Post on 22-Jun-2015
AULA HOSPITALARIA
HOSPITAL XERAL-CALDE
DE LUGO
Onde estamos?
• A aula no Hospital Xeral-Calde de Lugo, atópase no pabellón do Materno Infantil, máis concretamente na 1ª Planta.
http://www.xeral-calde.org/
Xornada de portas abertas
• É importante que os nenos manteñan unha boa relación co seu mundo exterior, aínda estando hospitalizados. Por iso, e co fin de achegar e mostrar a Escola do Hospital a nenos de diferentes escolas se fixo a Xornada de portas abertas.
10/1986
Revista “Xanela Aberta”
Premer aquí para ver a Revista "Xanela Aberta"
• No Hospital editouse unha revista, na que tamén apareceu reseñada a Aula Hospitalaria.
• Neste número que mostramos, aparecía un artigo “Á escola e con Pixama”, escrito pola nosa relacións públicas e unha gran colaboradora da escola, á que estrañamos moito.
10/1995
Carnaval• Como é habitual, ó
chegar os Carnavais, os nenos hospitalizados tamén se disfrazan.
03/2003
Carnaval03/2003
Carnaval03/2003
Postais de San Froilán
• Coincidindo a hospitalización de dúas nenas o día de San Froilán, quixéronnos obsequiar con esta simpática postal.
05/10/2005
Contos do Museo
• Así viron os nenos os contos que relataron os autores, Xosé Miranda e Xabier Docampo, ilustrados por Noemi.
08/02/2006
Actuación dos alumnos da Escola de Teatro de Galicia
• Os alumnos da Escola de Teatro Eijo Garay de Lugo, actuaron para os nenos.
07/08/2007
Iniciativa “Correos reparte sonrisas ós nenos”
• Iniciativa de Correos para poñer en contacto ós nenos das escolas cos nenos hospitalizados.
09/2007
Concerto do Conservatorio de Lugo
• Os alumnos do Conservatorio Profesional de Lugo amenizaron estas datas de Nadal cunha serie de cancións, acompañados do violín e da voz.
22/12/2007
Día de Reis co Azkar…
• O día de Reis, os xogadores e o equipo técnico do Azkar Lugo FS visitaron ós nenos, desexándolles unha pronta recuperación, e obsequiándoos cuns detalles.
05/01/2009
… co Breogan…
• O día de Reis, xogadores do C.B. Breogán acompañaron ós nenos hospitalizados, que durante un intre se esqueceron da súa doenza.
05/01/2009
… e cos Paiasos sen Fronteiras
• As marionetas e os paiasos espertaron multitude de sorrisos entre os pequenos ingresados.
05/01/2009
Recibindo ós Reis Magos1984 –
2008
Premer aquí para ver ós Reis Magos
• Xa é habitual a parada que os Reis Magos fan no seu camiño, deténdose por uns intres no Hospital Xeral-Calde de Lugo, obsequiando primeiro ós fillos dos traballadores, e visitando despois o complexo hospitalario.
Conta-contos con Migallas
• Da man da ONG “Solidariedade Internacional”, chegaron a nós os conta-contos Migallas, que lles narraron ós nenos o conto “O home que se transformou en Sol”, parte dun conto titulado “Contos do Mundo”.
Premer aquí para ver o conto
30/04/2006
Malabares: ¿O Circo no Hospital?
• Aproveitando a súa visita á cidade, tivemos a ocasión de desfrutar, por uns intres, dun Circo no Hospital… Traían malabares, maxia, e moitas risas…
Premer aquí para ver os Malabares
12/2008
Concurso de Pintura e Narrativa
Premer aquí para ver os gañadores do Concurso
• Con motivo da iniciativa do Servizo de Pediatría, celebrouse este ano o 1º concurso titulado “Ler e Pintar”, do que se esperan moitas máis edicións.
01/06/2009
Un día de Maxia
• Neste día os nenos hospitalizados recibiron a visita duns magos que os deleitaron cunha morea de trucos de maxia.
14/02/2009
Un día de Títeres
• Neste caso, os nenos disfrutaron da actuación dos títeres da man do grupo de pais dos alumnos do Colexio Salesianos de Lugo.
19/12/2008
Inauguración do Programa Abred
• O Concello de Lugo patrocionou, xunto con outros organismos, o Programa Abred, co fin de servir como enlace entre o Hospital e a Escola de orixe. Protagonizado pola Pizarra Dixital.
10/05/2007
Premer aquí para ver o catálogo do programa
Actividade de Medioambiente con “La
Caixa”
• Desta vez recibimos a visita de dúas biólogas mariñas, Anna e Laia, que lles explicaron ós nenos, entre outras cousas, a necesidade de coidar do noso Planeta, e o xeito de facelo, así como curiosidades sobre “a vida nun barco, o Vell Mari”.
08/10/2009
Premer aquí para ver a Actividade de Medioambiente
E máis cousas… Manualidades
• Moitos foron os nenos ingresados ó longo do tempo, e que dunha maneira ou doutra quixeron deixar a súa pegada… Xa fora con manualidades…
1985 - 2009
Premer aquí para ver as manualidades
E máis cousas… Traballos dos nenos
• … ou con traballos.
1985 - 2009
Premer aquí para ver os traballos
AULA HOSPITALARIA
HOSPITAL XERAL-CALDE
DE LUGO
FIN