Post on 04-Jul-2018
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O CURSO 2012-2013
A biblioteca é concebida no noso centro como un espazo ao servizo dos procesos
de ensinanza e aprendizaxe e pon á disposición de todos os fondos documentais existentes
en calquera soporte para facer un uso eficaz destes.
O obxectivo do Equipo da Biblioteca Escolar é difundir o fondo documental e suscitar
o hábito lector a través do préstamo bibliotecario e dar a coñecer todos os aspectos
relativos ao mundo da lectura e da cultura en xeral empregando a biblioteca como un dos
espazos máis apropiados para o cumprimento de tal fin.
A través dos servizos que prestamos e das actividades desenvolvidas (lectura en sala,
información, exposicións, posta en práctica do plan lector, préstamos, proxecto documental
ou acceso a internet…) contribuímos á adquisición das competencias básicas tentando
asemade de integrar a cultura impresa e a cultura dixital, xunto coa Comisión de TIC´s, nos
xeitos de facer de profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado. Deste xeito, o
uso da biblioteca e o Plan Lector figuran nas Programacións Didácticas como un importante
recurso para a consecución dos obxectivos e o desenvolvemento das competencias básicas
do alumnado en todos os niveis e ciclos.
As actividades levadas a cabo desde a Biblioteca Escolar contribuíron a desenvolver as
competencias básicas do alumnado, a difundir o fondo documental e a suscitar no
alumnado o interés pola lectura como fonte de pracer e como un recurso para aprender.
O noso proxecto
“Unha viaxe no tempo”
O mencionado proxecto implicou, un ano máis, a todo o alumnado e persoal docente.
Este ano traballamos os diferentes aspectos da evolución do ser humano ao longo da
Historia: a vivenda, a vestimenta, incidindo na evolución e importancia ao longo da Historia
da escritura e do libro. As adaptacións metodolóxicas e os contidos foron adaptados por
cada titor/a según a idade dos seus alumnos/as.
Desde o inicio da posta en marcha do proxecto “Unha viaxe no tempo” seleccionouse
un determinado número de libros divulgativos sobre as diferentes etapas da Historia para
que alumnado poidese ter un fácil acceso a ese tipo de información e xerase neles o interés
por ese tipo de lecturas.
Delimitouse un espazo suficientemente amplo no primeiro andar do edificio de aulas para
colocar un panel adicado a cada unha das épocas históricas onde expor os resultados das
investigacións. Debaixo de cada imaxe colocase unha pequena lenda a xeito de pé de foto.
Un panel central dá título ao proxecto.
Seleccionárose por parte do Equipo de Biblioteca unha serie de imaxes, unha para cada
aula e para cada fase das catro nas que se desenvolveu o proxecto. Cada imaxe vai
acompañada dunha pequena cartolina onde se escribirá o texto que resulte froito da
pescuda. Achegouse tamén unha carta asinada por Xulieta (a mascota da biblioteca)
animando a todos a participar nesta “viaxe”. Gárdase todo nun sobre convenientemente
rotulado e destinado a cada titoría de Infantil e de Primaria.
A imaxe e máis o seu pé de foto pegaranse no taboleiro correspondente.
En relación ao tema do proxecto un gran número de titorías elaboraron murais e outros
traballos para ambientar os espazos do colexio.
Paralelamente ao desenvolvemento deste proxecto de investigación leváronse a cabo as
seguintes actividades e accións para fomentar os obxectivos marcados:
Recepción dos carteis que publica a Consellería de Educación para o fomento da lectura e
colocación dos mesmos en lugares visibles da biblioteca e outros lugares do colexio.
Solicitude, recepción e reparto de mochilas para préstamo entre todo o alumnado de
Educación Infantil.
Celebración do “Día Internacional da Bilbioteca Escolar”:
- Difusión entre o profesorado da importancia desta celebración.
- Convocatoria dun I Certame de lemas e eslogans para animar a facer uso da biblioteca. A
actividade contou cun amplo respaldo do profesorado e alumnado tanto de Educación
Infantil como de Educación Primaria. Os traballos foron expostos na biblioteca e outros
lugares do colexio.
Comunicación a través dunha tarxeta da concesión do Premio Nacional de Poesía a Antonio
Carvajal. Acompañouse dun seu poema para fomentar a lectura de poesía na aula.
Conmemoración da Semana da Literatura de Tradición Oral entre o 12 e o 16 de novembro.
Comunicouse tamén que nun dos andeis expositores haberá unha selección de libros
relacionados con este xénero literario (adiviñas, trabalinguas, contos populares, chistes,
etc.)
Celebración da Semana da Ciencia baixo o lema “Xulieta con Ciencia”.
Realizouse unha selección de libros científicos dos que conta o fondo da biblioteca para a
súa lectura e consulta en sala.
Creación dun tríptico informando da concesión do Premio Cervantes 2012 a José Manuel
Caballero Bonald. Fíxose eco tamén da concesión do Premio Cervantes Chico a Jordi Serra
i Fabra.
Visita do Moucho Leroucho para contar un conto ao alumnado de Educacion Infantil. Esta
actividade desenvólvese na biblioteca.
Un ano máis, a celebración do Entroido relacionouse co título do noso proxecto, polo que
cada nivel acudiu ao colexio disfrazado segudo a vestimenta da época histórica asignada.
O desfile puxo no pavillón do colexio a secuenciación histórica e a
evolución de determinadas formas de vestir ao longo da Historia así como
música relacionada con cada unha das épocas.
Elaboración dun tríptico sobre Rosalía de Castro editado cos recursos do centro e da
biblioteca o día 24 de febreiro co gallo da publicación de “Cantares Gallegos”. Contén
información sobre a importancia da autora, Da súa obra “Cantares Gallegos”, un poema e
referencias da rede para afondar na súa figura.
Instalación, a carón da porta da bibloteca dun mural titulado “Libros con historia”. Tratábase
de suscitar o interese sobre a lectura de libros con base histórica.
O alumnado, en relación co título do proxecto e a época histórica que tiveron que investigar,
recrearon unha cova prehistórica.
Cómpre sinalar que durante este trimestre tiveron especial significación as actividades
relacionadas coa celebración do Día do Libro.
a. Elaboración dun tríptico.
b. Confección dun gran cartel a carón da biblioteca : “Abril: mes do libro”.
c. Maratón de lectura . Lectura de todo tipo de textos por parte de todo o alumnado do centro
a través da megafonía durante un anaco de tempo do adicado á “hora de ler” desde
mediados de abril ata o mes de maio.
d. Recreos con lectura . Durante a semana do 22 ao 26 de abril varios grupos de alumnos
leron durante o recreo na biblioteca unha selección de pequenos fragmentos elixidos por
eles mesmos ou ben polos seus mestres. Contouse tamén co apoio do equipo de biblioteca.
Para dar a coñecer estas dúas actividades tamén
se instalou un panel con horarios e fotos dos
lectores dos recreos no exterior da biblioteca.
e. Biblioteca móbil . Durante todo o mes de abril trasladouse ao patio, durante a hora de
recreo, un caixón con libros para a súa lectura no espazo exterior.
f. Exposición no interior da biblioteca dunha selección da meirande parte das novidades
adquiridas este curso. Situouse nunha mesa diferenciada das demais nun lugar ben visible
da biblioteca.
g. Feira de libros . Levouse a cabo o día 16 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas.
A actividade contou coa colaboración imprescindíbel do Equipo de Dinaminación Lingüística
e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. A decoración do salón de
actos baseada na confección de bandeiriñas coa cara de Roberto Vidal Bolaño e os murais
foron elaborados polos alumnos e alumnas do colexio en cada unha das titorías.
O proceso foi o seguinte:
Solicitamos por escrito ás familias que os seus fillos ou fillas trouxesen da casa dous libros
como máximo para intercambiar na feira polo/s doutro neno ou nena. Os libros usados ou
non deben estar en bo estado, A actividade ten un carácter voluntario e que os libros non
serían recuperados xa que pertencerán a outro neno ou nena unha vez trocados na feira.
O equipo de biblioteca encargouse de recollelos e clasificalos.
Os días anteriores preparamos unha gran exposición de libros no salón de actos do colexio.
Elaboráronse uns vales (un por libro entregado) que serve para facer o intercambo.
O alumnado de 3º ciclo de EP, organizados en quendas, responsabilizouse das mesas da
feira para que se intercambiasen os libros con orde e os titores aconsellamos que libro
escoller se había dúbidas.
Elaborouse un gran libro de sinaturas como en anos anteriores que quedará como un
documento para o fondo da biblioteca.
Continuamos coa actividade “Hora de Ler” con todo o alumnado do centro adicándolle un
tempo de 30 minutos de lectura ao subir do recreo.
O alumnado de Educación Infantil desenvolve a final de curso unha obra de teatro
relacionada co proxecto documental. Este ano o título da obra é “Os inventos noxentos”.