Post on 19-Feb-2020
As antoloxías literarias galegas: do Rexurdimento a 1936
Álvaro Varela Suanzes-Carpegna
Formas de citación recomendadas
1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Varela SuanzeS-Carpegna, ÁlVaro (2012 [2001]). “as antoloxías literarias
galegas: do rexurdimento a 1936”. Anuario de Estudios Literarios Ga-
legos : 1999, 69-102. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas
contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1838>.
2 | Por referencia á publicación orixinalVarela SuanzeS-Carpegna, ÁlVaro (2001). “as antoloxías literarias galegas:
do rexurdimento a 1936”. Anuario de Estudios Literarios Galegos : 1999,69-102.
© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou
editores orixinais.
* Edición dispoñíbel desde o 15 de febreiro de 2012 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar-
quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais
de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per-
tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al-
ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este
texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a co-
laboración de autores e editores.
As antoloxías literarias galegas: do Rexurdimento a 1936
Álvaro Varela Suanzes-Carpegna
Este traballo quere ser unha aproximación ás principais escolmas literarias producidas desde o Rexurdimento ata 1936, na crenza de que as antoloxías, frecuentemente infravaloradas Ol{
esquecidas por parte dos historiadores da literatura, xogaron un papel de extraordinaria importancia en tanto que instrumentos que axudaron a espal/ar e consolidar a literatura galega, medieval e contemporánea, contribuíndo, asemade e de xeito decish'o, ó nacemento e aforta/amento da nosa crítica literaria o
This lUork attempts to be an approach to the maín litermy selections made from the "Rexurdimento" to 1936, in the be/tl that anthologies, quite often underestimated 01' forgotten by literature sch ola rs, have played an extraordinmy role as the instruments that helped spread and consolidate Galician literature, medieval and contemporary, zvhile at the time they have been decisive factor in the bit1h and development of our literary criticismo
I. INTRODUCCIÓN
A literatura galega non é allea ó afán compilador que se manifesta xa con grande ímpeto nos derradeiros séculos da ldade Media, período no que se elaboran moitas e variadas recompilacións, corno documentan os valiosos exemplos dos cancioneiros. Nestes casos, a escolma Cantoloxía, códice ou cancioneiro) é de tipo mixto, textual e musical, corno exemplifican as Cantigas de Santa María, que constitúen unha das forites máis ricaces para o coñecemento da rnúsica medieval peninsular. Todo nos indica como a nosa poética medieval, en consonancia co momento, foi obxecto de selección por parte, e para goce, dos señores cultos -nobres fundamentalmente-o O caso das cantigas relixiosas sitúanos perante un modelo de antólogo colectivo e moi posiblemente tamén as profanas. Así pois, os cancioneiros medievais encaixan perfectamente no concepto de antoloxía, aínda que nestes casos se trate de escolmas poético-musicais feitas por unha persoa, ou mellor aínda, por un grupo que selecciona cantigas en función de distintos criterios: cantigas profanas/relixiosas, e dentro delas diversos xéneros e subxéneros; de amigo, amor, escarnho e maldizer ... , líricas e narrativas ...
Obviamente, o criterio cualitativo tiña que ser decisivo á hora de escoller e relegar os distintos materiais, pero outros factores extra-artísticos, de natureza social e política, tiñan que operar necesariamente sobre aqueles antólogos, como documenta a presencia de determinados temas na poesía satírica ou as desviacións ma-
Anum'io de estudios literarios galegos (1999): 69-102 69
As antolm:ías literarias galegas: do Rexurdilllellto a 1936 Áll'aro Varela Suallzes-CCllpeglla
nipuladoras (por exemplo, o protagonismo de Santiago nalgunha cantiga de Santa María). En calquera caso, non é casualidade que os trobadores mellor representados sexan monarcas, grandes nobres, burgueses adiñeirados e homes da Igrexa.
A antoloxía moderna nace no segundo tercio do século XIX da man de eruditos estranxeiros que fan edicións parciais da poesía medieval CBellermann, Varnhagen). Con todo, e como xa soe, con razón, ser admitido, vai ser o xa rnítico Álbum de la Caridad (1862), co seu "Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos", o punto de arranque na historia da antoloxía literaria galega contemporánea; mais antes deberemos deternos en dúas publicacións que constitúen o que ben poderiamos denominar a "prehistoria" deste xénero: o Álbum del MiFio e a Antología de Murguía.
A antoloxía decimonónica, e mesmo a de comezos do século XX, está moi vencellada, como tantas mltras realidades culturais, a determinadas formulacións ideolóxicas: as do provincialismo e do rexionalismo; noutras palabras, as nos as escolmas foron feitas como instrumentos para espallar unha cultura e unha lingua historicamente desprestixiadas. O antólogo, ó igual que os creadores desa literatura, quere contribuír coa súa obra ó coñecemento e dignificación do seu país. Por todo isto, estas obras responden tanto ou máis a criterios ideolóxicos ca literarios, son máis expoñentes dunhas determinadas ideas e sentimentos que se pretenden comunicar Cgaleguidade) ca obras feitas cun senso estrictamente artístico. Os antólogos constantemente aproveitan a ocasión para manifestárennos os seus idearios, xa nas introduccións críticas, xa nas conclusións ou en notas a pé de páxina. Esta circunstancia explica, en gran medida, outra característica das escolmas da época prenacionalista, a da escasa especialización da antoloxía literaria, o que fai que resulte case imposible atopar escolmas baseadas, por exemplo, en criterios temáticos, cronolóxicos, monográficos ou simplemente estéticos. Deste xeito, podemos afirmar que as obras desta época son claramente pluriternáticas e, ata que o avance cuantitativo e cualitativo do movemento político-cultural do galeguismo non chegue á súa madurez nacionalista, non veremos un cambio significativo na concepción da antoloxía literaria.
Doutra banda, o xénero antolóxico está en relación directa coa actividade literaria e editorial, que foron moi pouco intensas, especialmente no período que vai desde os anos cincuenta ata 1880. Nestes trinta anos o mundo da creación literaria e da impresión foi extrernadamente precario. Neste contexto, as primeiras antoloxías xogaron un papel relevante: dada a escaseza de libros, a antoloxía viña paliar ese baleiro editorial, de tal maneira que o lector da época podía atopar reunidos nun volume, non só o mellor da literatura do momento senón, en certos casos, unha boa parte da producción poética de toda unha etapa. O Álbum de la Caridad é paradigmático deste feito. Así pois, se o xénero é, en gran medida, divulgativo, foino rnoi especialmente naquela prime ira xeira do Rexurdimento.
A menesterosidade editorial e a falla de tradición literaria contlren á antoloxía outra das súas características: o da contemporaneidade, é dicir, a relación de inmediatez entre o acto de creación literaria e o momento en que esa creación queda plasmada no volume antolóxico. Unha parte moi notable dos textos seleccionados nas escolmas, especialmente as do século X1X, teñen non máis de vinte anos e con frecuencia moitos menos e, ás veces, recóllense composicións feitas no mesmo ano da edición da escolma. Tamén pode ocorrer que a antoloxía inclúa textos que nunca antes se publicaran en libro, sendo tomados ben da prensa ou remitidos directamente polo poeta ó antólogo a petición deste. Nese caso a escolma ofrece ó lector obra inédita. Todo isto axuda a entender a enorrne importancia que as antoloxías cumpri-
Alca/o Fa/ela SlIal1zes-Ccllpegl7a As CIIztoht1as literarias galegas.o do ReoYllldimellto ti 1936
ron no seu momento e o valor histórico que tefien para o cofiecemento da nosa literatura moderna. Pero aínda temos outro feito de grande interese, nacido da situación que vimos de comentar: aquelas escolmas dan a cofiecer, ás veces por primeira e única vez, algúns textos importantes, ou de escritores relevantes da nosa poética contemporánea, con antelación á súa publicación en determinados poemarios. Isto verémolo en dúas obras, o Álbwn de la Caridad e a antoloxía de Álvaro de las Casas, con Rosalía de Castro e Manuel Antonio como protagonistas1o
Outro aspecto que hai que valorar nas antoloxías é o de seren instrumentos básicos como fontes da nos a historiografía literaria. Isto é válido especialmente para o período provincial-rexionalistao Naquel tempo, no que se asistía ó nacemento e desenvolvemento da literatura rexurdida, os tr'aballos enxergadores sobre ela, se ben cativos, comezaban a interesar a unha minoría de críticos que verquían as súas opinións na prensa rexionalista, merecendo ser destacada pala súa importancia, e polo seu carácter de pioneira, a revista (lalicia dos irmáns De la Iglesia. A crítica literaria nace no século XIX pero a penas se plasma en libros, por iso as antoloxías serven, cos estudios con que se soen acompafiar, para analizar as novas realidades, de tal maneira que unha boa parte dos traballos de aproximación, interpretación e sistematización á literatura galega do período que irnos estudiar 10-calízanse neste tipo de obras, sendo, por tanto, fontes indispensables para aqueles que pretendan cofiecer a nosa historiografía literaria.
11. TIPOLOXÍA
Desde o punto de vista tipolóxico, cómpre facer celtas consideracións. En primeiro lugar deberiamos distinguir as antoloxías literarias das lingüísticas. As primeiras son as máis numerosas aínda que a metodoloxía empregada, así como o material artístico reunido, sexan en moitos casos máis que dubidosos. Todas elas son antoloxías poéticas. O escaso e tardío desenvolvernento do teatro e da prosa narrativa fai que en toda a etapa estudiada non atopemos ningunha escolma destes dous xéneroso Pero tampouco encontraremos, dentro das poéticas, ningunha monotemática Cescolmas de poesía amorosa, elexíaca, satírica, social.. .), excepción feita do Cancioneirilio de Compostela de Filgueira Valverde. Así pois, faIaremos de antoloxías poéticas ou de escolmas mixtas (poesía popular e culta, prosa, teatro).
Un segundo tipo é o formado por aquelas obras onde a lingua é o obxecto fundamental a antologar, máis aló do uso artístico. Estas reúnen todos os xéneros e usos posibles da lingua, desde a total variedade literaria ata exemplos xornalísticos, políticos, historiográficos, ensaísticos, documentais, etc. Dous autores se preocuparon de facer isto: Antonio de la Iglesia en El idioma gallego e Uxío Carré Aldao en La literatura gallega en el siglo XIX e La literatura gallega, verdadeiros mostrarios do uso escrito da lingua galega e exemplos do que poderiamos denominar "antoloxías totais". Estas obras, aínda sen ser modelos de crestomatías, non están moi lonxe delas; pero, en rigor, non podernos consideralas como tales. Hai, sen embargo, varios casos que reúnen todas as características deste tipo de escolma2.
Deberiamos considerar tamén un novo e particularísimo tipo de antoloxía. Referímonos a aqueles impresos que recollían traballos que foran presentados previamente a concursos ou certames literarios. Poderíase dubidar do carácter antolóxico de stas obriñas, sobre todo se entendemos por antoloxía aqueIa selección, persoal, que un antólogo materializa en forma de libro co obxecto de amosar ó lector unha
71
As antoloxías literarias galegas: do Rexurdimento a 1936 Álvaro Varela Suanzes-Carpegna
parte, máis ou menos ampla, dunha realidade lingüístico-literaria. Así entendida, evidentemente, este tipo de publicacións non o son. Sen embargo responden ó criterio máis importante que define o concepto mesmo de antoloxía, a saber, o de selección de textos. Doutra banda, algunhas posúen un valor socio-cultural e artístico que se fan merecentes da nosa atención. Agora ben, estas obras están fortemente caracterizadas por varios factores derivados das bases que os certames estipulaban, condicionando deste xeito o tema e/ou a forma. Ó seren concursos literarios singularízase tamén a personalidade do antólogo: este xa non é unha figura solitaria que nun traballo persoal de pescuda literaria recompila e peneira os textos que el libremente elixe, senón que o seu labor será compartido colexiadamente, xunto cos seu s compañeiros de xurado, que son os que deciden premiar, e por tanto antologar, un número, limitado, de composicións (as presentadas ó celtame).
III. ANÁLISE MONOGRÁFICA DAS ANTOLOXÍAS
1. Álbum del Mifio (1858)
Ó falar do Álbum del Miño cómpre facelo antes dos xornais La Oliva e El Miño e dun home, Xoán Cornpañel, que pertencía a unha familia de editores e libreiros cornposteláns dos que se independiza a comezos dos anos cincuenta, instalándose en Vigo. Nestes anos imprime a súa prime ira obra, La primera luz de Manuel Murguía (1852 segundo Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Couceiro Freijomil, e 1859 en opinión de Antonio Odriozola). O celto é que Compañel traballa en Vigo en 1856, ano en que sae á luz o xornal provincia lista La Oliva ("Todo por Galicia. Todo para Galicia") que el imprime. Suspendida a publicación catorce meses máis tarde por orde gobernativa, o xornal reaparece co nome de El Miño, impreso xa na "Imprenta de Juán Compañel". A comezos do Sexenio, en outubro do 68, volverase ó antigo nome de La Oliva.
El Mi/io publicaba traballos literarios dos escritores provincialistas. En 1858 a producción cultural aparecida ata entón no xornal foi reunida (pero non seleccionada) nun libro de cincocentas sesenta e tres páxinas co título de Álbum del Mifio. Deberiamos, pois, partir desta obra como arrinque da nosa historia antolóxica, se ben é certo que se podería cuestionar con variados argumentos o carácter de antoloxía literaria do Álbum. En calquera caso, a publicación demanda un estudio urxente e en profundidade, pois é a prime ira obra que reúne en libro a producción alboral da nosa literatura decimonónica. No Álbum recollíanse traballos, amais dos literarios, históricos, biográficos ... Dos literarios destacariamos dúas notas, a plurixeneridade (verso e prosa) e a recompilación histórica, de tal mane ira que por vez primeira se reúnen traballos tardo-medievais e dos Séculos Escuros, especialmente do século XVIII (Macías, Rodríguez del Padrón, Sarmiento, C01'nide ... ), xunto con escritores provincialistas, entre eles Rosalía de Castro,
2. A Antología gallega de Manuel MU1'guía (1862)
En 1862 aparecen publicados tamén por Xoán Compañel uns pregos baixo o título de Antología gallega. Colección de escritos escogidos en prosa y verso de los mejores autores gallegos por Manuel Murguía. Tratábase duns apéndices do Diccionario de escritores gallegos que o autor comezara dando por entregas pero que a penas tivo continuidade, como tampouco a tería esta Antología, ficando en pouco máis ca
72
Á/varo Vareta Suanzes-Cmpegna As antoloxías literarias galegas: do Rexurdimento a· 1936
nun proxecto. Con todo, cómpre achegármonos a el, o máis ambicioso ata entón, pois o autor contaba con chegar ás dez entregas (a antoloxía aparece na prime ira) que formarían un volume de oitocentas páxinas. Murguía é a prime ira persoa que pretende converterse en antólogo conforme a un programa e un método que o fan merecente de tal recoñecemento. O autor explica os seus propósitos nun discurso marcadamente provincialista, no que introduce unha xustificación exemplificatoria, dirixida ós escritores noveis, ó procurar na historia a existencia dunha literatura nacional (provincial). Para iso bota man de catro criterios: 1) Cronolóxico: "Por ahora el único posible", abranguendo desde a aparición do romance ata os seus días. 2) Polilingüísmo: entende Murguía por galego a nacionalidade do escritor e non a lingua empregada. En consecuencia, a escolma sería trilingüe latino-castelá-galega (os textos latinos levarían traducción castelá, presuposto que choca co expresado dez anos antes por Pintos). 3) Esixencia artística: o carácter selectivo, en base á aplicación de elevados criterios literarios, remárcase constantemente; "colección de escritos escojidos de nuestros J1'zejores autores", "las más escogidas producciones de nuestros escritores", "la escogida lectura de los selectos y castizos autores". E finalmente 4) Variedade xenérica: aspirábase a recadar exemplos de prosa e verso.
3. O "Mosaico poético" do Álbum de la L-laridad de Antonio de la Iglesia (1862)
Se prescindimos do Álbum del Miño e da Antología de Murguía, a primeira por ser mostrarío, pero non selección, dos textos publicados no xornal, e a segunda por non pasar realmente dun propósito, o volume que irnos comentar configúrase como a prime ira antoloxía galega contemporána e, por iso mesmo, como unha obra histórica. Para falar del debemos referirnos antes a dous destacados protagonistas, Xosé López Cortón e Antonio de la Iglesia, e ós Xogos Florais da Coruña de 1861, os prime iros que se organizaron no noso país. Pouco sabernos de López Cortón, mecenas que patrocinou os Xogos Florais. Segundo un dos seis poemas da súa autoría que aparecen no "Mosaico", emigrara a Puerto Rico moi novo, non por necesidades económicas, desenganos amorosos ou por fuxir de "la despótica injusticia", senón, máis ben, por aventura. Debeu de facer unha boa fortuna co comercio, regresando a Galicia en 1857. Parece ser que foi a instancias de Vicetto e dos irmáns De la Iglesia polo que accedeu entusiasticamente a patrocinar os devanditos xogos, custeando non só o certame, senón o libro do que estamos a falar.
Antonio de la Iglesia (Santiago, 1822-A Coruña, 1892) é, sen lugar a dúbidas, un dos homes máis importantes da actividade cultural e mesmo política do século XIX. Comeza a publicar en galego na prensa provincialista dos anos cincuenta (El Miiio) e en 1860, e ata 1865, funda e dirixe xunto co seu irmán Francisco María, Galicia. Revista Universal de este reino, posiblemente a empresa cultural máis importante do Rexurdimento, xunto á Biblioteca Gallega de Martínez Salazar. Como antólogo e historiador da nosa literatura é Antonio de la Iglesia o primeiro, e máis importante, do século XIX. Este rnérito teno conquerido por ser o autor de dous títulos determinantes para o coñecemento e divulgación das literaturas galegas medieval e decimonónica. Como vimos de dicir, el foi o máximo responsable da organización dos Xogos da Coruña de 1861 e tamén o encargado de elaborar o "Mosaico poético". Máis tarde, en 1886, publica na Biblioteca Gallega, El idioma gallego en 3 volumes.
O inicio do longo título era: Álbum de la Caridad. Juegos florales de La Conlña en 1861 seguido de un Mosaico Poético de nuestros vates gallegos contemporá-
73
As allto/(k"('Ías literarias galegas do Rexurdil7lcllfo ({ 193{) Alvaro Varela Sumlzes-Caipep.,l/íl
neos. O volume tiria dúas partes ben diferenciadas; na prime ira dábase detallada conta da orixe., xestación e desenvolvemento dos Xogos, amais de ofrecernos información sumamente interesante: das cincuenta e unha composicións mandadas ó concurso, só unha, él xulgar polo título de "Viva a CruI1a", estaba escrita en galego (agás a composición prenliada co accésit ó primeiro premio, "A Galicia", de Francisco AI1ón).
A partir da páxina cento nove comeza a segunda parte, o "Mosaico de nuestros vates gallegos contemporáneos". Vén precedido por unha "Introducción" de López Cortón, na que se expoI1en os motivos que xustífican a súa publicación e na que queda ben ás claras quen era o verdadeiro responsable do "Mosaico": "Con tal pensamiento me dirigí ... al Sr. D. Antonio de la Iglesia y González, él quién rogué se encargara de una colección de poesías ... dejando a su criterio la elección entre varias composiciones que reunir se pudiera y utilizar de la colección inédita que ya tiene formada de poesías gallegas". A continuación o antólogo explica a xénese, os criterios e as dificultades de elaboración: "He procurado y procuro tomar una escogida poesía de cada uno de nuestros más conocidos vates gallegos contemporáneos"; e un pouco máis adiante sinala:
La correspondencia con Jos autores o sus parientes y amigos para la reunión de composiciones y su elección después retardaban naturalmente la salida del Albul11.., en tal conflicto me decidí a dar lo que allegar pude con las composiciones que he recogido y aún voy recogiendo hasta que termine la impresión de la obra, valiéndome al efecto de cuantos medios y ocasiones se presentaron a mi alcance ... Por la falta de número a cada paso advietto que no cabe elección entre obras de un mismo poeta y de muchos ni siquiera una composición llegue tal vez a conseguirse ... Sin tiempo y sin extensión sería casi un milagro presentarla conforme a su deseo de reunir en ella siquiera una poesía de cada vate contemporáneo.
As palabras do "seleccionador" sitúannos perante a delicada realidade da activida de literaria e editorial existente na Galicia de comezos dos anos sesenta: escaseza de cultivadores e pequena actividad e destes, de aí o recurso a solicitar directamente dos poetas, ou ás súas familias e amigos, o material literario (por tanto inédito). Con estes condicionantes, De la Iglesia emprende o seu traballo recorrendo, en boa medida, á prensa (El klhio e Calida) , pero utilizando criterios non tanto cualitativos como globalizadores, pretendendo mostrar de mane ira significativa a realidade poética da Galicia daquel entón. O valor histórico do "Mosaico" é, polo tanto, extraordinario. Os xeitos da recompilación e a irregularidade editorial volven porse de manifesto nunha interesante e clarificadora nota final: "Mención de otros autores. Dejaron de incluirse composiciones de muchos por no haberlas recibido, y aunque esto no fuera dificultad si diésemos con impreso que contuviera una sola de cada uno aunque no fuese su preferida, pués de allí la tomaríamos, según lo hemos hecho con todas las que figuran aquí y del mismo modo figurarían, entre otras algunos de los autores siguientes [''']''3.
O tlorilexio é bilingüe galego-castelán pero procurando o equilibrio entre as dúas linguas, aspecto este que o responsable sinalará vintecatro anos máis tarde en El idioJna gallego. O número de poetas que empregan o galego é de corenta, en oitenta e nove composicións. Unha boa parte dos escritores aparecen con un ou dous textos. Os mellor representados son, curiosamente, o antólogo e o seu irmán Francisco, con once poemas. Os que Hes seguen están, afortunadamente, entre os mellores daqueles intres: Alberto Camino (nove), Xoán Manuel Pintos (oito), Rosa-
74
Áfl'a/'O lié/refa SlIallzes-CCiJjJegnCi ib alltofo"t'ÍCiS !iterarías gafegas: do Rexl/rdimcnto a 1936
lía (cinco} Outros, como Vicente Turnes, con tres composicións e Pondal con unha. O poema máis extenso, cincocentos corenta e dous versos, é "A Galicia. Cantarela nos xogos frorais da Coruña" de Francisco de la Iglesia.
Unha das características do "Mosaico" é, como xa o fixemos notar, a contemporaneidade. Non quel'e isto dicir que non luxa representantes da literatura anterior ó tempo da elaboración do libro, pero este s son moi poucos, e non por ignorancia do autor, pois este coñecía a poesía de Macías, de Alfonso X, a das Festas Minervais de 1697 e algo dos irmáns Feijoo e de Sarmiento, todos ausentes (do século XVIII recompílanse dous poemas satíricos do cura de Fruíme e dous vilancicos mindonienses de Antonio Castro e Neira e Lois Corral). A case totalidade da obra aquí reunida pertence Ó que Carballo Calero denominou "poesía prerrosaliana", é dicir, a producida nos anos corenta e cincuenta, estando algunhas datadaS"Í. A década dos corenta está representada por tres autores: Vicente Turnes, con dous textos, e Marcial Valladares e Juan López Muñiz con unha. Máis productiva foi a década seguinte. De 1852 son dous traballos: un de José María Ferrer e outro de l M. P. M. De 1853 só aparece un de Xosé Pérez Ballesteros. Dous poemas están datados en 1854, un asinacIo en Lugo coas siglas k e, e outro que resulta ser unha das pouquísimas mostras literarias en galego de Manuel Murguía: "En el álbum de Elisa Avendaño", publicado por La Oliva en 1856 co título "Nena d'as soledades". Francisco de la Iglesia asina en 1856 "Fuge, miña rula, fuge". 1858 é o ano máis prolixo: García Mosquera, Quintín García y Calvo e o lucense Domingo Gómez, con poesía áulica; Alberto Camino co interesante "Dorme"; Antonio de la Iglesia con dous poemas de exaltación do progreso (o "telefro" e o "Ferro-Carril") e os titulados "Ano novo de 1858" e "O orfiño da arquiña". De 1859 temos outro traballo do mesmo autor, "A Áfreca".
Precisar os principais núcleos temáticos do "Mosaico" equivale, en certa maneira, a sistematizar a poesía do segundo tercio do século XIX: poesía intimista (amor e desamor; lembranza do pasado; elexías); poesía de ambiente e/ou exaltación dos costumes, festas, traballos e tipos populares; poesía de conciencia ideolóxica: patriótica (Galicia e a lingua), social (a pobreza e a emigración) e de exaltación do progreso; poesía do nadal; espafiolismo e a natureza. Especial importancia teñen para nós as dimensións ideolóxica e costumista, pois ambas trazarán dúas liñas esenciais da nos a literatura contemporánea. O peso do Romanticismo, na súa dimensión ética, xunto a un certo pouso do humanismo paternalista do século XVIII, explican estas dúas vertentes: a da identificación sentimental e emotiva co contorno humano e físico, e a toma de conciencia ideolóxica, que constatará, con preocupación, a realidade sociocultural da Galicia da época facendo da nosa literatura un instrumento progresista e democrático. O amor e o desamor, as lembranzas de tempos e persoas idas así como a presencia da rnorte son cantados con diferente sorte por Añón en Recordos da iJ~/ancia; Fernández Anciles; Marcial Valladares; Santiago Somoza; Barros Sibelo; José María Gil. .. Pero vai ser Alberto Camino quen atinxa maior altura con "O desconsolo" e "Nai chorosa", ambos os dous moi reproducidos en escolmas posteriores"
O costumismo e o popularismo constitúen unha temática de grande importancia, tanto pola fortuna como pola significación acadadas na poesía contemporánea. En xeral, teñen un valor engadido: o lingüístico. As distintas festas do ano: o Nadal, os Maios, o San Xoán; o Entroido ... serán cantados por Juan López Muñiz, Antonio Santiago Somoza ou Antonio de la Iglesia, Camino, Valladares, Añón, X. M. Pintos e Francisco de la Iglesia. Son numerosos os textos que, dentro da tradición
75
As antoloxías literarias galegas do Rexurdimento a 1936 Á/lIaro Vareta Suanzes-Ca1pegna
da poesía áulica, exaltan a realeza aínda que, normalmente, carecen de valía. Algúns son meritorios como "A Real Familia en Santiago. Cantinela gallega" de Xosé García Mosquera, escrita por mor da viaxe da Raíña e o príncipe de Asturias a Galicia en 1858 e que deu pé a varios ensaios poéticos. Aquela viaxe inspirara a Fernández Magariños un poema no que aproveita a ocasión para construír un poema crítico e social: "A Reina en Santiago".
A poesía ideolóxica está representada por cinco poetas: Fernández Magariños, Vicente Turnes, Pintos, Alberto Camino, Xosé López de la Vega e Antonio de la Iglesia. O primeiro é, como vimos, o autor de "A Reina en Santiago. Fragmento do Seor Pedro", no que predomina máis o sentimental e ideolóxico có elemento áulico. Vicente Turnes é autor de dous textos altamente críticos. O primeiro é o Diálogo entre Silvestre Gajarabille e Domingo Magariños, labradores e vecii'ios nas súas respeutivas parroquias, un dos primeiros textos no que se fala, con dramatismo, da emigración americana. O segundo tamén é un diálogo pero de crítica política: "Diego e Cristobo". Turnes é tamén autor doutro texto, "Á Inauguración d() Liceo Artístico e literario da Cruña" que, aínda que de circunstancias, defende a unha Galicia ideal, xa posta en marcha.
Pintos está representado por "Galicia", un dos poema emblemáticos do Rexurdimento e moi reproducido nas nosas antoloxías. Del tamén se escolle o soneto acróstico "Viva Galicia". Alberto Camino canta á patria estrañada en "Lexos d'ela,,5. Xosé López de la Vega é autor do soneto "A Galicia" que nos fai lembrar a Pintos. Finalmente, de Antonio de la Iglesia destacamos catro poemas: dous cantan o progreso, "O telefro" e "Ferro-Carril". Un terceiro é a "Muiñeira da despedida", sobre a emigración transatlántica, e por último o interesante soneto titulado "Á Lingua gallega. Un ausente", único poema do "Mosaico" en que se exalta, afervoadamente, a lingua6.
A poesía relacionada co tema do Nadal, tan interesante e valiosa por distintos motivos, está recollida na escolma con catro vilancicos; un do propio De la Iglesia, "Panxoliña de nadal", e tres da chamada Escola Mindoniense: Antonio Castro "o crego de Argomoso ", co seu vilancico máis coñecido, "Noite Boa", que fora estreado en 1848; e Lois Corral con "Noite de Navidá", no que se lembra o vello costu me de cantar en galego a noite de Pascua, e "A Belén", estreado xa en 1818.
As forzas provincial-rexionalistas, dentro das cales participaban os escritores do "Mosaico", nunca cuestionaron a unidade de España, se ben aspiraban, loxicamente, a unha transformación do Estado centralista, pero sentíndose parte dela, á que honraban, de maneira que xunto á defensa de Galicia atopamos o españolismo ideolóxico e sentimental que se evidencia na poesía áulica pero tamén no canto de persoas e sucesos, xa históricos xa coetáneos, de España: a campaña bélica en África, o político Azara ou o Cid son festexados ou lembrados en composicións de Domingo Antonio Fariña; Ricardo Puente y Brañas, "O gaiteiro D'Acruña ós vencedores D'Africa"; Antonio de la Iglesia, "A Áfreca"; Francisco Fidalgo Saavedra en "O Ínclito Azara"; José María Fener con "A muiñeira. Canción en gallego para la corona de Azara", texto ben significativo da mestura de galeguismo e españolismo e Francisco de la Iglesia autor de "A armadura do Cid na catedral de Santiago".
A presencia da natureza na producción poética galega é fundamental, e de gran rendemento lírico, sendo un dos elementos máis significativos da nosa historia poética. Neste senso, é interesante comprobar a súa presencia na poética prerrosaliana. A natureza aparece como exemplo da riqueza e fermosura de Galicia naquelas composicións de dignificación da Tena, pero noutras é a verdadeira protagonista poética:
76
Á/varo Varela SuanZeS-GCllpegna As ant%xías literarias ga/egas." do Rexurdimento a 1936
Antonio de la Iglesia é autor de varias composicións cun importante trata mento humanizador da paisaxe, entre elas, un extenso poema de catrocentos versos, a "Alborada de San J oan", no que desenvolve uns versos populares ca motivo da alba, posiblemente da área fisterrá ("miñán")' Tamén é autor da "Ribeirana. A dous músicos na sua lindíma alborada". A riqueza léxica asociada ó mundo da natureza sobresae nestes e noutros poemas como o titulado "A os paxaros" de Emilio Saco y Brey. Outro autor a destacar é Pérez Ballesteros con "Un saña".
O Álbum ten o engado de incluír cinco poemas de Rosalía en galego que moi lago formarán parte de Cantares gallegos: "Adiós que eu voume", o único que fora publicado (no Museo Universal); "Castilla"; "O caravel negro"; "A romaría da Barca"; "¡Terra a miña!" A un ano da publicación daquel título, o "Mosaico" ten o valor de reunir a prime ira mostra significativa da poesía galega da nasa cantora. Pero máis aló disto, afeito axúdanos, en certa medida, a un mellar coñecemento da xestación e elaboración dos seus Cantares. Tal acorre ca poema "¡Terra a miña!", con variantes significativas que afectan tanto ó plano estético-formal como ó ideolóxico. Correspóndese este poema ó decimoquinto do poemario, titulado no índice "Airiños, airiños, aires,,7.
4. AS ANTOLOXÍAS DE TEÓFILO BRAGA
O crítico e erudito portugués Teófilo Braga (1843-1924), destacado representante da chamada Gera~ao de 1870, foi un dos intelectuais e políticos máis valiosos do seu tempo (chegou a ser presidente do Goberno e da República). Home dunha gran curiosidade cultural, en varias ocasións achegouse ó estudio da literatura galega pala que demostrou sempre interese, afecto e simpatía como evidencian as obras que se comentan a continuación:
4. 1. A Antología Portugueza (1876)
Estamos perante unha obra de incuestionable relevo histórico, porque nela aparecen escolmados, por vez primeira, poetas galegos medievais. Xa anteriormente, Historia da poesía p011ugueza (Eschola provenr;al). Trovadores galecio-p011Uguezes. Seculo XII-XIV, se ocupara da poesía medieval galego-portuguesa, pero tratábase dunha obra historiográfica e non dunha antoloxía, por máis que entresa¿-ase fragmentos ou textos completos cos que ilustraba as súas teses, citando a cincuenta e sete poetas, a partir do G~1ncioneiro de Varnhagen. Esta escolma ten o dobre valor de ser a primeira compilación de poesía medieval galego-portuguesa e de constituír un dos primeiros intentos de explicación e sistematización daquela poética (ata trinta e oito tipos de cantigas chega a clasificar), converténdose o autor no primeiro divulgador da mesmas. Para mellar valorar a obra convén lembrar que estamos a un ano da primeira edición do Cancioneiro da Vaticana e a catro da edición, parcial, do C'ancioneiro de Colocci-Brancuti. Aquí só nos interesa a prime ira época (o libro é unha escolma da poesía portuguesa desde as orixes ó Romanticismo), a Eschola Provenzal, que Braga subdivide en dous apartados: o primeiro, significativamente "Eschola gallega ou jogralesca", e o segundo, "Cyc1o dionisia de imita<;ao". Os textos es colmados son sesenta e practicamente todos os xéneros e subxéneros están presentes. En canto ós autores, aparecen ca seu nome vintenove e trece máis como anónimos. Tanto pala selección de autores como po-
77
As a/ltoloxías literaria.' galegas do ReXllrdil1lelltu a 1936 Á/uczm Varela Suanzes-Cmpegna
las cantigas, amos a Braga un profundo e delicado senso crítico. Desta maneira, aparecen por primeira vez, en edición non erudita, nomes como Airas Nunes, Pero Meogo, Joán Airas, Pero Amigo de Sevilla, Nuno Fernández Torneol, Fernando Esquío, Bernal de Bonaval ou Paio Gómez Chariü09.
4, 2. O Parnaso Portuguez l11oderno (1877)
O título completo da obra é Parnaso Portuguez moderno precedido de Uln estudo da Poesía Jl;Ioderna POJ1ugueza. Nela encontrámonos con tres autores galegos e dez composicións escritas na nos a lingua, pero, e a diferencia da Antología anterior, os poetas aquí reunidos son absolutamente contemporáneos e ben representativos do Rexurdimento. Como indica o título, trátase dun estudio das literaturas portuguesa, galega e brasileira presentadas como variantes dun mesmo tronco cultural. Na terceira parte do traballo e ó longo de vinteseis páxinas, Teófilo Braga encárase co pasado e o presente de Galicia, formulando unha serie de ideas: Galicia como realidade cultural perfectamente definida; o galego, primeiro dialecto románico peninsular que utilizou a forma escrita; a decadencia literaria galega como consecuencia da decadencia política; a primacía poética do galego (a lingua do Cancioneiro da Vaticana é a galega); desprezo do galego en Portugal desde o século XVI ata a actualidade; a influencia galega na literatura culta portuguesa dos Quinhentistas (Cam6es, Miranda, Caminha) e nos decires e serranillas castelás; a necesidade do estudio da poesía galega para comprender as formas do lirismo portugués; e finalmente, a apoiatura en Sarmiento (Memoria para la historia de la poesía y poetas espaiioles).
A escolma presenta características peculiares, tanto polos autores escollidos, todos contemporáneos, como pola presencia, a carón do elemento culto, da poesía popular. En todos os casos danse as pertinentes referencias editoriais. No caso de Rosalía Castro de Murguía os catro exemplos rosalianos están sacados da segunda edición de Cantares gallegos: "Airiüos, airiüos, aires"; "Cantar gallego" ("Acolá enriba / na fresca montaüa"); "Cantan os galos pro ó día"; "Un repoludo gaiteiro". De Alberto Camino, un dos poetas máis admirados no século XIX, escóllese o tan celebrado e reproducido, "O clesconsolo". Da autoría de Ventura Ruiz de Aguilera temos, traducidos ó galego, o "Preludio" e algúns dos cantares publicados na segunda edición de Armonías y cantares (865)10, Á parte destas mostras de poesía culta aparecen dezaoito "Cantos populares" dos que Braga, como bo erudito, sinala as fontes (as revistas Romania e Galicia). Este feito, reunión do culto e popular, singulariza a escolma e amosa o interese do seu autor por presentar perante o público portugués a un pobo dono dunha cultura rica de matices e rexistros. A selección popular merece tamén a nos a atención polos exemplos de vilancicos, romances, poesía da natureza ("A serra do Raüo") e de sátira.
5. COLECCIÓN DE POESÍAS GALLEGAS DE FRANCISCO PORTELA PÉREZ (1882)
Farruco Portela (Pontevedra,1849-1931) publicou esta antoloxía na súa cidade, adicándollela ás Deputacións galegas. Viüa precedida dun interesante prólogo de Luís Rodríguez Seoane, no que fai súa a idea do carácter esencialmente lírico da lingua galega, así como de ser a primeira en acadar status literario. Tamén vincula o galego a un tronco galaico-luso-brasileiro (a pegada de Teófilo Braga, a quen cita, é evidente). En primeiro termo, e seguindo os postulados provincialistas, Gali-
Á/uaro 1í:1rI?/a SlIClJlzes-CmjJegl/a As al/tu/oxÍas /iterarÍClsga/egas do Re.xurdimento (/1936
cia é para Seoane o resultado da fusión celta e latina, pero latina medieval, tal e como Risco o considerará moitos anos despois. O gran século de Xelmírez e o auxe das peregrinacións foron as bases que converteron a Galicia e á súa lingua en cultas. Tamén son certeiras as valoracións sobre a influencia provenzal na nosa lírica e os xeitos de introducción da cultura francesa e occitana: o Camiño de Santiago e a presencia de nobres na Reconquista que trouxeron os xeitos e modas do seu país, creando focos culturais franceses en Galicia e Portugal. Recalca Seoane a importancia que tii1a a lingua e lírica galegas naquel período e cita a carta do marqués de Santillana ó Condestable de Portugal, coñecida xa por Sarmiento (Memorias para la Historia de la poesía antigua espaiiola), e recuperada polemicamente no século XIX por Xosé Verea y Aguiar na súa Historia de Galicia. Finalmente, declárase optimista sobre o presente e futuro da literatura vernácula: "Ha despertado nuestro siglo a una segunda y gloriosa vida. Y despertó para ensayarse en todos los géneros literarios".
A escoln1a está constituída por un conxunto de trinta e nove textos pertencentes a trinta e dous autores, mais seis coplas populares. Os criterios do antólogo eran esencialmente tres: a) lingüísticos: só composicións escritas en lingua galega. b) a contemporaneidade cronolóxica: todos son poetas do século e, en gran medida, coetáneos de Portela; e c) estético-literarios: a calidade literaria non deixa de ser subliñada tanto polo propio antólogo como polo prologuista. Entre as fontes de que bota man Portela Pérez, hai que citar dúas escolmas anteriores: o "Mosaico Poético" do Álhulrl de la Caridad (sete textos), e quizais da Colección de poesías gallegas de Xosé Casal (dous); algúns libros da época, xa que a medida que avanzaba a edición bibliográfica en galego, as fontes antolóxicas íanse fornecendo delesll ; concursos literarios, que desempeñaron, pola súa proxección social, un importante papel no rexurdimento cultural; a prensa, da que temos unha mostra valiosa, a paráfrase dun salmo de David feita por Pérez Ballesteros, publicada no Heraldo Gallego (VIII, 69-70); finalmente, neste capítulo de fontes habería que considerar igualmente a relación de amizade e coterraneidade entre o antólogo e varios escritores que He entregarían ó amigo, e paisano, o material desexado (Luís de la Riega, Xosé Benito Amado, Andrés Muruais, Xosé Casal...). Sete composicións non foran publicadas anteriormente.
As presencias máis relevantes son a de Valentín Lamas Carvajal ("A gaita gallega") e a de Curros Enríquez (cun só poema, "Nouturno", cecais o de maior valor de toda a selección) ambos antologados por vez primeira. Polo dito deducirase que hai unha ausencia imperdoable, que mancha a independencia e a actitude do seleccionador e, polo tanto, a calidade da escolma: Rosalía de Castro. Sen lugar a dúbidas as motivacións tiñan que ser forzosarnente extraliterarias, debidas, con seguridade, ó "affaire" MUl"guía-Lamas, no que o xornalista pontevedrés se aliñou a carón do xornalista ourensán, castigando tan inxustamente á escritora e ó lector da obra.
A contemporaneidade, lóxica nestes prirneiros tempos do Rexurdimento, faise aquí evidente: ó redor de vinte anos teñen os poemas máis vellos. A meirande parte do material recollido fora creado no período que vai de 1875 a 1880, e incluso hai seis textos publicados entre 1880 e 1882; un deles revela, en grao extremo, a inmediatez entre creación do texto e edición do libro: o poema de Heliodoro Cid, datado en outubro de 1882, a un ou dous meses da saída do prelo desta Colecc·ión. As principais direccións poéticas da poesía do Rexurdimento están presentes nesta escolla. Con todo predominan as composicións lírico-intimistas e as que presentan costumes, tipos e situacións populares, marcadas polo humor e o
79
As antoloxías literarias galegasoo do Rexllrdimento a 1936 Álvaro Varela Suanzes-Cmpegna
pintoresquismo. Importantes son os exemplos de traduccións de textos clásicos (Pérez Ballesteros) e relixiosos (Saco e Arce). Así mesmo hai mostras de poesía de alento social e patriótico (Pondal, Curros e Lamas).
6. CALlelA y sus POETAS DE LEANDRO SARALEGUI MEDINA 0867-1886)
Aínda que nacido en Tui, debemos considerar a Leandro Saralegui Medina (1839-1910) como ferrolán. Na historiografía literaria galega é un dos precursores, asinando os primeiros traballos "en los periódicos del país el año 1858". En 1888 publicou Estudios gallegos onde analiza distintos aspectos da poesía galega, destacando os traballos sobre Pondal, e en 1902 publicará "La poesía regional gallega en nuestros días" no Almanaque gallego para 1903 de Bos Aires. Galicia y sus poetas, un dos prime iros libros dedicados á nos a literatura contemporánea, editouse en 1867. Posteriormente, en 1886, publica Galicia y sus poetas. Poesías escogidas de autores gallegos contemporáneos, coleccionadas y precedidas de un prólogo por D. Leandro Saralegui y Medina, que é unha interpretación da nosa poesía contemporánea seguida dunha antoloxía poética, mentres que Galicia y sus poetas era un simple estudio e reflexión sobre a literatura provincialista, presentado, parcialmente, na prensa en 1858. Con todo, as ideas aquí expresadas serán repetidas case identicamente no segundo libro, con alteracións "de cortísima importancia y en su mayor parte reclamadas imperiosamente por la aparición de varias obras publicadas con posterioridad". O pensamento de Saralegui apóiase nas seguintes ideaseixe: o fundamental carácter celta de Galicia, a inexistencia dunha literatura épica galega medieval que sentase as bases dunha literatura nacional -"provincial"(cantábase en galego, pero non a Galicia), a reivindicación ossiánica. O telón de fondo é a defensa do galeguismo provincia lista no marco, sagrado, de España, coa reivindicación do uso da lingua, pero restrinxida ó literario, con predominio do poético e temática costumista e folclórica l2.
6. 1. Poesías escogidas de autores gallegos contemporáneos (1886)
Esta segunda escolma está formada por cento un textos poéticos en galego e castelán, cunha clara superioridade destes últimos (setenta e nove, por vinte e dous en galego), mostra evidente do particular "provincialismo" do autor (incluso Curros está mellor representado en castelán, con tres poemas, que en galego, con dous). Hai un exemplo de poema bilingüe. O número de escritores é de trece (catorce se consideramos o texto bilingüe). Tampouco se ofrecen referencias de ningún tipo (biobibliográficas, cronolóxicas ... ). A antoloxía carece de criterios temáticos, lingüísticos, cronolóxicos e metodolóxicos. Con Rosalía vólvese pór de manifesto a ambigüidade, pois cabería esperar unha selección feíta, fundamentalmente, sobre Cantares gallegos, en consonancia co expresado no estudio preliminar; sen embargo, dos tres poemas galegos só un pertence a este poemario ("Adiós ríos, adiós fontes"). As marcas ideolóxicas do antólogo póñense de manifesto na discreta presencia de textos denunciadores da cuestión social.
Hai dúas inclusións que merecen ser subliñadas. Unha é a de Nicomedes Pastor Díaz, a penas antologado, coa "Alborada", única producción galega entón coñecidal3 . O segundo escritor a destacar é García Mosquera, autor da valiosa versión da oda de Horacio ("A vida d'o campo"), "Beatus ille qui procul negotiis".
80
Álvaro Varela SlIanzes-Cmpegna As anfoloxías literarias galegas: do Rexurdimento a 1936
Aínda que non era realmente unha primicia (fora xa publicado en 1868 por Saco e Arce na súa Gramática), a escasa divulgación do texto así como a calidade do mesmo realzaban a escolma. Hai tamén un autor que merece ser aludido, non poI a calidade da súa poesía, pero si como mostra dun tipo de literatura que poderiamos chamar de "imitación" e que, en certo senso, é síntoma da consolidación e madureza que pouco a pouco ía acadando a literatura do Rexurdimento. Efectivamente, a medida que avanzamos polo derradeiro cuarto do século XIX, aparecen e desenvólvense unhas direccións poéticas marcadas pola vizosa presencia de Rosalía, Pondal e Curros. A presente escolma recolle exemplos distintos: o poema de Benito Losada "Non fales deso" é unha boa proba da influencia rosaliana de Cantares. O que nos resulta máis sorprendente son as pegadas pondalianas (estamos no mesmo ano da publicación de Queixume:,) , presentes no poema bilingüe "La sombra del druida" de Manuel Vázquez Barros.
7. EL IDIOMA GALLEGO DE ANTONIO DE LA IGLESIA (1886)
O título completo é El idioma gallego, su antigüedad y vida, presentado en tres tomos e editado na Biblioteca Gallega (correspondentes ós volumes tres, catro e cinco da colección). Esta obra non só é a antoloxía máis importante do século XIX (a carón do "Mosaico" do Álbum de la Caridad), senón que é unha das mostras máis valiosas da bibliografía galega daquel século. Doutra parte, trátase de moito máis que unha simple antoloxía literaria: atopámonos ante unha escolma histórica da lingua galega (desde o nacemento do romance ata o intre en que o autor escribe) sendo esta, máis aló dos posibles usos dela, o verdadeiro obxecto do traballo. Responde, xa que logo, a dous criterios, o lingüístico (todos os textos son absolutamente galegos) e o histórico (das orixes a 1886). El idioma gallego é a primeira obra que esculca a nos a historia lingüística e o primeiro traballo que recolle e divulga, entre nós, a lírica medieval. Ademais, foi referencia obrigada, e ás veces cómoda, para posteriores escolmas. Por todo isto, Antonio de la Iglesia, coas súas dúas antoloxías, converteuse nun dos máximos divulgadores da nos a lingua escrita.
Como queira que o autor pretendía mergullarse no río da lingua (o símil é del) verase obrigado a botar man do empirismo documental, que sacraliza: "Hemos sido parcos, pues cuando los testigos, que son los documentos, hablan con tanta claridad y lisura, muy poco le queda que hacer al abogado ni al historiador para la defensa de una verdad ni para la demostración de una tesis". O carácter lingüístico da antoloxía explica a diversidade tipolóxica dos textos presentados: cultos e populares, literarios e tabeliónicos, xenealóxicos e apoloxéticos, xudiciais, forais, eclesiásticos e un elevado número de inscricións pétreas de igrexas, casas, pontes e sartegos. En certo senso, El idio1Tla gallego aseméllase a unha crestomatía, en canto pretendía demostrar cos documentos seleccionados o longo devir da lingua galega.
No primeiro ,tomo aparecen mostras, fundamentalmente literario-poéticas, do século XIX, se ben a cronoloxía completa abrangue desde 1526 a 1886. Os tomos segundo e terceiro recollen textos, moi variados, que van desde a época medieval ata os Séculos Escuros. Desde a consideración literaria, o verdadeiramente valioso desta antoloxía é, sen lugar a dúbidas, a inclusión das cantigas medievais seleccionadas a partir do Cancioneiro da Vaticana, Unha vez máis, convén recordar que este é o primeiro libro galego no que se reproduce, parcialmente, o devandito
81
As alltoh\'ía_, fiterarws golegas do Rexurdillzellto 01936 Al/y/ro Vorelo S/{{{jlzes-CClIpf!gna
Cancíoneiro14. En total son cento vinteseis cantigas e trinta e nove os poetas, ou mellar, trinta e oito, posta que as cantigas presentadas como da autoría de Alfonso IX son, en realidade, de Alfonso X. A "dependencia" dos traballos de Braga levará a De la Iglesia a incorrer noutros erros (inclusión de textos apócrifos). Hai autores (Martín Codax e Pero Meogo) que aparecen con toda a súa obra, polo que pensamos que esta debe de ser a prirneira edición galega da poesía completa destes xograres. Outros están ben representados (Pero da Ponte, Don Denís, Alfonso X, Berna1 de Bonaval, Airas Nunes, Joan Airas, Joan Zorro ou Afonso Eanes de Cotón.)
Á parte da prosa, hai unha recollida de poesía tardomedieval, especialmente do Cancíoneiro de Baena: Macias ("Cativo da miña tristura", xa antologada por Murguía), Arcediago de Toro ("Pois que me veio a mone chegado"), Bachiller de Salallunca (e. 94 do e. de B), Pero Veles de Guevara 022 do e. de B), Garci F. De Jerena con tres textos (555, 556, 557, e. de B.) e Alfonso A. de Villasandino con dúas, a vintecinco do e. de B e a que comeza "¡Ben aja miña ventura". Tamén aquí podemos dicir que m1l1-ca antes, mm libro galego, se deran a coñecer tal número de autores e cantigas daquel cancioneiro. Así mesrrlO, reprodúcese o "Lamento da frouseira". Do século XVII escóllense dous poemas, un de Vázquez de Neira e outro de Torrado. Do século XVIII, varios fragmentos de O poeta .Marcos da Portela de Sarmiento e tres do cura de Fruime. En canto ó século XIX aparece representada a literatura do "prerrexurdimento" con catro textos: dous de literatura bélica -"Un labrador que foi sarxento ... " e un fragmento da "Conversación entre Chinto e Mingote"-, os Rogos de Manuel Pardo de Andrade e a "Alborada" de Pastor Díaz. Do período propiamente dito do rexurdimento, a maioría dos poetas escolmados son escritores das primeiras xeracións provincial-rexionalistas, menos Curros, LaInas e Barcia Caballero.
8. RESUME DA HISTORIA DE CALlejA DE FLORENCIO VAAMONDE LORES (1898)
Ocupa este autor (Ouces, Bergondo, 1860-A Coruña, 1925) un lugar de honra no rnundo cultural e político de finais do século XIX e comezos do XX. Foi un destacado membro do que o seu editor e amigo, Uxío Curé Aldao, denominou "Escola coruñesa" e, como afirmou Carballo Calero, o home, culturalmente falando, máis valioso da mesma. Ese lugar prominente débese a varios motivos: foi un dos iniciadores e máximos expoñentes da prosa ensaística, e tamén, posiblemente, a firma máis sólida no eido das traduccións de linguas clásicas, ademais dun ambicioso poeta. Como creador de prosa ensaística foi un auténtico acliantado, publicando a prime ira historia de Galicia escrita na nosa lingua (Resllme da bistoria de Galicü;z) e tamén unha Historia da literatura galega, inserta no presente volume. Así mesrrlO, foi Vaamonde o primeiro que escribiu e publicou en galego un traba-110 de xeografía, Resume da Geografía de Galicia, asinado baixo o pseudónimo de Jan de Ouces, en 1897. Como traductor sobresae palas setenta e sete Odas de Anacreonte, publicadas nunha fermosísÍlna edición por Carré Aldao en 1897. Xa en prosa, traduciu o libro VI da Eneida. No colofón desta publicación anunciábase a edición dun Cancioneiro clásico, traduccións de poesías cOJ1as dos máis famosos poetas gregos e latinos que non se chegaría a publicar. A cultura e sensibilidade de Vaamonde, así como a práctica da traducción, fixeron que a preocupación lingüística fose unha das teimas do mariñán, conseguindo unha lingua culta e depurada, cecais a mellar de entre os escritores da súa época. Tamén preparou un "Diccionario de Autores gallegos", anunciado neste mesmo libriño.
82
Á/ralO Vare/a SUC/llzes-Cmpegl1a As alZt%:das literarias ga/egas. do Rexurdimellto a 1936
o Resume, que saíu do prelo en 1899, é un modelo de galeguización bibliográfica, non moi frecuente entón: absolutarnente todo, desde o título ata o colofón, está en galego. Segundo o título, esperariarnos atopar unha historia sintética de Galicia, e haina, pero o que realmente fai valiosa a obra é a dimensión literaria, e isto a pesar de que dos catro capítulos só un, o cuarto, está centrado neste campo (das cento cincuenta e nove páxinas, oitenta e oito están dedicadas a literatura). O autor é plenamente consciente da importancia e urxencia deste tipo de traballos, capaces de dotar ó movemento cultural galego de instrumentos de análise literaria e historiográfica: "Sentíase en Galicia a necesidade dun libro, na nasa fala, que puidese levar a todos o coüecirnento, inda que breve, dos sucesos que houbo no naso país. D'ahí este modesto ensaio que ofrecemos ao pobo".
A es colma posüe trazos que a diferencian: desde a perspectiva xenérica é unha antoloxía literaria global, multixenérica: poesía (trobadoresca, tardomedieval, dos Séculas Escuros e do século XIX), prosa e, o que é novidoso, fragmentos da incipiente dramaturxia. Doutra banda, hai un evidente desexo por dar noticia dos últimos Jcontecementos literarios, ó tempo que aportaba navidades literarias inéditas (caso de PondaD. Finalmente hai que apuntar outra particularidade non coüecida ata entón, os comentarios biobibliográficos, que delatan os propósitos didácticos do autor. O estudio introductorio é unha sorte de breviario da lingua e literatura galegas: "Por eso coidamos que o Resume da historia de Calicia debería ir seguido de un ReSUlne da historia da literatll'a gallega; dedicando a este oujeto o presente libro". Ó igual que vai suceder coa selección de textos, non hai ningunha idea novidosa ou renovadora acerca da nasa historia literaria. Merecería destacarse, sen embargo, a non aceptación da idea, mantida durante moito tempo polos provincialistas e prime iros rexionalistas, de que o aporte celta era esencial na configuración da lingua galega, e mesmo que fora a única da Galicia prerromana.
Trala desaparición do padre Sarmiento e do cura de Fruime o silencio da literatura en galego é total ata a guerra de 1808, que propiciará un novo espertar da lingua escrita: "A movición inteleitual corno impulsada de frebe fai o traballaren os prelos e aparecen libros, jornás e follas saltas, ja en gallego so, ou ben bilingues". Lago virán Os Precursores, denominación murguiana xa apropiada por Vaamonde: Pastor DIaz, Turnes, Camino, Luís Corral, Antonio Castro, García Mosquera, Añón, Pintos Anciles, Santiago Somoza, Puente y Braüas, Pondal, Saco, Mirás, ou sexa, os escritores do J1;Iosaico poético. Na avaliación da literatura rexurdida, non hai absolutamente ningunha dúbida, Rosalía é "o poeta gallego de máis personalidade" e "val ela sola por toda unha literatura" (incluso cando fala de Curros, tras dela o escritor de máis méritos, di que é un "digno herdeiro de Rosalía"), Pondera o labor da Biblioteca Gallega de Martínez Salazar e nomea a noventa e un escritores que nese século empregaron o galego como lingua literaria, entre eles unha novidade naqueles intres, Noriega Varela, e a tres mulleres, Rosalía, Avelina Valladares e Filomena Dato.
Selecciónanse .vinteoito textos, tantos como autores, e aínda que segue escolmas anteriores (De la Iglesia, Portela e Saralegui) hai varios exernplos que nunca foran antologados, algúns inéditos (Pondal con "Os camiüos, os matos montesíos", Ribalta cun fragmento de Ferruxe). Destacamos os seguintes autores e textos: Alberto Camino ("Meus amigos, triste estou"), F. Aüón ("O recordo"), García Mosquera (fragmento do "Beatus ille"), Pondal ("Os camiüos, os matos montesíos"), Rosalía ("A xustiza pala man"), Curros (fragmento de "O divino sainete"), Aureliano X. Pereira ("Xemes excravo"), Salvador Golpe ("Meus amores"), Manuel Lago González
83
As antoloxías literarias galegas do Rex/lrdimento a 1936 Álvaro Várela SUC/Ilzes-Cmpegna
("Alborada"). Se ben as principais direccións da literatura do Rexurdimento están representadas, a antoloxía denota as preocupacións ideolóxicas e literarias do autor, de aí a moi significativa presencia do elemento social e patriótico, ocupando tamén un lugar importante, por riba do costumismo e paisaxismo, a poesía lírico-intimista.
9. AS ANTOLOXÍAS DE UXÍO CARRE ALDAO (1903, 1911)
9. 1. La literatura gallega en el siglo XIX (1903)
A obra de Uxío Carré Aldao (A Coruña, 1859-1932), que ten un lugar de privilexio no seo do movemento político e cultural do rexionalismo de finais do século XIX e comezos do XX, resulta fundamental para os historiadores da literatura, do xornalismo e da imprenta galegas. Este libro é o primeiro importante que trouxo o novo século, e será a base do que editará en 1911. Ábrese con "Dos palabras a guisa de prólogo" e continúa con seis apartados nos que se estudia a nos a historia literaria, moí especialmente, como é obvio, a do XIX: 1. "Los orígenes", 2. "Los precursores", 3. "La nueva fase: Rosalía Castro y su obra", 4. "Los continuadores de Rosalía", 5. "Curros y la Nueva Generación" e 6. "De re varia". A continuación presentaba 6 curiosos, interesantes e detallados apéndices: 1. "Escritores galegos en América --sen libros publicados-", 2. "Literatura feita por escritores non galegos", 3. "Escritores galegos que non tiñan publicado ningún libro", 4. "Historia literaria dende o séculos XIII ao XIX", 5. "Pequeño 'diccionario bibliográfico' de autores" e 6. "Bibliografía galega".
O prólogo manifesta unha lúcida comprensión da realidade histórico-política de Europa e do Estado español vista cunha óptica clara, acendida e radicalmente rexionalista. Ataca Carré os políticos españois, ineptos, incapaces de solucionar a situación plurinacional do Estado, esixindo unha nova orde política baseada no recoñecemento da realidade multinacional, de tal xeito que se organice un Estado federal que, á súa vez, tería que tentar un réxime superior de federación de Estados. Sen dúbida, son as análises sobre o século XIX o máis meritorio, un período no que destaca unha serie de aspectos: con El danzor de Galícia aparece publicamente o rexionalismo, movemento que estala co erguemento de 1846 e que Carré analiza correctamente como xuntanza de intereses variados, políticos e provinciais. Na década dos sesenta hai dous feitos que suporán un avance cuantitativo e cualitativo fundamentais: os Xogos Florais da Coruña e o ÁlbulJ'z de la Caridad, e a publicación de Cantares gallegos. Aínda sinala un terceiro feito na consolidación do Rexurdimento: a fundación da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar. No remate do capítulo atácase a moitos críticos por enxuízar a nosa literatura cos mesmos criterios cá castelá, sen se decataren de que "sus cánones y preceptos no tienen analogía ni aplicación para nosotros".
En "Los Precursores", faise fincapé no nacemento do xornalismo, verdadeiro impulsor do rexionalismo. Esta prensa, nacida ó quentor da invasión francesa, atinxe un verdadeiro grao ideolóxico coa prensa provincial (o primeiro xornal rexiona lista de altura será La Oliva e o seu continuador, El MillO). Dúas cuestións máis merecen a nosa atención. Unha é a valoración dos prirneiros Xogos Florais, o que He dá pé para achegarse ó "Mosaico" do Álbum de la Caridad, resaltando a importancia do mesmo, pero tamén criticando a falta de criterios na súa elaboración. A segunda afecta a Pondal, tanto pola caracterización de 'precursor', entendendo por tal denominación os escritores prerrosalianos, como pola sorprendente escasa atención que esperta a obra do poeta bergantiñán15.
84
Áluaro V{{}"ela Suanzes-Cmpeglla As ant%xías literarias ga/egas. do Rexurdimento a 1936
Rosalía é O cume da nosa literatura. Ademais, xerou un pulo e un exemplo a imitar que resultaron altamente productivos (por exemplo na incorporación da muller á literatura). As preferencias valorativas do crítico inclínanse, como non podía ser menos, por C-antares, pero Follas novas é outro gran libro, mesmo superior ó primeiro en canto á habelencia técnico-formal. Para Carré a literatura do século XIX non ten tres, senón dous nomes propios: Rosalía e Curros. Como no caso da primeira, a importancia do celanovés é dobre: polo valor intrínseco da súa obra e por ser creador dunha escola (o capítulo adicado ó poeta titúlase significativamente "Curros Enríquez y la nueva generación"), auténtico modelo e guía de poetas e espoleador de conciencias" Así, Aires da mUia terra "es otra efemérides tan gloriosa para las letras regionales como la de C't:nztares' abrindo e sinalando "nuevos derroteros a la poesía gallega". En perfecta comuñón co poeta, Cané pondera a poesía cívica e libertadora de Curros que pretende "querer hacer de un pueblo de esclavos un pueblo libre" reseñando sagazmente as novas incorporacións poéticas de edicións ulteriores, marcadas pola vea crítica, glosando textos como "A igrexa fría", "Pelengrinos a Roma", "Diante unha imaxe de Iñigo de Loyola" e "Noiturnio".
O labor antolóxico está recollido en catro dos seis apéndices: 1) "Escolma de literatura escrita en América por escritores que non tiñan publicado ningún libro"; ordenado por países ou cidades, a lembranza saudosa da terra nativa e da patria así como o drama da emigración, descrito polos seus protagonistas, son as notas temáticas máis recorrentes deste apartado. Nel salientamos, por motivos distintos, os seguintes escritores, (residentes na Arxentina): 'Morana' (Ramona de la Peña) e Leopoldo Basa. 2) "Selección de poesía alófona". Con seis textos doutros tantos poetas, case que todos galegos de veciñanza ou adopción. Reseñamos os seguintes: Francisco Rodríguez Marín, andaluz, autor dunhas tdadas a Rosalía (Córdoba 1891); González Cantó, Andrés Martínez Salazar e Leite de Vasconcellos, o ilustre profesor portugués que escribe na Coruña en setembro de 1902 o soneto "Galicia", no que considera de novo a relación e simpatía de celtos intelectuais portugueses cara ó movemento restaurador galego. 3) "Escolla de textos de autores que en 1902 aínda non tiñan ningún libro publicado": a antoloxía afecta, fundamentalmente, a escritores novo s que estaban a encetar a súa carreira. Noutros casos son persoas xa vellas pero sen libros publicados (Leiras Pulpeiro). En total reúnense a dezasete poetas, e outros tantos poemas, organizados provincialmente: por A Corufía, Aurelio Ribalta, Urbano González Varela, Antonio García Vázquez-Queipo; os poetas adscritos á provincia de Lugo son sete: Noriega Varela, Xulio Rodríguez Meire, Leiras Pulpeiro, Esperanza Roca, Lago González; por Pontevedra figuran Avelina Valladares e o poema titulado "O Rosario d' inverno en Galicia", asinado cun enigmático], quizais Justo E. Areal, tamén presente nesta antoloxía. Da provincia de Ourense selecciónanse tamén dous poetas: Castor Elices e 'Fraysel', pseudónimo de Samuel Eiján Lorenzo, autor de "Noitébregas" que Carré tomara, posiblemente, do xornal tudense La Integridad 4) A antoloxía do apéndice IV: "Proceso del gallego" trátase dunha escolma que tiña moito de didáctica, especialmente polo que se refire á época medieval; Carré quería demostrar que o uso escrito do galego tiña unha langa e vella tradición, e que non estaba restrinxido ó uso poético. Isto explica que dos dezaoito textos antologados dos séculos XIII ó XVI, todos, agás unha cantiga de loor de Alfonso X e o "Soneto de Monterrei" (que o segue atribuíndo a Camoes), sexan prosísticos e de tipoloxía moi variada: tabeliónica e xudicíal, testamentaria, documental, foral, demandas, disposicións dos concellos, prosa historiográfica e haxiográfica (Crónica Troiana, Crónica de Iria, Códice Calixtino) e un fragmento das ordenanzas da Cofradía de Ca m beado res.
85
As al1to!oxías !iterarias gn!egns do Rc\'urdimelZto {f 1936 Áll'n/'O Vnre!a SuclIlzes-CCiliJegl1a
Os apéndices quinto e sexto, aínda que non literarios en estricto senso, teñen ambos interese dabondo como para facerlles unha breve reseña: o quinto é unha sorte de acta na que figuran os nomes daqueles escritores que nalgunha ocasión utilizaron o galego. En total son trescentos vintecatro, ordenados alfabeticamente, o que o convelte nunha especie de diccionario de autores. Deste número, oito son mulleres (Rosalía, Clara Corral, Filomena Dato Muruais, Hipólita Muíño de Landrove, Ramona Peña, Esperanza Roca, Arminda Flora Serrano e Avelina Valladares)' O apéndice sexto é, en celta medida, complementario do anterior. Nel recóllense os impresos relacionados co rexurdir cultural e político de Galicia no século dezanove16.
9. 2. Literatura gallega (911)
Realrnente este libro é, en gran medida e polo que respecta ós postulados críticos, unha reproducción, ampliada, do anterior. Isto é tan claro que se presenta como segunda edición. Agora ben, entre 1903 e 1911 déronse algúns feitos importantes no ámbito literario, editorial e cultural dos que o autor, obviamente, se fai eco: novas publicacións e novos poetas (Noriega Varela, Rei Soto, Xerardo Álvarez Limeses), fundación da Real Academia Galega, consolidación dunha pretendida "escola literaria", existencia dun grupo de poetas do norte da provincia de Lugo con características comúns ... Todo o cal explica o incremento de textos es colmados (trescentos) e tamén o cambio de título.
Alúdese, por prime ira vez na nosa literatura, a unha "escola literaria", "La escuela coruñesa". Os seus integrantes coinciden cos da "Cova céltiga", da cal formaba parte destacadísima Carré Aldao, pois era na súa librería onde se reunían os famosos contertulios. Esta presunta "escola" non respondería a determinados caracteres estético-literarios, senón, en primeiro termo, á vinculación dos seus membros á cidade da Coruña. Xa que non podemos aceptar a denominación de Carré na dimensión literaria, si que podemos entender o grupo coruñés como o dun cenáculo máis ou menos amplo, ou, se se quere, como o dunha intelligentsia preocupada, ademais da situación social e política do país (os seu s compoñentes pertendan ó sector democrático, liberal e republicano do rexionalismo), polo enriquecemento e pureza da lingua, tentando crear un galego literario culto, despoxado de vulgarismos e ruralismos traballando a prol da renovación ortográfica, auténtica teima do "grupo", e da diversificación de xéneros literarios, como a prosa e o teatro. Formaban parte daquela "Escuela coruñesa", entre outros, e amais de Cané, Lugrís Freire (a personalidade máis sobresaliente desta escola e por quen Carré sente unha admiración absoluta), Florencio Vaarnonde, Tettamancy Gastón, Avelino Barbeito, Pérez Ballesteros, Pondal, Salvador Golpe, Martelo Paumán. Manuel Banet Fontenla, Urbano González Varela, Martínez Esparís, Bermúdez ]ambrina, Marcial de la Iglesia e Genaro Mariñas17.
Aínda que notablemente aumentada, os criterios antolóxicos son os mesmos que na anterior edición, ou sexa, trátase dunha escolma histórica (desde a época medieval ata o presente). Isto condicionaba os argumentos estrictamente artísticos; de aí que nurnerosas mostras carezan de verdadeiro valor literario, converténdose nun mostrario do uso escrito da nosa lingua ó longo da historia. Tamén é idéntico á primeira edición o esquema adoptado, encadrando as diferentes recompilacións en seis apéndices. Tentarei comentar unicamente as principais incorporacións: na sección dedicada á literatura medieval, e fronte á escaseza da anterior edición, agora elévase a oito o número de cantigas (amigo, amor e un pranto), e a seis o número
86
Á/l'aro ¡¡{¡reta Sllal/zes-Cmpegl1a As mi/ataxias literarias gategas. do Re.\'llrdimenta a 1936
de autores. A representación, como se ve, segue sendo aínda cativa. O que si resulta importante é comprobar a insistente preocupación de Carré pola prosa, engadindo doce novo s textos. O apéndice sexto agrupa o groso do traballo antolóxico, realizado a partir de escritores que tiñan libros editados. Seguimos a estar diante dunha escolma multixenérica: prosa, verso e dramática. Ó longo de duascentas vintecinco páxinas veremos a trinta e cinco poetas, vinte prosistas, e seis creadores dramáticos, responsables das cento dezaseis mostras literarias estúlcturadas por xéneros e ordenadas alfabeticamente. Coidamos que a escolrna vale, entre outras razóns, por poñer de manifesto unha realidade fundamental da literatura de finais do dezanove e comezos do vinte: a existencia dunhas con'entes imitadoras ou continuadoras (epigonais) dos tres mestres do século XIX e, por tanto, o triunfo pleno e consolidado da obra rosaliana, currosiana e pondaliana (menos intensa, cecais, neste último caso), é dicir, a verificación dunha tradición literaria (poética) contemporánea, base sobre a que se irá constituíndo a literatura do século XX.
A sombra de Curros, a voz numericamente mellor representada con nove poemas (representativos tanto da musa civil como da intimista: "Canto 1 do Divino Sainete", "Mirand'o chau" , "Ao pobo cruñés", "Saudo", "Cantiga", "Nouturnio", "A palabra", "Na morte da mií'ia nay" e "Tangaraños") planea sobre Avelino Barbeito e Lisardo Barreiro. A nómina continúase con Manuel Núñez González, Evaristo Martelo Paumán e Tettamancy (que representan a dirección pondaliana da poesía de entre séculos), Armada Teijeiro. A literatura feminina está encabezada por Rosalía, con cinco mostras, algunhas xa moi reproducidas en escolmas anteriores ou na prensa, como "Adiós ríos, adiós fontes" e outras que se antologan por vez primeira ("Maio longo, maio longo", "Aquelas risas sin fin", "No ceo, azul crarísimo"); ademais de Filomena Dato Muruais e Sarah Lorenzana. Son igualmente escolmados poemas de Lamas Ca1vajal, Noriega Va rel a , Florencio Vaamonde Lores, que é, con Curros, o mellor representado (cinco sonetos, un diálogo, varios fragmentos de Os calaicos e o poema titulado "¡Pálidos ol1os do nouturno manto" que Carré relaciona coa lírica de LeopardD. A principal novidade poética que trae o século XX é Aurelio Ribalta; del, e do seu Libro de Konsagración, fala o nos o crítico cun entusiasmo e admiración que hoxe nos poden resultar sorprendentes.
No apartado dedicado á prosa, reprodúcense vintetrés fragmentos, fundamentalmente literarios pero tamén ideolóxico-políticos e mesmo de prosa ensaística. O escolmador volve insistir na validez da lingua galega, apta para calquera manifestación escrita. Dos vinte prosistas destacarnos a Heraclio Pérez Placer, presente con dúas narracións breves. O responsable da antoloxía tamén se autoescolma (co pseudónimo de 'Xan do Martinete'), con dúas mostras de escaso valor literario, pero de certo interese lingüístico. O admirado Manuel Lugrís Freire C'Asieumedre'), é o prosista mellor seleccionado, con cinco textos, catro literarios (o quinto é o histórico mitin solidario de Betanzos de 1906), un deles, "Axúdate", é semellante no título e nas intencións ó de 'Xan do Martinete', adicada a Rodríguez Sanz, cofundador con Lugrís de Solidaridad Gallega e autor, entre outras, da curiosa obra agrarista titulada Terra a Nasa, escrita con ortografía fonética. Francisco Álvarez de Nóvoa foi outro valioso representantes, xunto a Pérez Placer, da renovación prosística de cornezos de século; a peza reproducida, "Na costa", denota ese anceio á busca dun novo esteticismo de filiación naturalista.
A antoloxía teatral inclúe oito fragmentos de seis autores, dous deles iniciadores da nosa drmnaturxia e xa es colmados anteriormente (Francisco de la Iglesia con A lonte do xummento e Armada con Non mais emigración). Os outros foron
87
As antoloxíasliteraril7s galegCls: do Rexurdimento a 1936 Álvaro Varela Suanzes-Cl7Ipegna
os verdadeiros vivificadores do teatro rexionalista, especialmente Galo Salinas e Lugrís Freire. Ambos, xunto aCarré Aldao, foron fundadores e responsables da Escola Regional de Declamación e das primeiras publicacións dedicadas a este xénero, como a Revista gallega. Precisamente de Galo escóllese a escena VII dunha obra emblemática, coa que se inaugurara a "Escola", ¡Filia! Lugrís Freire volve ser xenerosa e xustamente es colmado con tres fragmentos de lVlinia, Mareiras e A ponte, as tres representadas poI a "E. R. D.", e que supuxeran un cambio ó introducir a prosa e o drama social fronte á concepción dominante do teatro costumista e en verso.
10. LAS MEJORES POESÍAS GALLEGAS DE UXÍO LÓPEZ-AYDILLO (1914)
López-Aydillo organizou esta obra (escrita en castelán) aplicando criterios xenéricos, (trescentos textos exclusivamente poéticos) e históricos, desde as orixes medievais ata o século XIX, ou, para ser máis exactos, deica os poetas do século XIX xa falecidos, o que explica a exclusión de Pondal. Hai tamén unha vontade por ato par un equilibrio cuantitativo-cualitativo: segundo o título, os presupostos cualitativos ("recopilación selecta") determinan a selección. Na "Advertencia" inicial o autor reafírmao ó dicir que a escolla é "o máis óptimo que han producido los poetas del parnaso gallego". Sen embargo, nesa mesma advertencia, xorde a contradicción: "Tal vez incluyamos algún poeta que no merezca en estricta justicia figurar en las antologías; pero es nuestro propósito ofrecer lo más detallado que sea posible, el panorama del lirismo galiciano, tan interesante y extraordinario". Quere isto dicir que o compilador, aínda que non coa radicalidade dalgún dos seus predecesores, considera importante incluír determinados textos, consciente do seu escaso valor literario, pero coa certeza de que permitirán ó lector adquir unha información máis completa e crítica sobre a nos a historia poética.
O libro ábrese cunha "Introducción", na que se sinalan os obxectivos da obra (o divulgativo e o crítico-interpretativo); resulta ser un breve estudio da nosa poesía medieval, seguido da correspondente escolrna. A continuación, e tras un brevísimo achegamento á "Lírica moderna", preséntase a antoloxía do século XIX. López-Aydillo manexa os Cancioneiros de Ajuda, da Vaticana, o Colocci-Brancuti, a edición do marqués de Valmar das Cantigas de Santa María e o de Baena. Moitas das consideracións admitidas polo autor estaban xa formuladas desde o século anterior, pero introduce outras máis novidosas e acertadas que afectan á cronoloxía (sitúa o nacemento da poesía lírica no tránsito do século XII ó XIII) ou a clasificación, "científica e racional", dos trobadores en torno ás cortes en que poetizaron. Estes acertos denotan o emprego dun aparello crítico moito máis complexo cós utilizados ata entón: Hugo Albert Rennert, Teófilo Braga e, sobre todo, Carolina de Michaelis. Os trobadores/xograres es colmados son trinta e un e cincuenta e unha o número de cantigas. A recompilación quere ser esencialmente cualitativa. Un aspecto que merece ser realzado é a presencia de todos os xéneros: de amigo, amor, escarnho e maldizer, tensóns, pastorelas e cantigas relixiosas. Ademais, con cada autor insírese unha nota biográfica ou literaria. Tamén é orixinal a manipulación textual, co que podemos dicir que a escolma é dobremente crítica, pola súa esencia literaria ("los que encarnan más sinceramente el espíritu de la época") e pola restauración lingüística operada polo antólogo ("cuyos textos, especialmente los de la Vaticana, hemos restaurado teniendo en cuenta los estudios realizados ultimamente por eminentes críticos")18. Tras unha breve introducción, preséntanse os textos dos séculos XVII e XVIII, rematando cos poetas do XIX xa falecidos.
88
Álvaro Varela Suanzes-Cmpeglla As aJ1tolo.yías literarias galegas: do Rexurdimento a 1936
No resumo da nos a historia literaria hai aceItos interpretativos evidentes; así, ó se referir á Idade Moderna destaca a inexistencia de literatura, entendida esta como un feito social que desenvolve unha relación dialéctica entre creador literario e público lector. Por iso, as míninlas mostras que atopamos nestes séculos non poden constituír unha verdadeira literatura, sendo máis ben "cantos aislados sin repercusión nin eco, que deben interpretarse corno expansiones sentimentales de espíritus cultivados enamorados de las bellezas de la lengua patria". No século XIX destaca por riba de todo a figura de Rosalía, "la cifra de oro que resume las grandezas literarias de la Galicia moderna". Os outros dous nomes do século son Curros, "el fuerte" e Lamas, "el profundo". Chama profundamente a atención a ausencia de mencións a Pondal, aínda tendo en conta o criterio de antologar exclusivamente a poetas do século XIX xa falecidos. Respecto da literatura do momento maniféstase pesimista en contraste co moderado optimismo expresado tres anos antes por Carré Aldao, e a quen Aydillo critica negando a existencia da "Escuela coruñesa"19.
Practicamente todos os escritores e poemas reunidos xa o estaban en obras anteriores. Destacaremos a García Mosquera, Luís Corral, Saco y Arce, Alfredo Brañas, Aureliano Pereira, García Ferreiro, Lamas (con sete poemas, todos eles presentes nas antoloxías de Saralegui e Cané). Rosalía, con doce mostras, é quen está mellor escolmada: tendo en conta a dificultade de escoller unha ducia de poemas do conxunto da súa obra, podemos dicir que a escolla é atinada e representativa das dúas Rosalías, a intimista e existencial, e a popular e social. Estes son os títulos: "Negra sombra", "Este vaise e aquel vaise", "¡Padrón, Padrón!", "Vamos bebendo", "A un latido, outro latido" (sic), "Cando era tempo de d'inverno", "Mais ve qu'o meu corazón", "Adios", "Un repoludo gaiteiro", "Quixente tanto, miniña", "Campanas de Bastabales" e "San Antonio bendito". É de destacar o predominio da poesía de Follas (oito) sobre a de Cantares (catro). De Curros selecciónanse dez poernas, procurando harmonizar o social co intimismo e o costumismo (O divino sainete está ausente). De Leiras Pulpeiro está representado con "Tiña solo o pobre amparo", peneirado xa por Carré (Leiras xa tiña editado nestes intres o seu único poemario).
11. ÁLVARO DE LAS CASAS E A SÚA ANTOLOGÍA DE LA LÍRICA GALLEGA (1928)
Álvaro de las Casas (Ourense, 1901, Barcelona, 1950) foi na súa xuventude un home inquedo: conferenciante, ensaísta, xeógrafo, activista/organizador (grupo "Ultreia") e cultivador de todos os xéneros literarios. Como escolmador, ocupa un papel máis que notable na historia do xénero antolóxico galego, en primeiro lugar pola obra que nos ocupa, pero, ademais, por ser o responsable doutras antoloxías como o Refraneiro galego publicado pola editorial Nós (sen datar) e a Escolma de cantigas ordeadas por A. de las Casas (1934). Debemos apuntar que esta Antología de la lírica gallega, publicada pola Compañía Ibero-Americana, con prólogo de Basilio Álvarez, foi reeditada en dúas ocasións, a prime ira pola mesma editorial, sen datar pero antes da guerra, e a segunda, xa no exilio, en 1939, na editorial Sopena de Bos Aires2o.
A creación da escolma xustifícase polo escaso número de obras deste tipo, valOI'ando a súa importancia en tanto que instrumentos divulgadores da nosa historia literaria. O obxectivo consistía en ofrecer unha mostra da mellor poesía galega de todos os tempos: "Quisiéramos corresponder... con una antología tan ... cuidada, que fuera el más completo, fiel y perfecto reflejo de la exuberante y espléndida obra de los altos poetas con que Galicia destacó", pero pretendendo que fose un
89
As allf%xías /i{crarias ga/cgas do RCoYllrdimellfo a 1936 A/U{f1'O Varc/a SlIallzes-CClIpeglla
florilexio destinado ó gran público: "Pero teniendo siempre presente el carácter eminentemente popular de esta Biblioteca, daremos de ladoo .. a toda nota erudita, seguro de que este libro jamás podrá ser destinado a sabios ni a investigadores". No "Comentario" final explícanse as pautas seguidas: "Lo que pretendo es ofrecer un índice de líricos que dé la medida de la evolución de nuestra labor poética"; deste xeito, a escolma medieval faise coa certeza de que o lector terá cumprida idea desta literatura: "En el están incluídos sus poetas más representativos". Pero o certo é que todos os textos que se seleccionan, agás tres, estaban na antoloxía de López-Aydillo, coincidencia que fai dubidar da utilización dos Cancioneiros como fontes utilizadas. Por outra banda, e en coherencia coa calidade como preinisa selectiva, o autor opta pola non inclusión de textos dos Séculos Escuros, "porque en ellos, en verdad, no surge un solo poeta de envergadura". Para o século XIX empréganse argumentos contradictorios, mesturando criterios estrictamente literarios ("Naichorosa" de Alberto Camino), lingüísticos ("A pantasma" de Afión) ou de popularidade21 .
As escolnlas de poesía medieval e decimonónica non ofrecen ningunha novidade, e incluso podemos dicir que son deficientes, na medida en que os textos ofi'ecidos estaban tomados de antoloxías anteriores, especialmente das de López-Aydillo e Carré Aldao. Fóra dalgúns poucos exemplos do século XIX, a selección non responde a unha esculca persoal e directa sobre a obra orixinal dos poetas, condición elemental para que a compilación tefia validez. Esta submisión a traba-110s anteriores afecta, asemade, ás opinións verquidas sobre o pasado literario, como é o caso da lírica medieval, segundo as observacións de Aydillo. Poderiamos dicir, polo que respecta ás mostras medievais e do século XIX, que estamos ante un modelo de "antoloxía de antoloxías".
Non ocorre o mesmo coa es colma do século XX, que é onde reside o valor específico da antoloxía22 . De las Casas pensaba, ou intuía, que a última xeración galega, a súa, era extraordinariamente importante. Por iso quere anticiparse e dar conta des a nova realidade publicando un volume que reunise os nomes máis representativos do grupo que estaba a protagonizar a transformación modernizadora da nosa poesía, de tal maneira que o libro converteuse en escaparate da última xeración literaria galega 23.
Escólmanse vintecatro cantigas de quince autores medievais. Todas, menos tres, estaban en Aydillo. Na selección de textos do século XIX ocorre algo rnoi seme11ante: a meirande parte dos poemas aquí presentes xa o estaban nas dúas escolmas anteriores. Tampouco hai novidade nas interpretacións críticas: Rosalía ("la gran sacerdotisa"), Curros ("nuestro valor más acrisolado"), Pondal ("el intérprete más sensible de nuestra historia") e Lamas son importantes pola súa obra pero tamén porque abren catro camifios24. En total aparecen trece autores e trinta e nove poemas, dos cales vintedous estaban en Aydillo e unha boa parte dos dezasete restantes noutras anteriores. De novo ratificamos o carácter de ser esta unha antoloxía de antoloxías, o que quere dicir que a repetición de textos non se debe a unha pura coincidencia de criterios estético-literarios de De las Casas con outros autores, senón que responde a outros motivos distintos da casualidade25 .
Achégase o escolmador ó século XX cun afán interpretativo e sintetizador que o con verte no primeiro estudioso da nosa literatura contemporánea. Para el hai dous nomes que marcan un antes e un despois na historia poética galega dos primeiros trinta anos deste século: Noriega Varela e Ramón Cabanillas, e unha data,
90
All'ara j'áre!a SlIallzes-Cmpegllo As (fIzto!oxías literarias ga!egas. do Re,Yllrdill/el7!o a 1936
1918, ano do remate da 1 Gran Guerra, trala que t10recerá por toda Europa unha fructífera renovación no terreo das estéticas, manifestada no "gran número e exquisita calidad de las revistas"; modernización que tamén prende en Galicia, que se incorpora, desta maneira, "al movimiento intelectual de la Europa contemporánea", É interesante a actitude crítica do autor respecto dos poetas mencionados, pois se ben por unha banda quere (non só el senón a súa xeración) desmarcarse deles por estar "más unidos a los precursores que a nosotros",pola outra recoñece que son referentes obrigados para comprender a poesía do novo século e que "siguen colocados." en sus indiscutibles pedestales de primacía", por iso, libros como Nlontm'iesas e A rosa de cen follas poñen de relevo as diferencias entre a vella poesía dos precursores e a deles dous, ó tempo que os acercan ÓS máis novos: "neles está rnaravillosamente salvado el abismo que pueda separar a nuestra juventud actual, de los jerarcas de la Biblioteca gallega".
Para o autor, a literatura do século século XX poderíase agrupar en oito apartados: os "Novecentistas", grupo con raigames no século XIX (Eladio Rodríguez, López Abente, Taibo .. ,); "Los galleguistéls" (Cabada Vázquez, Zapata García, Sigüenza ... ) son os que "exaltan las virtudes de la raza y se ocupan en cantar la gesta heroica de los antepasados"; o grupo de "Los localistas", "más atentos a la expresión humorística y al gracioso colorido provinciano" (Lameiro, San Luís Romero ... ); "Las poetisas", un colectivo representado por Francisca Herrero, Amelia Aller e Herminia Fariña, entre outras; "Los medioevalistas", "que resucitan (Bouza-Brey, Blanco Amor) la manera de los Cancioneros"; "Los dramáticos" (Cotarelo, Cabanillas, Antón Vilar Ponte ... ); "Los futuristas", "dignos de figurar en los más altos puestos de las más escogidas vanguardias" (Amado Carballo, Manuel Antonio, Correa Calderón, Denys Fernández, Augusto Casas ... ); e finalmente, "Los academizables", "que sobre bases de clasicismo amparador intentan nuevos ensayos y modernas formas" (Otero Pedrayo, Vicente Risco, Couceiro Freijomil, Rodríguez Elías ... ).
Como se pode observar hai acertos e desatinos, pero a sistematización de De las Casas é a prime ira que se fai sobre a literatura deste século. Deixando de lado determinados erros de apreciación26 , centrarérnonos nalgúns dos grupos, o quinto e o sétimo (sen esquecer a validez do terceiro e cuarto), ou sexa, a poesía medioevalista e a futurista, pois nelas se encadran os verdadeiros representantes da modernidade poética que estaba a agromar naqueles anos vinte. A prime ira das denominacións estaba entón representada fundamentalmente por Bouza-Brey quen, desde anos antes e a través da revista Nós, viña dando mostras daquela nova tendencia que hoxe chamamos neotrobadoresca. Cómpre, pois, subliñar que esta importante escola, que marca unha das liñas esenciais da nosa poética contemporánea, está xa sinalada desde 1928. Doutra banda resulta signitlcativo que tal actitude poética sexa enxuizada como revolucionaria e vangardista, pois o verdadeiro vangardismo está representado polos "futuristas" (por algúns dos futuristas). Tamén esta denominación é, a todas luces, errónea, xa que "futurismo" tiña un significado preciso, vinculado a unha dirección moi concreta, nuns intres en que era importante marcar diferencias entre unha ou mItra tendencia naquel maremagnum de ismos. O escolmador utiliza aquí o cualificativo de "futurista" como sinónimo de moderno ou, se se quere, de vangardista. De non consideralo así, resultaría inaudito caracterizar a Amado Carballo, Evaristo Correa Calderón e ÓS outros poetas citados como futuristas. Pero mesmo dentro dos límites desta equiparación, a excepción de Manuel Antonio, os demais pouco tiñan que ver co concepto europeo de vangardisrno.
91
As alltoh'das literarias galegas" do Rexurdinzento a 1936 ÁI[J(fro Vare/a Sual1zes-Carpegna
o núrnero de poemas do século XX seleccionados é de trinta e cinco, pertencentes a dezaseis poetas, dos cales once pertencen á "Nova xeración galega", denominación empregada por primeira vez en 192427 . A presencia Inaioritaria desta xeración é o que fai atractiva e valiosa esta antoloxía, máis aínda se ternos en conta que soamente un poeta tiña publicado algún libro (Amado Carballo con Proel. Herminia Fariña era tamén autora dun poemario, Seara). Precisamente naquel 1928 sairán ó mercado tres títulos importantes para a nova poesía: O pescador de estrelas de Xulio Sigüenza; Rornances galegos de Eduardo Blanco Amor, e moi especialmente, De catro a catro de Manuel Antonio. O resto de escritores aquí presentes terán que esperar ó cambio de década para ver publicadas as súas primeiras obras, do que se deduce que ningún dos poemas escollidos, a excepción de "Solpor", "Foguetes" e "Meigallo", foran publicados anteriormente en libro e, xa que logo, que para a inmensa maioría dos lectores a es colma suporía un auténtico suceso. En canto ás fonte poden sinalarse tres posibilidades: os libros xa publicados (casos de Herminia Fariña e Amado Carballo); as revistas, moi especialmente Nós; e o material (inédito) recadado directamente dos poetas.
A nómina de poetas e o repertorio de poernas ofrece o seguinte listado: Amado Carballo, con dous, "Sol-por" e "Foguete", ambos de Proel; Xesús Bal con "Carton", unha das súas escasas mostras poéticas; do autor de A esmorga escóIlese "OrbaIlo", poema que moi axifia aparecerá en R01nances galegos, pero inédito para os prime iros lectores da antoloxía28; de Fermín Bouza-Brey os dous poemas aquí presentes, "Triadas no mar e na noite" e "Descordo para ben muiñar" incluíranse anos máis tarde en Nao senlleira29 ,
Significativa é a escolla intimista dos cinco poemas de Cabanillas. Catro pertencen a Vento mareiro C"Camiño longo", "Foliada", "Foi n-un vello xardín" e "O cantar do que se alexa") e un a Da terra asohallada ("A rosa que sangra"); o responsable da antoloxía tamén se (auto)escolma con dous poemas, "Canzós de berce", de escaso interese, e que se incluirán no libro Sulco e vento; de Augusto María Casas, irmán do antólogo, e mellor poeta, aparece "Romance da lúa", poema inédito (logo en Vento segrel, pero sen os dez derradeiros versos); de 'Denys Fernández', que era como asinaba os seus traballos literarios o pintor ourensán Cándido Fernández Mazas, aparece o poema "Moíto tes de muiñar", Atopámonos de novo coa síntese hilozoísta e creacionista actuando sobre o mundo popular galeg030; Herminia Fariña, cun poema, "O meigaIlo", que pertencía, como xa dixemos, a Seara (924); López Abente está representado por dous poemas, "A fouce" e "No lar" tirados respectivamente dos poemarios Escumas da riheira e Alento da raza. Resulta estraña a inclusión dG:> vello rexionalista Lugrís Freire como representante da poesía do momento aínda que un dos tres poemas seleccionados, "Fragachán", pertencía a Ardencias, libro recén editado.
Manuel Antonio está presente con dous poemas, "A estrela descoñecida" e "Si eu quixera saber". Este último publicado en A Nosa Terra 053, Nadal de 1921), aparecendo aquí exactamente igual que no xornal nacionalista31 ; Eugenio Montes entra na antoloxía con "Tornan as vacas para a aldea"32. Noriega Varela é o escritor mellor tratado, con nove poemas; a destacar o titulado "Ora é unha abedoeira", que non fora aínda publicado en libro (será incluído na segunda edición de Do ermo feíta en 1929); de Xulio Sigüenza recóIlese "O pescador de estrelas", o poema seleccionado que logo formará parte de Cantigas e verhas ao al', publicado por Nós aquel mesmo ano de 1928, exactamente o seis de setembro, tal e como reza o colofón33; e finalmente, Victoriano Taibo con "As mozas van de ruada", o título
92
Álvaro Vare/a SlIanzes-(:arpegna As antoloxías literarias galegas do Rexurdimento a 1936
(incorrecto, xa que debería ser "mozos") do poema que Taibo xa publicara anteriormente, pero non en Abrente (922), libro ilustrado fermosamente por Cebreiro, senón na revista Ronsel.
12. DÚAS ANTOLOXÍAS DE XOSÉ FILGUElRA VALVERDE: O CANCIONEIRIÑO
DE COMPOSTELA E A ANTOLOXÍA COMENTADA
12. 1. O Cancioneiriño de Compostela (932)
É este cancioneiro unha peculiar e orixinal obra, que entronca cunha liña de traballos monográficos do mesmo autor sobre determinadas parcelas da nosa poesía, iniciada en 1927 co estudio de A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana (Nós), e que sabernos que chegou ás mans de García Lorca, conmovéndoo profundamente ó descubrir o tesouro lírico galego-portugués. En 1978 abordará As ¡estas do tempo nos Cancioneiros galego-p011ugueses. Por outra banda, e ademais das dúas escolmas ás que nos imos referir de seguido, Filgueira é o primeiro crítico que se preocupou por achegarse ó estudio dunha antoloxía, recoñecendo deste modo a importancia do xénero34.
Na obra que comentamos, a cidade e as tenas de Compostela tómanse como núcleo aglutinante da escolma, facendo un longo percorrido pola nosa historia literaria a fin de seleccionar poetas e poemas vinculados, total ou parcialmente, con Santiago. O traballo é, pois, unha antoloxía de poesía compostelá, pero criticamente realizada, de maneira que sobre cada autor e texto aparecen diferentes anotacións eruditas que amosan o coñecemento que tiña entón o novo profesor. Estes dous feitos, escolrna comentada criticamente e ser a prime ira antoloxía monotemática, acentúan o valor de sta publicación que vira a luz nos números 103 C25-VII-1932) e 104 05-VIII-1932) da revista Nós, e que logo a propia editorial imprimiría como separata. O traballo quixo ser unha homenaxe á cidade do Apóstolo naquel xullo de 1932. Este consta, ademais do "Limiar" e do "Remate", de sete apartados. O prólogo é unha afervoada presentación que rebosa emoción, amor e lirismo nun discurso moi característico da retórica galeguista da época, revestido de optimismo e dunha certa mística.
A selección fórmana vintenove poemas de autor, un romance e nove cántigas populares. Cunha notable erudición aborda Filgueira a relación entre os "Cancioneiros" e Compostela. O autor, sen dúbida o primeiro especialista galego en temas de literatura medieval, amosa a súa sólida formación ó sinalar o soporte crítico ernpregado, que vai desde os "clásicos" como Carolina Michaelis e Menéndez Pidal, ata o profesor e amigo Armando Cotarelo Valledor, pasando por Nunes. Dos Cancioneiros destaca o da Vaticana que é, para o autor, un cancioneiro compostelán (tanto polo número de poetas vinculados á cidade como polas numerosas referencias a ela) chegando rnesmo a dicir que é "a mellor antoloxía poética da nosa cibdade" e que "este Cancioneiro debeu ser colexido na mesma Compostela". Destaca Filgueira os seguintes nomes: Bernal de Bonaval, Abril Pérez, Sueiro Eáns, Martín de Cornes, cecais Afonso Eanes de Cotón, Airas Nunes, Lourenzo, Eáns Mariño, Xoán Airas, Xoán Vasques, Paí da Cana; Ruí Fernándes, Gomes García, Xoán de Lobeira e, en menor medida, Paio Gómez Charinho, Airas Corpacho, Fernando Esquío e Pero da Ponte de quen cita, respectivamente as cantigas 429, 265, 903 e 1182. Desta nómina escólmanse catro poetas: Bernal de Bonaval, Airas Nunes, Xoán Airas e Pero Amigo de Sevilla.
9.3
As ulltolo.yías literarias gnlega, do Re.Yurdlll/ellto {/ 1936 ÁII'{//'O láre!({ Sumzzes-Cmpegl7(/
En canto ás Cantigas de Santa JHaría de Afonso X, Filgueira Valverde, que fóra o primeiro en impartir un curso sobre este terna na Universidade de Santiago e tamén o primeiro galego que fL'\.o a súa tese de doutoramento sobre un aspecto parcial da nosa lírica antiga (o estudio dunha cantiga de Santa María, a CIII, publicado en 1936, baixo o título de Tiempo y gozo eterno en la l1ClJTativa medieual) desprega, de novo, os seus coñecementos neste capítulo. A primeira observación é a da escaseza de cantigas marianas vinculadas con Galicia e, máis aínda, con Compostela. Mesmo se podería falar dun profundo anticompostelanismo, motivado pola posición política mantida polo rei coa Igrexa santiaguesa. Así as cousas, unicamente se pode expoÍi.er unha cantiga localizada en Compostela, a LXXXII, ou, mellor clito, "en ten"as de Sant-Iago" xa que non na propia cidade e de asunto, ademais, vulgar. Do seu estudio infire dous datos significativos: a desviación de milagres atribuídos pola tradición ó Apóstolo e un incuestionable anticompostelanismo.
Antológanse dúas pezas do século XVII, as décimas de Martín Torrado e uns fragmentos do "Romance galego" de Xosé Xil Taboada presentado ás Festas Minervais de 1697. O tempo dos Precursores é, para Filgueira, o comprendido entre a publicación da "Alborada" de Nicomedes Pastor Díaz e o Banquete de Comco. O poeta de Viveiro foi o primeiro en descubrir o valor romántico da lingua galega, seguindo de sta maneira a interpretación que Otero Pedrayo expuxera no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Peculiar e acertada resulta a caracterización que fai o antólogo de Xosé García Mosquera cando di que se trata du poeta "antolóxico", no senso de que a súa obra só aparecía en t1orilexios. Dos dous textos galegos, entón coñecidos, do catedrático ourensán, reprodúcese o titulado "Cantinela gallega", poema áulico composto en honor da raíña Isabel II e do seu fillo na visita que realizaran a Santiago en 1858, e que motivara numerosas composicións en castelán e galeg035.
Inclúense poemas de X. M. Pintos Villar, Francisco de la Iglesia e Marcial Valladares Núñez. Rosalía de Castro é para o autor deste traballo non só o mellor escritor de todo o século XIX, senón o máximo exemplo de compostelanidade. En primeiro lugar, pola presencia avultada de Santiago como ámbito poético, pero tamén como espacio vital e mesmo de xestación literaria, destacando a importancia do período vivido nesta cidade (entre 1872 e 1875) para a creación de Follas novas, pondo de relevo que "a presencia da nasa cidade é vital nas súas mellores páxinas"36. Pero arredor da figura de Rosalía de Castro confórmouse unha escala de imitadores; así, moitos dos versos de finais do século XIX e comezos do XX non se poderían entender sen ela. Pero o que lle interesa resaltar a Filgueira é cómo a poesía compostelá da nosa autora imprime tamén escola e pon de exemplos a Lamas Carvajal, Bieíto Losada, Pérez Ballesteros e Salvador Cabeza de León. Escólmanse dous poemas desta tendencia: "ó espertar o día en Conxo" de Lamas e "Un día máis de chuvia" de Xoán Barcia Caballero. Baixo o epígrafe de "Poetas de hoxe" selecciónanse dez poetas, con cadanseu poema (Eladio Rodríguez González, Avelino Gómez Ledo, Ramón Cabanillas, Julio Dantas, Augusto Casas, Victoriano Taibo, Gonzalo López Abente, Álvaro de las Casas, Ricardo Carballo Calero e Euxenio Montes). O criterio empregado para bcer tal xuntanza, á parte da presencia da cidacle nos seu.'> versos, é o temporal, pois todos escribiron os traballos antologados entre 1925 e 1932. A escolla está agrupada en distintos apartados37.
12. 2. A "Antoloxía comentada"
A segunda peza antolóxica de Filgueira Valverde cerra o noso estudio sobre as antoloxías literarias. A obra, e polo tanto o comentario, é singular, poís esta "An-
94
Á/Vílro Vore/o SlIílllzes-CcllfJegllCl As ollt%xías /ilemrws gctlegas do Rexurdimellto a .1936
toloxía comentada" nunca puido pélsar do manuscrito, xa que os dramáticos sucesos iniciados o 18 de xullo de 1936 impedírono, xustamente cando estaba a piques de se imprentar, O Seminario de Estudos Galegos encargáralle a Filgueira a elaboración dunha magna antoloxía da nos a poesía, desde as orixes medievais ata a xeración máis nova que entón se estaba a manifestar. A obra serviría de homenaxe a Rosalía ó conmemorarse o cincuentenario da súa morte (1885- 1935). O cofundador do Seminario comezou o seu traballo neste último ano e continuouno ata a primavera de 1936. A posición da que partía era privilixiada: sólida formación lingüística e literaria; rigorosa capacidade de traballo e de organización (S.E.G.) e unha intensa relación de amizade coa maioría dos escritores, novos e vellos, que estaban en plena actividade creativa e que o habilitaban para realizar unha obra que, de chegar a editarse, sería, con seguridade, absolutamente decisiva e posiblemente tan transcendental, salvando cautelosamente as distancias, como o estaba a ser entón a emblemática antoloxía de Gerardo Diego, tan presente, por outra banda, en Filgueira. Este sintetizou a nosa historia literaria en seis momentos, proxectando para cada un deles un tomo: no primeiro estaría a poesía trobadoresca; no segundo a Escola Galaico-Castelá e os Séculos Escuros; no terceiro a poesía do Rexurdimento; no cuarto os Poetas do grupo Nós, entendendo por tales, non só ós integrantes desta xeración (Otero e Risco), senón a poetas corno Taibo, López Abente e Cabanillas; o tomo quinto ocuparíano os poetas da denominada "Nova xeración"; e no sexto, a lírica populaL Cada unha das partes, adernais da selección de textos, que se pretendía xenerosa, levaría un estudio introductorio que xa estaba rematado en xullo de 193638.
Especial importancia ten o método aplicado á selección da poesía do século :XX, xa que a intención do antólogo era construír unha escolma, nunca antes ensaiada, baseada nas seguintes premisas: o material te ría que ser inédito, e cada poeta explicaría ou comentaría a súa propia obra. Para conseguilo tivo que solicitar a un numerosísimo grupo de escritores que He mandasen os poemas que eles libremente decidisen (autoescolma), sempre inéditos, ó tempo que lles remitía unha sorte de cuestionario referido a aspectos biográficos e literarios. O resultado, de materializarse o proxecto, tería sido unha obra verdadeiramente significativa da poesía galega de preguerra e un conxunto substancioso de autopoéticas. Nos casos de escritores xa falecidos pretendíase recoller, sempre que fose posible, algunha opinión exposta polo poeta, como sucedería co manifesto filIáis alá para Manuel Antonio. Este carácter de "antoloxía comentada" implicaba, nalgunha medida, él participación dos poetas na elaboración da obra: "Eran eles mesmos os que facían a escolrna". Filgueira foi recibindo un valiosísimo material, que en boa meelida segue permanecendo inéclito39.
95
As antoloxías literarias galegos' do Re.Yllrdimellfo a 1936 Áluaro Varela Suanzes-Carpegna
NOTAS
96
Nestas dúas escolmas amósanse varios poemas que logo estarán incluídos en libros tan fundamentais como Cantares galegos e De cafro a catro. Máis aló da curiosidade, a aparición dunha determinada versión dun texto aínda non definitivo é, ou pode ser, revelador do proceso de creación, enriquecendo as valoracións do texto e do autor. O cotexo entre as variantes dun mesmo poema resulta sempre útil desde unha perspectiva ecdótica.
2 A crestomatía é unha colección ou selección de textos que ten por fínalidade non a de amosar composicións polo seu puro valor artísticoliterario, senón, fundamentalmente, a de ilustrar e avaliar as distintas teses ou opinións verquidas nunha publicación esencialmente lingüística. Exemplos destes tipos son as obras de Saco e Arce (Gramática gallega), Cuveiro (El habla gallega) e Valladares (Elementos de gramática gallega), nas que se introducen apéndices literarios cunha finalidade claramente didáctica.
3 Citábanse setenta e tres, entre mltros De la Riega, Rodríguez Seoane, Freire Castrillón, Romero Ortiz, Xosé e Manuel Rúa Figueroa, e Saco e Arce.
4 Delas amáis antiga sería, de facer caso do título, de 1837, O pleiteante. Relación que un litigante chamado Farruco faí ó cura da Slla parroquia do que sucedeu no Tribunal de Corzúia o ano de mil oitocoentos trinta e sete, de Juán Gómez del Ferrol.
5 En celtos aspectos lémbranos a Rosalía como por exemplo na utilización, ó comezo e remate, de versos populares (¡Ten-a terrHia/ / ¡Ten'a a mUial) ou versos como, "Moitas soledades teño I da tena que me criou".
6 Hai outros textos, tanto en galego como en castelán, que cantan a Galicia e ós galegos pero non os hai de loanza da lingua, que se converte aquí en elemento temático.
7 Resulta difícil precisar o ano da súa composición, pero o que si sabemos é que nese 1862 o lihro estaba a piques de saÍr do prelo, tal como nolo indica un curioso e interesante aviso, aparecido no Diccionario de Murguía, e que se converte na primeira noticia e gabanza do libro ("Se glosan con la mayor sencillez, propiedad y poesía los cantares populares gallegos"), Sen embargo a versión "coruñesa" ofrece ceItas diferencias respecto da que aparece en 1863, o que nos permite afirmar que a versión da escolma é anterior á do poemario e por tanto que Rosalía revisou o texto antes de que se imprimise en Vigo. Do cotexo podemos tirar as seguintes observacións: os cambios Oltográficos, morfolóxicos e prosodemáticos son moi abondosos. Predominan as formas plenas en artigos, preposicións e mesmo en substantivos, me ntres que na edición de 1863 a elisión de fonemas fai que as sinalefas e o uso do apóstrofo sexan constantes, Tamén apreciamos o emprego case total dos grafemas I gl e Ijl para representar o fonema fricativo linguoprepalatal xordo fronte ó grafema Ixl xeneralizado na edición de CompañeL O mesmo ocorre no uso do ¡latino fronte ó y grego e, o que é rnáis importante, a utilización do fonema linguointerdental polo seseo de Cantares, máis a ton co carácter popular do libro. Non son moitos os cambios de palabras en relación sinonímica e supresión e adición ele versos: pero en calquera caso supoñen unha revisión selectiva de tipo estético e de eficacia literaria.
O poema "¡Terra a mií'ia!" ten dous versos máis (cento catro) ca "Airiños, airir10s, aires". Valla de mostra este exemplo: en Cantares os versos 59-60 din: "Ay quen fora paxariño I de leves alas Iixeiras", mentres que a disposición da versión de 1862 é: "Ai¡ Quen fora paxariño I que poI-os aires carrera! I Ai¡ quen fora paxariüo I de leves alas Iixeiras". En CaJltares engádense tres versos inexistentes no "Mosaico" (85,86 e 87): "Levaime nas vos as alas I C0111' unha folliña seca I Non penuitás que aquí morra", versos que recalcan o valor sentimental do poema,
Álvaro Varela Suanzes-Cmpegna As antoloxías literarias galegasoo do Rexurdimento a 1936
De todo isto podemos deducir que Rosalía someteu os seus versos, entre 1861 e 1862, a distintas transformacións, o que demostra, en parte, que a idea de ser unha escritora que unha vez feito o poema non o revisaba, é dicir, que Rosalía fixaba directamente no papel o seu pensamento poético, non é totalmente certa. Sen invalidar o carácter espontáneo da nasa autora, alomenos neste caso, si retocaba, con fins estéticos (¿tamén ideolóxicos?) os seus textos. Agás os cambios ortográficos e morfolóxicos sinalados anteriormente e que se repiten nos OlItroS catro poemas, non hai ningunha variación significativa entre as dúas versións. Con todo, merece a pena reseñar algúns aspectos que afectan á dimensión estilística. Referímonos ós múltiples cambios do fonema linguointerdental no "Mosaico" pala sibilante en Cantares e á substitución de verbas sinónimas. Como exemplo do primeiro caso temas "A romada da barca" ("Nasa Señora da Barca") e do segundo, verbas como aro ou ofertas, transformadas en Gantares en cribo ou presentes (No aro dunha peneira / No cribo duha peneira; Choven estonces ofertas / Choven estonces presentes).
8 De Teófilo Braga foi, ademais, a iniciativa para a publicación, en 1878, da primeira edición crítica do Cancioneiro da Vaticana feita por Monaci ca título de Cancioneiro p011ugués da Vaticana.
9 Lembremos que ata 1886 -El idioma gallego de Antonio de la Iglesia- non veremos a obra destes poetas en antoloxías galegas.
10 Este último caso presenta dous aspectos atractivos. En primeiro lugar está o feíto de que un autor e un poema non galegos aparezan nunha escolma de poesía galegao Hai que reparar, ademais, que estamos ante un dos primeiros casos de traducción castelán-galego e é moi posible que a intención do antólogo fose precisamente a de amasar ou demostrar, naquel momento crucial e como apoio ó naso rexurdir, as posibilidades e as capacidades que a nasa lingua tiñao A segunda consideración afecta á autoría da traducción, sen dúbida de Rosalía de Castro; o emprego de celtas características lingüísticas permítenos facer tal afirmación (uso de determinadas palabras, emprego estilístico do seseo .. ). Como é ben sabido, o poeta castelán Ventura Ruiz de Aguilera era amigo do matrimonio Murguía-Castro; así na primeira edición de Gantares gallegos incluíanse os poemas "La gaita gallega" que o salmantino adicaba "A mi querido amigo D. Manuel Murguía" , e a correspondente "resposta" de Rosalía ó "eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera"o Mais non fica aí a relación literaria entre os dous poetas, pois na edición das obras completas de Ruiz de Aguilera, no volume Elegías y Armonías. Rimas varias (Madrid, 1873), aparecen distintas traduccións Ó francés, italiano, alemán e ó galego. Na nasa lingua está verquido "Ruinas. Armonía de la tarde" (pp. 64-6 e 360-1) e é precisamente Rosalía Castro de Murguía quen fai a traslación, incluída despois en Follas novas.
11 Especialmente importante foi o quinquenio 1875-80 tanto pala cantidade como pala calidade: naqueles anos publicaron Lamas (1875-76-77-80), Saco e Arce (1875), Pérez Ballesteros (1878), Benito Losada (1878), Curros Enríquez (1880) e Rosalía (1880).
12 Encontrámonos aquí cun dos primeiros comentarios sobre Cantares gallegos. O poemario rosaliano é a síntese mesma da cultura galega por darse neles a fusión perfecta, a simbiose ideal, entre a autora e o seu pobo: "Los Gantares gallegos es el verdadero libro del pueblo porque de él ha salido y en el vive"; "¿Quién no conoce en el país los Cantares gallegos? Pocas obras de su género han adquirido una popularidad ni tan grande ni tan justa". Consciente da transcendencia do libro e da súa altura literaria non dubida en proclamalo como o cume poético e como modelo da literatura "provincial": "Nunca en tan grande escala, nunca con tantos elementos, nunca con resultados tan brillantes"; "L..lBase sobre la que debe levantarse, sublime y majestuosa,
97
As anf%xÍas litercl/7'as ga/egas. do Re~,(lIrdimento (/ 1936 Á/mm Vare/a Sual1zes-Cmpegna
98
el bello monumento de nuestra emancipación literaria", A identificación de Saralegui coa poesía de Cantares é plena: "están de tal manera de acuerdo con nuestras ideas respecto a lo que debe de ser en el estado presente la literatura provincial [. .. ]", e continúa: "Bajo cualquier aspecto que se considere, los Cantares gallegos constituyen una obra gallega por excelencia, genuinamente provincial, en la más lata acepción de la palabra: una obra en cuyas páginas se refleja fielmente y bajo todas sus bses la individualidad de Galicia", De Follas novas fala en termos positivos Cbellísima colección de poesías") recoñecendo a madureza da obra, "sin duda más estudiadamente escrita"; pero Cantares gallegos será "siempre el primero y principal fundamento de la gloria de su ilustre cantora",
13 Pastor Díaz serviralle a Saralegui para facer unha reflexión sobre galeguidade e lingua, mostrándose ambiguo, mesmo contradictorio, de maneira que se ben "la literatura peculiarmente gallega tiene también su forma de expresión genuina, su elemento externo determinante en el dulce y apasionado dialecto provincial", non dubida en afirmar que él lingua non é a única, nin obrigatoria, condición que permite determinar cándo unha obra, ou autor, é absolutamente galega; así o de Viveiro é o "poeta más gallego de nuestro siglo" (opinión, por outra banda, moi compartida naquel entón, entre outros por Murguia).
14 Neste punto hai que volver a Teófi]o Braga, pois sen el esta selección sería imposible, non só pala edición que o portugués fixera en 1877 do CCl11cioneiro, senón pala axuda e asesoramento prestados a De la Iglesia (exemplo modélico e infrecuente de cooperación entre a intelectualidade lusa e galega), e que este repetidas veces agradece, xa loando a edición aludida -"Edición luminosamente ilustrada"- xa ó intelectual: "El apreciabilísimo literato de Portugal Teophilo Braga, tan favorable a las letras de nuestro país como a las del suyo propio"; "escritor portugués, a quien tanto deben literariamente Portugal y Galicia "-, Mais a débeda directa do naso antólogo ca portugués ponse claramente de manifesto nas seguintes palabras: "Somos deudores en particular nosotros, por los datos y documentos que con la mayor galantería y complacencia se ha dignado bcilitarnos para los presentes estudios",
15 Evidentemente, Pondal recibira boas críticas por parte dos que enxuizaron a súa obra, pero poucas veces conseguira loanzas tan acendidas como Rosalía ou Curros, Curioso é que Uxío Cané, ha me próximo ó poeta, ambos compañeiros e contertulios, non emitise cando menos un comentario máis extenso, Pero ainda que poucas, as verbas adicadas ó "bardo" si son acertadas; el é o "gran poeta clásico de nuestra tierra", destacando a condición de poeta non popular por mor de ser a súa unha poesía historiográfica, culta.
16 Desde 1853 CA gaita gallega) ata 1903 Carré cita 106 títulos poéticos, Os anos de 1880, 1886, 1888, 1889, 1890, 1891, 1893, 1894, 1895, 1898 e 1901 son os máis ricos en publicacións (entre cinco e nove libros editados} A Coruña revélase como o principal centro editorial galego con, polo menos, trinta e catro impresións, a moita distancia da segunda (máis do dobre), realidade explicable pola Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar. Ourense, con alomenos quince impresións, é a segunda capital, seguíndolle de preto Santiago con once títulos e Pontevedra e Lugo con dez, Outras cidades editoras son Madrid, con nove; La Habana, con seis e Vigo e O Ferrol, con tres. Lago, con un único título, aparecen distintas vilas "galegas" (Noia, Betanzos, Luarca, Marín .. J e outras cidades non galegas como León, Halle, Bos Aires e a exótica Alexandría, cidade na que viviu e morreu o diplomático vigués Emilio Garda Olloqui e ande se imprimiu o seu libro Versos.
17 Carré cifraba os principais méritos da súa escola na modernización da nasa literatura, na depuración léxica e na renovación ortográfica; os
Á/varo Vare/a Suallzes-Cmpegna As antoloxías literarias galegasc do Rexurdimel1to a 1936
seus membros foran os primeiros: "en simplificar L. J y unificar la forma de escribir L.J Esta labor de reconstitución y unidad 0l1ográfica fue seguida de una detenida y bien estudiada selección de voces, determinando su morfología literaria y evitando el ejemplo de aquellas otras L..l dudosas, de mal gusto, groseras y de viciosa pronunciación que algunos escritores poco escrupulosos juzgaban y adaptaban L..l como netamente gallegas LJ Aún en algo más se han distinguido y señalado los escritores coruñeses LJ Ese algo más de los escritores de la capital de la región fue dignificar y elevar de todo no sólo el lenguaje, tanto en la poesía como en la prosa, sino el concepto de la literatura general gallega L..J Por la noble empresa de combatir viejos prejuicios y volver por los fueros de todo lo nuestro, lengua, literatura e historia; por la dignificación que iniciaron y que continuaron en sus trabajos literarios L. J por la elevación y elección de asuntos, belleza de los pensamientos, melodía y cadencia de las frases y pureza de vocablos y giros, se señalaron bien pronto los literatos coruñeses y el ejemplo dado, no fue perdido".
18 Esta obra constitúe a máis importante selección de poesía medieval desde que Antonio de la Iglesia publicara El idioma gallego, obra entón xa vella e, polo mesmo, de difícil consulta, de tal maneira que se convertería en referencia obrigada para o coñecemento daquela poética durante o período que vai de 1914 a 1927, ano da histórica edición de Ntmes. Así, pois, coidamos que o libro tivo necesariamente que repercutir naqueles escritores (Viqueira, Bouza-Brey .. .) que moi axiña iniciarían o camiño do neotrobadorismo.
19 ¿Coñecería o antólogo a primeira obra de Ramón Cabanillas, No desterro, publicada un ano antes en La Habana?, ¿pensaría o mesmo se escribise un ano despois cando o cambadés tiña xa na rúa Vento mareiro?, por mitra parte, ¿non lle merecía creto Montaiiesas (904) de Noriega?
20 A primeira noticia que temos do libro, detalle importante, como logo se verá, procede da revista Nós 55 (25-VII-1928).
21 É o caso de "Negra sombra", da que se di: "No sería esta una Antología poética gallega si en ella no se encontrase "Negra sombra".
22 A revista Nós saudara nos seguintes termos a aparición desta publicación: "Ten a ventaxa de chegar 6 noso tempo e traguer cousas dos máis novos poetas, de maneira que presenta un cadro completo da nos a líreca, dend'as orixes ata o ano 1928"; resaltando, por tanto, o seu oportunismo como un feito fundamental á hora de valorala.
23 Non debemos esquecer un dato relevante que acentúa o mérito do trabailo: a meirande parte dos poetas seleccionados desta xeración (do 22, do 25 ou ¿por que non?, do 28) non tiñan, no intre en que o antólogo elabora a súa escolma, ningún libro editado. Comprenderase, pois, o carácter oportunista do libro, que o propio escolmador explicita cando marca as diferencias con obras similares: "Sobre otra publicación análoga queremos imprimir a esta dos notas diferenciales: una, el dar en ella capital importancia a la poesía contemporánea, verdaderamente floreciente y pOI tantos conceptos estimable; otra, el recoger una muestra". de la poesía popular". Mais hoxe en día, a obra proporciónanos outro interese non sospeitado polo seu autor: algúns dos poemas escolmados son anteriores á redacción definitiva dos mesmos, tal e corno os podemos ler nas súas primeiras edicións (versións definitivas), naqueles casos en que eses textos pasaron a formar parte de poemarios imprentados. Desta maneira, a antoloxía sérvelle ó estudioso para un mellor coñecemento do texto e do proceso creativo do poeta.
24 A verdade é que ante as verbas de admiración e veneración de Álvaro de las Casas ós catro vates do XIX, non podemos menos que lembrar as de Manuel Antonio sobre os mesmos poetas (en Mais alá, e no Prólogo a un libro de poemas que ninguén escribeu).
99
As antoloxías literarias galegas do Rexllrdimento a 1936 Álmr'O Varela Suanzes-Carpegna
100
25 Neste punto podemos amosar un detalle que demostra inequivocamente a nosa suxerencia: o poema de Rosalía "A un batido outro batido" aparece como "A un latido outro latido" o que delata a fante empregada, que non é, como cabería pensar, Follas novas, senón a antoloxía de López-Aydillo onde o poema aparecía coa mesma errata tipográfica,
26 Por exemplo, considerar, en 1928, a Taibo e López Abente como poetas decimonónicos, meter no mesmo gmpo a Risco e Otero con Couceiro Freijomil ou caracterizar ó autor de Cantigas e verbas ao ar como "galeguista" .
27 Así se autosubtitulaba, no sexto e derradeiro número Coutubro/novembro, 1924), a revista luguesa Ronsel, e un membro dela, Xesús Eal y Gay dedicaba aquel ano o seu libro Hacia el ballet gallego "para la nueva generación gallega".
28 O libro de Blanco Amor debeu aparecer no mes de novembro e o de Álvaro de las Casas, en maio de 1928.
29 "Triadas no mar e na noite" fora publicado pola revista Nós en 1927. Na edición de 1933 aparecerá cunhas lixeiras variacións, a máis significativa a que afecta ó refrán:
Leda vai a nao na proa unha frol, a rosa albarii'ía do meu corazón Cantoloxía)
Leda vaí a nao abordo un amor é granada a rosa
do meu corazón, (Nao senlleira)
"Descordo para ben muiñar", fora tamén publicado en Nós no número 53, mes de maio de 1928, o cal quere dicir que no intre de se incluír na escolma era inédito (de feíto a versión da revista coincide coa que aparecerá na edición definitiva). Entre ambas e a versión da escolma aparecen cerros cambios de pouca importancia. Sinalamos un:
Moe, moe, na acea infinda Das estelares moegas,
Ai, o carpo da nena branca, Ai, o van da menhia leda. (antoloxía)
ai, os fros da miniPia branca ai, o van da rapaza leda. (revista e Nao senlleira)
30 O texto está dotado doutro elemento modernizante: a utilización dunha ortografía fonética. O verdadeiro sentido desta elección non radicaba na adscrición a unha especial opción lingüística e ortográfica, que nos faría situar a Fernández Mazas no ronsel dunha interesante tradición fonetista aberta coa edición de Martínez Salazar das Proezas de Calicia e continuada por Rodríguez Sanz e, por suposto, por Aurelio Ribalta, senón que coidamos que a peculiar ortografía responde a unha actitude que se consideraba diferenciadora, moderna, en consonancia cos ensaios formais das vangardas (ultraísmo).
31 "A estrela descoñecida" formará parte, como poema décimo terceiro, de De cafro a catro. Pola correspondencia do poeta sabemos que o poemario saíu do prelo posiblemente en maio de 1928, pois a primeiros de xuño o libro estaba xa nas súas manso No mes de xullo a revista Nós insería unha breve nota sobre a aparición do libro, e curiosamente nese mesmo número, o 55, dábase conta da publicación da antoloxía de Álvaro de las Casas, o cal evidencia que os dous libros tiveron que estar e saír do prelo ó mesmo tempo e, por tanto, que o noso antólogo non o puido tomar do volume imprentado poi a editorial Nós. Ademais, e dado que nunca antes se publicara, presentábase ante o lector como poema inédito. Por todo ¡sto ternos que supoñer que neste caso, como noutros, De las Casas tivo que lle pedir ó poeta, posiblemente a finais de 1927, parte do material que logo escolmará.
Álvaro Vareta Suanzes-Cmpegna As antoloxías literarias galegas do Rexurdimento a 1936
Evidentemente Manuel Antonio entregoullo como poema absolutamente rematado, sen embargo, e isto é o que o fai atractivo, seguiu traballando nel ata atoparlle a forma definitiva, a de De catro a catro. Desta maneira atopámonos ca feito único de posuír dúas versións dun mesmo poema de Manuel Antonio. A comparación das dúas variantes deixa entrever o singular proceso compositivo, exernplo de desintegración lúdica da realidade, xogando con ela para logo recompoñela coma pezas dun crebacabezas, pondo de relevo a concepción cubista (creacionista) que Manuel Antonio tiña da poesía. Ademais, a versión definitiva amosa, sobre a da escolma, unha profunda maduración literaria.
32 Trátase dun poema inédito Ctampouco se incluirá en Versos a tres cas o neto), pero reproducido ó ano seguinte na escolma de Wenceslao Fernández Florez (Antología de poetas gallegos, Madrid, 1929), obra na que tamén se transcribía o poema anteriormente comentado de Manuel Antonio tal e como aparecía na antoloxía. É, pois, incorrecta a afirmación de Francisco Fernández del Riego, na súa transcendental Escolma de poesía galega IV Os contemporáneos (1955), de que o poema non fora publicado antes de facelo el.
33 Este dato, xunto ca fe ita de que o poema non fora publicado na revista Nós, onde tiñan aparecido, por exemplo, os poemas "Cabras", "Football" e "Tennis", leva a pensar que estamos de novo perante outro inédito. Entre esta versión e a de VerbaL. hai certas variantes que afectan á disposición dos versos e a algunha corrección léxica.
34 Trátase dun breve estudio sobre a "Colección de poesías gallegas" de Xosé Casal y Lois, publicado co título de "A antoloxía galega de Casal (1865) no Boletín Auriense (Número especial homenaxe a Ferro Couselo, 1976).
35 Vid. o "Mosaico" do Álbum de la Caridad. O poema era "o máis entoado e pulcro do que se escribiu naquela ocasión", segundo manifesta Carballo Calero na súa Historia da literatura galega Contemporánea.
36 A cidade e os seus arredores están en poemas corno: "A catedral". "Amigos vellos", "Nin ás escuras", "Olvidemol-os mortos", "O toque de alba", "Tembra un neno no pórtico escuro", "Brancas virxes", "No claustro", "San Lourenzo", "En Cornes", "Adiós", "N'hai peor ¡neiga", "Miña casiña, meu lar", "A probiña que está xorda" e "Dende aquí vexo un camiño" Deles recoBe catro extraordinarios exemplos: "En Comes", "San Lourenzo", "Na catedral" e "Adiós".
37 Os elementos críticos e eruditos que aparecen no Cancioneiriño resultan ser máis proveitosos cá escolma literaria. Coidamos, polo tanto, que a orixinalidade da idea merece máis consideración cós textos seleccionados, que son, por regra xeral, de non moi alto valor poético. Evidentemente, quedan fóra desta apreciación os excepcionais exemplos da lírica medieval e os maxistrais poemas de Rosalía. O certo é que Filgueira tampouco tiña o propósito de facer unha antoloxía clásica: "Non é unha antoloxía, senón un sinxelo 'cancioneiriño 6 xeito antigo' "
38 Velaquí a nómina, que non é exhaustiva, dos poetas do primeiro tercio de século que habían de estar presentes na escolrna: Eladio Rodríguez González, Victoriano Taibo, López Abente, Xerardo Álvarez Limeses, Ramón Cabanillas, García Barros, Miguel Revestido, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Samuel Eiján, Xoán Vidal, Pazos Giménez, Emilio Mosteiro, Xosé Lois Parente, Emilio Pita, Fennín Bouza-Brey, Casado Nieto, Lafuente Bermúdez, Xosé María Álvarez Blazquez, Álvaro Cunqueiro, Xesús Bal y Gay, Eduardo Blanco Amor, Aquilino Iglesia Alvariño, Delgado Gurriarán, Ricardo Carballo Calero, Augusto de las Casas, Otero Espasandín, Álvaro de las Casas, Evaristo Correa Calderón, Xulio Sigüenza, Manuel Antonio, Francisco Luís Bernárdez, Castillo Elejabeytia,
101
As mztoloxías literarias galegas do Rex/lJdimento a 1936 Álvaro Varela Suanzes-Cmpegna
102
Xosé Crecente Vega, Díaz Jácome, Herminia Fariña, Leal Insua, Avelino Gómez Ledo, Pazos Jiménez, Prietos Marcos, Ramos Colemán, Rivas Montenegro, Antón Zapata e Federico García Lorca.
39 Algún foi publicado nos varios volumes de Adral, como o de Celso Emilio, Carballo Calel'O, Bouza-Brey.<o, noutros casos perdeuse -Cabanillas-. Pero non todos os poetas consultados contestaron ou remitiron os textos pedidos; e outros, pola contra, mandárono de xeito desigual: uns con abondosidade (Xosé María Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Zapata García, Aquilino Iglesia Alvarii'ío.J e OlItroS máis parcamente, de forma que o antólogo se te ría que ver na delicada obriga de peneirar a obra recibida, conxugando os criterios estéticos co equilibrio cuantitativo. Curiosa foi a actitude de Luís Pimentel que contestou ó antólogo pero tan só para desculparse por non responder ó cuestionario nin remitir poema ningún. Entre os escritores que quedaron de facer a entrega, pero que os sucesos inmediatos o impediI'On, estaban Xesús Bal e Eduardo Blanco Amor.