Post on 10-Aug-2021
Concello de Cerdedo– Cotobade
Concello de Cerdedo– Cotobade
BASES DO CONCURSO DE
DISFRACES
EN
TR
OID
O 2
02
0
DOMINGO DE ENTROIDO 23 DE FEBREIRO
DOMINGO DE PIÑATA 08 DE MARZO
CONCURSO DE DISFRACES
OBXECTO: O Concello de Cerdedo- Cotobade ven a convocar un “ Concurso de disfraces: ENTROIDO 2020” para fomentar a creación artísti-
ca; así como, potenciar a participación nas festas do Entroido 2020.
Este concurso estará aberto e poderán participar tódalas persoas interesadas sen límite de idade, segundo as categorías establecidas.
TRABALLO: Poderán participar todas as persoas que asistan aos Bailes de disfraces , que se celebrará no Pavillón de Deportes de Cerdedo o
día 23 de febreiro e o Pavillón de Carballedo, o día 08 de marzo.
O disfraz é de temática libre, e so poderán participar nunha das categorías establecidas.
Os criterios de valoración serán:
Deseño do traxe
Tipo de confección
Imaxinación
E fundamentalmente a soltura coa que desfilen o día do concurso, a graza coa que os participantes introdúzanse no desfile e no personaxe que
represente o seu disfraz.
Os participantes deberán cubrir un formulario cos datos persoais, onde aparecerá un lema e a categoría á que se presentan.
Unha vez rematado o concurso infantil, dará comezo o concurso de adultos e ao finalizar anunciaranse os gañadores de cada categoría
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Para o domingo 23 de marzo no Pavillón de Cerdedo e para o domingo 08 de marzo a partir das 16:00 na sede do Concello de Carballedo,
inscribiranse nunha lista habilitada ao efecto e antes das 17:00. Tras a inscrición deberán de facer un desfile o día 23 de febreiro desde o
Centro cultural ata o Pavillón de Cerdedo e o día 08 de marzo desde a Praza da Chan ata o Pavillón de Carballedo.
Os grupos terán que inscribirse con anterioridade obrigatoriamente, as outras categorías tamén poderán facelo se así o quixesen, por correo
electrónico ou por fax, pero deberán entregar o formulario orixinal o propio día.
A inscrición das categorías de infantil será desde ás 16:00h ata as 17:00h, comezando o concurso infantil
ás 17:15h, nesta categoría teñen que ser menores de 16 anos todos os participantes.
Para os adultos a inscrición será desde ás 16:00h ata as 18:00h. Os adultos estarán debidamente disfra-
zados no pavillón a partir das 17:00h
Para os grupos
A inscrición remata o día 22 de febreiro ás 12:00 para os desfiles de Cerdedo ou Cerdedo e Carballe-
do .Se so van a participar no desfile de Carballedo poden presentar a solicitude ata o 05 de marzo ás
14:00 horas
Xunto coa solicitude xuntarán un listado nominal dos participantes co número de DNI e enderezo.
En caso de choiva ou moi mal tempo, poderase suspender o desfile.
PREMIOS E FIXOS
Establecerase os seguintes premios por categorías e poderá ser declarado deserto polo xurado.
INFANTIL
50,00 € individual
75,00 € parella
ADULTOS
75,00 € individual
100,00 € parella
FIXOS
Grupos do Concello
De 10 ata 15 participantes 125 ,00 € por un desfile 150,00 polos dous desfiles
De 16 ata 25 participantes 175,00 por un desfile e 200,00 polos dous desfiles
De mais de 26 participantes 225,00 por un desfile e 300,00 polos dous desfiles .
No acto entregarase un diploma de consecución do premio e o pago efectuarase a través de transferen-
cia bancaria.