Post on 09-Aug-2015
Ao rematar esta xornada,deamos grazas a Deus que é Pai bo.
De El vennos todos os bens e a esperanza do perdón.
Vela sobre min, Señor, que en ti me refuxio. Ti es o meu Señor, non hai outro ben fóra de ti.
Bendecirei o Señor que me aconsella. Tamén esta noite vixia o meu corazón.
Diante de min vai sempre o Señor. Se está xunto a min non vacilarei. Por iso o meu corazón se alegra.O meu interior exulta de ledicia
e descanso seguro.
Grazas, Señor, por esta xornada transcorrida na túa presenza.
Na vida, no traballo,nos amigos e familiares que temos encontrado,
recoñecémoste, Señor.
Dános novas forzas e dispoñibilidade para que no vindeiro novo día,sigamos firmes na túa vontade
Que o Señor nos protexa,nos garde todo mal
e nos conceda unha noite tranquila, sabéndonos amados por El
Dámosche grazas polo repouso que nos concedes.
Boas noites!