rey.

Por estos mesmos anos establécese nas

inmediacións da praza, na Rúa do Hórreo nº 4 º, o

Hotel “La Estrella”.

Tras ó seu regreso de Cuba en 1905, Francisco Rey

fundara o “Café Oriental”, que pasará a chamarse

“Derby” dende 1929.

En 1910 fundara o “Café Argentino” na esquina da

Senra con Fonterrabía, no que se ofrecían

espectáculos de variedades.

O café Derby foi e sigue

sendo lugar de tertulias e

encontros.

Teatro-cine Royalty (1921)

O TEATRO CINE ROYALTY

O edificio da Inquisición foi derrubado

en 1913.

No solar do edificio da Inquisición

construiuse en 1918 o garaxe “La

Unión”, segundo o proxecto do

arquitecto López de Rego.

En 1920 este edificio foi reformado

para acoller o Teatro Royalty, segundo

o proxecto do arquitecto municipal

Fernández Rangel.

O HOTEL COMPOSTELA

En 1927 o Teatro Royalty é derrubado para construir no seu lugar o Hotel Compostela.

O hotel foi construido seguindo o proxecto do arquitecto vigués Antonio Cominges.

Cominges deseñou un edificio que estivese acorde coa proximidade á zona histórica.

Empregou un estilo ecléctico de inspiración rexionalista. Válese de elementos de

procedencia románica, como o pilar composto do arco da esquina. A galería da derradeira

planta inspírase nos corredores dalgúns pazos galegos. O remate almeado evoca o

pasado medieval da cidade, así como o feito de que xustamente en frente do Hotel se

encontrara a Porta da Mámoa.

Ata a conversión do Hospital Real en Hostal dos Reis Católicos, será o mellor hotel da

cidade.

En 1974 os antigos salóns do hotel foron convertidos nunha oficina bancaria perdéndose

uns espazos característicos e fundamentais dentro do establecemento.

Antonio Cominges: Hotel Compostela (1927). Actualidade

EDIFICIO “CASTROMIL” (1)

En 1922 Manuel Ramallo e Ángel Gontán deciden construir un edificio para café-

restaurante no espazo valeiro que existía entre o comezo da Rúa Virxe da Cerca e

A Senra.

O proxecto da obra foi encomendado ao arquitecto coruñés Rafael González Villar

(1887-1941).

O tipo de arquitectura empregada e de inspiración ecléctica.

Posuía tres fachadas con accesos polas esquinas en rotonda. Na zona central

unha gran marquesina acobillaba un tercer acceso principal dende a praza.

Durante un tempo acolleu o chamado “Café Kiki-bar”. Na pranta alta existía un

salón dedicado a celebración de banquetes.

Rafael González Villar: Proxecto para o “Edificio Castromil” (1922)

Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1935

EDIFICIO “CASTROMIL” (2)

En 1929 o edificio foi adquirido pola empresa de transporte de viaxeiros

Castromil para as súas oficinas.

A empresa Castromil nacera en 1917 e dispoñía de 6 autocares de fabricación

alemana marca Saurer.

A empresa Castromil comunicaba Santiago de Compostela por estrada coa

cidade da Coruña e as de Pontevedra e Ourense, así como con todas as

localidades que se encontraban entre elas.

Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1960

A CONSTRUCCIÓN DO ENSANCHE. (Anos 60-70 do século XX)

Dende finais dos anos 60 a cidade de Santiago foi medrando dun xeito

acelerado.

Na parte sur da praza de Galicia derrubáronse todos os edificios preexistentes

construidos a finais do século XIX e comezos do XX, para ser substituidos por

outros de moita maior altura e volume destinados a vivendas e locais

comerciais.

Estilísticamente, rachan co resto da arquitectura da zona e non conservan nin

as proporcións ni o tipo de materais empregados ata entón.

Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1970

A construcción dunha estación de autobuses na entrada da cidade, determinou

que o edificio deixara de ser necesario como parada e oficinas de Castromil.

En 1974 concello decidiu que na praza de Galicia se construira un aparcamento

subterráneo.

Pese aos esforzos do Colexio de Arquitectos de Galicia, que presentou unha

proposta de rehabilitación e uso cultural do edificio Castromil e do espazo

existente xunto a el, o concello logrou que a Comisión Provincial de Monumentos

non declarara este inmoble como protexido.

En 1975 o edificio foi derrubado e o aparcamento construido.

C. Almuiña, R. Baltar, X. A. Bartolomé, X. M. Casabella e X. L. Martínez Suárez :

Proxecto para a remodelación do Edificio Castromil (1974)

Praza de Galicia co aparcamento subterráneo xa construido (1975)

A chegada á alcaldía do arquitecto Xerardo Estévez (1983-1986/ 1987-1998)

trouxo como consecuencia unha nova forma de entender o urbanismo.

Consciente da aridez da praza e do seu nulo acerto estético, reformouse o

espazo central coa dotación de zonas verdes e a construcción dunha oficina de

información turística.

Praza de Galicia na actualidade

Recentemente decidiuse a reforma da praza unha vez máis e

convocouse un concurso de ideas.

3º clasificado

O proxecto propón a

creación dun

aparcamento diáfano

e aéreo, que permita

a disponibilidade

completa do espazo

en planta para

disfrute cidadán.

2º clasificado

Este proxecto

pretende suprimir o

tránsito de vehículos

pola parte sur da

praza.

1º clasificado

Neste proxecto todo o tráfico pasaría pola

parte sur da praza.

BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS

-CABO VILLAVERDE, José Luis e COSTA BUJÁN, Pablo: Imaxe de Compostela. Unha cidade

de pedra nas vellas fotografías, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de

Galicia, 1991.

-PEREIRO ALONSO, José Luis: Rincones de Compostela, Santiago de Compostela, Ronsel-

Consorcio de Santiago, 1996.

- - V.V.A.A: Galicia. A destrucción e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de

arquitectura galega, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981.

-http://es.wikipedia.org/wiki/Rafael_Gonz%C3%A1lez_Villar

-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185908.shtml

-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185811.shtml

-http://www.urbanity.es/foro/urbanismo-gal/8253-santiago-de-compostela-coruna-propuestas-

plaza-de-galicia.html