Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire

Post on 23-Jun-2015

89 views 7 download

Transcript of Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

A que se deben estes movementos e traxectorias do aire?

O aire é unha mezcla de gases (sobre todo nitróxeno e osíxeno) e, como calquera materia, pesa.

A capa de aire que rodea a Terra recibe o nome de atmosfera e está unida á mesma pola atracción gravitatoria.

O aire é moi compresible (= pode comprimirse moito): por iso ten a súa máxima densidade a nivel do mar, diminuíndo rapidamente ao ascender en altitude.

A presión atmosférica é o peso do aire por unidade de superficie e diminúe coa altitude: con rapidez nos primeiros centenares de metros e, progresivamente, con máis suavidade.

A só 5,5 km de altitude, a atmosfera pode ser dividida en dúas capas do mesmo peso (sendo a inferior moito máis densa)

Cada unha desas capas contribúen cunha presión de pouco máis de 500 mb por termo medio: de aí que sexa de gran interé analizar os mapas de altura de 500 mb ou tamén chamada topografía da superficie dos 500 mb.

Gráfica de liña contínua representando (aprox.) os valores anteriores:

Anticiclóns e Borrascas

Debido ao desigual quentamento do planeta, a distribución “horizontal” da presión atmosférica sobre a Terra non é homoxénea: existen áreas onde esta presión é maior e outras onde é menor, sendo un sistema dinámico.

O vento (= aire en movemento paralelo ao chan) orixínase debido a esas variacións horizontais da presión atmosférica: é o que realiza o transporte do aire, os intercambios de calor e o trans-porte de vapor de auga entre as distintas zonas da Terra.

A presión atmosférica sobre a superficie terrestre nun momento dado pode representarse nun mapa mediante curvas que unen os puntos que posúen a mesma presión atmosférica: son as isóbaras.

Anticiclóns e Borrascas

As áreas con presións altas poden entenderse como zonas con exceso de aire, mentras que as áreas con presións baixas como zonas con déficit de aire: o vento establécese tratando de compensar esas diferencias, soplando den-de as altas presións hacia as baixas presións.

A B

Anticiclóns e Borrascas

A velocidade dese movemento é proporcional ao gradiente de presión, é dicir, á separación entre isóbaras: será tanto maior canto menor sexa a separación entre isóbaras.

Gradiente suave: vento suave.Canto máis separadas as isó- baras.

Variacións de presión en tra- mos máis separados.

Gradiente forte ou elevado: vento forte .Canto máis xunta as isóbaras.

A presión varía moito máis, en tra- mos curtos.

Anticiclóns e Borrascas

O vento tería esta circulación

Pero esta non é a realidade (sería se o planeta fose plano e sen movemento de rotación) xa que sobre o vento actúan outras forzas que o desvían desa traxectoria:

* forza de Coriolis: causada polo movemento de rotación terrestre (actúa sobre calquer obxecto en movemento libre sobre o planeta.É nula no Ecuador e despreciable para velo- cidades pequenas e para traxectos curtos).Fai que o vento se desvíe hacia a dereita da súa traxectoria no hemisferio norte e hacia a esquerda no h. sur.

Visualízao:

https://www.youtube.com/watch?v=__SlJtnpCD8

https://www.youtube.com/watch?v=nUn2yqL4dqY

* forza centrífuga.

* forza do rozamento: (do aire coa superficie terrestre) ten tanta máis importancia canto máis rugosa sexa a superficie sobre a que se desplaza o aire (é máis importante sobre os continentes que sobre os océanos).Sirva de ilustración a seguinte imaxe:

Anticiclóns e Borrascas

Así, o aire circula directamente dende as altas ás baixas presións, pero non directamente, nin seguindo exactamente a dirección das isóbaras, senón cortándoas cun pequeño ángulo.Dito ángulo, en xeral pouco importante, é tanto maior canto máis rugosa sexa a superficie sobre a que se despraza o aire (maior sobre superficies continentais que sobre os océanos)

Lembremos a figura como conclusión:

A

B

Anticiclóns e Borrascas

Na vertical, o movemento do aire sería:

> Nos anticiclóns o aire descende (movemento de subsidencia = descenso) e, ó chegar ao chan, “foxe” hacia a periferia (poderíamos dicir que no anticiclón hai “superavit” de aire, aire “de máis” que se dirixirá a “encher” as zonas de baixas presións) = diverxencia en superficie.

> Nas borrascas o aire ascende (movemento de ascendencia = ascenso), confluíndo aire de zonas de altas presións que veñen a “encher” o “déficit” de aire que ten esta área de baixas presións = converxencia en superficie

Anticiclóns e Borrascas

A combinación de ambos movementos do aire xera celdas convectivas:

O aire descende na vertical nos Ae, en superficie, diríxese ás B

Tempo estable e soleado

O aire ascende na vertical nas B.Provén das A

Tempo inestable e chuvioso

B A

Anticiclóns e Borrascas

O conxunto combinado dos movementos sería algo así:

Enlaces:

* Borrascas e anticiclóns:https://www.youtube.com/watch?v=DRPvH9t3Kow

* Orixe do vento:http://www.youtube.com/watch?v=lWjEN1PcVno

* Concepto de masa de aire:https://www.youtube.com/watch?v=uvBFtjmwqfg

* Masas de aire que afectan á Península Ibérica:https://www.youtube.com/watch?v=O1vSMYlF-h4