Post on 15-Apr-2017
O ADXECTIV
O
CUALIFICATI
VO
DEFINICIÓN
● Morfolóxica: palabra variable
LEX + MFXº + MFNº: murch-o-s murch-a-Ø● Semántica: expresa calidades, estados, características
atribuídas a obxectos denotados polo substantivo– Explicativo / Epíteto: característica inherente xeo frío– Especificativo: característica que o cualifica fronte ao resto
da clase café frío / morno● Sintáctica: MOD da fr. subst. N da fr. adx.
café quente
FLEXIÓN DE XÉNERO E NÚMERO
A flexión en xénero e número do adxectivo vén determinada polo substantivo ao que modifica. café/s frío/s rúa/s fría/shome/s ruín/s muller/es ruín/scoche/s azul/azuisneno/s intelixente/s
A maioría son VARIABLES no número, pero tamén é frecuente que algúns sexan INVARIABLES no xénero.
CASOS PARTICULARES NA FORMACIÓN DO Xº E Nº NOS ADXECTIVOS
• XÉNERO. Se remata en –EU forman o feminino en –ÍA: xudeu/xudía, sandeu/sandía
• NÚMERO. Ademais temos plurais irregulares como:-BEL/-BEIS: posíbel/posíbeis;.amábel/amábeis
Lembremos que esta terminación convive com –BLE/BLES: posible/posibles; amable/s
Ambas as dúas son normativas.
O XÉNERO. MORFEMAS
USO DALGÚNS ADXECTIVOS: Santo e grande e as súas formas apocopadas (San e gran + CONSOANTE)
• Cando o nome propio ó que acompaña comeza por VOGAL úsase a forma sen abreviar: Santo Antón, Santo André ou con Santo Cristo.
• Cando o nome propio comeza por CONSOANTE emprégase a forma apocopada: San Tomé, San Telmo
• En feminino non se apocopa nunca: Santa Clara, Santa Ana.
• Grande + substantivo en sing. que comeza por VOGAL: grande éxito. A forma apocopada emprégase con substantivos en sing. que comezan por CONS.: gran favor.
GRADACIÓN
GRAOS DOS ADXECTIVO- Positivo: non engade valores de intensificación- Comparativo: establece unha comparación de
intensidade- Superioridade- Igualdade- Superioridade
- Superlativo: outórgalle a máxima calidade
COMPARATIVO SINTÉTICO
Formas herdadas das latinasFORMAS POSITIVAS. COMPARATIVOS
SINTÉTICOSgrande maior
pequeno menorbo mellormalo peor
alto superiorbaixo inferior
COMPARATIVO ANALÍTICO
- Comparativo: establece unha comparación de intensidade- Superioridade: máis...
ca/ que / do que- Igualdade: tan... como
/ coma- Inferioridade:
menos ... ca / que / do que
As particulas “ca” e “coma” son obrigatorias cando despois delas hai
un pronome persoal:É tan alta coma ti.
Cando o segundo termo da
comparación é unha oración, é
obrigatorio empregar “do
que” e “como”: ´É máis lista do que ti
cres”
A partícula “ca” podemos contraela ou non co artigo (Gústalle máis o can ca a / cá cadela), mais nunca coa preposición (Gústame máis
a min ca a ti)
USO DAS PARTÍCULAS COMPARATIVASCACOMA son obrigatorias cando despois vai un pronome
persoalQUE/DO QUECOMO son obrigatorias cando despois vai un verbo
conxugado
No caso de non ir despois un verbo conxugado sempre son máis recomendables as formas que rematan en –A (ca, coma). Pero non obrigatorias, daquela podemos usar unhas ou outras indistintamente. CA/QUE; COMA/COMO
CONTRACCIÓNS DA CONXUNCIÓN CA CO ARTIGO. E DA PREPOSICIÓN CON CO ARTIGO
PODE EMPREGARSE CONTRACTA OU NON
CA A, O, AS, OS/ CÁ, CÓ, CÁS,CÓS
É máis alta ca a túa irma/ É máis alta cá túa irmá.
É menos espelido ca o teu curmán/ có teu curmán.
NUNCA SE PRODUCE UNHA CONTRACCIÓN con OUTRA FORMA CONTRACTA
CA Ó/AO, CA Á, CA ÓS/AOS, CA ÁS
Chegou máis rápido á Coruña ca ó Grove.
Quere máis ós amigos ca ós pais.
CONTRACCIÓN OBRIGATORIA: CON + A, O, AS, OS
CO, COA, COS, COAS
Vou co teu amigo ó cine/ Fíxeno coa man
GRADACIÓN. SUPERLATIVO
O SUPERLATIVO ABSOLUTO expresa a calidade en grao máis alto, sen establecer ningunha comparación.
FORMACIÓN DO SUPERLATIVO ABSOLUTO:Adverbio MOI: Está moi contento.
Sufixo –ÍSIMO/A: Contentísimo; listísima.Prefixos SUPER-, EXTRA-, HIPER-: Está supercontento;
extralimpo.
Sufixos –ÓN, -IÑO, -ECHO: Está gordiño; gordecho.
Acompañado do adverbio ABONDO: Está limpo abondo.
Repetición do adxectivo: A rapaza é guapa guapa.
Anteposición do adverbio BEN: O neno é ben alto.
Á parte do sufixo –ísimo, existe un
máis culto: -ÉRRIMO
(PAUPÉRRIMO)
SUPERLATIVO RELATIVO
No SUPERLATIVO RELATIVO. Establécese a máxima calidade respecto a un conxunto:
É A MÁIS/MENOS coñecida DO grupo
É o MENOR entre TODOS.
SUPERLATIVO SINTÉTICOFORMAS POSITIVAS. COMPARATIVOS SINTÉTICOS.
SUPERLATIVAS SINTÉTICASgrande maior MÁXIMOpequeno menor MÍNIMObo mellor ÓPTIMOmalo peor PÉSIMOalto superior
SUPREMObaixo inferior ÍNFIMO