Post on 24-Dec-2015
description
SEMINARIO DE E.F.
OS DEPORTES COLECTIVOS: O FÚTBOL - SALA
O fútbol-sala é un deporte colectivo de balón que ten a súa orixen en Sudamérica, a principios do século pasado. A selección de fútbol de Urugay era dobre Campiona do Mundo de fútbol, a paixón era tal que non había campos libres para xogar e un profesor de E.F. empezou a xogar no ximnasio pintando as porterías nas paredes.
1. O CAMPO.
Ten as mesmas dimesións co campo de balonmán que xa coñeces do curso pasado. Como liñas máis destacamos temos:
- o punto de penalty: na liña de 6 metros ou área.- os puntos de dobre penalty: os tres puntos situados a 10 metros da portería.
2. OS XOGADORES:
No fútbol – sala xogan 5 xogadores: un porteiro e 4 de campo. As posicións son:
- Porteiro: é o único que pode xogar o balón coas mans e brazos (dentro da área). Destaca pola súa flexibilidade e velocidade xestual e de reacción.
- Cierre: é o xogador máis retrasado do equipo. Dirixe o xogo de ataque e ten boas cualidades defensivas e tácticas.
- Alas (dereita e esquerda): xogan polas bandas, fan un gran despliegue físico pois están subindo e baixando continuamente. Bo lanzamento a portería .
- Punta ou pivote: é o xogador máis adiantado, o goleador do equipo. Destaca pola súa habilidade co balón.
3. REGRAMENTO BÁSICO:- Duración: 2 tempos de 20’ cada un.- Faltas directas: agarrar, zancadillear, empurrar, xogar o balón coa man….As
faltas directas o atacante pode lanzar directamente a portería. - Faltas indirectas: o porteiro toca a balón coa man cando lla pasa un compañeiro
voluntariamente con pé ou coa man nun saque de banda. Xogar de forma perigosa (levantar o pé excesivamente), pedir o balón enganando a un contrario… As faltas indirectos o xogador ten que pasar o balón , non pode tirar directamente a portería.
- Penalty: unha falta directa cometida dentro de área é sancionada con lanzamento de penalty.
- Dobre penalty: cando un equipo acumula 6 ou máis faltas directas. O equipo atacante lanza desde os puntos de dobre penalty, directamente sobre o porteiro.
4. ACCIÓNS TÉCNICAS:
CONDUCCIÓN. DRIBLING TIRO A PORTERIA
PASE INTERIOR CONTROL
5. O FÚTBOL-SALA EN OURENSE.
Actualmente o fútbol-sala ten unha gran repercusión a nivel feminino na nosa cidade. Dous equipos participan na máxima categoría a nivel nacional, e xogadoras como Iria Saeta, Vanesa Sotelo (candidata a mellor xogadora do Mundo) e Marta Rodriguez (antiga alumna do Colexio) forman parte da Selección Nacional.