Post on 19-Apr-2020
1
Cultura e Literatura
catalás 1
Maria Mercè López Casas
GUÍA DOCENTE E MATERIAL
DIDÁCTICO
2019/2020
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
2
ÍNDICE
I. Datos descritivos da materia
II. Sentido da materia no perfil dos graos
III. Obxectivos e competencias a desenvolver
IV. Contidos
V. Bibliografía e recursos didácticos
VI. Indicacións metodolóxicas e distribución da carga en créditos ECTS
VII. Sistema de avaliación
VIII. Outras informacións de utilidade
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
ÁREA DE FILOLOXÍA CATALÁ
AUTORAS: Dolors Perarnau Vidal e M. Mercè López Casas
Edición electrónica. 2019
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou
parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación,
fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito das autoras.
3
I. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
Denominación: Cultura e Literatura catalás 1 – código G5041802
Descrición: Introdución ao estudo da historia da lingua, cultura e literatura catalás a
través dos períodos, movementos, autores e obras fundamentais.
A materia diríxese a todo/a estudante que estea interesado nos principais aspectos
desta cultura e civilización milenaria e queira familiarizarse e afondar neles de cara
aos seus intereses e campos de estudo persoais.
Tipo: Optativa para todos os títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. Integrada no
Módulo Optativo “Catalán. Lingua, cultura e literatura”
Grao: Linguas e Literaturas Modernas
Curso: 4º, 1º cuadrimestre
Número de créditos: 6 ECTS
Prerrequisitos: É conveniente ter cursado (ou estar a cursar) polo menos algunha
materia de lingua catalá ou posuír coñecementos do idioma para poder seguir o curso
de maneira óptima.
Profesora: Maria Mercè López Casas
Departamento: Filoloxía Galega
Área: Filoloxía Catalá
Lingua docente: Catalán (coas matizacións precisas nas linguas galega ou castelá)
Horario: de 11 a 12 h, luns (aula B01) de 11 a 13 h, martes (aula D13-Seminario) Titorías: Profª Maria Mercè López Casas Despacho 240 Telf: 881 811 795
mamerce.lopez@usc.es
Os horarios de titorías fixaranse en función da dispoñibilidade dos/das estudantes e as necesidades docentes.
4
II. CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE ESTUDOS
O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12
créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12 créditos). Este consta de catro
materias, cada unha de 6 créditos, que deben comprenderse de maneira integrada,
por canto lingua e cultura forman un todo. Así mesmo, na docencia das catro materias
trabállanse e teñen presenza tanto os aspectos culturais coma os lingüísticos.
O módulo de Catalán, que pode ser cursado polos estudantes de todos os Graos da
Facultade de Filoloxía (Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e
Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas),
intégrase na Modalidade Mixta (módulo optativo de catalán + módulo
complementario).
Cursar o módulo de Catalán supón engadir unha nova lingua e unha nova cultura ás
xa estudadas nos Graos como Maior e Minor, seguindo os propósitos do Plan Boloña
de enriquecer a formación lingüística dos estudantes de Europa.
SENTIDO DA MATERIA: POR QUE ESTUDAR CULTURA E LITERATURA
CATALÁS?
Sumar unha lingua e unha cultura con facilidade
Tender unha ponte cara a aprendizaxe doutras linguas e literaturas románicas
Afondar noutra cultura hispánica, próxima a nós
Adentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea
Estudar nas universidades de dominio lingüístico catalán (SICUE: Barcelona,
Girona, Lleida, Mallorca, València...)
Dispoñer de axudas para ampliar o coñecemento da lingua e da cultura nos
territorios de fala catalá
Gozar do verán aprendendo e compartindo catalán na Mediterránea con
estudantes de todo o mundo
Obter as certificacións oficiais de Catalán na propia USC
Participar en programas de intercambio lingüístico e sociocultural nos que
participa a Área de Catalán
Acceder a cursos de formación de ámbito profesional no dominio lingüístico
catalán
Ampliar o abano de posibilidades na oferta laboral
5
A importancia dos estudos de catalán mídese na súa presenza nos plans de estudo
das máis prestixiosas universidades do mundo. Na actualidade o catalán estúdase en
151 universidades repartidas en 50 países de catro continentes; e cada ano amplíase
o número de alumnos e de centros de ensino superior que o ofrecen.
III. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS A DESENVOLVER
1. OBXECTIVOS
- Dotar o alumnado de nocións básicas sobre o nacemento do catalán como
lingua románica, os seus primeiros textos, a súa evolución no tempo e espazo.
- Adquirir unha visión xeral dos principais períodos da historia da cultura e
literatura catalás ata o século XVIII, desde unha perspectiva histórico-
comparativa.
- Coñecer o patrimonio cultural catalán a partir das obras máis relevantes.
- Fomentar a curiosidade intelectual e o gusto pola cultura e a literatura.
- Fomentar unha actitude intelectual aberta e de respecto ante a diferenza (ser
sensibles á diversidade de linguas e culturas).
- Fomentar unha actitude crítica cara aos factores políticos, económicos, sociais
e culturais da materia.
- Manter e reforzar (ou no seu defecto, adquirir) a competencia lingüística en
catalán.
- Dar a coñecer e formar o alumnado para que saiba utilizar a bibliografía de
consulta e os recursos varios da internet de maneira eficaz.
2. COMPETENCIAS
- Ler e comprender textos escritos en catalán sobre temas xerais e específicos
da materia, así como sobre aspectos da realidade sociocultural.
- Adquirir unha visión xeral e extensa da historia cultural catalá.
- Saber situar as expresións literarias (ou artísticas) catalás na súa época,
contexto sociocultural e movemento.
6
- Ler significativamente e analizar e comentar textos de historia, cultura, arte e
literatura catalás.
- Comprender as ideas principais e extraer información específica de textos tanto
orais como escritos, e de tipoloxía diversa.
- Analizar, interpretar e valorar textos de diferente xénero literario.
- Capacidade para realizar comentarios de texto e valoracións críticas.
- Comparación de textos: análises de semellanzas e diferenzas.
- Valorización da lectura e da literatura como forma de goce persoal e como
método para a adquisición de coñecementos propios e abertos.
- Entender o catalán oral e escrito.
IV. CONTIDOS
BLOQUE I. DOS ORIXES ATA O SÉCULO XIV
1.1. A literatura catalá medieval na Romania e Europa. Contexto histórico, social,
cultural e literario.
1.2. Sociedade feudal e expresión literaria. A lírica dos trobadores. Guillem de
Berguedà; Cerverí de Girona
1.3. A figura singular de Ramon Llull. Prosa historiográfica.
1.4. A literatura catalá no século XIV.
BLOQUE II. O SÉCULO XV: ÉPOCA DE ESPLENDOR DA LITERTURA
CATALÁ
2.1. A lírica culta. Ausiàs March.
2.2. A novela caballeresca: Curial e Güelfa e Tirant lo Blanc
BLOQUE III. A LITERATURA DA ÉPOCA MODERNA
3.1. O século XVI. Contexto histórico, social, cultural e literario. Humanismo e
Renacemento.
3.2. O século XVII. Contexto histórico, social, cultural e literario. O Barroco.
7
3.3. O século XVIII. Contexto histórico, social, cultural e literario. O caso de
Menorca. A Ilustración. O neoclasicismo.
3.4. A literatura popular. Concepto e caracterización. Textos.
V. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
ARCHER, Robert (ed.), Ausiàs March, Dictats. Obra completa, Madrid, Cátedra, 2017. BARGALLÓ VALLS, Josep, Manual de mètrica i versificació catalanes. Barcelona,
Empúries, 20072. BARGALLÓ VALLS, Josep, Literatura catalana del segle XVI al XVIII. Barcelona,
Teide, 1987. BISSON, Thomas N., Història de la Corona d'Aragó a l'Edat Mitjana. Barcelona,
Crítica, 1988. BOU, Enric (dir.), Nou diccionari 62 de la literatura catalana. Barcelona, Edicions 62, 2000. BROCH, Àlex (dir.), Diccionari de la literatura catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2008 BROCH, Àlex (dir.), Història de la literatura catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana - Barcino - Ajuntament de Barcelona, 2013-2017 (vols. I, II i III:Literatura medieval; vol. IV: Literatura moderna, Renaixement, Barroc i Il.lustració). CABRUJA, Lluís, CASANELLAS, Pere, MASSIP, M. Àngels, Història de la llengua catalana: síntesi, textos i exercicis. Barcelona, Columna, 1987.
COMAS, Antoni, La decadència, Barcelona, Dopesa, 1978. COMAS, Antoni, Antologia de la literatura catalana. Barcelona, Diàfora, 1981.
DELOR, Rosa, GRIFOLL, Isabel, JULIÀ, Lluïsa (eds.), Antologia de la poesia catalana. Barcelona, Castellnou, 2005. DURAN, Eulàlia & SOLERVICENS, Josep (eds.), Renaixement a la carta, Barcelona, Universitat de Barcelona, 1996. ENSENYAT PUJOL, Gabriel, Història de la literatura catalana a Mallorca a l'Edat Mitjana. Mallorca, El Tall, 2001.
ESPADALER, Anton M., Literatura catalana, Barcelona, Taurus, 1989 (versión catalá co título Història de la literatura catalana, Barcelona, Barcanova, 1992).
8
FERRANDO FRANCÈS, Antoni & NICOLÀS AMORÒS, Miquel, Panorama d'història de la llengua. València, Tàndem, 1993
FERRANDO, Antoni & NICOLÀS, Miquel, Història de la llengua catalana, Barcelona,
Pòrtic / UOC, 2005. GALOFRÉ, Jordi, Documents de Catalunya: recull de textos històrics, Barcelona,
Barcanova, 1990. GAROLERA, Narcís, Anàlisis i comentaris de textos literaris catalans. Barcelona,
Curial, 1982. GIMENO BETÍ, Lluís, Aproximació lingüística als inicis de la llengua catalana (segles VIII al XIII). Castelló de la Plana, Publicacions de la Universitat Jaume I, 2005.
GRILLI, Giuseppe (ed.), Antologia de poetes catalans: del segle XVI a Verdaguer. Vol.
II. Barcelona, Galàxia Gutenberg, 1998. MARCET, Pere, Història de la llengua catalana. Dels orígens al s. XVIII. Barcelona,
Teide, 1987. MARTINES, Vicent, L’edició filològica de textos. València, Universitat de València,
1999. MARTÍNEZ-GIL, Víctor, L’edició de textos: història i mètode. Barcelona, Edicions 62, 2002. MARTÍNEZ-GIL, Víctor [coord.], Models i criteris de l’edició de textos. Barcelona, UOC, 2013. MARTÍNEZ ROMERO, Tomàs, Les lletres hispàniques als segles XVI, XVII i XVIII.
Castelló de la Plana, Universitat Jaume I, 2005. MASSIP, Jesús Francesc, Història del teatre català: dels orígens a 1800. Tarragona,
Arola, 2007. MOLAS, Joaquim, MASSOT I MUNTANER, Josep (directores), Diccionari de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 1979. MORAN I OCERINJAUREGUI, Joan & RABELLA, Josep Anton, Primers textos de la llengua catalana, Barcelona, Proa, 2001.
NADAL, Josep M. & PRATS, Modest, Història de la llengua catalana, 1, 2 (ata o século
XV). Barcelona, Edicions 62, 1982-1996. RIQUER, Borja de (director), Història, política, societat i cultura dels Països Catalans,
13 vols., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995-2000. RIQUER, Martí de (ed.), Antologia de poetes catalans : un mil.lenni de literatura. I,
Època medieval. Barcelona, Galaxia Gutenberg, 1997. RIQUER, Martí de & COMAS, Antoni, MOLAS, Joaquim, Història de la literatura catalana. 11 vols. Barcelona, Ariel, 1964-1988.
9
ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. I, Edat Mitjana: dels orígens a principis del segle XV / Albert Hauf, director do volume. Barcelona,
Vicens Vives, 2010. ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. II, Edat Mitjana: Segle d'Or / Albert Hauf, director do volume. Barcelona, Vicens Vives, 2011.
ROSSICH, Albert (coord.), Panorama crític de la literatura catalana. III, Edat Moderna / Albert Rossich, director do volume. Barcelona, Vicens Vives, 2011. ROSSICH, Albert & VILALLONGA, Mariàngela (eds.), Llengua i literatura de l'Edat Mitjana al Renaixement. Girona, Estudi General, 1992.
RUBIÓ I BALAGUER, Jordi, Història de la literatura catalana, 3 vols. Barcelona,
Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1984; versión en catalán de "Literatura catalana" aparecida en diversos volumes da Historia general de las literaturas hispánicas dirixida por Guillermo Díaz Plaja, Barcelona, Vergara, 1949.
RUIZ I SAN PASCUAL, Francesc [et. al.], Història Social i política de la llengua catalana. València, Eliseu Climent, 1996.
RUIZ I SAN PASCUAL, Francesc, La formació de la llengua catalana. València,
Quaderns Tàndem, València, 1990. SOLERVICENS, Josep & MOLL, Antoni L., La poètica europea de la Il·lustració. Raó i cànon. Lleida, Editorial Punctum - Projecte Mimesi, 2014.
SIRERA, Josep Lluís, Història de la literatura valenciana. València, Edicions Alfons el Magnànim, 1995. SIRERA, Josep Lluís (ed.), Estudios sobre teatro medieval. València, Universitat,
2008. SUNYER, Magí, Els mites nacionals catalans. Vic, Eumo Editorial; Societat Verdaguer,
2006. VALSALOBRE, Josep - ROSSICH, Albert, Literatura i cultura catalanes, segle XVII i XVIII. Barcelona, UOC, 2011.
RECURSOS EN LIÑA
El Català, llengua d'Europa
Gran Enciclopèdia Catalana
Biblioteca de Catalunya
Biblioteca virtual Joan Lluís Vives
Biblioteca Miguel de Cervantes
10
Traces. Base de dades de llengua i literatura catalanes
Lletra Associació d’Escriptors de Llengua Catalana Lletres Vilaweb
Culturcat
Patrimoni Gencat
Edu3.cat
Museu d'Història de Catalunya
Museu Nacional d’Art de Catalunya
Diccionari català-valencià-balear
VI. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS E DISTRIBUCIÓN DA
CARGA EN CRÉDITOS ECTS
METODOLOXÍA
Un dos elementos principais de aprendizaxe será a reflexión e análise crítica de textos
escritos, orais e audiovisuais sobre os contidos do programa, así como intervencións
orais por parte dos/das estudantes a partir de documentación bibliográfica e recursos
de internet seleccionados.
Clases de carácter teórico-práctico. Combinaranse as explicacións da profesora con
actividades e dinámicas tanto individuais como de grupo.
A parte máis teórica consistirá nunha introdución sumaria a cada un dos bloques
temáticos. Exposición sintética dos principais contidos que poida ofrecer ao alumnado
unha visión panorámica dende a que situarse, ao tempo que posibilitar o
desenvolvemento posterior das actividades a realizar polos propios alumnos.
A parte máis práctica e interactiva consistirá nun análise e posta en común de textos:
afondamento nos aspectos máis significativos de cada bloque temático por medio da
lectura e análise a nivel de grupo de textos relevantes. Fomento da reflexión e
interpretación interpersoal do alumnado de maneira que, auxiliado cando sexa preciso,
poida obter por si mesmo una síntese de resultados.
Outros aspectos formativos de obrigado cumprimento: asistencia e participación nas
11
actividades relacionadas coa cultura catalá organizadas ou recomendadas pola Área
de Catalán.
DISTRIBUCIÓN DA CARGA EN CRÉDITOS ECTS
ACTIVIDADES HORAS
PRESENCIAIS FACTOR
TRABALLO
AUTÓNOMO TOTALES
Sesións teórico-
prácticas
30 1,5 45 75
Sesións interactivas
18 2 36 54
Titorías de grupo
3 1 3 6
Exame
3 4 12 15
TOTAL
54 96 150
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do/da alumno/a e, polo
tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que o
estudante é o responsable final do seu traballo.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Puntualidade nos prazos de entrega de exercicios, resumos, comentarios e traballos.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida no decorrer da materia.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
- Asistencia e participación nas actividades relacionadas coa cultura catalá realizadas na cidade de Compostela e arredores.
- Participar en programas de intercambio lingüístico co catalán.
12
CRONOGRAMA ESTIMADO DAS CLASES PRESENCIAIS:
SEMANA CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS
1ª e 2ª semanas
Días 9-10, 16-17 setembro
Bloque I. Dos orixes ata o século XIV
A literatura catalá medieval. Contexto
A lírica dos trobadores
3ª e 4ª semanas
Días 23-24 e 30 setembro, 1
outubro
Bloque I. Dos orixes ata o século XIV
Comentario de textos literarios
A lírica dos trobadores
Ramon Llull
5ª e 6ª semanas
Días 7-8, 14-15 outubro
Bloque I. Dos orixes ata o século XIV
Comentario de textos literarios
Literatura do século XIV
7ª e 8ª semanas
Días 21-22, 28-29 outubro
Bloque 2. O século XV: época de esplendor
A lírica culta. Ausiàs March
9ª e 10ª semanas
Días 4-5, 11-12 novembro
Bloque 2. O século XV: época de esplendor A lírica culta. Ausiàs March
Novela caballeresca. Tirant lo Blanc
11ª e 12 ª semanas
Días 18-19 , 25-26 novembro
Bloque 3. A literatura da época moderna
¿"Decadència" o literatura moderna?
O século XVI. Contexto. Humanismo e Renacemento.
Poesía culta, teatro, prosa literaria.
O século XVII. Contexto. O Barroco (poesía e teatro
cultos; a prosa).
13ª e 14ª semanas
Días 2-3, 9-10 decembro
Bloque 3. A literatura da época moderna
O século XVIII. Contexto.
A literatura popular. Concepto e caracterización.
VII. SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación dos progresos de aprendizaxe dos estudantes é continua e baséase na
participación activa nas actividades presenciais, no traballo individual e de grupo, na
13
entrega de exercicios de todo tipo ao longo do curso, nas tarefas finais de cada bloque
dos contidos, e na proba final.
ASPECTO CRITERIOS INSTRUMENTO PESO
Asistencia, participación e traballo na aula.
Exercicios de lectura,
comentario e análise de
textos. Participación en
actividades culturais
Implicación e interese. Correcta realización das
actividades. Puntualidade
Observación e notas.
Entrega, revisión e
corrección dos exercicios
10%
Contidos dos bloques
Asunción dos contidos
teórico-prácticos e
calidade
Tarefas finais de cada
bloque 60%
Proba final de adquisición
de contidos e
competencias
Dominio dos contidos
teórico-prácticos Exame final escrito 30%
A avaliación de fin de bloque farase mediante exercicios varios: controis de lectura,
análise e comparación de textos, cuestionarios, tests, exposicións orais, etc.
A proba final examinará as competencias e os coñecementos adquiridos ao longo do
curso. Poderá incluír preguntas concisas, desenvolvemento dun tema, e análise,
comentario e comparación de textos de tipoloxía diversa.
Para superar a materia é preciso ter aprobado o exame final. Os exames finais -de
decembro e de xuño- realizaranse nas datas establecidas oficialmente polo centro:
17 de decembro de 2019, 9:30 h, aula C04
5 de xuño de 2020, 9:30 h, aula C04
Nos casos nos que o estudante estea en circunstancias excepcionais que lle impidan
asistir regularmente a clase, ademais do exame final, deberá facer traballos acordados
cos profesores para suplir a aprendizaxe presencial.
Os/as estudantes exentos da asistencia ás aulas serán avaliados polo exame de xuño,
que terá un valor dun 100% na cualificación final.
Cando un/a estudante teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na instrución
nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia e
participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde
cos motivos de dispensa.
14
VIII. OUTRAS INFORMACIÓNS DE UTILIDADE
PROBAS OFICIAIS DE LINGUA CATALÁ
A Área de Filoloxía Catalá organiza e administra, anualmente e para toda Galicia, as
probas oficiais para a obtención dos Certificats de Català do Institut Ramon Llull,
encargado da avaliación e certificación dos coñecementos de lingua catalá fóra do
dominio lingüístico. Estas certificacións permiten acreditar o grao de coñecemento da
lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais (administración pública,
empresas, institucións) e teñen para todos os efectos a mesma validez e eficacia que
as que expide a Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, a
Dirección Xeral de Política Lingüística do Govern de les Illes Balears e a Xunta
Calificadora de Coñecementos de Valenciano da Generalitat Valenciana.
Para máis información: https://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/certificats_intro.cfm
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS CONSONTE O MARCO COMÚN DE REFERENCIA:
NIVELLS COMUNS DE REFERÈNCIA LLENGÜES (CONSELL D'EUROPA)
CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA INSTITUT RAMON LLULL
D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GENERALITAT DE CATALUNYA
JUNTA QUALIFICADORA DE CONEIXEMENTS DE VALENCIÀ
D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GOVERN BALEAR
Usuari bàsic A1
- - - -
Usuari básic A2 Nivell bàsic (A2) Nivell bàsic (A2) Coneixements orals
Nivell A2
Usuari independent B1
Nivell elemental (B1)
Nivell elemental (B1)
Grau elemental
Nivell B1
Usuari independent B2
Nivell intermedi (B2)
Nivell intermedi (B2)
-
Nivell B2
Usuari experimentat C1
Nivell de suficiència (C1)
Nivell de suficiència (C1)
Grau mitjà
Nivell C1
Usuari experimentat C2
Nivell superior (C2)
Nivell superior (C2)
Grau superior
Nivell C2
Cómpre sinalar que durante o segundo cuadrimestre, o Centro de Linguas Modernas
da USC ofrece dous cursos de preparación para o acceso aos certificados de nivel
Elemental, Intermedi e Suficiencia, dirixido a todos aqueles que estean interesados en
se presentaren a algún dos niveis de certificación.
Para máis información: http://www.usc.es/es/servizos/clm/cursos/catalan/
15
ESTADÍAS DE FORMACIÓN
O Institut Ramon Llull, conxuntamente con outras institucións, organiza estadías de
formación lingüística e cultural pensadas para mellorar a competencia lingüística e os
coñecementos culturais dos estudantes de catalán do exterior por medio de cursos,
conferencias, visitas e actividades complementarias.
ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A VALÈNCIA (AVL – IRL)
A Acadèmia Valenciana de la Llengua e o Institut Ramon Llull organizan
durante o mes de xullo unha estadía lingüística dirixida a estudantes de
catalán/valenciano das universidades do exterior. Este programa é unha boa
opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán para
mellorar os seus coñecementos de lingua e coñecer a cidade de Valencia. A
estadía combina cursos de lingua e cultura cun programa de actividades
culturais e de lecer.
Calendario: inscrición abril-maio.
Requisitos: Cursar o ter cursados estudos de lingua (catalán/valenciano) en
calquera universidade de fóra do ámbito lingüístico cun coñecemento do nivel
A2 ou superior (MECR).
Para máis información:
http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_valencia.cfm
CAMPUS UNIVERSITARI DE LA LLENGUA CATALANA
O Campus Universitari de la Llengua Catalana, froito da colaboración entre o
Goberno de Andorra e o Instituto Ramon Llull, ofrece aos estudantes, grazas
aos cursos de lingua e á participación nun amplo abano de actividades culturais
e de lecer, a posibilidade de se integraren no tecido social e no contexto natural
de Cataluña e Andorra. Esta inmersión lingüística e cultural entre a Costa
Brava e o Pirineo andorrano permite aos participantes poder vivir plenamente
en catalán durante uns días.
Calendario: inscrición abril-maio.
Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 50 horas de estudos de lingua
catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico, e ter un
coñecemento e dominio básicos de catalán oral.
Para máis información:
http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_campus.cfm
16
ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A LES ILLES BALEARS
O Institut Ramon Llull, en colaboración coa Universitat de les Illes Balears,
organiza durante o mes de setembro unha estadía lingüística dirixida a
estudantes de catalán das universidades e outros centros docentes do exterior.
Unha boa opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán
para mellorar os seus coñecementos de lingua catalá e coñecer a cidade de
Palma e a illa de Mallorca. A estadía combina cursos de lingua e cultura catalás
cun programa de actividades culturais e de lecer vencelladas ao turismo
cultural da illa.
Cursos de lingua: Nivel Elemental (B1 MECR) e Nivel Intermedio (B2 MECR)
Calendario: inscrición abril-maio.
Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 100 horas de estudos de
lingua catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico.
Para máis información:
http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_balears.cfm
PROGRAMAS E ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS
PROGRAMAS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS:
PARELLÆS
A Área de Filoloxía Catalá da USC convoca -cando é factible- PARELLÆS,
programa académico de intercambio lingüístico catalán-galego / galego-catalán
entre alumnos e alumnas da Universidade que falen galego ou catalán e desexen
aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.
Coa vontade de ir máis aló do simple intercambio lingüístico, este programa non só
pretende ofrecer aos estudantes a oportunidade de practicaren e melloraren o
idioma, senón tamén de coñeceren, de primeira man, a súa cultura. Ademais, o
feito de que ambas as dúas sexan linguas minorizadas do estado é de especial
relevancia, xa que o programa se presenta como lugar privilexiado para traballar e
desmitificar moitas das problemáticas sociolingüísticas e culturais.
PARELLES LINGÜÍSTIQUES VIRTUALS
Pensado para todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o
catalán de maneira presencial, o Institut Ramon Llull xuntamente coas
universidades da Xarxa Vives pon en marcha o programa “Parellas Lingüísticas
Virtuais”.
17
Este programa está concibido para poñer en contacto estudantes de fóra, que
teñan uns coñecementos básicos de catalán e que queiran practicar catalán, con
persoas catalás que queiran conversar cos respectivos estudantes estranxeiros/as
asignados/as.
Para máis información e rexistros: http://www.parlacatala.org/
CAFÉ DE IDIOMAS
Trátase dun intercambio lingüístico presencial en lingua catalá, pensado para
todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o catalán de
forma habitual. Participan no café de idiomas tanto persoas catalás coma
estudantes de lingua catalá ou calquera persoa con coñecementos de catalán que
queira practicar a lingua oral. Non se trata de clases de conversación, polo que
non hai persoas que guían a sesión nin obrigas. É un encontro libre entre xente
cun interese común: practicar a lingua catalá
Lugar: Biblioteca Ánxel Casal
Para máis información:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/es/actividades/cafe-de-idiomas
ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS:
Polo que fai ás actividades extraacadémicas, a Área de Filoloxía Catalá encárgase
tamén de organizar durante todo o curso seminarios e conferencias, ciclos de cine,
viaxes e outras actividades culturais para os/as estudantes de lingua, literatura e
cultura catalás e para todas aqueles interesados na súa lingua e cultura.
SELECCIÓN DE PÁXINAS WEB DE INTERESE
ORGANISMOS:
Institut Ramon Llull http://www.llull.cat
Web de Llengua Catalana de la Generalitat de Catalunya
http://www.gencat.cat/llengua
Consorci per la Normalització Lingüística
http://www.cpnl.cat/recursos
18
Institut d’Estudis Catalans (IEC)
http://www.iec.cat
Direcció General de Política Lingüística del Govern de les Illes Balears
http://dgpoling.caib.es
Direcció General de Política Lingüística i Gestió del Multilingüisme de la Generalitat
Valenciana
http://www.ceice.gva.es/va/web/dgplgm/politica-linguistica
Servei de Política Lingüística del Govern d’Andorra
http://www.catala.ad/
GUÍAS DE RECURSOS LINGÜÍSTICOS:
La Llengua Catalana i Internet
http://www.bibiloni.cat/index/index.html#II1
Portal de recursos lingüístics de la Xarxa Vives d’universitats
http://www.llengua.info/
Optimot. Consultes lingüístiques
http://aplicacions.llengua.gencat.cat/llc/AppJava/index.html
INFORMÁTICA E PROGRAMARIO:
Softcatalà http://www.softcatala.org/
PRENSA, RADIO E TELEVISIÓN:
El Punt/Avui http://www.elpuntavui.cat
Ara http://www.ara.cat/
La Vanguardia (ed. cat) http://www.lavanguardia.com/encatala
El Periódico de Catalunya http://www.elperiodico.cat/ca/
Diari d’Andorra http://www.diariandorra.ad/
Diari de Balears http://www.diaridebalears.com/
19
Segre http://www.segre.com/
El Punt http://www.elpunt.com
Regió 7 http://www.regio7.cat/
El Temps http://www.eltemps.com
Vilaweb http://www.vilaweb.com/
Portal de revistes en català http://lesrevistes.cat/
Catalunya Ràdio http://www.catradio.cat
COM Ràdio http://www.comradio.com
Països Catalans.fm http://www.paisoscatalans.fm/
Televisió de Catalunya http://www.tv3.cat/
À punt https://apuntmedia.es/va/
Ràdio Televisió de les Illes Balears http://www.ib3tv.com/
Països Catalans.tv http://www.paisos-catalans.tv/
Llull TV www.llull.tv.cat/
BUSCADORES:
Som-hi http://www.som-hi.com/
Nosaltres http://www.nosaltres.cat
Cercador http://www.cercat.com