Post on 13-Feb-2017
Sociedade Galega de Historia NaturalDende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
AS BRAÑAS DE SADAINFORME
Xullo - 2011
Equipo redactor:
Rafael Carballeira Coego(Licenciado Bioloxía UDC e Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética)
Vanesa Rocha Veira
(Técnica Superior en Saúde Ambiental)
Manuel Pérez Lorenzo(Licenciado en Historia USC)
Coa colaboración dos socios e socias da Sociedade Galega de Historia Natural -Delegación de As Mariñas
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
ÍNDICE1.- DESCRICIÓN DAS BRAÑAS DE SADA..........................................................................32.- CLIMATOLOXÍA................................................................................................................83.- XEOLOXÍA E HIDROLOXÍA DA CONCA DAS BRAÑAS...............................................104.- VEXETACIÓN DAS BRAÑAS DE SADA........................................................................245.- FAUNA DAS BRAÑAS DE SADA...................................................................................346.- OS LIQUES DAS BRAÑAS DE SADA COMO INDICADORES.....................................407.- CARACTERIZACIÓN FÍSICO-QUÍMICA DAS AUGAS..................................................468.- ECOLOXÍA DAS BRAÑAS DE SADA............................................................................569.- VALORES CULTURAIS: AS TELLEIRAS.......................................................................6010.- RESUMO FINAL ..........................................................................................................7311.- AGRADECEMENTOS...................................................................................................75
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
1.- DESCRICIÓN DAS BRAÑAS DE SADA
As Brañas de Sada son un espazo natural ligado á orixe xeolóxica de Sada e á historia da cidade,
sendo a súa paisaxe natural actual o resultado da intensa actividade humana.
As Brañas de Sada teñen a súa orixe xeolóxica nun sistema de praia-lagoon que conformou un
ambiente de marisma, colmatado posteriormente e convertido nunha zona parcialmente anegada
á beira dun río, o que en Galicia denominamos “braña”. Neste ambiente de braña, pola actividade
industrial das telleiras, orixináronse unha serie de cubetas que máis tarde, pola hidromorfía do
terreo, acabaron configurando unha serie de lagoas de auga doce, resultando disto un ecosistema
acuático de auga doce que propiciou a colonización das Brañas por parte do bosque de ribeira.
Este espazo atópase fortemente influenciado polas condicións da conca hidrolóxica dos ríos
sadenses e a xeomorfoloxía da mesma, configurando unha serie de masas de auga e terreos
anegados ao seu arredor, que se enmarcan dentro do concepto de humidal. Os humidais son un
bioma azonal fortemente influído polas condicións rexionais dun contorno determinado, e
constitúen un ecosistema ecotonal entre o ambiente plenamente terrestre e o ambiente acuático,
contribuíndo de forma importante á biodiversidade rexional (Carballeira, 2010).
Pola súa importancia ecolóxica e a súa fraxilidade ante as intervencións humanas, os humidais
son obxecto de protección mediante unha regulación especial, en virtude dunha normativa
específica sobre protección de augas superficiais ou subterráneas, ou sobre conservación de
hábitats e especies directamente dependentes da auga.
Entre as múltiples definicións de humidal, a adoptada pola Convención sobre os Humidais en
Ramsar (Irán) en 1971 é a que ten maior aceptación científica e legal a nivel internacional.
"Son humidais as extensións de marismas, pantanos e turbeiras, ou superficies cubertas de
augas, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou
correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cuxa
profundidade en marea baixa non exceda de seis metros".
(Artigo 1. Parágrafo 1. da Convención Ramsar).
3
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Complementándose esta definición ao precisar a delimitación territorial e ecolóxica dos humidais
fluviais e costeiros.
"poderán comprender as súas zonas de ribeira ou costeiras adxacentes, así como as illas ou
extensións de auga mariña dunha profundidade superior ós seis metros en marea baixa, cando se
encontren dentro do humidal".
(Artigo 2. Parágrafo 1. da Convención Ramsar).
Sendo utilizadas estas definicións empregadas no capítulo II do “Decreto 127/2008, do 5 de xuño,
polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de
humidais de Galicia.” Destacando o artigo 4º: Concepto de humidal protexido, e o artigo 5º:
Criterios caracterizadores dun humidal protexido.
Por outra banda, a lexislación europea a través da Directiva Hábitats 92/43/CEE, relativa á
conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, define no seu artigo 1º como
hábitats naturais zonas terrestres ou acuáticas diferenciadas polas súas características
xeográficas, abióticas e bióticas, tanto se son enteiramente naturais como seminaturais.
Polas razóns anteriores, as Brañas de Sada atópanse plenamente dentro da definición de
humidal, dende o nivel autonómico ata o internacional, sendo catalogadas no Inventario de
humidais de Galicia (SIAM, 2010), identificado mediante o código 1110036, cunha superficie de
45,60 ha e localizado mediante as seguintes coordenadas xeográficas UTM 29TNH600999 (SIAM,
2010), (Fig. 1).
Cabe mencionar que segundo o Decreto 127/2008 da Xunta de Galicia establece no artigo 6º que
o primeiro paso para a declaración de humidal protexido é a súa inclusión no Inventario de
Humidais de Galicia (IHG), sendo incorporado neste inventario por Pablo Ramil Rego director do
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).
4
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Fig. 1 Localización e delimitación aproximada do humidal das Brañas de Sada.
[Informe do Servizo de Conservación de Espazos Naturais (2003)].
A superficie das Brañas de Sada respecto ós restantes humidais do Inventario de Humidais de
Galicia (I.H.G.) presenta un tamaño medio, tendo a gran maioría dos humidais unha superficie por
debaixo das 30 ha, dándose tamén esta tendencia para os humidais da provincia da Coruña (Fig.
2)., sendo a media aritmética da superficie dos humidais de Galicia de 62,49 ha e 66,12 ha para a
provincia da Coruña, atopándose por tamaño no posto 73 de 336 humidais da provincia da Coruña
e no 173 de 1143 humidais de Galicia (SIAM, 2010).
5
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Superficie humedais IHG (Galicia)
0
100
200
300
400
500
600
< 1 1 a <30 >30 a <70 >70 a 1500
Superficie (ha)
Nº h
umed
ais
IHG
Superficie de humedales IHG (A Coruña)
0
20
40
60
80
100
120
140
160
180
< 1 1 a <30 >30 a <70 >70 a 1500
Superficie (ha)
Nº d
e hu
med
ales
IHG
Fig. 2 Categorías de tamaño dos humidais do IHG (Inventario de Humidais de Galicia) en referencia ao tamaño das
Brañas de Sada (categoría sinalada en vermello, >30 a <70 ha), tanto para Galicia coma para a provincia da Coruña.
Entre os humidais de superficie similar máis destacados da provincia da Coruña (SIAM, 2010)
están a lagoa de Vixán (34,27 ha), a lagoa de Traba (34,34 ha) e a lagoa de Doniños (48,13 ha).
Todas elas son amplas lagoas cunha masa de auga principal mentres As Brañas constitúen un
sistema lacustre con masas de auga individualizadas de diferentes tamaños e formas, sen
embargo, todas conforman sistemas de auga doce de características similares pese ás súas
particularidades.
Se establecemos como referencia as lagoas deste rango de tamaño podemos observar que a
Lagoa de Vixán forma parte do Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e
Vixán, constituíndo este complexo un dos cinco humidais da categoría RAMSAR existentes en
Galicia. Por outra banda, as lagoas de Traba e Doniños constitúen dous Lugares de Interese
Comunitario (LIC) da Costa da Morte e a Costa ártabra, respectivamente, que están integrados na
Rede Natura 2000 (MARM, 2010).
A paisaxe actual das Brañas de Sada débese á intervención antrópica na zona, debido á
extracción de arxilas para a industria das telleiras e ao propio asentamento e crecemento do
núcleo urbano de Sada. Actualmente constitúen un contorno dominado pola flora e fauna
salvaxes, tras do abandono da explotación industrial, sendo un contorno natural que, como o resto
dos espazos naturais europeos, en menor ou maior grao, sufriu unha alteración humana nalgún
momento da súa historia.
As Brañas de Sada constitúen un ambiente pantanoso pouco representado en Galicia e na
Península Ibérica, sendo un dos exemplos máis próximos as fragas pantanosas das colas do
encoro de Abegondo-Cecebre, atopándose este último contorno protexido baixo a catalogación
como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e integrado na Rede Natura 2000 de Galicia (MARM,
2010).
6
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Referencias bibliográficas
Carballeira, R. (2010). “As Brañas de Sada”, a natureza esquecida. Areal, Revista Cultural
de Sada; nº 1 (14 de Outubro de 2010): 16-20pp.
MARM (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino), (2010).
http://www.marm.es/es/biodiversidad/temas/red-natura-2000/red-natura-2000-en-
espana/lic_galicia.aspx#para0
SIAM (Sistema de Información Ambiental de Galicia), (2010). Humidais de Galicia.
http://www.siam.medioambiente.xunta.es/siam/humidais.jsp
7
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
2.- CLIMATOLOXÍA
A estación meteorolóxica máis próxima a Sada é a de Betanzos que contempla Carballeira et al.
(1983), o cal analiza unha serie climática de 30 anos, sendo este o rexistro máis amplo sobre o
clima de Galicia e da zona en cuestión.
O clima presente na localidade Sada, como o da maior parte de Galicia, é de tipo atlántico con
influencia oceánica debida á proximidade á costa e ao efecto de protección pola súa disposición
no interior do Arco Ártabro debido á orografía do mesmo, condicionado o clima da zona que se ve
fortemente suavizado.
A orografía de Galicia xera un litoral aberto con contrastes altitudinais e un interior pechado agás
algúns sectores, como é o flanco occidental, por terras de Bergantiños, Ordes e As Mariñas que
se engarzan coa Terra Chá por medio das serras do Cordal de Montouto, A Loba e A Serpe, de
menor altitude, con pasos máis abertos o que, sen dúbida, terá o seu reflexo a nivel climático. No
caso das Mariñas as zonas costeiras atópanse cercadas polos outeiros e serras que marcan
comparativamente unha maior influencia costeira nas zonas máis próximas á costa como é o caso
de Sada.
Ademais, a forma do Arco Ártabro fai que sexa unha área protexida debido ás zonas de media
altitude que a flanquean de maneira que se acentúa a existencia dun clima suavizado polo que
nos primeiros estudos sobre a climatoloxía de Galicia foron interpretados coma enclaves de clima
mediterráneo (Cortizas & Pérez Cortizas, 2000).
A temperatura media anual é de 12,3ºC, a temperatura media das mínimas é de 8,5ºC e a
temperatura media das máximas é de 16,1ºC, mentres as precipitacións totais anuais son de 876
mm, sendo mínimas no período estival e determinando un lixeiro déficit hídrico estival. O déficit
hídrico anual chega a 176 mm, similar ao das Rías Baixas, existindo unha situación de subseca en
torno ao mes de Xullo, supoñendo o mes de Xullo e o comezo de Agosto o período limitante de
crecemento vexetal. O déficit hídrico soe intensificarse en Agosto de forma xeral en Galicia,
excepto na costa onde se mantén e incluso se atenúa debido á achega de auga pola
condensación de masas de aire marítimo (Cortizas & Alberti, 2000).
A variación das temperaturas medias na parte Occidental do Atlántico é menor que en calquera
outra rexión de Europa, sendo relativamente baixas en verán debido ao tempo variable, así como
as temperaturas en inverno non son excesivamente baixas.
A rexión atlántica non é só unha das máis anubradas do mundo, senón que as condicións de
vento, humidade e frío elevado, xunto ás pequenas flutuacións das temperaturas, dan como
resultado un clima, enormemente contrastado cos climas máis continentais. Ao longo do ano
pasan sucesivas depresións, achegando nubes e precipitacións procedentes do Océano cara ao
interior do continente. Deste xeito, as terras situadas próximas á costa pola temperatura da auga
de mar, relativamente fresca durante o verán e relativamente cálida en inverno, suavizan o clima
galego.
8
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
A pesar da extrema variabilidade das precipitacións de Galicia, esta atópase situada a maior parte
do ano baixo influencia marítima, sendo a choiva o fenómeno preponderante e causante da súa
fisionomía (Carballeira, 1983).
A precipitación ten lugar ao longo de todo o ano, cunha máxima secundaria en inverno e outono.
As temperaturas en inverno non son excesivamente baixas. A evaporación é relativamente escasa
debido ás baixas temperaturas do aire e do solo, existindo unha humidade edáfica importante que
inflúe positivamente no crecemento activo e fértil das plantas en primavera e verán.
A proximidade ao mar inflúe nunha maior pluviosidade e unha menor oscilación térmica estacional,
suavizándose as temperaturas. Así, redúcese o período de xeadas, aínda que as néboas son máis
comúns debido ás brisas mariñas e o contraste térmico entre a zona terrestre e a masa oceánica
(Cortizas & Pérez, 2000).
Referencias bibliográficas
Cortizas, A.M. & Pérez Alberti, A. (2000). Atlas climático de Galicia. Xunta de Galicia.
210pp.
Carballeira, A.; Devesa, C.; Retuerto, R; Santillán, E. & Ucieda, F (1983). Bioclimatología
de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa (La Coruña). 391 pp.
9
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
3.- XEOLOXÍA E HIDROLOXÍA DA CONCA DAS BRAÑAS
A orixe das Brañas está intimamente ligada á orixe da zona onde se atopan a cidade de Sada e os
seus arredores. Esta zona constituía no pasado unha enseada aberta á Ria de Betanzos que
acabou evolucionando a un sistema de praia-lagoon ou lagoa-barra-praia (Fig. 1). As Brañas
comezaron a formarse hai máis de 9000 anos durante o Holoceno, no que unha lingua de area foi
pechando a entrada da enseada, de forma que cara ao mar estableceuse unha praia con dunas
tras de si.
Por outra banda, cara a terra foise delimitando unha lagoa costeira (lagoon). Esta lagoa
encóntrase comunicada por unha canle co mar, permitindo incluso a influencia de auga do mar
durante as mareas. Co paso do tempo, a lagoa acaba por colmatarse ao acumular materiais
sedimentarios arrastrados pola erosión hídrica dos ríos que a alimentan. Deste xeito, configúrase
unha braña no seo da lagoa, é dicir un acúmulo de sedimentos anegados por auga na maior parte
das estacións, nos que se asentan plantas de porte herbáceo adaptadas a medios acuáticos, con
influencia mariña.
Fig. 1 Representación esquemática do sistema praia-lagoon das Brañas de Sada.
A evolución fluvial e costeira das Brañas de Sada non foi exclusiva desta parte da Ría de
Betanzos. Existe unha paisaxe que se orixinou de forma análoga na outra marxe da ría: as actuais
brañas de Miño. Esta paisaxe constitúe unha zona de referencia para poder realizar un bosquexo,
do que serían As Brañas de Sada de non existir intervención humana (Carballeira, 2010).
A configuración actual da paisaxe débese á actividade industrial das telleiras que ao extraer lama
para a fabricación de tellas deixaron grandes cubetas (barreiras), que deron lugar a un sistema
10
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
lacustre de auga doce que permitiu, polo abandono do lugar, o asentamento progresivo do bosque
de ribeira dominado por salgueiros e ameneiros (Carballeira, 2010).
A lagoa de Mera seguramente comparte a súa xénese e orixe coas Brañas de Sada e de Miño,
chegando a constituír tamén un sistema lacustre doce-acuícola, pero a súa excesiva integración
no casco urbano converteuna nun contorno demasiado artificial, diminuíndo o seu valor natural.
O exemplo da lagoa de Mera fai evidente o valor natural das Brañas de Sada, xa que, a pesar de
estar tamén transformadas pola actividade do home constitúen un contorno no que se desenvolve
vida salvaxe e se está a dar a rexeneración de valores naturais (Fig. 2).
Fig. 2 Evolución diferencial de tres contornos naturais de características similares en relación ao nivel de transformación antrópica ao longo do tempo (Iberpix).
As Brañas de Sada como humidal encádranse no ciclo hidrolóxico formando parte dunha conca
fluvial situada dentro da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (Fig. 3).
11
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Fig. 3 Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (Plan Hidrolóxico, 2010).
Dada a extensión desta demarcación hidrográfica estableceuse unha zonificación segundo a cal
resultaron dezanove Sistemas de Explotación, pertencendo a conca das Brañas ao número 12, río
Mandeo e Ría de Betanzos (Fig. 4).
Fig. 4 Sistema de Explotación número 12, río Mandeo e
Ría de Betanzos (* Río Maior) (Plan Hidrolóxico, 2010).
O Sistema de Explotación número 12 (Fig. 4) ten 617 km2 e está situado no noroeste de Galicia,
comprendendo a zona denominada Ría de Ares / Betanzos, na zona de Betanzos e o río Mandeo,
englobando a totalidade da comarca de Betanzos e zonas adxacentes.
A nivel de xestión da auga, os municipios que forman parte deste sistema de explotación de forma
12
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
total son: Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sada.
Dentro deste Sistema de Explotación é onde se presenta a conca fluvial de Sada, a cal ocupa a
práctica totalidade deste concello (e unha pequena parte do noroeste do concello de Bergondo) e
na que se encadran as Brañas de Sada.
Esta conca fluvial de Sada constitúe unha conca de costa (Fig. 5), existindo unha marcada
diferenza entre os sectores costeiros e do interior, tanto en relación ós caudais de auga como pola
densidade da súa rede fluvial. As concas costeiras son concas pequenas que verten directamente
ao mar e presentan maior torrencialidade, mentres que as concas de interior están asociadas a
ríos de maior envergadura.
As Brañas de Sada a este respecto presentan unha función importante ao absorber o exceso de
auga en momentos de maior torrencialidade, posto que como é característico nunha conca
costeira, os pequenos leitos fluviais e o seu curto percorrido son incapaces de recoller de forma
eficaz os excesos de auga de precipitación mentres As Brañas de Sada poden chegar a absorber
sen prexuízo un gran volume de auga sen que repercuta no casco urbano de Sada e arredores.
Por outra banda, o casco urbano de Sada presenta un problema de drenaxe, dada a confluencia
da rede fluvial neste punto e o condicionamento que supón a xeomorfoloxía da zona, ao que hai
que sumar o nivel freático preto da costa e o efecto das infraestruturas artificiais. Desta maneira, a
existencia das Brañas de Sada minimiza as problemáticas propias do casco urbano.
Os ríos das concas costeiras presentan un caudal relativo medio anual situado en torno ós 29
l/s/km2 e un coeficiente de caudal medio estival de valor 0,20 (caudal cinco veces menor ao medio
anual). A tipoloxía dos ríos que conforman a conca fluvial de Sada respecto ao Plan Hidrolóxico
(Demarcación Galicia-Costa) corresponderíase coa de ríos cántabro-atlánticos que verten
directamente ao mar (Fig. 5) e que se dispoñen pola totalidade do litoral galego.
13
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Fig. 5 Disposición das concas de Costa e Interior da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (Plan Hidrolóxico, 2010).
A altitude da conca de Sada vai dende o nivel do mar ata unha altitude máxima de 175 m que
delimitan por una serie de outeiros que marcan a divisoria de augas (Fig. 6), cunha extensión
aproximada de 26 km2, presentando unha marcada orientación cara ao leste (Fig. 6), cara a onde
discorren e conflúen para desembocan ao mar os pequenos cursos fluviais que caracterizan a
conca cunha orde de magnitude na xerarquía de Strahler de ata 3.
Fig. 6 Orientación das ladeiras que se atopan no interior da conca (IDEE).
A conca de Sada ocupa a práctica totalidade deste concello e unha pequena parte do concello de
Bergondo (Fig. 7).
14
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Fig. 7 Comparativa da área ocupada polo concello de
Sada (en negro) e a conca hidrográfica de Sada (en vermello), (IDEE).
Na conca predominan as pendentes de entre 5-10% constituíndo unha zona de pendentes
suaves. Só nos cumios que a delimitan na parte media (que subdivide a conca) e no Sur-leste da
conca existen pendentes máis marcadas de 10-20% ata 20-35%, así como nas zonas costeiras
que bordean a conca (Fig. 8). As Brañas localízanse nunha zona de chaira onde a pendente é
menor de 5% propiciando a presenza dunha ampla zona de augas estancadas, ademais do efecto
debido á proximidade da capa freática pola súa baixa altitude nunha zona de beiramar.
Á súa vez, a conca subdivídese en dúas partes debido á orografía (Fig. 9), ao delimitar unha
divisoria de augas unha pequena crista media. Desta maneira, divídense dúas pequenas concas
que inclúen ao Norte (Fig. 10 e 11) o río Fontoira ou da Fraga (cun curso de aproximadamente
4600 m de lonxitude) e o río Vao (cun curso de aproximadamente 2800 m de lonxitude), mentres
ao Sur nunha estreita conca discorre o río Maior (cun curso aproximado de 5100 m de lonxitude).
As Brañas de Sada intégranse na conca Norte que presenta unha extensión de 17 km2 (a conca
Sur presenta case a metade de tamaño cuns 9 km2). Esta conca defínese pola rede fluvial dos ríos
Vao e Fontoira que discorren ata confluír nas Brañas de Sada, mentres delas sae un pequeno
regato, denominado Das Brañas, que se une co Río Maior nas inmediacións do casco urbano de
Sada, antes da súa desembocadura ao mar a través da praia de Sada a uns 500 m de distancia.
15
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Fig. 8 Pendentes do terreo que se atopa no interior da conca (IDEE).
Fig. 9 Mapa de pendentes da conca hidrolóxica e a subdivisión da mesma en vermello (IDEE).
16
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Fig. 10 Subconca Norte e a súa situación en relación á disposición dos regatos Fontoira e Vao, dentro das marxes do concello de Sada (SITGA-IDE).
Fig. 11 Representación esquemática das redes fluviais da conca hidrolóxica de Sada.
17
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Por último, a través do Plan Hidrolóxico na Demarcación Galicia-Costa, as augas subterráneas da
zona a estudo quedan delimitadas na zona de Coruña-Betanzos-Ares-Ferrol englobando a zona
do Arco Ártabro baixo o código 014011 (Fig. 12).
O mecanismo principal de recarga é a infiltración da precipitación sobre as zonas de maior
permeabilidade relativa, e existindo unha descarga natural a través dos principais ríos da zona. A
litoloxía da zona dominada por xistos, que teñen unha baixa permeabilidade (Fig.13), permite tan
só a acumulación de auga entre as fisuras da regolita e poros do solo, polo que o volume de auga
subterránea vese condicionado polas precipitacións. Así, pode chegar a descender o nivel freático
e a cantidade de auga retida no solo na época estival (incluso chegando á seca de pozos), aínda
que a recarga está asegurada coas chuvias outonais, época na que as precipitacións presentan
un máximo anual.
Fig. 12 Delimitación das masas de auga subterránea (Plan Hidrolóxico, 2010).
18
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Fig. 13 Litoloxía de Galicia e grao de permeabilidade á auga (Plan Hidrolóxico, 2010).
O substrato xeolóxico sobre o que se asenta o humidal correspóndese coa zona de Galicia Media-
Tras os Montes, concretamente do Complexo de Xistos e Cuarcitas de Ordes, dominando na
litoloxía local a presenza de xistos (ou lousas metamórficas foliadas). O substrato litolóxico da
zona (como en xeral en case toda Galicia) implica a ausencia de carbonato cálcico e, polo tanto, a
escaseza de calcio nas augas superficiais de Galicia.
19
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ademais, este tipo de substrato xeolóxico, como os maioritarios en Galicia, determina a ausencia
de sistemas cársticos nos que se establecen importantes acuíferos subterráneos. Por esta razón,
as augas subterráneas nos solos de Galicia son fortemente dependentes das chuvias que
recargan o nivel freático e a auga almacenada no solo.
A edafoloxía das Brañas de Sada caracterízase por unha forte hidromorfía debido a que o nivel
freático atópase a pouca distancia da superficie pola baixa altitude da zona, así como por
constituír unha zona chá onde se establece a confluencia de augas superficiais da conca
hidrográfica. No humidal o tipo de solo máis característico e abundante é o gleisol, definido por
presentar unha saturación de auga ou estar anegado nos primeiros 50 cm superficiais, o que
condiciona unha menor concentración de osíxeno establecéndose un ambiente redutor e a
ralentización da descomposición da materia orgánica.
Os solos glei fórmanse no fondo de vales e zonas mal drenadas, onde hai cambios estacionais no
nivel freático do solo. En xeral, aparecen baixo zonas de pastos moi húmidas, bosques de ribeira
ou zonas pantanosas. Como consecuencia da carencia de osíxeno nas capas edáficas anegadas,
as sales férricas redúcense a ferrosas, dando a todo o perfil unha típica cor gris. Este fenómeno
denomínase gleización, establecéndose en solo cun nivel de inundación periodicamente variable
prodúcese a redución e oxidación de sales de ferro, polo que en certas zonas superiores cun
maior influxo de osíxeno poden presentar pequenas manchas de cor laranxa a pardo debido a
óxidos de ferro. Ademais, a presenza de materia orgánica en descomposición parcial tamén
modifica a coloración superficial do solo outorgándolle unha tonalidade máis escura ou
anegrazada (Macías & Calvo de Anta, 1992).
Por outra banda, os usos do solo referidos ao concello de Sada (27,49 km2) para o ano 2000
represéntanse na Táboa 1, sendo os cambios no uso do solo en tan só nun 2% da superficie total
do concello dende 1990. No ano 2000 (Fig. 14) a cobertura constituída pola vexetación forestal
correspondía a un 52% da superficie, mentres as zonas agrícolas cobren o 11% da superficie. As
zonas artificiais constitúen o restante espazo, un 37% da superficie do concello, que se
corresponde nun 35% con zonas urbanas e nun 2% con zonas industriais (a área portuaria de
Fontán e a área industrial do Espíritu Santo).
CategoríaZona de
cobertura forestal
Zona agrícola Zonas artificiais Total
Superficie (km2) 14,40 2,98 10,11 27,49
Táboa. 1 Usos do solo no concello de Sada, CORINE (2000) a partir do programa IDEE.
As zonas agrícolas distribúense na zona sueste do concello principalmente, mentres a zona
boscosa esténdese sobre todo na parte oeste, centro e norte, así coma no sueste e na zona illada
das Brañas de Sada. As masas boscosas atópanse interconexionadas na súa maioría
establecendo un continuo que se entrecruza coas zonas artificiais, a excepción das Brañas de
20
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Sada que se atopan rodeadas de zonas urbanas aínda que distan pouco de áreas boscosas.
As zonas urbanas parten da costa leste dende a vila de Sada que radia en tres eixos: un ao
suroeste cara a Samoedo, ao noroeste cara ao núcleo de poboación de Carnoedo e un
perpendicular á vila de Sada que se estende ata o centro da parroquia de Meirás. Existe, ademais,
un núcleo urbano na costa da parroquia de Veigue.
Así, pola distribución dos diferentes usos do solo obsérvase que na maior parte da conca fluvial na
que se encadran As Brañas de Sada localízase a meirande parte da poboación existente na área
da conca fluvial. Isto implica unha maior presión humana sobre o medio natural desta zona e das
Brañas de Sada que se atopan cercadas por un contorno urbano e corren risco de illarse das
zonas boscosas e semi-salvaxes dos arredores.
Os cambios nos usos do solo non foron moi acusados dende o ano 1990 (Fig. 14), existindo un
cambio nos usos do solo que só comprometeu un 2% da superficie do concello en dez anos,
debido ao crecemento da zona industrial na área do Espíritu Santo e á ampliación do porto de
Fontán, sobre todo, a expensas de zonas agrícolas do Espíritu Santo.
21
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Fig. 14 Usos do solo no concello de Sada, CORINE (2000) a partir do programa IDEE. (* Brañas de Sada).
22
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Referencias bibliográficas
Carballeira, R. (2010). “As Brañas de Sada”, a natureza esquecida. Areal, Revista Cultural
de Sada; nº 1 (14 de Outubro de 2010): 16-20pp.
Plan Hidrolóxico, Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (2010). Capítulo 2.
Descripción General de la Demarcación Hidrográfica. 144pp.
Macías, F. & Calvo de Anta, R. (1992). Suelos de la Provincia de La Coruña. Diputación
Provincial de La Coruña. 85pp.
Programas de Xeorreferencia:
IBERPIX (IGN, Instituto Geográfico Nacional), (2011): http://www.ign.es/iberpix/visoriberpix/visorign.html
IDEE (Infraestructura de Datos Espaciales de España), Consejo Superior Geográfico (2011): http://www.idee.es/clientesIGN/relieve/index.html
SITGA-IDEG (Sistema de Información Territorial de Galicia-Infraestructura de Datos Espaciais de Galicia), (2011):
http://sitga.xunta.es/sitganet/index.aspx?lang=gl
23
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
4.- VEXETACIÓN DAS BRAÑAS DE SADAA vexetación é un dos elementos naturais que maior peso adquire na configuración da paisaxe e
no propio hábitat dos ecosistemas naturais, constituíndo o elemento indicador que mellor se
correlaciona co estado ecolóxico dun ecosistema natural a escala local (Braun-Blanquet, 1979), tal
e como se ten comprobado nas zonas de maior biodiversidade de Europa como a área
mediterránea (Kati et al., 2004).
As plantas vasculares constitúen a vexetación predominante na maioría de ecosistemas terrestres
do mundo, coa excepción de determinados ambientes extremos, e entre os integrantes
maioritarios das comunidades vexetais predominan os espermatófitos (plantas con sementes) o
grupo vexetal mellor adaptado ao medio terrestre, sendo os fentos (ou pteridófitos), de forma
xeral, compoñentes minoritarios relegados a ambientes concretos.
A vexetación dos ecosistemas acuáticos non constitúe unha excepción a esta norma, sendo
incluso utilizada como unha ferramenta a nivel europeo pola Directiva Marco da Auga a modo de
indicador do estado ecolóxico de medios de acuáticos, o que deu lugar á existencia de métodos
estandarizados para o seu estudo (Cirujano et al., 2005). Por esta razón, no ámbito da Península
Ibérica establecéronse diversos traballos con criterios botánicos para a valoración dos humidais
españois (Cirujano et al., 1992; Suárez et al., 2005; García et al., 2006).
Nas Brañas de Sada a vexetación está condicionada en gran medida polo efecto da hidromorfía
do terreo que leva características azonais, ou o que é o mesmo, non propias da zona bioclimática,
contribuíndo á existencia dun contorno singular. A vexetación das Brañas de Sada correspóndese
con comunidades de vexetación europea propias de zonas húmidas de auga doce (Polunin &
Walters, 1988) establecéndose nas Brañas diferentes comunidades vexetais presentes en Galicia
(segundo Izco et al., 1999; Izco et al., 2000).
A vexetación predominante nas Brañas de Sada é o ameneiral ou fraga de ribeira, formación
boscosa que se corresponde coa alianza Alnion glutinosae Malcuit 1929 que se integra na clase
Alnetea glutinosae Br-BI. & Túxen ex Westhoff, Dijk & Passchier 1946. Entre as especies
características da alianza Alnion glutinosae Malcuit 1929 pódense destacar as especies Alnus
glutinosa, Salix atrocinerea, Frangula alnus, Lonicera peryclimemum, Viola riviniana, Hedera helix,
Carex pendula, Rubus (calquera especie), Geum urbanum, Scrophularia auriculata, Sanicula
europaeus e os fentos Polystichum setiferum, Osmunda regalis, Dryopteris dilatata e Athyrium
filix-femina (Amigo et al., 1987).
O ameneiro distribúese polo occidente e norte peninsular en zonas silíceas, situándose en
primeira liña respecto ao leito do río, en solos moi húmidos ou anegados, influídos polas crecidas
periódicas. Constitúe un bosque de ribeira ou bosque pantanoso de distribución holártica, con
ameneiros e salgueiros coma árbores dominantes, con presenza escasa en Galicia e na
Península Ibérica. Existen como presenzas de pouca extensión e en mal estado de conservación,
podendo atoparse en chairas costeiras como As Brañas (e zonas do Sector Galaico-Asturiano) ou
24
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
nas chairas de interior formadas por depósitos Terciarios (como na Terra Chá, A Limia), (Izco et al.,
1999).
Esta tipoloxía por ser escasa e de presenza limitada incorporouse na lista de hábitats a protexer
da Directiva Hábitats da Unión Europea (www.mma.es), establecéndose como hábitat prioritario co
código 91E0 e baixo a denominación “Fragas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
(Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (hábitat prioritario)”, correspondéndose a vexetación
das Brañas realmente coas asociacións Alno-Padion e Salicion albae, ao non existir Alnion
incanae en Galicia.
Os estratos arbustivo, herbáceo e a vexetación acuática correspóndense coas comunidades das
clases fitosociolóxicas seguintes (Izco et al., 2000): Phragmito-Magnocaricetea Klika in Klika &
Novák 1941; Potamotea Klika in Klika & Novák 1941 e Lemnetea Tüxen ex O.Bolòs & Masclans
1955.
Respecto á Clase Phragmito-Magnocaricetea Klika in Klika & Novák 1941, trátase de vexetación
hidrófila constituída por grandes helófitos, carrizais, espadanais ou herbas suculentas, que ocupan
zonas pantanosas, bordos dos cursos de auga, lagoas, charcas,…e zonas inundadas durante a
maior parte do ano ou de forma permanente (Cirujano et al., 1992). En Galicia é moi abundante ao
longo de toda a rede fluvial e na maioría de humidais, sendo unha comunidade propia de augas
doces ou de moderada salinidade (Izco et al., 2000).
A Clase Potamotea Klika in Klika & Novák 1941, é un tipo de comunidade con vexetación
cormofítica arraigada, de augas doces ou de salinidade moderada, que coloniza augas
permanentes ou estacionais (Cirujano et al., 1992). En Galicia é relativamente frecuente na
maioría dos ríos e en moitas charcas de todo o territorio (Izco et al., 2000).
Nas Brañas encontramos especies de vexetación cormofítica arraigada, de augas doces ou
salinidade moderada, que colonizan augas permanentes e profundas. As formacións nas que
predomina o Potamogeton (alianza Potamion (Koch 1926) Libbert 1931) son propias de augas
abertas expostas ao vento e de augas en movemento, como é o caso das canles que conectan
diferentes cubetas. As formacións predominantes de Nymphaea alba (alianza Nymphaeion albae
Oberdorfer 1957) son propias de formacións de augas remansadas e permanentes.
As formacións de Ceratophyllum dermersum (alianza Ceratophyllion demersi Den Hartog & Segal
ex Passarge 1996) son xeralmente monoespecíficas, constituídas por plantas de follas divididas e
que florecen baixo a auga, chegando a ser predominantes nalgunha das cubetas. A vexetación
25
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
flotante nas capas superiores da auga durante a primavera, aparece somerxida nos fondos
durante o outono e inverno. Estas plantas multiplícanse mediante propagación vexetativa
orixinando densas masas que poden colmatar por completo as charcas ou lagoas de fondos
cenagosos nas que se instalan, posto que a súa taxa de produción de materia orgánica supera á
de descomposición e gran parte da súa produción acumúlase (Cirujano et al., 1992).
Finalmente, a Clase Lemnetea Tüxen ex O.Bolòs & Masclans 1955 en Galicia presenta
formacións monoespecíficas que son comúns por todo o territorio salvo nas altas montañas,
normalmente formando manchas de moi pouca extensión. As especies representativas son: Azolla
filiculoides, Lemna minor (Izco et al., 2000) e Spirodela polyrhiza (Carballeira et al., 2011). Son un
tipo de vexetación típica de auga doce non enraizada constituída por plantas que viven
suspendidas ou flotando na superficie, neste caso constituíndo unha soa alianza Lemnion minoris
Tüxen ex O. Bolòs & Masclans 1955 con tres asociacións: Lemnetum minoris Oberdorfer ex Müller
& Görs 1960 que é a máis estendida e común de toda Galicia; Lemno-Azolletum filiculoidis Br.-Bl.
in Br.-Bl., Roussine & Nègre 1952 de carácter meridional en augas eutrofizadas e cálidas.
Fig. 1 Exemplares de Spirodela polyrhiza atopados nas Brañas de Sada
(xunto a exemplares de Lemna minor de menor tamaño).
A asociación Spirodeletum polyrhizae (Kelhofer 1915) W.Koch 1954 em. R.Tx. & Schwabe 1974
resulta nova cita pola presenza de Spirodela polyrhiza en Galicia, constituída esta asociación por
lémnidos facilmente desprazables polo vento e que se desenvolven en augas básicas,
remansadas e con elevado contido en fosfatos e nitratos. A presenza de Spirodela polyrhiza nas
Brañas (Fig. 1) constitúe a primeira cita desta especie en Galicia indicando posiblemente a
existencia de fenómenos de eutrofización ou contaminación orgánica nas augas das Brañas
(Carballeira et al., 2011), o que seguramente propiciaría un nicho ecolóxico no que poder
asentarse individuos da especie transportados por aves migratorias.
Por último, a pesar de que a maioría das comunidades vexetais asentadas nas Brañas son de tipo
26
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
salvaxe, a alteración humana tamén se deixa notar pola presenza de especies alóctonas
(Eucalyptus globulus, Hydrangea sp., Phyllostachis aurea, Tradeschantia fluminensis e Petasites
fragans) e domésticas (Ficus carica e Prunus sp.), representando estas ata un 10% do total das
especies atopadas ata agora, sendo as súas poboacións numerosas nas zonas periféricas e de
influencia humana ademais das árbores plantadas para fixar as marxes das lagoas.
Por outra banda, a pteridoflora (fentos) das Brañas merece mención especial dado que polas súas
características primitivas requiren condicións particulares e os maiores requirimentos hídricos para
completar o seu ciclo vital. Os fentos constitúen as primeiras plantas vasculares e a súa maior
radiación alcanzárona durante o Carbonífero, dominando os licopodios e equisetos que na
actualidade aínda contan cun reducido número de especies.
Nº Especies de Fentos Nº Especies de Fentos1 Aplenium onopteris 10 Osmunda regalis
2 Asplenium adiantum-nigrum var. Adiantum-nigrum 11 Phyllitis scolopendrium
3 Asplenium billotii 12 Polypodium cambricum subsp. cambricum
4 Asplenium trichomanes var. quadrivalens 13 Polypodium interjectum
5 Athyrium filix-femina 14 Polypodium vulgare
6 Azolla filiculoides (*) 15 Polystichum setiferum
7 Dryopteris dilatata 16 Pteridium aquilinum
8 Dryopteris filix-mas 17 Woodwardia radicans
9 Equisetum palustre
Táboa. 1 Especies de pteridófitos (fentos) atopadas nas Brañas de Sada.(*) Especie alóctona.
A composición da pteridoflora (Táboa. 1) correspóndese coa presente na provincia da Coruña e
representa un 40% das especies que teñen poboacións na provincia, o que é salientable respecto
ao tamaño das Brañas de Sada. Se atendemos á distribución das especies (Salvo-Tierra, 1990)
observamos a presenza de especies heterocóricas ou cosmopolitas (Osmunda regalis, Asplenium
trichomanes, Azolla filiculoides, Pteridium aquilinum) pero outras cunha distribución máis concreta:
27
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Circumboreales ou Holárticas (Athyrium filix-femina, Asplenium adiantum-nigrum, Equisetum
palustre, Polypodium vulgare, Dryopteris filix-mas), Latemediterráneas (Asplenium billotii, Phyllitis
scolopendrium, Polypodium interjectum, Polypodium cambricum, Polystichum setiferum,
Dryopteris dilatata), Semimediterráneos (Asplenium onopteris) e incluso unha especie relicta
paleomediterránea (Woodwardia radicans) que presenta unha distribución ampla pero moi
fragmentada e descontinua o que a converte nunha especie ameazada.
As especies heterocóricas ou cosmopolitas representan un 24% do total e só unha pequena
porcentaxe representa elementos máis ligados ao ámbito mediterráneo ou semimediterráneo
(6%), mentres existe unha importante porcentaxe de especies circumboreales (29%), cunha gran
presenza de elementos de carácter mediterráneo de tendencia atlántica ou latemediterráneas
(35%) e a presenza de relictos de bosques terciarios ou relictos paleomediterráneos (6%). Deste
modo, dende a bioxeografía pteridolóxica a nivel da Península Ibérica (Salvo-Tierra, 1990) a flora
existente nas Brañas correspóndese co grupo de refuxios paleomediterráneos, e máis
concretamente co sector da Cornisa Cantábrica que se diferencia dos restantes do grupo pola
elevada representación dos elementos circumboreales.
Nun breve achegamento á distribución das especies de fentos podemos sinalar a presenza de
Pteridium aquilinum como unha das especies presentes na zona perimétrica das Brañas que son
zonas máis soleadas e secas que a zona interna. No interior das Brañas o fento predominante é
Polystichum setiferum, sendo tamén moi abundante Phyllitis scolopendrium. Ademais, é
salientable nas zonas máis húmidas a presenza de Osmunda regalis e Equisetum palustre, que
como o seu nome indica, disponse arredor das lagoas nas zonas anegadas e de menor estreś
hídrico.
Tamén é común a existencia de fentos epífitos entre a capa muscinal das cortizas das árbores
destacando as especies do xénero Polypodium, mentres nas zonas máis rochosas ou muros de
pedra establécense Asplenium billotii, Asplenium adiantum-nigrum e Asplenium trichomanes var.
quadrivalens.
Por outra banda, os exemplares de Woodwardia radicans correspóndense con plántulas en
desenvolvemento o que indicaría unha clara recuperación do hábitat da zona, seguramente por
unha menor presión humana que propiciase a volta a un estado salvaxe. Trátase dun fento
perenne con follas que chegan a medir máis de 2 m, cun rizoma groso, oblicuo e densamente
revestido de grandes escamas semellantes ás do rizoma e anegrado na súa base, as cales
soportan frondes de forma de triangular a ovalado-lanceolado, divididas en numerosos segmentos
alternados, longos e estreitos.
Ademais, este pequeno núcleo de poboación en desenvolvemento non é o único existente no
concello de Sada existindo tamén unha poboación madura na praia de Arnela (comunicación
persoal de Calros Silvar, 2011), indicando as posibles características propicias da área xeográfica
28
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
para o asentamento da especie.
A Woodwardia radicans como a maioría dos fentos son vexetais moi arcaicos, de forma que foron
regresionando ao longo da historia recente a zonas cada vez máis restrinxidas onde aínda existe
un hábitat apropiado para o seu desenvolvemento. Concretamente Woodwardia radicans é unha
especie de características especiais, pertencendo a un grupo de fentos relictos dos bosques
terciarios que se encontran altamente protexidos pola súa rareza. En Galicia existen numerosas
especies deste grupo atopándose esta especie na Lista de Especies Ameazadas da Xunta de
Galicia como Vulnerable, regulada esta listaxe polo Anexo II de Decreto 88/2007 do 19 de Abril, no
DOG Nº 89 do 9 de Maio de 2007. En detalle, a figura de protección vulnerable determina que
corre o perigo de pasar ás categorías precedentes (sensibles á alteración do seu hábitat ou en
perigo de extinción) nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre eles non son
corrixidos. Esta categoría establece unha serie de medidas que impiden que se realice calquera
acción prexudicial sobre os individuos desta especie ou partes dun mesmo individuo, incluso
incluíndo a prohibición sobre a manipulación das esporas ou espora da especie.
En conxunto pódese entender o valor da pteridoflora das Brañas de Sada establecendo unha
comparativa con outros espazos naturais (Fig. 2) que pola totalidade de espazos naturais de
Galicia estudados por Quintanilla & Amigo (1999) reúnen o 57% da pteridoflora galega.
En canto ós Parques Naturais máis extensos, Baixa Limia-Serra do Xurés (22 especies e
subespecies) e Fragas do Eume (28), destacan pola riqueza en fentos, sobre todo o segundo cun
gran número de especies ameazadas (6). Por outra banda, Invernadeiro ten 17 fentos, Corrubedo
14, Monte Aloia 13 e as Illas Cíes 11 (Quintanilla & Amigo, 1999).
29
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
6
22
2
20
0
17
1
15
1
13
1
12
1
10
0
5
10
15
20
25
30
Núm
ero
spp.
Fragas
do E
ume
Limia-
Xurés
Invern
adeir
oBrañ
as de S
ada
Corrubed
o
Monte Alo
ia
Illas C
íes
Espazos Naturais
Pteridoflora en Espazos NaturaisProtexidas Non protexidas
Fig. 2 Comparativa da pteridoflora dos Espazos Naturais de Galicia(Quintanilla & Amigo, 1999) e As Brañas de Sada.
En relación á pteridoflora dos espazos naturais de Galicia cabe destacar que As Brañas de Sada
pese á súa reducida extensión (sobre todo, respecto ás Fragas do Eume e á Baixa Limia- Xurés)
teñen un número considerable de especies e comparten xunto coas Fragas do Eume a presenza
de Woodwardia radicans, non estando presente esta especie nos demais espazos naturais
contemplados.
En Galicia a presenza de especies de fentos relictos parece ter relación cunha serie de
características propias do microclima das zonas onde se asentan as súas poboacións. As
condicións climáticas que favorecen o asentamento de individuos parecen ser condicións de
elevada oceanicidade baixo ombroclima húmido-hiperhúmido, manténdose sen secura estival (sen
influencia mediterránea) e a resgardo de xeadas. A existencia e mantemento das fragas
autóctonas, incluso pequenos fragmentos, pode ser vital para a preservación de especies de
interese, sendo especialmente importante nesta zona norte da provincia da Coruña e coas fragas
de ribeira que permanecen moitas veces como única cobertura arbórea autóctona, protexendo
cursos de auga e, con eles, a Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosum e Woodwardia
radicans (Romero et al., 2005).
O clima das Brañas presenta moitas similitudes co existente na área do Arco Ártabro (Carballeira
et al., 1983), onde tamén se encadran as Fragas do Eume, e como se analizou previamente
cumpre unha serie de características polas que pode albergar potencialmente poboacións de
fentos relictos, como é o caso da influencia oceánica xunto á proximidade ao mar e a baixa
30
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
altitude das Brañas de Sada. Tamén se trata dun contorno con gran humidade pola hidromorfía do
terreo e o efecto amortecedor da humidade da cuberta arbórea, que propicia un ambiente avesío,
o cal mitiga o efecto da lixeira seca estival.
Por último, cabe destacar a presenza de Azolla filiculoides nas Brañas de Sada (Fig. 3), como
tamén sinalan Ramil & Cillero (2010). Azolla filiculoides é unha especie norteamericana
introducida na Península Ibérica a finais do século XX e que se estendeu por toda Galicia.
É un fento de características peculiares ao vivir coma unha planta flotante en augas quedas e
eutrofizadas, que ao presentar simbiose coa cianobacteria Anabaena azollae permítelle fixar
nitróxeno directamente da atmosfera. Como especie alóctona implica a existencia de actividade
antrópica, posto que a eutrofización é un fenómeno debido á acción humana, aumentando a
distribución desta especie progresivamente ao crearse cada vez máis hábitats propicios e tamén á
dispersión dos seus individuos en calquera parte do seu ciclo.
Fig. 3 Exemplares de Azolla filiculoides atopados nas Brañas de Sada:
A) Exemplar reproducido e B) Coloración dos exemplares na época de maior radiación solar.
Neste caso esta especie de fento constitúe unha das plantas invasoras de maior capacidade
colonizadora de medios de auga doce en Galicia integrándose entre as comunidades de lentellas
de auga, sendo a súa erradicación moi complexa. Polas súas propias características é unha
especie sensible ao frío aínda que polo clima en xeral benigno de Galicia e da área xeográfica das
Brañas de Sada en concreto, ve mitigado o efecto deste factor limitador posibilitando o
asentamento das súas poboacións.
31
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Referencias bibliográficas:
Amigo, J.; Guitián, J. & Fernández, J.A. (1987). Datos sobre los bosques ribereños de aliso
(Alnus glutinosa) cántabro-atlánticos ibéricos. V Jornadas de Fitosociología. Vegetación de
riberas de agua dulce II. Universidad de La Laguna, Informes Nº22: 159-176.
Braun-Blanquet, J. (1979). Fitosociología. Ed. Blume, Barcelona.
Cirujano, S.; Velayos, M. & Gil, M. (1992). Criterios botánicos para la valoración de las
lagunas y humedales españoles (Península Ibérica y las Islas Baleares). Colección
Técnica I.C.O.N.A., CSIC. 456pp.
Carballeira, R.; Rocha, V. & Sahuquillo, E. (2011). Spirodela polyrhiza (L.) Schleid.
(Lemnaceae) primera cita para Galicia (N.W. Península Ibérica). Nova Acta Científica
Compostelana (Aceptada e en prensa).
Cirujano, S.; Cambra, J. & Gutiérrez, C. (2005). Manual de muestreo y análisis para
macrófitos. Confederación Hidrográfica del Ebro, Ministerio de Medio Ambiente. 43pp.
García Murillo, P. Fernández Zamudio, R.; Cirujano, S. & Sousa, A. (2006). Aquatic
macrophytes in Doñana protected area (SW Spain): An overview. Limnetica, 25(1-2): 71-
80.
Izco, J.; Amigo, J. & García-San León, D. (1999). Análisis y clasificación de la vegetación
leñosa de Galicia (España). Lazaroa, 20: 29-47.
Izco, J.; Amigo, J. & García-San León, D. (2000). Análisis y clasificación de la vegetación
de Galicia (España), II. La vegetación herbácea. Lazaroa, 21: 25-50.
Kati, V.; Devillers, P.; Dufrêne, M.; Legakis, A.; Vokou, D. & Lebrune, P. (2004). Testing the
value of six taxonomic group as biodiversity indicators at a local scale. Conservation
Biology, 18 (3): 667-675.
Quintanilla, L.G. & Amigo, J. (1999). Catálogos de las pteridofloras de los espacios
naturales protegidos de Galicia. Botanica complutensis 23: 99-110.
Polunin, O. & Walters, M. (1988). Guía de la vegetación de Europa. Omega. 236pp.
32
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Ramil Rego, P. & Cillero Castro, C. (2010). Evaluación limnológica del Humedal de Brañas
de Sada derivada del muestreo realizado el 16 de julio de 2010. IBADER, Laboratorio de
Botánica e Bioxeografía. Universidade de Santiago (Campus de Lugo).
Romero, M.I.; Amigo, J.; Rodríguez Guitián, M.A.; Díaz Varela R. & J. Ferreiro da Costa
(2005). Conservación de la pteridoflora amenazada en el NW Ibérico (Galicia): las especies
incluidas en la Directiva Hábitats. Bull. Soc. Hist. Nat., Toulouse, 141 (2): 227-231.
Salvo-Tierra, A.E. (1990). Guía de Helechos de la Península Ibérica y Baleares. Ed.
Pirámide D.L. (Madrid), 377pp.
Suárez, M.L.; Mellado, A.; Sánchez-Montoya, M.M. & Vidal-Abarca, M.R. (2005). Propuesta
de un índice de macrófitos (IM) para evaluar la calidad ecológica de los ríos de la cuenca
del Segura. Limnetica, 24 (3-4): 305-318.
Ministerio de Medio Ambiente y de Medio Rural y Marino (2011)
http://www.marm.es/es/biodiversidad/temas/red-natura-2000/documentos-claves-de-la-red-natura-2000/acceso_fichas.aspx.
33
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
5.- FAUNA DAS BRAÑAS DE SADA
A fauna que se establece nas Brañas de Sada é fauna plenamente salvaxe, correspondéndose
con comunidades naturais, aínda que respecto á vexetación e pola dificultade que entrañan certos
grupos coñécese en menor grao que os compoñentes vexetais do ecosistema.
Os invertebrados son o grupo animal máis diverso en relación a calquera outro que poidamos
atopar en calquera ecosistema natural, entre eles son especialmente destacables os insectos. Nas
Brañas de Sada existe un gran número de especies de macroinvertebrados adaptados a medios
acuáticos (Croft, 1986; Campaioli et al., 1994; González et al., 2006; Tachet et al., 2006). A alta
proporción de especies deste grupo presentes nas Brañas de Sada dificulta a realización dunha
visión panorámica, aínda que é destacable o número de especies adaptadas ao medio acuático
(Fig. 1), ao medio terrestre (Fig. 2) e incluso que viven entre ambos medios (Fig. 3).
Fig. 1 Exemplares de diferentes especies de invertebrados acuáticos das Brañas de Sada: A) Ditychus marginalis e B) Haemopsis sanguisuga.
34
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Fig. 2 Exemplares de diferentes especies de invertebrados terrestres das Brañas de Sada: A) Bombus terrestris; B) Vanesa atalanta; C) Mantis religiosa e D) Chrysocarabus lateralis.
Fig. 3 Exemplares de diferentes especies de libélulas das Brañas de Sada: A) Calopteryx virgo(imaxe de Calros Silvar); B) Pyrrhosoma nymphula e C) Plactynemis pennipes
(imaxe de Calros Silvar); (Fernández Martínez, 2011).
35
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Un dos grupos animais máis emblemáticos das Brañas son sen dúbida os anfibios que no seu
ciclo vital ilustran o salto dos animais vertebrados ao medio terrestre, e nos que mellor se sintetiza
a interacción entre ambos medios, o acuático e o terrestre. Pero é polas características peculiares
dos anfibios, que son un grupo sometido a numerosos contaminantes e á alteración do hábitat,
razón pola que o Real Decreto 439/1990 do 30 de Marzo, que regula o Catálogo Nacional de
Especies Amenazadas; inclúe a tódalas especies de anfibios presentes en Galicia baixo a
denominación de “Interese especial”, así como o Convenio de Berna de 1979 no seu Anexo III
recolle as especies de anfibios e réptiles existentes en Galicia como “Protexidas” (Galán, 1993;
Galán, 1999).
Entre as diferentes especies presentes nas Brañas é evidente a presenza dunha gran poboación
de Pelophylax perezi (Fig. 4), como evidencian os numerosos coros diúrnos dos individuos desta
especie en gran parte das Brañas, sendo de salientar a existencia do topónimo “Cantalarrana”,
que pode implicar a presenza desta especie dende hai décadas. Trátase dunha ra moi ligada ao
ambiente acuático e soe ser abundante en zonas de forte alteración antrópica ou pola existencia
de eutrofización, sendo indicativa destes fenómenos cando é a única especie de anfibio presente
en grandes masas de auga.
Fig. 4 Exemplar de Pelophylax perezi das Brañas de Sada.
A súa maior poboación atópase na lagoa dominada por Ceratophyllum demersum, como indican
os coros diúrnos, posto que esta planta somerxida soporta o peso dos adultos e sérvelles como
refuxio no medio acuático ao cal está moi ligada esta especie, e é precisamente por iso polo que
esta especie vexetal tamén é coñecida como “cama de auga”.
O grao de polución pode ser menor do que aparentemente poida parecer debido á presenza de
Rana iberica (Fig. 5), unha ra tamén moi ligada ao medio acuático, que constitúe un endemismo
36
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
do Noroeste peninsular. Aparece en regatos de toda Galicia entre a vexetación de ribeira e
pequenas charcas de correntes de auga remansadas á sombra de Alnus glutinosa. En Galicia
constitúe unha especie abundante e é a máis representativa dos anfibios galegos, sendo unha
especie moi sensible á contaminación e á alteración do seu hábitat (Galán, 1993; Galán, 1999),
indicando que o grao de alteración de hábitats e eutrofización é menor do que aparentemente
poida parecer.
A relevancia desta especie dentro da fauna galega provocou que se encontre na Lista de Especies
Ameazadas da Xunta de Galicia como Vulnerable regulada polo Anexo II do Decreto 88/2007 do
19 de Abril, nol DOG Nº89 (9 Maio 2007) (Carballeira, 2010).
Fig. 5 Exemplar de Rana iberica das Brañas de Sada.
Finalmente, cabe comentar a presenza de especies ligadas a grandes masas de auga durante o
período reprodutor e estadios larvarios, como son Bufo bufo ou Triturus marmoratus (Galán, 1993;
Galán, 1999).
Por outra banda, entre os réptiles debido ás características inherentes a este grupo existen
poucas especies adaptadas a medios acuáticos nas nosas latitudes, sendo Natrix natrix unha das
poucas especies ligadas a este medio. O seu hábitat predilecto son zonas de prados húmidos con
herba espesa e arbustos dispersos, próximas a masas de auga onde existan densidades altas de
37
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
anfibios, que constitúen a base da súa alimentación (Galán, 1992; Galán, 1999).
Respecto ós mamíferos das Brañas de Sada existe constancia sobre a presenza de Sus scrofa e
Vulpes vulpes, ambas especies moi abundantes no medio natural galego e con poboacións en
crecemento en torno a zonas transformadas polo home, aínda que se trata de especies
plenamente salvaxes (Díaz & Cartelle, 2007). Ademais, coñécese a presenza de Lutra lutra (Fig,
6), recollida a especie no Anexo IV da Directiva Comunitaria 2006/105/CEE, trátase dun mamífero
adaptado ao medio acuático que aparece en grandes masas de auga que non presentan alto grao
de contaminación. Esta especie experimentou un grande auxe nas poboacións do Noroeste
Ibérico (ó contrario que no resto de Europa), incluso chegando en Galicia ás zonas costeiras como
é o caso das Brañas de Sada, aínda que precisa masas de auga doce como refuxio (Díaz &
Cartelle, 2007).
O caso das especies de mamíferos presentes nas Brañas de Sada é indicativo de que aínda
existe un certo fluír entre o contorno salvaxe e As Brañas, o cal pode tomarse como un síntoma de
saúde deste contorno a pesar do seu illamento posto que a probabilidade de extinción das
poboacións das Brañas diminúe.
Fig. 6 Individuo de Lutra lutra (Lontra) que habita as lagoas das Brañas de Sada (imaxe de Calros Silvar).
Por último, as aves son o grupo de vertebrados máis diverso e numeroso, constituíndo tamén nas
Brañas de Sada un dos grupos máis relevantes como ocorre noutros humidais. Entre a listaxe de
preto dunha cincuentena de especies destacan como acuáticas o Alcedo athis (Picapeixe), que é
sedentaria e está recollida no Anexo IV da Directiva Comunitaria 2006/105/CEE, o Anas clypeata
38
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
(Pato cullerete), invernante xunto cunha importante poboación invernante de Anas crecca
(Cerceta real). O Anas platyrhynchos (Lavanco real) que se alimenta fundamentalmente na ría de
Sada , é a especie de anátida máis abundante criando nas Brañas (Rodríguez Silvar, 2010).
Entre as especies de rapinas que frecuentan As Brañas, son de especial interese especies como o
Milvus migrans (Miñato queimado) e o Falco subbuteo (Falcón pequeno) que son estivais sendo
clasificadas como sensibles na clasificación UICN, e tamén o Falco peregrinus (falcón peregrino)
que é sedentario recollido no Anexo IV da Directiva Comunitaria 2006/105/CE, tamén están
presentes o Accipiter nissus (Gabián) e o Accipiter gentilis (Azor), típicas aves forestais (Rodríguez
Silvar, 2010)
39
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Referencias bibliográficas
Campaioli, S.; Ghetti, P.F.; Minelli, A.; Rufo, S & et. al. (1994). Manuale peri il
riconoscimiento dei Macroinvertebrati delle acque dolci italiane, Vol. I. Ed. Provincia
Autónoma de Trento (Tentro).
Carballeira, R. (2010). “As Brañas de Sada”, a natureza esquecida. Areal, Revista Cultural
de Sada; nº 1 (14 de Outubro de 2010): 16-20pp.
Croft, P.S. (1986). A key to the major groups of British freshwater invertebrates. Field
Studies Council (Shropshire, Reino Unido). 68pp.
Díaz d'a Silva, J.I. & Cartelle, Y. (2007). Guía dos mamíferos de Galicia. Guía da Natureza,
Ed. Baía Verde (A Coruña). 205pp.
Fernández Martínez, M.A. (2011). Guía das libélulas de Galicia. Guía da Natureza, Ed.
Baía Verde (A Coruña). 207pp.
Galán Regalado, P. & Fernández Arias, G. (1993). Anfibios e Réptiles de Galicia. Montes e
fontes, Ed. Xerais de Galicia (Vigo). 501pp.
Galán Regalado, P. (1999). Conservación de la herpetofauna gallega situación actual de
los anfibios y reptiles de Galicia. Universidade da Coruña, Ed. Servizo de Publicacións (A
Coruña). 285pp.
González González, M.A.; Cobo Grandín, F.; Vieira Lanero, R. & Servia García,M.J. (2006).
Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Ed. Hércules (A Coruña). 173pp.
Penas Patiño, X.M.; Pedreira López, C. & Silvar, C. (2004). Guía de Aves de Galicia. Guía
da Natureza, Ed. Baía Verde (A Coruña).
Rodríguez Silvar, C. (2011). Un achegamento á ornitofauna sadense. Areal 2: 20-24.
Tachet, H. et al. (2006). Invertébrés d´eau doce systemátique, biologie, écologie. Ed.
CNRS Éditions (París).
40
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
6.- OS LIQUES DAS BRAÑAS DE SADA COMO INDICADORESDE POLUCIÓN ATMOSFÉRICA
Os liques ou fungos liquenizados son organismos compostos, resultantes da asociación simbiótica
dun fungo e un organismo autótrofo (microalga ou cianófito), orixinando unha nova forma de
organización en vexetais talofíticos que adquire caracteres particulares, tanto morfolóxicas como
fisiolóxicas.
En simbiose liquénica, ambos organismos perden a súa identidade específica na natureza para
constituír unha asociación mutualista positiva na que ambos organismos, entrelazándose de forma
íntima, saen beneficiados. Por esta razón, os liques foron considerados como unha unidade
taxonómica particular, facéndose necesaria unha definición sobre os liques que a I.A.L.
(Internacional Association of Lichenologists) adoptou en 1982 como: “unha asociación dun fungo
con un simbionte fotosintético, co resultado da formación dun talo estable con estrutura específica”
(Richardson, 1992).
Polas súas características son utilizados como bioindicadores a causa da súa distribución a nivel
mundial, as súas formas vexetativas perennes, a súa frecuentemente longa vida e o seu hábito de
concentrar elementos do medio ambiente (Purvis, 2000).
Os liques son especialmente útiles para coñecer o grao de polución ambiental e determinar a
calidade do aire dado que carecen de sistema excretor e cutícula, non posuíndo protección fronte
ao exterior, polo que os seus talos están en estreita relación co ambiente, adquirindo gran parte
dos seus nutrientes da deposición ambiental. ao ser organismos estenoicos reaccionan fronte ás
pequenas variacións do ambiente, como o grao de acidez, non tendo sistemas de excreción e non
podendo seleccionar as substancias que absorben, a todo iso engádese que non sofren pragas e
non dependen das anomalías do solo. Pódese comprender así que os liques, particularmente os
epifitos, estean considerados como os mellores bioindicadores de contaminación atmosférica,
posto que as características das cortizas están fixadas xeneticamente e son constantes en cada
especie, polo que constitúen un substrato homoxéneo. Así traballos clásicos demostran que,
segundo a natureza e a intensidade da contaminación, os liques presentan modificacións
fisiolóxicas, morfolóxicas e estruturais, e a veces incluso desaparecen totalmente bastante antes
de que se manifesten os menores síntomas noutros organismos do contorno (Dèruelle et al.1983).
41
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
O SO2 é o maior responsable da chuvia ácida, posto que os NOx, tamén responsables dos efectos
da chuvia ácida, son facilmente asimilados polas plantas en forma de nitratos, e sendo o nitróxeno
un elemento limitador o seu efecto negativo vese en certa medida mitigado. O efecto da chuvia
ácida debida á actividade industrial foi responsable non só da existencia de polución atmosférica
senón incluso da acidificación dos lagos e augas interiores do Norte de Europa, de maneira que a
súa detección pode indicar a existencia deste fenómeno e a conseguinte alteración dos hábitats
acuáticos.
O dióxido de xofre (SO2) formado como resultado da combustión do carbón, petróleo e tamén
polas emisións de vehículos, é o compoñente máis daniño para os liques, así establecéronse nas
cidades os denominados “desertos liquénicos” onde desaparecen os liques de talo fruticuloso e
foliáceo. Este fenómeno conduciu a finais de 1960 e principios de 1970 ao establecemento de
escalas biolóxicas semi-cuantitativas para estimar os niveis de SO2 atmosférico (Purvis, 2000).
A existencia destes fenómenos serviu para establecer escalas cualitativas de lectura inmediata a
través da composición da vexetación liquénica podendo, por tanto, asociarse cun grao de
contaminación preciso. Cabe dicir respecto a este método cualitativo que na determinación dos
niveis de polución a ausencia dunha especie nunca é indicativa de nada a excepción dunha gran
seguridade sobre a presenza da mesma nun determinado punto (Valcárcel et al., 2003). A escala
cualitativa desenvolvida por Hawksworth & Rose en 1970 é unha das máis utilizadas para
determinar os niveis de SO2 atmosférico e encóntrase amplamente citada na maior parte da
bibliografía utilizada (Carballal & García Morales, 1987; Carballal & García Morales, 1991;
Richardson, 1992 & Pérez et al., 2003). A vantaxe da aplicación da escala de Hawksworth & Rose
deriva da simplicidade e precisión do seu uso pero ten que estar adaptada ás peculiaridades
florísticas rexionais e ás condicións da localidade pola variación de toxitolerancia dalgunhas
especies debido ás diferentes condicións climáticas, existindo para Galicia unha escala adaptada
de Hawksworth & Rose desenvolvida por Carballal & García Morales (1987), Táboa.1. Foi
aplicada en Galicia esta adaptación da Escala de Hawksworth & Rose en varios estudos sobre a
calidade do aire nas cidades de Vigo e Ferrol (Carballal & García Morales, 1987; Carballal &
García Morales, 1991).
42
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
SO2 (μg/m3) Especies>170 Non hai liques. Só algas unicelulares como
moito.>70 Candelariella vitelina e Amandinea punctata.= 70 Comezan a aparecer Hysterium sp.(fungo
lignícola) e Xanthoria parietina.= 60 Hysterium sp.(fungo lignícola), Xanthoria
parietina ben desenvolvido. Lecanora chlarotera, Lecanora gr. Dispersa, Phaeophyscia orbicularis e Physcia adscendens.
= 50 Lecanora chlarotera abundante, máis especies do xénero Opegrapha (O.atra, O.vulgata), Chrysotrix candelaria, Physcia tenella. Comeza a aparecer Arthopyrenia antecellens e Parmelia borreri.
= 40 Parmelia borreri e Parmelia caperata, ben desenvolvidas. Aparecen novas especies deste xénero, aínda que en número escaso (Parmelia revoluta, Parmelia subaurifera). Ocasionalmente atópase Parmelia perlata, Physcia aipolia e Physcea stellaris. Fuscidea lightfootii, Lecidella elaeochroma e Ridonia robaris, que se presenta por primeira vez, e Arthophyrenia antecellens abundante.
= 35 Parmelia perlata ben desenvolvida, Parmelia sulcata, Arthonia radiata e Dimerella pineti, aparecen por primeira vez.
< 35 Normandina pulchella, Phaeographis dendritica, especies do xénero Graphis e aparición de especies fruticulosas (Evernia prunastri, e especies do xénero Usnea e Ramalina).
Táboa. 1 Escala de Hawksworth & Rose (1970) modificada por Carballal & García Morales (1987).
Nas Brañas de Sada coñécense ata o momento unhas 32 especies de liques (datos non
publicados), que se corresponden coa flora liquénica predominante na franxa costeira galega de
influencia marítima. A análise dos liques das Brañas revela que están presentes tódalas especies
menos tolerantes á choiva ácida dentro da Escala cualitativa adaptada por Carballal & García
Morales (1987) reflectida na Táboa. 1.
43
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
As especies Normandina pulchella, Phaeographis dendritica, Graphis scripta e especies
fruticulosas como Evernia prunastri, e especies do xénero Usnea (Usnea cornuta, Usnea cf.
flammea e Usnea ceratina) e Ramalina (Ramalina calicaris).
É salientable a presenza de especies de talo fruticuloso ou arbuscular que chegan a representar
un 16% das especies presentes nas Brañas, correspondéndose esta tipoloxía coas especies máis
sensibles á contaminación atmosférica posto que expoñen unha maior superficie e vense
afectados en maior grao polos efectos da chuvia ácida.
Cabe destacar que non foi recoñecido ningún individuo cunha morfoloxía que se puidese
relacionar con danos fisiolóxicos ou formas tolerantes á contaminación, sendo destacable a
existencia de exemplares de Evernia prunastri de ata 15 cm de lonxitude (Fig. 1) e de Usnea
ceratina de ata 30 cm de lonxitude (Fig. 2).
Finalmente, pódese concluír que a concentración de SO2 en aire é < 35 (μg/m3), posto que as
especies máis sensibles están presentes, sendo este o nivel máis baixo de concentración de SO2
en aire e polo cal a calidade do aire atmosférico é alta na zona das Brañas de Sada.
Fig. 1 Exemplar de Evernia prunastri das Fig. 2 Exemplar de Usnea ceratina das
Brañas de Sada de ata 15 cm de lonxitude. Brañas de Sada de ata 30 cm de lonxitude.
44
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Referencias bibliográficas
Carballal Durán, M.R. & García Morales, A. (1987). Líquenes epifitos como indicadores de la contaminación atmosférica. Utilización de una escala cualitativa en la ciudad de Vigo (España). Lazaroa, Vol.10: págs. 243-251.
Carballal Durán, M.R. & García Morales, A. (1991). Valoración de la contaminación atmosférica por SO2 en la zona de Ferrol-Fene (La Coruña) mediante líquenes epífitos. Acta Botánica Malacitana, 16 (1): 197-206.
Dèruelle, S. (1983). Los líquenes víctimas de la contaminación. Mundo científico, Nº 31, Vol. 3: págs. 1268-1270.
Pérez Valcárcel, C.; López Prado, Mª.C. & López de Silanes Vázquez, Mª.E.(2003). Guía dos liques de Galicia. Baía Edicións. A Coruña (España).
Purvis, W. (2000). Lichens. Smithsonian Institution Press. Washington D.C. (EE.UU.)
Richardson, D.H.S. (1992). Pollution Monitoring with lichens. The Richmond Publishing (United Kingdom).
Sitte, P.; Weiler, E.W.; Kadereit, J.W.; Bresinky, A. & Körner, C. (2002). Strasburguer Tratado de botánica. Editorial Omega. Barcelona (España).
45
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
7.- CARACTERIZACIÓN FÍSICO-QUÍMICA DAS AUGASO medio ambiente defínese por múltiples parámetros e condicións naturais polo que son diversas
as características que deben tomarse en conta para avaliar e coñecer o estado de conservación
do lugar. Por iso, considérase como contaminación da auga, toda modificación das características
da auga, fóra das flutuacións naturais, por intervención humana directa ou indirecta. Esta
definición implica a referencia ás características naturais, físico-químicas e biolóxicas, específicas
de cada ribeira, a definición dentro dun contexto rexional, e non unha estimación subxectiva dunha
desconforme alteración da calidade desexada, en función do uso que se lle queira dar á auga
(Fabri, 1984). Así, faise necesario coñecer os elementos que compoñen o ecosistema (flora,
fauna, xeoloxía, hidroloxía,…) para complementar os datos físico-químicos obtidos, podendo estar
os resultados influídos polas condicións locais.
Para poder caracterizar as masas de auga das Brañas de Sada como paso inicial intentáronse
tomar mostras do maior número posible de lagoas, así como do río das Brañas (Fig. 1).
As mostras de cada punto foron analizadas segundo unha serie de métodos normalizados para a
análise de auga segundo as seguintes entidades American Public Health Association, American
Water Works Association e a Water Pollution Control Federation (A.P.H.A. et al., 1992). Reflectindo
os resultados das análises de forma resumida na Táboa. 1 representan unha medición puntual
dunha serie de parámetros no mes de Outubro de 2010. Aínda que non son datos completos
debido á escaseza de traballos previos e de datos dispoñibles sobre As Brañas, constitúe un
achegamento preliminar á dinámica das súas lagoas.
Fig. 1 Referencia das lagoas das Brañas de Sada e no Río das Brañas de Sada.
Os valores rexistrados serán referenciados respecto ós estándares de calidade de auga potable
establecidos pola OMS (Xénova, 1993) e a Unión Europea (Directiva 98/83/EC sobre a calidade
da auga destinada a consumo humano, 1998), sendo os valores estándar da UE máis restritivos e
actuais que os esixidos pola OMS. Por outra banda, as augas de medios naturais non teñen por
46
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
que cumprir estes parámetros atendendo ás súas características naturais, polo que tamén
utilizaremos valores de referencia obtidos das lagoas costeiras (Ramil et al., 2007).
O pH ou medida da acidez é un importante parámetro ambiental nos ecosistemas acuáticos pola
súa implicación en diversos procesos químicos e biolóxicos. De forma natural nos ríos galegos
non contaminados o valor do pH oscila entre 6,5 e 7,5 (Díaz Fierros et al., 1996) mentres nos
sistemas lacustres costeiros o valor de pH oscila entre 5,33 e 10,77 (Ramil et al., 2007). Nas
augas das lagoas e no río das Brañas o pH é circumneutral (ó redor de 7 unidades de pH) ao igual
que a auga do río das Brañas acadando valores similares ós da maioría de augas superficiais de
Galicia. Nos sistemas fluviais o valor do pH é menos variable mentres que no das lagoas de auga
doce é moi variable dependendo da actividade biolóxica e a estación de maneira que
posiblemente exista un amplo rango de pH nas lagoas das Brañas dependo das características de
cada lagoa.Táboa. 1 Resumo dos valores obtidos para os diferentes parámetros das lagoas das
Brañas de Sada durante o mes de Outubro de 2010.
Parámetros físico-químicos
As Brañas de SadaLagoa 1 Lagoa 2 Lagoa 3 Lagoa 4 Lagoa 5 Río das
Brañas
Data 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010Temperatura auga (ºC) 9,2 9,9 9,7 9,6 8,9 9pH 7,04 6,97 6,74 6,75 7,03 6,96Concentración O2 (ppm) 7,58 5,95 5,62 6,29 6,27 8,8Concentración O2 (%) 69,40 61,5 58 64,6 65,4 87,6Salinidade (m/l) 0,17 0,13 0,13 0,14 0,14 0,14Condutividade (μS/cm) 357 272 276 278 283 289Sólidos disoltos totais (mg/l) 0,176 0,134 0,135 0,136 0,141 0,142Sólidos en suspensión 0,019 0 0,028 0,002 0 0Turbidez (UNT) 14 7 7 3 0 0Color (unidades de Pt/Co) 0 0 0 0 0 0Materia orgánica (mgO2/l) 9,3 5,1 6,28 6,52 9,86 18,125Nitratos (mg/l) 15,51 19,11 11,32 10,72 5,02 2,02Nitritos (mg/l) 0,3 0,4 0,8 0,6 0,4 0,4Amonio (mg/l) 0,43 0,19 1,24 0,66 0,83 1,02Dureza total(meq/l de Ca e Mg) 26 18 17 13 5,2 3,2Ácido cianúrico (mg/l) 0 0 0 0 0 0Cloro (mg/l) 0,16 0,13 0,22 0,26 0 8,3Cloruros (mgCl/l) 63,81 53,2 63,8 56,72 28,36 46,1Magnesio (mg/l) 22 16,2 16,2 18,4 11,8 6,3Aluminio (mg/l) 0 0 0 0 0 0Cobre (mg/l) 0,3 0,3 0,3 0,3 0,3 0
47
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Os valores de condutividade reflicten a capacidade da auga para conducir corrente eléctrica,
sendo unha forma indirecta de coñecer a cantidade de ións disoltos na auga (estando a salinidade
e sólidos disoltos totais intimamente relacionados con este parámetro). O rango de valores
atopados vai entre 272 e 357 μS/cm, establecéndose dentro dos valores de augas doces, así
como as lagoas de Doniños, Xuño e Bodeira (Ramil et al., 2007). A auga das lagoas en relación ao
valor estándar da calidade de auga potable segundo a OMS e a UE é tan só lixeiramente superior
ós 250 μS/cm.
Os valores de condutividade da Lagoa 1 son lixeiramente maiores que os do resto de lagoas
(rango 272-283 μS/cm), seguramente pola gran proliferación de Ceratophyllum demersum en
practicamente todo o volume da súa cubeta.
A condutividade nos corpos de auga doce encóntranse determinada pola xeoloxía da conca, de
forma que sobre substratos xistosos (ou graníticos) a condutividade tende a ser menos, xa que
estes substratos están compostos por materiais que non se ionizan ou fano nunha proporción
menor.
A concentración de O2 mostra un rango entre 5,62 e 7,52 mg/l (ou entre 58 e 69,4% de O2), sendo
lixeiramente maior o valor da Lagoa 1 de 7,52 mg/l respecto ao das demais lagoas (5,62 e 6,29
mg/l) posiblemente debido á actividade fotosintética do Ceratophyllum demersum.
En canto ao nitróxeno disolto aparece baixo tres formas, o amonio derivado de compostos
orgánicos, constituíndo unha forma altamente reducida que é oxidado como ión nitrito (NO2 -), un
composto intermedio da interconversión de amonio (NH4+) a nitratos (NO3
-). Os nitritos, os cales
posúen efectos tóxicos, non soen ser abundantes debido a que son un intermediario inestable
baixo condicións aerobias sendo rapidamente oxidado a nitratos por actividade biolóxica.
Os valores elevados da concentración de amonio están relacionados coa contaminación orgánica
aínda que tamén poden ser resultado dunha gran cantidade de materia orgánica baixo condicións
redutoras (Dimas et al., 2004). A concentración de amonio nas lagoas das Brañas (Táboa. 2)
oscila entre 0,19 e 1,24 mg/l aínda que a maior parte das lagoas oscilan entre 0,19 e 0,66 mg/l
rango similar ao detectado nas lagoas costeiras de Galicia (Ramil et al., 2007) constituíndo unha
excepción as lagoas 3 (1,24 mg/l) e 5 (0,83 mg/l), así como o propio río das Brañas (1,02 mg/l)
que presentan altos valores de amonio.
O valor estándar da concentración de auga potable segundo as directrices da Unión Europea
(1998) é de 0,5 mg/l sendo a concentración do río das Brañas e das lagoas superior (a excepción
da lagoa 1 e 2).
En augas limpas, a concentración do nitrito debe ser moi pequena, pola contra, podería estar
indicando a existencia de contaminación orgánica. No caso das Brañas de Sada as
concentracións de nitritos (Táboa. 2) son excepcionalmente altas se as comparamos cos valores
das lagoas costeiras non sendo superiores a 0,04 mg/l (Ramil et al., 2007). Por outra banda, os
48
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
valores son próximos ao limite estándar para a auga potable segundo as directrices da Unión
Europea (1998).
Así, os altos valores de nitritos detectados nas Brañas de Sada son posiblemente un indicativo
claro de contaminación orgánica debida a augas fecais (Dimas et al., 2004).
As concentracións de nitratos tamén se atopan relacionadas coa contaminación orgánica debido
ao efecto de augas residuais e ao uso de fertilizantes sobre os medios acuáticos continentais
(Dimas et al., 2004). No caso das Brañas de Sada os valores de nitratos (Táboa. 2) teñen un
rango que oscila entre 10,72 e 19,11 mg/l, coa excepción dos valores menores da lagoa 5 (5,02
mg/l) e o Río das Brañas (2,02 mg/l). Estes valores son tamén elevados en comparación cos
valores correspondentes das lagoas costeiras galegas que presentan un máximo de 2 mg/l de
nitratos (Ramil et al., 2007).
Respecto ao valor estándar de 50 mg/l para a auga potable segundo as directrices da OMS
(Xénova, 1993) e a Unión Europea (1998), as Brañas de Sada atópanse moi por debaixo dos
niveis, sendo perigoso para os nenos por encima dos 45 mg/l de nitratos.
Finalmente, se comparamos os niveis das tres formas anteriores (Fig. 2) a predominancia dos
nitratos sobre as outras formas é indicativo de condicións aerobias, xa que pode oxidarse dende
as formas de amonio rapidamente a nitratos (Dimas et al., 2004).
Parámetros fisico-químicos
As Brañas de Sada
Lagoa 1 Lagoa 2 Lagoa 3 Lagoa 4 Lagoa 5 Río das Brañas
Data 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010 18/10/2010Nitratos (mg/l) 15,51 19,11 11,32 10,72 5,02 2,02Nitritos (mg/l) 0,3 0,4 0,8 0,6 0,4 0,4Amonio (mg/l) 0,43 0,19 1,24 0,66 0,83 1,02
Táboa. 2 Táboa resumo dos valores obtidos respecto a nitratos, nitritos e amonio nas lagoas das Brañas de Sada no mes de Outubro de 2010.
49
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Tabla comparativa de Nitratos, Nitritos e Amonio
02468
101214161820
Laguna 1 Laguna 2 Laguna 3 Laguna 4 Laguna 5 Río dasBrañas
Zona de mostraxe
Con
cent
raci
ón (m
g/l)
Nitratos (mg/l) Nitritos (mg/l) Amonio (mg/l)
Fig. 2 Gráfica comparativa dos niveis de nitratos, nitritos e amonio nas Brañas de Sada.
Estudos que se achegan á caracterización limnolóxica das Brañas de Sada de Ramil & Cillero,
2010, mostran certas discrepancias con este traballo nos niveis de nitratos e nitritos no tocante á
lagoa 1, podendo achacar estas pequenas diferenzas exclusivamente á época de mostraxe e ao
carácter puntual na toma de mostras en ambos estudos. Sen embargo, en xeral o informe de
Ramil & Cillero (2010) achega resultados e conclusións similares ás obtidas no presente estudo,
sobre todo, no tocante á lagoa 4 onde os niveis de nitratos e nitritos mostran niveis elevados que
indican a posible alteración antrópica debida ás achegas de fertilizantes ou de augas residuais.
Así as conclusión de ambos estudos independentes, en relación ós parámetros físico-químicos da
auga, reforzan a posible existencia de alteración antrópica nas augas das Brañas de Sada por
achegas de augas residuais ou derivadas de actividades agrícolas.
O cloro preséntase de forma natural nas augas continentais, aínda que neste caso os valores
obtidos nas lagoas son baixos pero no río das Brañas de Sada dánse valores excepcionalmente
altos, quizais debidos a algún proceso de cloración no río das Brañas ou pola influencia do mar en
marea alta.
Respecto ós criterios estándar para a auga potable segundo as directrices da OMS (Xénova,
1993) e a Unión Europea (1998), as lagoas das Brañas están por debaixo do límite de 2 mg/l de
cloro mentres o río das Brañas cuadriplica o nivel límite ata 8,3 mg/l de cloro.
En relación ós niveis de cloruros, as augas naturais mostran contidos moi variables. No caso das
Brañas de Sada, os niveis son considerables aínda que non exceden os criterios de auga potable
segundo as directrices da OMS (Xénova, 1993) e a Unión Europea (1998) establecendo como
nivel máximo de cloruros os 250 mg/l. Unha explicación ós niveis de cloruros pode deberse a
fenómenos de contaminación orgánica debida a augas fecais (Dimas et al., 2004).
A auga das Brañas de Sada pode clasificarse como augas suaves ao ter uns niveis de CaCO3
comprendidos entre 0 e 75 mg/l, debido na súa maior parte á escasa achega que proporciona o
50
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
substrato xistoso da conca das Brañas de Sada, circunstancia similar á do resto de Galicia e a
franxa norte e noroeste da Península Ibérica.
As análises microbiolóxicas das augas fanse necesarias á hora de garantir a calidade da auga,
sobre todo, no tocante á saúde humana posto que as enfermidades infecciosas son transmitidas
principalmente por excrecións humanas e animais, e en particular a través dos excrementos. Se
hai casos de infección ou portadores na comunidade, entón a contaminación fecal de fontes de
auga provocará que os organismos patóxenos estean presentes na auga. O emprego desta auga
para a bebida ou para preparar alimentos, poñerse en contacto durante o baño, e aínda a
inhalación de vapor de auga ou aerosois podería causar novos casos de infección (A.P.H.A. et al.,
1993). Por este motivo os grupos de microorganismos de referencia establecidos nas normativas
correspóndense con bacterias intestinais, posto que este grupo de microorganismos son
indicadores de contaminación fecal constituíndo indicadores de potencial risco microbiolóxico en
augas (Ashbolt et al., 2001).
As análises microbiolóxicas leváronse a cabo segundo a metodoloxía estandarizada de A.P.H.A. et
al. (1992). Establecéronse análises cualitativas para determinar as principais especies e grupos de
microorganismos establecidos nas normativas (enterococos fecais, Clostridium perfringens e
Escherichia coli), recollendo os resultados das análises na Táboa. 3.
Os medios utilizados para ás análises microbiolóxicas foron da casa comercial "Panreac": Bilis
Esculina ácida e Slantez & Bartley para enterococos fecais; m-CP ágar para Clostridium
perfringens; Chappman para E.coli; e ágar nutritivo como medio xeral para unha gran variedade
de microorganismos.
ZonaClostridium
perfringens
Enterococos
fecais
Escherichia
coli
Reconto de
colonias totais (100ml)
Lagoa 1 Negativo Positivo Positivo 1,97x105
Lagoa 2 Negativo Positivo Positivo 4,33x105
Lagoa 3 Negativo Positivo Positivo 4,11x105
Lagoa 4 Negativo Positivo Positivo 4,05x105
Lagoa 5 Negativo Positivo Positivo 2,10x105
Río das Brañas Negativo Negativo Negativo 1,68x105
Táboa. 3 Resultados das análises microbiolóxicas cualitativas sobre as augas das Brañas de Sada.
Os resultados dos medios xerais revelan a existencia dunha maior concentración de
microorganismos nas lagoas centrais (da lagoa 2 á 4), chegando a ser moito menor no río das
51
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Brañas de Sada (Táboa. 3).
Na auga das Brañas de Sada detectouse a presenza de bacterias intestinais non formadoras de
esporas, enterococos fecais e E. coli, nas augas de tódalas lagoas das Brañas coa excepción do
río das Brañas onde o resultado foi negativo. Pola contra, non se detectou a presenza de esporas
da bacteria intestinal Clostridium perfringens nin na auga das lagoas nin no río das Brañas
(Táboa. 3).
En relación ás lagoas das Brañas de Sada obsérvase a presenza de microorganismos intestinais,
tanto enterococos fecais como E.coli, revelando a existencia de contaminación por augas fecais.
En ámbolos casos estes microorganismos poden sobrevivir no medio natural aínda que ao non
atoparse adaptadas ao contorno natural resultan ser menos competitivas que os restantes
microorganismos, isto condiciona a súa presenza ao longo do tempo á existencia de achegas
continuadas (Ashbolt et al., 2001).
Clostridium perfringens pola súa parte é unha bacteria de orixe fecal, sendo resistente ós
procesos de desinfección e ós tratamentos de augas residuais habituais pola capacidade de
producir esporas de resistencia. A súa ausencia nas análises, cando é un microorganismo máis
resistente que os anteriores, pode deberse a que soe encontrarse en menor número que os
anteriores e a que posúe un metabolismo anaerobio sulfito redutor, polo que pode quedar
relegado a ambientes concretos desaparecendo da columna de auga (Ashbolt et al., 2001;
Madigan et al., 2009).
Estes resultados implican a existencia de contaminación fecal na auga das lagoas das Brañas de
Sada, procedendo seguramente das achegas directas ou a través da rede fluvial dos ríos Fontoira
e Vao que conflúen nas Brañas de Sada. Aínda que de forma contraria non se observou a
presenza de contaminación fecal no río das Brañas, este fenómeno pode explicarse polo efecto
depurativo dos humidais naturais que erradicaría a presenza de microorganismos procedentes de
contaminación fecal na auga drenada do sistema (Pérez-Olmedilla & Rojo, 2000; Pérez-Olmedilla
et al., 2000).
Este efecto ten unha maior relevancia ao confluír o río das Brañas co río Maior e finalmente
desembocar na praia de Sada, diminuíndo o impacto da contaminación fecal sobre as augas da
praia.
ResumoAs augas das lagoas das Brañas de Sada constitúen un medio plenamente doceacuícola,
debendo gran parte das súas características físico-químicas ao substrato litolóxico da conca e de
natureza xistosa. As augas das Brañas mostran parámetros similares a outros medios lacustres
52
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
costeiros de Galicia (Ramil et al., 2007), aínda que mostran unha serie de parámetros con niveis
moi elevados en relación ós demais medios comparados.
Entre os parámetros que mostran niveis máis elevados destacan o amonio, nitritos, nitratos e
cloruros, estando todos eles relacionados con fenómenos de contaminación orgánica e
concretamente con achegas de augas fecais (Dimas et al., 2004). Conclusións similares achegan
outros autores en estudos sobre as características físico-químicas das Brañas de Sada, indicando
a existencia de contaminación orgánica nas súas augas (Ramil & Cillero, 2010). Estes resultados
derivados de análises físico-químicas vense apoiados polas análises microbiolóxicas,
determinando a presenza de microorganismos indicadores de achegas fecais, como son os
enterococos fecais e E.coli nas lagoas das Brañas (Ashbolt et al., 2001), aínda que non se
detectaron respecto ao río das Brañas.
A auga do río das Brañas atópase libre de microorganismos fecais ante o posible efecto
depurativo dos ecosistemas acuáticos naturais (Pérez-Olmedilla & Rojo, 2000; Pérez-Olmedilla et
al., 2000), o que contribuiría a reducir o impacto da contaminación fecal sobre as augas da praia
de Sada, prestando As Brañas de Sada un servizo ecolóxico de depuración das augas da conca
dos ríos Fontoira e Vao.
Referencias bibliográficas
A.P.H.A. (American Public Health Association), A.W.W.A. (American Water Works
Association) & W.P.C.F. (Water Pollution Control Federation) (1992). Métodos normalizados
para el análisis de aguas potables y residuales. Díaz de Santos (Madrid).
53
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ashbolt, N.J.; Grabow, W.O.K. & Snozzi M. (2001). Indicators of microbial water quality. In:
Fewtrell L, Bartram J, (eds.) Water quality: Guidelines, standards and health –Assessment
of risk and risk management for water-related infectious disease. Serie de monografías de
la OMS sobre el agua (Water Series). London (United Kingdom), IWA Publishing. 289–315
pp.
Díaz-Fierros, F. (Dir.) et al. (1996) As augas de Galicia. Ponencia de Patrimonio Natural.
Consello da Cultura Galega. Vigo.
Dimas , M. (Dir.) et al. (2004). Las aguas continentales en la Unión Europea. Ministerio de
Medio Ambiente, Secretaría General Técnica, Centro de Publicaciones (Madrid). 390pp.
Directiva 98/83/EC Unión Europea (1998). A calidade da auga destinada ao consumo
humano. Boletín Oficial da Comisión da Comunidade Europea. L 330-354pp.
Fabri, R. (1984). Etude écologique rivières du nord du massif Ardennais (Belgique): flore et
végétation de diatomées et physico-chimie des eaux. Université de Liège Station
scientifique des Hantes-Fanges et Département dfe botanique. Vol. 3 Impact des
pollutions.163-177pp.
Madigan, M.T.; Martinko, J.M.; Dunlap, P.V.; David P. Clark, D.P. & Guerrero, R. (2009).
Brock: biología de los microorganismos. Ed. Pearson Education (Madrid). 1259pp.
Organización Mundial da Saúde (1993). Guía para a calidade da auga potable, Vol. 3 (2ª
edición). Aspectos químicos. (Xénova), 65pp.
Organización Mundial da Saúde (1993). Guía para a calidade da auga potable, Vol. 3 (2ª
edición). Aspectos microbiolóxicos. (Xénova), 16 pp.
Pérez-Olmedilla, M. & Rojo, C. (2000). Función depuradora de los humedales I: una
revisión bibliográfica sobre el papel de los macrófitos. SEHUMED, 4 (14): 115-119.
Pérez-Olmedilla, M., Sánchez-Carrillo, S. & Rojo, C. (2000). Función depuradora de los
humedales I: Una revisión bibliográfica sobre el papel del sedimento. Función depuradora
de los humedales I: una revisión bibliográfica sobre el papel de los macrófitos. SEHUMED,
Humedales Mediterráneos 1: 123-130.
54
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Ramil, P. (Dir.) et al. (2007). Avaliación do estado de conservación das lagoas costeiras de
Galicia: Propostas de conservación e uso sostible. Instituto de Biodiversidade Agraria e
Desenvolvemento Rural (IBADER). 179pp.
Ramil Rego, P. & Cillero Castro, C. (2010). Evaluación limnológica del Humedal de Brañas
de Sada derivada del muestreo realizado el 16 de julio de 2010. IBADER, Laboratorio de
Botánica e Bioxeografía. Universidade de Santiago (Campus de Lugo).
55
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
8.- ECOLOXÍA DAS BRAÑAS DE SADA
As Brañas de Sada atópanse plenamente dentro da definición de humidal existente a nivel
internacional a través da Convención Ramsar (1971), e que toman tanto lexislación estatal como a
autonómica, atopándose recoñecido como tal no Inventario de Humidais de Galicia (IHG).
Á hora de coñecer a ecoloxía dos humidais debemos ter en conta as condicións hidrolóxicas,
establecéndose os humidais ao longo dun gradiente de humidade que incluirían dende os solos
permanentemente anegados ata outros saturados de auga periodicamente, albergando algún tipo
de vexetación hidrofítica nalgún momento da estación de crecemento.
A vexetación hidrofítica ou hidrófilos son plantas adaptadas a medrar en solos cubertos de auga
ou solos periodicamente anegados nos que se dá anaerobiose (baixa concentración de osíxeno).
Os hidrófilos inclúen varios tipos de plantas, dende as exclusivas de grandes masas de auga
como o xénero Potamogeton, Nymphaea, Juncus, Typha ou Phragmithes, mentres outros tipos de
plantas son hidrófilos facultativos ou “plantas anfibias” que poden medrar en zonas anegadas ou
solos saturados de auga e que raramente aparecen en lugares neutros, como ocorre con especies
do xénero Alnus e certas especies do xénero Juncus.
A importancia deste último grupo de plantas é crítica á hora de determinar o límite superior dun
humidal nun gradiente de humidade do solo, cando a designación das especies por si mesma é
insuficiente.
O período de anegado inflúe na composición vexetal, posto que afecta ás condicións nas que se
desenvolven as especies vexetais (xerminación de sementes, supervivencia e mortalidade nos
diferentes estadios do ciclo vital das plantas ou competencia interespecífica). O efecto do
hidroperíodo é diferencial segundo as características topográficas en cada un dos puntos das
Brañas de Sada. Así, o efecto do hidroperíodo é máis pronunciado nas cubetas que son
suficientemente profundas para manter a auga durante os períodos de seca, estando a vexetación
dominada por plantas somerxidas. Se o humidal seca anualmente ou durante o período de seca, a
vexetación dominante formarana especies emerxentes altas ou de mediana altura, tales como
espadanas. Se a cubeta é somera e só se inunda brevemente durante a primavera, entón as
gramíneas, ciperáceas e as herbas non graminoides, conformarán unha comunidade de pradeira
húmida.
Nas cubetas suficientemente profundas no centro e de dimensións considerables, poden xerarse
as diferentes zonas de vexetación. A zonación reflicte a resposta das plantas ao hidroperíodo. As
áreas do humidal suxeitas a un longo hidroperíodo albergarán especies somerxidas e emerxentes
de augas profundas, mentres aquelas suxeitas a un corto hidroperíodo e as augas someras
estarán ocupadas por especies emerxentes de augas pouco profundas e plantas de solo húmido.
Ademais, no caso das Brañas a vexetación dominante está constituída polo estrato arbóreo
configurando un humidal boscoso que son comunmente denominados pantanos, podendo ser
56
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
pantanos de augas profundas ou pantanos arbustivos dominados por ameneiros e salgueiros.
Sendo esta tipoloxía de humidal singular e escasa tanto en Galicia coma no resto da Península
Ibérica.
Así, os humidais asumen unha grande importancia ecolóxica e económica desproporcionada en
relación ao seu tamaño, sendo unha das súas principais contribucións a relación coa hidroloxía
dunha rexión. En termos xerais, con que un humidal represente un 5% da conca ou área de
captación dun río poderíase reducir o fluxo dunha avenida ata nun 50%. No caso das Brañas de
Sada impiden que nos períodos de choiva intensa non existan inundacións no casco urbano da
vila, xa que o exceso de auga anega a zona húmida e sobe o nivel de auga das lagoas. Ademais,
actúan coma sistemas depuradores da contaminación da auga, posto que o metabolismo da
vexetación dos humidais extrae o exceso de N, P ou S e Cu, Fe e outros metais pesados levados
pola auga de escorrentía e polos seus afluentes, incorporándoos á súa biomasa e depositándoos
en gran parte nos fondos anaerobios do fondo. Grazas a esta capacidade para filtrar metais
pesados, reducir a acidez ou diminuír os efectos da contaminación orgánica, estanse a tratar
augas residuais mediante humidais naturais e incluso mediante a creación de humidais artificiais
(Smith & Smith, 2007).
Así mesmo, temos constancia do servizo ecolóxico que prestan As Brañas de Sada mediante os
resultados das análises de auga, que claramente apuntan á existencia de achegas de augas
fecais nas lagoas das Brañas de Sada, posiblemente a partir da rede fluvial dos ríos que conflúen
nelas. Mentres que a auga saínte das Brañas atópase libre de microorganismos fecais, indicando
un posible efecto depurativo das lagoas das Brañas que mellorarían sensiblemente a calidade da
auga que despois desembocará na praia de Sada.
En relación á fauna cabe comentar que ofrece refuxio a grandes poboacións de especies
relacionadas co medio acuático como os anfibios, mamíferos acuáticos e aves acuáticas (sendo
de vital importancia como refuxio de aves acuáticas invernantes). A conveniencia de protexer
estes medios é o mantemento das poboacións dos grupos máis ligados a estes contornos, xa que
debido á escaseza e fraxilidade destes ecosistemas está en risco a súa supervivencia.
Os humidais constitúen zonas de alta biodiversidade por ser zonas ecotonais, é dicir, zonas onde
interaccionan varios compoñentes ecolóxicos de ecosistemas limítrofes debido a un cambio
gradual entre ambos. Este fenómeno implica a existencia dun número maior de nichos ecolóxicos
que poden ocupar un número maior de especies ou individuos dunha mesma especie. No caso
57
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
das Brañas de Sada este efecto favorece tamén o asentamento de especies terrestres e os fluxos
de fauna das inmediacións do humidal.
Sobre a ecoloxía de poboacións a teoría de metapoboacións substituíu á bioxeografía de illas á
hora de dar unha explicación das poboacións en hábitats fragmentados, como son as Brañas de
Sada. Unha metapoboación consiste nunha serie de subpoboacións que intercambian individuos
entre elas a través dos fenómenos de emigración e inmigración. Cada subpoboación ten as súas
propias flutuacións poboacionais, as súas propias taxas de natalidade e mortalidade e a súa
propia probabilidade de colonización e extinción. O mantemento das poboacións depende dos
movementos que se dan entre os fragmentos de hábitats, non só entre os fragmentos e un gran
“continente” coma na teoría de Illas (Smith & Smith, 2007).
Os fragmentos de hábitat, a diferenza das illas oceánicas, están enclavados dentro de paisaxes
variados. O territorio circundante exerce unha influencia sobre a calidade do fragmento ou parcela,
sobre as posibles vías de comunicación que permiten o movemento das especies a outras
parcelas e sobre a sorte das poboacións. Se este territorio impide o movemento, os distintos
fragmentos poden variar na súa composición de especies. A medida que os hábitats se van
fragmentando, as especies que precisan maiores fragmentos de hábitat, chamadas especies
interiores, diminúen ou desaparecen. Mentres tanto, outras especies, atraídas polas condicións de
bordo ou xeralistas aumentan os efectivos das súas poboacións. Non obstante, as especies
interiores poden manter as súas poboacións se existen grandes hábitats contiguos que funcionen
a modo de fontes “continentais” de inmigrantes que en calquera momento poden facer aumentar
as poboacións nos fragmentos de hábitats similares. O tamaño e distancia dos fragmentos á fonte
que supón o continente pode influír no mantemento das especies interiores.
As especies interiores requiren as condicións que se dan no interior desas grandes parcelas de
hábitats, lonxe dos cambios repentinos nas condicións ambientais que se dan asociados ós
ambientes de bordo. Nas Brañas de Sada en canto a Pteridium aquilinum constitúe un fento de
bordo aparecendo na zona perimétrica máis soleada e seca. Por outra banda, Woodwardia
radicans constitúe unha especie de interior que precisa unha cuberta boscosa e avesía, así como
unha certa humidade ambiental. Outro exemplo atópase nos anfibios. Así, especies como
Discoglossus galganoi ou Salamandra salmandra que ao non precisar grandes masas de auga e
ser especies máis xeralistas soen atoparse na periferia das Brañas de Sada e non na zona
interna. ao contrario, especies intimamente ligadas a grandes masas de auga como Triturus
marmoratus ou que teñen como hábitat preferencial as fragas de ribeira como Rana iberica, fan
que ambas especies aparezan na zona interior das Brañas de Sada. De acordo con isto, a
probabilidade de aparición destas especies é baixa en parcelas pequenas e aumenta segundo
medra o tamaño do hábitat, existindo un punto de tamaño de hábitat por debaixo do cal as
especies de interior non poden vivir. O tamaño dun fragmento de bosque, por exemplo, pode ser
58
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
tan reducido que os bordos se fusionen co interior, de forma que este fragmento, a tódolos
efectos, non é senón bordo.
Supoñendo que a profundidade do bordo se mantén constante, a razón entre a porción do bordo e
do interior diminúe conforme o tamaño do hábitat aumenta. Cando o tamaño do fragmento é o
suficientemente grande para manter unhas condicións de sombra e de humidade, comeza a
desenvolverse un espazo de interior. Esta relación de tamaño para o bordo mantense para
fragmentos de hábitats circulares ou cadrados. As illas boscosas estreitas e alongadas, na que a
anchura non excede a profundidade do bordo, son por enteiro comunidades de bordo, aínda
cando a súa área pode ser a mesma que a dos fragmentos circulares ou cadrados (Smith & Smith,
2007).
Referencias bibliográficas
Smith, T.M. & Smith, R. L. (2007). Ecología. Pearson, Addison Wesley (6ª edición), Madrid. 682pp.
59
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
9.- VALORES CULTURAIS: AS TELLEIRASSe as características naturais das Brañas como humidal constitúen en si mesmas un valor a
preservar, a súa dimensión etnográfica e histórica non é menos interesante e menos susceptible
de ser conservada e potenciada de cara a un mellor coñecemento da mesma e a un maior
aproveitamento social.
F. Vaamonde Lores, a finais do século XIX, facía mención a "una tradición que refiere que en las
Brañas se encontraron enterradas vigas clavadas de punta y ligeramente quemadas", o que
vinculaba á posible existencia dun poboamento lacustre de "época antiquísima"1. Mais o elemento
que hoxe lle confire ao humidal un notable interese histórico é outro. Na súa superficie e nos seus
contornos existen numerosos vestixios dunha actividade industrial, como é a da fabricación de
tellas e ladrillos, que está intrinsecamente ligada ás Brañas. De feito, as propias lagoas naceron
como consecuencia da extracción de barro para as telleiras.
O aproveitamento das Brañas con fins industriais semella que ten as súas orixes nas postrimerías
do século XIX, cando se documentan as primeiras explotacións das barreiras por parte do telleiro
de Dorneda Ignacio Temprano. Nas décadas seguintes, e ata ben avanzada a segunda metade do
século XX, esta actividade habíase transformar nun sector importante no desenvolvemento
económico de Sada. Xa no 1935, o xornalista Xohán Antón Suárez Picallo, logo de comentar a
importancia das fábricas de conservas na industria local, indicaba:
Sigue en importancia la industria de teja y ladrillo. Hay seis tejeras funcionando en cada
una de las cuales trabajan por término medio en la temporada estival de 20 a 25 obreros de
ambos sexos, sumando en total unos 150. Esta industria, en vías de normalización y bastante
rutinaria por el momento, está llamada a ser, dentro de pocos años, la más importante de la
comarca.2
As telleiras compúñanse de varios elementos correspondentes a cada parte do proceso produtivo.
Tiñan cadanseu alboio a cuberto no que se daba forma ao barro para elaborárense as tellas e os
ladrillos, o forno ou fornos nos que se cocían e a zona de secado, na que se depositaban as
pezas. O barro era trasladado desde as barreiras -o lugar de extracción- nun carro de tracción
animal, polo que cumpría que as distancias fosen curtas, mais a posterior distribución dos
produtos adoitaba realizarse en vehículos de motor. Os avances tecnolóxicos, así nas
infraestruturas (coa transición dos fornos de botella aos de túnel e a incorporación dos sequeiros
para o secado das pezas) como na maquinaria, irían dando lugar ao perfeccionamento dos
produtos e á mecanización dos métodos de traballo.
1 Vaamonde Lores, F.: “Notas históricas: la villa de Sada”, Revista Gallega, A Coruña, 03/07/1898.2 Suárez Picallo, X. A.: "Vida industrial, comercial y cívica de la villa de Sada", El Pueblo Gallego,
15/08/1935.
60
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
En total, no termo municipal chegarían a existir ata máis de quince telleiras, das que a maioría
estaban emprazadas nas Brañas, dada a proximidade da materia prima. Nas Brañas
concentrábanse as telleiras de Ignacio Temprano, Pepe Temprano, Gerardo Temprano, Brandariz
e Amelia Vázquez, José Mª Fajardo, Alicio Arias de Castro, Pancho Temprano, Ángel Vázquez
Varela, Angelito do Coxo, Pepe do Coxo e Tito Babío. Outros lugares que acolleron o
establecemento de telleiras dentro do concello son a área de brañas de Seixeda-O Tarabelo, A
Lamela, en Carnoedo, e a carón da rampla do Cargadoiro, en Sada, onde estaba situada a de
Pancho de Cheche.
61
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ilustración 2 - Interior dun forno de botella
lleira de Ángel Vázquez, coa cheminea do forno ao fondo, unha parte a cuberto para a fabricación e almacenado das pezas e, en primeiro termo, unha área destinada ao secado das mesmas (fotografía cedida por José Luis Vázquez Freire)
62
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ilustración 3 - Fornos de botella aínda en pé na telleira de Alicio Arias de Castro
Ilustración 4 - Vista aérea das telleiras de Alicio Arias de Castro e Pancho Temprano no 1956 (Arquivo do Reino de Galicia)
Ilustración 5 - Vista aérea das telleiras de Angelito do Coxo e José Mª Fajardo no 1956 (Arquivo do Reino de Galicia).
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
63
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ilustración 7 - Vista aérea da telleira de Pepe Temprano no 1956 (Arquivo do Reino de Galicia)
Ilustración 6 - Vista aérea das telleiras de Gerardo Temprano, Ignacio Temprano e Brandariz no 1956 (Arquivo do Reino de Galicia)
64
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ilustración 8 - Vista aérea das Brañas no 1956-1957, na que se poden apreciar as telleiras existentes nese momento e a peculiar conformación das barreiras (Arquivo do Reino de Galicia)
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
65
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Ilustración 9 - Vista aérea das Brañas no ano 1990, na que se observa como a maior parte das telleiras foron cubertas pola vexetación (SGHN)
De todos eses inmobles, dos diferentes elementos que conformaban cada fábrica, existen restos
abundantes en toda a área. Na súa maioría, o estado de conservación é bastante deficiente, e
varias das telleiras, nomeadamente as emprazadas en zonas hoxe urbanizadas, desapareceron
por completo. Non obstante, algunha delas si que conserva bastante ben a súa estrutura, caso da
de Ignacio Temprano, e unha, propiedade da familia Brandariz, está practicamente intacta, co
deterioro lóxico do paso dos anos e do estado de abandono.
Hai tempo que se ven incidindo, desde os campos da historia, da etnografía e da arqueoloxía, na
importancia da preservación e do estudo do patrimonio industrial, é dicir, dos vestixios, así
inmobles como mobles, da actividade das industrias no pasado, e máis cando esa actividade
garda unha relación tan estreita co seu territorio como neste caso. A Lei 8/1995 do Patrimonio
Cultural de Galicia, no artigo 66, "Bens inmobles de carácter industrial", recolle a seguinte
afirmación:
A todos os bens de carácter etnográfico que constitúan restos físicos do pasado tecnolóxico,
produtivo e industrial galego que sexan susceptibles de ser estudados con metodoloxía
arqueolóxica seralles de aplicación o disposto nesta lei para o patrimonio arqueolóxico.3
Á súa vez, o International Commitee for the Conservation of the Industrial Heritage, define o
patrimonio industrial nos seguintes termos:
O patrimonio industrial componse dos restos da cultura industrial que posúen un valor
histórico, tecnolóxico, social, arquitectónico ou científico. Estes restos consisten en edificios
e maquinaria, talleres, muíños e fábricas, minas e sitios para procesar e refinar, almacéns e
depósitos, lugares onde se xera, transmítese y emprégase a enerxía, medios de transporte
e toda a súa infraestrutura […].4
Ao mesmo tempo, avoga pola súa conservación "como parte do patrimonio cultural en xeral", así
como polo seu estudo e catalogación. Pola súa parte, o recentemente elaborado Plan Nacional de
Patrimonio Industrial do Goberno de España realiza especial fincapé na relación dos vestixios
inmobles da actividade industrial co seu entorno, especialmente naqueles casos nos que esa
actividade ocasionou a modificación do seu espazo, dando lugar a unha paisaxe determinada5.
É obvio que as telleiras das Brañas se enmarcan dentro do que a lexislación e diferentes
organismos entenden como patrimonio industrial, e ademais, atendendo aos ditados destas
institucións, é tamén evidente que teñen un alto valor cultural, así polo seu estado de
conservación nalgún caso como pola pervivencia dunha paisaxe que foi orixinada pola propia 3 DOG, 08/11/1995.4 The Nizhny Tagil Charter for the Industrial Heritage, xullo de 2003, en http://www.ticcih.org.5 Plan Nacional de Patrimonio Industrial, Ministerio de Cultura, marzo de 2011, en http://www.mcu.es/
patrimonio/MC/IPHE/PlanesNac/PlanIndustrial/PatrimonioIndustrial.html.Hoxe está en proceso de elaboración un Plan Nacional de Paisajes Culturales que, entre as súas
liñas, valorará as paisaxes culturais de tipo industrial, produto da acción humana (http://www.mcu.es/patrimonio/MC/IPHE/PlanesNac/PlanPaisajesCulturales/PaisajesCult.html).
66
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
industria da tella e do ladrillo. Non se entenden as Brañas sen as telleiras, e tampouco se pode
concibir esta actividade económica concentrada se non fora polo depósito de materia prima en
torno ao que se desenvolveu.
Cómpre, xa que logo, desenvolver accións encamiñadas á súa protección e, na medida do
posible, á recuperación dos elementos máis salientables co fin de que a sociedade poida ter un
coñecemento directo dunha industria crucial para a Sada do século XX como foi a da tella e o
ladrillo. Para iso, e aproveitando que existe unha telleira en bo estado de conservación, nada
mellor que a creación dun Museo das Telleiras in situ, coa restauración da infraestrutura, da
maquinaria e o instrumental e a dotación de paneis informativos e materiais didácticos que
expliquen as súas funcións e as interaccións da industria co seu contorno, así humano como
natural. Experiencias similares se teñen levado a cabo con éxito noutros concellos, así dentro
como fóra de Galicia, e temos un bo exemplo no Museo Etnográfico de As Brañas de Valga
(Mesía). A potencialidade museística das telleiras das Brañas de Sada, emprazadas nun núcleo
urbano pero formando parte dunha paisaxe e dun contorno de importantes valores
medioambientais, ofrece, desde logo, grandes perspectivas de éxito, de se levar a cabo unha
actuación neste sentido. Ao mesmo tempo, calquera avance na destrución dos vestixios industriais
e da paisaxe ligada a eles suporía unha perda irreparable para o patrimonio cultural dos
sadenses.
67
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
10.- PROPOSTAS DE ACTUACIÓN
Nas anteriores páxinas fíxose unha exposición dos bens e valores naturais, paisaxísticos e
culturais das Brañas de Sada, que levarían á conclusión da necesidade de realizar actuacións
para a conservación e protección deste espazo natural.
As Brañas de Sada son un espazo natural que se corresponde coa definición de humidal tanto a
nivel científico como a nivel da lexislación autonómica e estatal, así como a nivel da lexislación
europea e internacional.
O marco legal que se pode utilizar para salvagardar este espazo é a declaración dunha figura de
protección eficaz dentro da lexislación galega. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación
da natureza é o marco legal que ampara a protección dos espazos naturais galegos. A figura de
protección que mellor se adapta ás características das Brañas é o de humidal protexido, que
aparece definido no artigo 14 da citada lei.
Posteriormente, o Decreto 127/2008, do 5 de Xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos
humidais protexidos e se crea o Inventario de Humidais de Galicia, establece no seu capítulo II,
artigo 6º como o primeiro paso para a declaración de humidal protexido a súa incorporación ao
Inventario de Humidais de Galicia, onde está identificado baixo o código o código 1110036, cunha
superficie de 45,60 ha e localizado mediante as seguintes coordenadas xeográficas UTM
29TNH600999.
O mesmo Decreto no seu Capítulo II, artigo 5º determina os criterios caracterizadores dun humidal
protexido, establecendo que un humidal poderá ser declarado protexido cando cumpra algún dos criterios que recolle o citado artigo, mentres as Brañas de Sada cumpren en gran parte tódolos
criterios establecidos.
Así, de forma esquemática, pódense resaltar algúns criterios que se cumpren do Decreto:
Criterio A: As Brañas de Sada constitúen unha paisaxe singular, sendo representativas de
Fragas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion
albae), sendo un hábitat prioritario da Directiva Hábitats 92/43/CEE. A súa paisaxe está
dominada por vexetación arbórea representativa das fragas de ribeira constituíndo un contorno
pantanoso, similar ás fragas das colas pantanosas do encoro de Cecebre, atopándose este
ambiente moi pouco representado en Galicia e no conxunto da Península Ibérica.
Ademais, este tipo de hábitat representa un medio ecotonal no que converxen especies de
diferentes ecosistemas, dende ecosistemas acuáticos a terrestres, sendo unha zona de
transición que pode funcionar a modo de corredor ecolóxico entre diferentes ecosistemas e
lugares comunicados a través das canles fluviais. Entre os elementos florísticos e faunísticos
destacan especies recollidas no Catálogo de especies ameazadas de Galicia, correspondéndose
cun endemismo do noroeste ibérico (Rana iberica) e unha especie relicta das fragas do Terciario
(Woodwardia radicans).
68
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
Segundo este apartado, As Brañas de Sada poden ter esta consideración, xa que se inclúen
aqueles espazos (incluídas as augas continentais e os espazos marítimos) que conteñan
elementos e sistemas naturais de especial interese ou valores naturais sobresalientes, ben
sexan froito da acción e evolución da natureza, ben sexan derivados da actividade humana, así
como cando alberguen hábitats ou especies que aparezan recollidas nos listados oficiais de
rango internacional, nacional ou da Comunidade Autónoma de Galicia, así como outras especies
que posúan unha gran singularidade no mantemento da biodiversidade dos humidais de Galicia.
Criterio B: As Brañas de Sada revisten importancia para o mantemento de funcións ecolóxicas,
en especial desempeñan unha función hidrolóxica apreciable no funcionamento natural da conca
hidrolóxica de Sada. Os ríos das concas costeiras pola proximidade ao mar son de percorrido
curto presentando unha maior torrencialidade, efecto que minimizan As Brañas de Sada ao poder
absorber os excesos de auga durante as enchentes sen que existan prexuízos para o casco
urbano de Sada e os seus arredores.
Por outra banda, As Brañas de Sada exercen unha función depurativa ao recoller contaminación
fecal e orgánica de orixe difuso a través dos ríos Vao e Fontoira, exercendo un efecto depurativo
a modo de filtro verde que mellora a calidade da auga antes de desembocar na praia de Sada. A
praia de Sada intimamente relacionada coa orixe xeolóxica das Brañas de Sada e a propia vila,
está considerada un dos principais recursos naturais e turísticos do casco urbano de Sada, de
maneira que o efecto das Brañas ao mellorar a calidade da auga da praia posibilita o uso e gozo
da mesma permitindo a preservación deste recurso e dos intereses económicos que produce.
Criterio C: As Brañas de Sada, como xa se indicou no apartado A, constitúen un dos mellores
exemplos representativos das fragas de ribeira, aínda que coa peculiaridade de configurar un
ambiente pantanoso nunha extensión considerable, posto que as fragas de ribeira soen
dispoñerse en galería nas zonas adxacentes ós cursos de auga. Esta formación pantanosa
atópase pouco representada tanto en Galicia como na Península Ibérica, establecéndose como
unha tipoloxía singular. Os humidais e as fragas de ribeira constitúen un tipo de bioma azonal, é
dicir, non representan unha unidade bioxeográfica particular senón que a súa presenza está
fortemente influída polas condicións rexionais dun contorno determinado (sen estar influído polo
clima ou a altitude), sen seguir por tanto unha distribución continua atópase repartido en distintos
puntos de diferentes áreas bioxeográficas.
Criterio D: As poboacións de especies vexetais ou animais que sustentan As Brañas de Sada,
dado o seu carácter ecotonal ou de transición, abranguen dende especies de ecosistemas
69
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
acuáticos ata terrestres. Ademais, o carácter permanente das lagoas das Brañas de Sada
permite manter as poboacións das especies plenamente acuáticas durante todo o ano. Por outra
banda, As Brañas constitúen un refuxio de poboacións salvaxes, pero existe un fluxo a través de
corredores e canles fluviais que posibilita o paso de individuos dende zonas adxacentes. Este
fluxo de especies salvaxes é un dos síntomas de saúde das Brañas, e diminúe as probabilidades
de extinción das poboacións existentes nas Brañas mantendo a biodiversidade que albergan ou
incrementándoa.
Ademais, habitan este contorno especies cualificadas como vulnerables no Catálogo de especies
ameazadas de Galicia que manteñen poboacións estables ou incluso en crecemento (Apartado
A). Por último, tamén contribúe á biodiversidade a chegada a Galicia de aves invernantes para
as que As Brañas de Sada constitúen un refuxio.
Criterio E: A meirande parte das especies presentes nas Brañas de Sada correspóndense con
especies ligadas a zonas húmidas, ofrecéndolles refuxio nos períodos nos que prevalecen
condicións adversas, dado o carácter permanente das lagoas e a hidromorfía do terreo
persistente durante todo o ano. Ademais, permiten o asentamento de poboacións de aves
invernantes que se asentan nas Brañas durante a época desfavorable.
As poboacións de anfibios, intimamente vencelladas a ambientes húmidos e humidais, son moi
representativas das Brañas existindo especies que precisan dende escasas acumulacións de
auga ata grandes masas de auga. As Brañas de Sada sosteñen unha poboación de Rana iberica,
a cal constitúe un endemismo do noroeste ibérico e se encontra no Catálogo de especies
ameazadas de Galicia.
Por último, a poboación en crecemento de Woodwardia radicans evidencia tamén que nas
Brañas se permite o desenvolvemento incluso das especies de fentos relictas, as cales precisan
para completar o seu ciclo vital dunha serie de condicións ambientais concretas.
Criterio F: As Brañas de Sada sustentan de forma regular unha poboación de aves acuáticas
invernantes, na súa maior parte anátidas, como o Anas crecca e Anas clypeata, aínda que debido
á falta de datos cuantitativos é imposible dar unha cifra aproximada do número de individuos das
poboacións de aves invernantes existentes nas Brañas de Sada na actualidade.
Criterio G : Se as características naturais das Brañas como humidal constitúen en si mesmas un
valor a preservar, a súa dimensión etnográfica e histórica non é menos interesante e menos
susceptible de ser conservada e potenciada de cara a un mellor coñecemento da mesma e a un
maior aproveitamento social.
Non se deben seguir extraendo superficie do actual e vixente Plan de Protección das Brañas
de Sada, aprobado no BOP Nº 169 do 26/7/94. Este plan foi realizado como requisito para
urbanizar as fases I e II do Plan Parcial de As Brañas e contén datos inexactos e incompletos,
entre outros, non contempla os valores culturais asociados ás Brañas. Este documento non é útil
a efectos de protección dos valores naturais e ten en conta unha superficie menor cá inventariada
70
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
oficialmente. Así, débese planificar unha estratexia a curto ou medio prazo para a declaración
como humidal protexido, contemplando neste proceso outras figuras e marcos legais que
protexan a zona de xeito efectivo. Un paso intermedio sería a declaración de espazo natural de
interese local (artigo 17 da Lei 9/2001).
Os restos da actividade das telleiras son parte do patrimonio cultural, como recolle a lei de
Patrimonio Cultural de Galicia, entrando no concepto establecido pola citada lei, como a nivel
internacional a través do International Commitee for the Conservation of the Industrial Heritage o
contempla como patrimonio industrial.
Xa indicamos anteriormente a posibilidade de recuperar ou rehabilitar os restos que se conservan
e adicalos a un posible “Museo das Telleiras”, sería outro importante paso para pór en valor este
singular enclave, que sen dúbida sería tan atrainte ou máis que o paseo marítimo ou as praias do
concello.
Dada a orientación turística e de ocio da vila de Sada, contar cunha "Aula da natureza" e un
museo sobre o labor das telleiras preto do casco urbano será un atractivo moi importante para a
xente que se achegue a Sada, polo tanto contar cun centro de interpretación do humidal atendido
correctamente por persoal especializado e un observatorio de aves estratexicamente situado, son
dúas das actuacións que van asociadas ás intervencións que se leven a cabo na zona como
humidal protexido.
De todos xeitos, calquera actuación debe estar suxeita a un estudo previo, realizado por unha
empresa especializada, que actualice ou afonde nos coñecementos sobre flora e fauna e
deslinde as áreas susceptibles de ser visitadas das que deben ser restrinxidas, se é o caso.
Nas zonas visitables parece indicado instalar algún observatorio de fauna e pódese pensar na
posibilidade de deseñar un carreiro perimétrico que serva como área de lecer ou para a práctica
deportiva non motorizada da poboación en xeral, aínda que isto debe ser obxecto dun estudo
rigoroso que estabeleza a súa pertinencia ou, en todo caso, para minimizar o impacto sobre os
hábitats das Brañas.
Neste proceso de actuacións cara á protección tamén é necesario elaborar un Plan de Xestión
cuns obxectivos concretos a cubrir a medio prazo.
71
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
A modo de resumo, as actuacións futuras deberían estar guiadas polo seguinte esquema:
72
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
11.- RESUMO FINAL - O paraxe de As Brañas é un Humidal catalogado no Inventario de Humidais de Galicia.
- Os humidais son o único hábitat protexido (Hábitat de Interés Prioritario) a nivel internacional, a través do denominado Convenio Ramsar.
- Na actualidade está vixente o Plan de Protección das Brañas de Sada, aprobado no BOP Nº 169 do 26/7/94, claramente insuficiente para a protección e conservación dos valores naturais e culturais das Brañas.
- En novembro de 2003 houbo un acordo do Pleno da Corporación municipal (logo do troco de goberno nas eleccións municipais), para iniciar o proceso de declaración das Brañas como Humidal Protexido. Coa moción de censura posterior, adiouse a cuestión ate o día de hoxe.
- Os humidais caracterízanse por ser espazos dunha grande biodiversidade (funcionan como auténticos viveiros naturais).
- As Brañas realizan un importante labor de depuración das augas polo que representan un activo fundamental para non incrementar os contaminantes na praia e na ría de Sada.
- Tamén realiza unha función de regulación no caso de enchentes (facendo as veces de esponxas), co que evitan inundacións no casco urbano. Temos os exemplos de sotos da urbanización que se fixo gañando terreo As Brañas que padecen problemas de inundacións e humidades.
- As Brañas abeiran especies protexidas de Interese Comunitario (Directiva 92/43/CEE), Estatal (Real Decreto 439/1990) e Autonómico (Catálogo de especies ameazadas).
- A nivel botánico destaca o bosque aluvial de Ameneiro-Salgueiro-Freixo (Alnus-Salix-Fraxinus), que constitúe un Hábitat Prioritario de Interés Comunitario (91 E0) e a vexetación lacustre propia destes contornos: Espadanal (Typha latifolia), Lirio amarelo (Iris pseudacorus), Nenúfar (Nymphaea alba), Espiga de auga (Potamogeton polygonifolius) entre outras.
- Destaca a única cita galega dunha especie de lentella de auga (Spirodela polyrhiza) por ampliación dos límites de distribución e a presenza dun fieito que está dentro do Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Woodwardia radicans).
- Faunisticamente é de destacar a variedade de anfibios (todos constan como especies protexidas): Ra verde (Pelophyrax perezi), Ra patilonga (Rana iberica), Píntega común (Salamandra salamandra), Pintafontes común (Triturus boscai), entre outros. Rana iberica atópase no Catalogo Galego de Especies Ameazadas.
- Nos mamíferos destaca a lontra (Lutra lutra) e nas aves, especialmente as vencelladas ao medio acuático: Garza real (Ardea cinerea), Cerceta real (Anas crecca), Galiñola negra
73
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
(Fulica atra), Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis), Bilurico alinegro (Tringa ochropus), Picapeixe (Alcedo athis), Lavanco real (Anas platyrhynchos) e Galiña de río (Gallinula chloropus).
- Outras aves interesantes que se poden observar son o Azor (Accipiter gentilis) e o Falcón peregrino (Falco peregrinus) e máis de outras 30 especies comúns.
- Corredor ecolóxico moi importante xunto coa zona de Tarabelo-Bertín, que comunica distintos hábitats e serve de refuxio a moitas especies nunha comarca tan urbanizada. De feito figura como corredor ecolóxico no Plan de Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia (2010).
- É urxente preservar, antes da súa destrución, os fornos de botella existentes.
- Museo das Telleiras: no caso das Brañas de Sada, alén da súa importancia natural, é de destacar o seu vencellamento no desenvolvemento económico da cidade, atraveso da industria das telleiras. Estas deron lugar ao humidal tal e como o hoxe o coñecemos, polo que tamén son un referente en canto á memoria histórica local. A arqueoloxía industrial tanto a gran escala coma pequena é un atractivo turístico engadido.
- Turismo: a localización urbana das Brañas é a súa grande ameaza (urbanización, vertedoiros de entullos e lixo, etc.), mais tamén un dos seus grandes valores, pois doadamente se pode converter nun referente a nivel turístico (ecoturismo/turismo verde), en aula de natureza a pé de rúa ou en espazo para o lecer da cidadanía, sempre tendo en conta a cuestión prioritaria: a conservación, no mellor estado natural, do hábitat singular que é, e a preservación das especies que o habitan.
- Asociar o nome de Sada a un espazo protexido é unha promoción gratuíta en moitos foros, e diversificaría o tipo de visitantes da vila, ademais de desestacionalizar, aumentar e darlle maior calidade á oferta cultural e de ocio.
74
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N º AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
Sociedade Galega de Historia Natural Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de As MariñasApartado de Correos nº 81; 15160 SADA (A Coruña)
Tfno. móbil 686 143 143http://www.sghn.org e-mail: asmarinhas@sghn.org
11.- AGRADECEMENTOS
Dr. Pablo Ramil RegoProfesor de Botánica. Departamento de Botánica. Universidade de Santiago de Compostela. Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).
Carmen Cillero CastroGrupo de investigación -1934 TBLaboratorio de Botánica e BioxeografíaIBADER (Lugo).
Dra. Regina Carballal DuránProfesora de Botánica. Departamento de Botánica. Universidade de Santiago de Compostela.
Dr. Manel Leira CamposInvestigador independente en Limnoloxía.
Dra. Ángela Alonso MillánProfesora de Xeoloxía. Departamento de Ciencias da Terra e da Navegación. Universidade da Coruña.
Dra. Elvira Sahuquillo BalbuenaProfesora de Botánica. Departamento de Bioloxía Animal, Vexetal e Ecoloxía.Universidade da Coruña.
75