Post on 31-Jul-2022
FESTIVAL
14 ao 24
de outubro 2021
INTERNACIONAL
DE TEATRO
DE OURENSE
Durante os DEZ días do festival, a presenza da marca Fito estará presente no día a día da cidade
nos espazos que son sede do Festival e
deseguro que este esforzo organizador
vaise ver recompensado cunha
significativa resposta cidadá xa que as
propostas seguen criterios de discriminación por
rangos de idade, adecuación aos espazos de
exhibición e oportunidade.
Recuperamos para o Festival a rúa como
espazo de programación de dous
espectáculos e as accións de divulgación do
• TEATRO PRINCIPAL
• RÚAS DA CIDADE
• CASA DA CULTURA DE
BARBADÁS
•CEIP MESTRE VIDE
certame no centro da cidade, nos barrios e
nos centros de ensino (institutos e
universidade). Instalaremos unha carpa
informativa na rúa do Paseo para dar
información puntual do festival e levaremos
a cabo accións teatrais para implicar ESPAZOS aos espectadores no mesmos. Xa fixemos
referencia aos excelentes resultados
acadados polas compañías galegas, que
este ano estarán representadas por nomes
propios e consolidados dentro do panorama
teatral galego. O prestixio recoñecido das
compañías seleccionadas, os títulos dos
A medida que o FITO vai cumplindo anos, o
incremento de espectadores vennos a dar a
razón nas estratexias levadas a cabo para
deseñar tanto as programacións como as
actividades paralelas. A pasada edición, tan
particular polas condicións especiais de
exhibición que condicionou os aforos de xeito determinante, foi a pesar de todo isto unha
cita coas artes escénicas cun significado e uns resultados que lle deron sentido máis ca
nunca. A pandemia e as súas consecuencias
lembráronnos a necesidade de recuperar e
garantir espazos de convivencia seguros nos que
a cultura adquiriu unha dimensión sanadora e de
creación de cidadanía.
espectáculos que protagonizarán o festival,
os premios acadados serán, sen dúbida un
reclamo eficaz para que este décimo
aniversario esté acompañando por un novo
incremento dos espectadores.
Non abandonamos a comunicación directa con
entidades estratéxicas para a difusión do
festival como o son os centros de ensino,
bibliotecas, asociacións veciñais ou
establecementos hosteleiros; todos eles aliados
eficaces para facer do FITO un lugar de
encontro e de promoción da cidade estratéxico.
Empurrados polo alento que os espectadores nos veñen demostrando nestes catorce anos de existencia, pretendemos pór en pé un novo Fito que procurará tinguir dunha connotación revindicativa que dea conta da efervescencia creativa da nosa comunidade, dos artistas e das empresas que de xeito proactivo buscan ocupar o espazo que lles corresponde como axentes dinamizadores e de crecemento sostible da súa comunidade fronte aqueles que pretenden relegalos ao que, baixo unha lectura intencionadamente reducionista, se deu en chamar o “sector do entretemento”. Subliñamos con esta iniciativa o valor intrínseco que a cultura ten e multiplicar o alcance como elemento cohesionador, como sostén dos valores democráticos e recurso estratéxico imprescindible de desenvolvemento sostible de calquera comunidade que pretenda medrar como tal; o FITO aspira a ser unha cita de desagravio, de restitución e reparación
Este novo FITO é o resultado do compromiso coas artes
escénicas e cos cidadáns de Ourense, un compromiso
que se mantén buscando e reclamando de seu un
espazo e un lugar; una voz propia.
O FITO erguerá o pano, pois, cos apoios da AGADIC, da
Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoriía do
Campus de Ourense, o Teatro Principal, O Centro Cultural
Marcos Valcárcel, e a Deputación provincial de Ourense.
Novos escenarios algúns que nos permiten continuar coa
mesma ilusión e coa responsabilidade de manter viva a
esta criatura escénica que tamén se nutre da implicación
de artistas, compañías e agrupacións culturais. O Festival conta tamén con outrs aliados como o son a Casa
da Cultura Manuel María de Barbadás, a Asociación Cultural Auriense e o CEIP MESTRE VIDE. Ourense e os seus artistas estarán máis presentes ca nunca nesta edición xa que o Festival non pode ser alleo ao contexto de “continxencia” que atravesa a cidade que é patria desta cita. Desde a atalaia que supón o Festival queremos dar voz a artistas afincados na cidade promovendo o diálogo entre eles, a hibridación entre xéneros e linguaxes propios das “artes vivas”, xunto con referentes nas artes escénicas en Galicia, do Estado e dunha pequena escolma de traballos de procedencia internacional (Colombia e Portugal). Soñamos con tempos mellores, que de seguro virán, e elaboramos unha programación equilibrada e responsable coas limitacións deste presente ao que lle plantamos cara para enmendalo.
• Manter a aposta por un modelo que potencie a vida teatral da cidade e da provincia e mellore as súas estruturas de creación e difusión cultural.
• Establecer unha relación fluída cos espectadores/as que existen e cos que hai que crear; e así asemellarnos un pouco ao mapa que amosan algúns países da nosa contorna, apostando pola arte ao servizo do ben común.
• Continuar acadando sinerxías entre artistas;
para conseguir promover as artes escénicas e
crear máis público, que permita maior impacto
dentro e fóra da Comunidade.
• Afianzar unha estratexia de dinamización que
aporta novos recursos para a programación teatral
e fomenta os encontro e intercambios de producións.
• Da voz a novos artistas e creadores, sendo
facilitadores para o nacemento de novas experiencias creativas que nutran ao sector.
• Atender a diversidade de propostas escénicas.
• Continuar acadando sinerxías entre artistas; para conseguir promover as artes escénicas e crear máis público, que permita maior impacto dentro e fóra da Comunidade. Nesta edición con especial coidado aos creadores/as galegos.
• Dar a coñecer obras, autores e os grupos máis
significativos do panorama teatral .
• Impulsar a creadores emerxentes do teatro
xestual e textual.
• Convidar a compañías de longa traxectoria que transitan por diferentes estilos e transfiren coñece- mento.
OBXECTIVOS
PROGRAMACIÓN
XOVES 14 VENRES 15 SÁBADO 16 DOMINGO 17
COMPAÑIA VIEJAS
PROMESAS KATANA
ARUN RUN
FITOEXPRESS
PAULA MALIK BANDA ANIMAL CASA DA CULTURA
BARBADÁS
BOCA DE CAO AGOSTINO E FELICIDADE ARTESACÍA
AS ILLAS
DESERTAS
FURIA SOTELO MORTAIS
E VULNERABLES
MÉRCORES 20 XOVES 21 VENRES 22 SÁBADO 23 DOMINGO 24
TEATRO DO
ATLÁNTICO
LIBRE COMO
PAXAROS
PRODUCIÓNS TEATRAIS
EXCÉNTRICAS ESTRELA DO DÍA
IMAGINART TEATRO SENDA SOBRE RODAS
PATIO CEIP MESTRE VIDE
MARTA ALONSO
BAILAR AGORA
67 GRAOS OURENSE
FERVESCÉNICA
TEATRO DE RÚA
DÍA 15 DE OUTUBRO E 16 DE OUTUBRO COMPAÑÍA: A RUN RUN PROCEDENCIA :̈ GALICIA ESPECTÁCULO: FITOEXPRESS DÍA 16 DE OUTUBRO COMPAÑÍA: BOCA DE ÇAO AGOSTINO E FELICIDADE ESPECTÁCULO ITINERANTE (ALAMEDA E ENTORNO PRAZA DE ABASTOS ( 12.30 HORAS)
COMPAÑÍA PAULA MALIK
“BANDA ANIMAL”
LICEO RECREO OURENSÁN ÁS 23.00 HORAS (3 €)
VENRES 22 COMPAÑÍA IMAGINART ESPECTÁCULO: SENDA SOBRE RODAS PROCEDENCIA: CASTELA-LEÓN LUGAR PATIO CENTRO MESTRE VIDE/ AS LAGOAS ÁS 21.00 HORAS
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR O AFORO
TEATRO DE SALA
HORARIOS: TEATRO PRINCIPAL 20.00 HORAS EXCEPTO DOMINGOS ÁS 19.00 HORAS
VENDA DE ENTRADAS NA BILLETEIRA DO TEATRO PRINCIPAL PREZO: 8 € e 5 € cos dscontos habituais
CASA DA CULTURA DE BARBADÁS ÁS 21.00 HORAS
Prezo na billeteira: 5 €
COMPAÑIA
VIEJAS
PROMESAS
SIPNOSE: Era una familia normal" , "no note nada raro", "eran muy amables". ¿Cuántas veces hemos oído estas frases en un
informativo? ¿Cuántas más las oiremos? El Crimen de la Katana fue, sin duda, uno de los que
marcan una generación: un niño mata a su padre,madre y hermana. Mezclaba, a parte,
elementos que a día de hoy de tan normalizados nos parecen ridículos: juegos de rol,
chats, videoconsolas El seguimiento que se hizo por parte de la prensa fue
exhaustivo y por supuesto no se llegó a ninguna conclusión razonable. ¿Por qué habría de
haberla? A veces el horror se hace presente, no tiene sentido,
no es disculpable, no es nada que no sea lo que es. A veces hay preguntas que es mejor no
formular. KATANA es una reflexión sobre la maldad, sobre la
fascinación y la obsesión por dotar de sentido aquello que no lo tiene. KATANA gira alrededor del asesinato perpetrado por un niño, por un menor, por un ser inocente. Estamos acostumbrados a contraponer la inocencia frente a la crueldad, sin embargo, la inocencia puede ser terrible, caprichosa, egoísta y terriblemente cruenta.
KATANA es una historia sobre el miedo, el que motiva los actos más terribles y el que sentimos al
escucharlos. Miedo a que nos suceda pero también
miedo a que el irracional motor del horror se apodere de nosotros. Es el otro lado del miedo.”
KATANA
FICHA TÉCNICA:
Elenco: Jorge Monje, Mario Sánchez e Alba Loureiro Autor: Paco Gámez. Dirección: Pedro Casas. Diseño de escenografía: Mónica Florensa.
Diseño de vestuario: Mónica Florensa. Diseño de iluminación: Rubén García de Casero.
Ayudante de escenografía e vestuario: Elisa Olalla
Técnico: Rubén García de Casero Producción Viejas Promesas (Mario Sánchez e Jorge Monje)
Producción ejecutiva: Alicia Merino
COMPAÑIA VIEJAS PROMESAS Fundada por Jorge Monje e Mario Sánchez: Viejas promesas nace de una
deuda de sus componentes con el acto escénico.: “De un despiste por el que perdimos el rumbo, de
una necesidad de volver al origen, a perder el tiempo en cosas
que igual no son necesarias pero, sin duda, merecen la pena. Y con esta intención, la de saldar nuestras cuentas, hemos
reunido un equipo heterogéneo de gente con el mismo hambre y
deseo que nosotros: Contar. Contar, eso sí, algo que merezca la pena. Que nos transforme a
nosotros y que, a ser posible, genere preguntas en el receptor
último de nuestra locura: el público. Queremos, en definitiva, saber que somos...”
PAULA
MALIK
COLOMBIA
SIPNOSE:
O En escena, a recoñecida paiasa Paula Malik é “A Mestra Divarius” quen dirixe unha singular orquestra de 18 bonecos de plástico, integrado por elefantes, poliños ou porcos con quen logrará interpretar temas musicais que van desde Carmina Burana ata Julio Jaramillo. Este atrevido e cómico espectáculo busca sacar a animalidade dos asistentes convidándoos ao xogo e a imaxinación como un remedio infalible contra o tedio cotián.
Desde a linguaxe do clown, esta paiasa narra as
historias destes personaxes congregados na
“banda de reinserción Zoo- cial” na que os animais
maltratados, esquecidos ou en situación de risco,
descobren o verdadeiro talento que dará sentido ás
súas vidas. Sutilmente, a obra incorpora mensaxes
con contido político, animalista e crítico do sistema,
pero mantendo unha linguaxe absurda.
Aínda que estes bonecos de plástico teñen unha pequena escala sonora cos seus asubíos, a Mestra Divarius logra sacar deles as súas historias máis intimas e traxicómicas, por exemplo, preséntanos a un golfiño rosado do Amazonas que se puxo amarelo pola contaminación. Un poliño equilibrista desempregado dun circo que se converte en dobre de cinema, e un reno que traballaba con Papá Noel, pero terminou decepcionado coa perda do espírito do Nadal.
2ª representación no LICEO RECREO
OURENSÁN O SÁBADO 16 DE OUTUBRO
AS 23.00 HORAS
BANDA ANIMAL
Dirección e interpretación: Paula Malik
Asesoría Musical: Stéphane Pillet Producción: Stéphane Pillet
Espectáculo creado en 2017, con máis de 80 funciones entre
Colombia, Francia yeEspaña. Espectáculo en residencia en xuño de 2018 en Francia, bajixo
a mirada de Christian Masas (AmedéeBricoló).
PAULA MALIK Paula Malik é unha avogada que preferiu os risos e os aplausos no canto
dos tribunais. Mediar a partir do conflito pareceulle moi denso, así que optou
por ser pallasa. Viviu un tempo en España, onde empezou a practicar malabares, a arte que lle axudou para pagarse toda a carreira de dereito.
Colombiana, filántropa animalista de tempo completo, dedicada ao seu
proxecto de inclusión e rehabilitación socio-humano-animal. As historias de
vida e superación destes animaliños conmoven e inspiran.
Fai oito anos decidiu vivir disto. A súa nai preferise que non abandonase nunca a súa profesión de avogada, asegurándolle que para ser o que quería debía estudar moito. Tiña razón: desde que a súa filla tivo esa ilusión,
non parou de aprender.
Empezou co Ku Klux Klown, o grupo pioneiro de arte clown en Colombia
que dirixían Jorge Mario Escobar e Fernando Vermellas. A falta dunha institución que permitise formarse só como payasa, os seus estudos baseáronse nos múltiples talleres que foi tomando con diferentes artistas
recoñecidos, como Auner o Excéntrico, Gardi Hutter, Johnny Melville e
Jeff Jhonson.
BOCA DE
CAO
PORTUGAL
SIPNOSE:
Agostinho e Felicidade, unha parella de vellos
ben castizos e especiais parten da súa benquerida aldea estimada cargados coa colleita
de flores e plantas medicinais.
Estes vendedores ambulantes andan de terra en terra a cambiar o que apañan polo que precisar, e polo camiño van atopando e interactuando co público de forma inesperada, transmitindo tenrura, sabedoría e esperanza.
A través de improvisación e do traballo de marionetas que se funden co actor, estes personaxes itinerantes disparan o riso de nenos e maiores, espertan moitos sorrisos de bebés aos máis velhinhos, despertando antigas memorias, e creando novas historias na vida de quen con eles ten o pracer de se cruzar.
AGOSTINHO E FELICIDADE
FICHA ARTÍSTICA Crieación e interpretación: Hugo Ribeiro Muni Joana Domingos
BOCA DE CAO
A Boca de Cao- Teatro de Rúa/Rúa e Formas Animadas xorde do amor
ás artes plásticas e ao teatro de rúa, iniciando o seu percorrido co espectáculo de marionetas humanas " Agostinho e Felicidade" en 2013.
Despois do seu éxito, que os leva a numerosos festivais europeos creacións específicas para a rúa e de desenvolver un universo propio
de fusión da estética tradicional coa contemporaneidade, Hugo Ribeiro
e Muni Joana Domingos fundan a compañía en 2015, no Festival Mar
Marionetas de Espiño onde estrean os espectáculos " Alforria" en 2016,
"Toque de Caixa" en 2017 e "A Fonte" en 2018, unha co-creación con
Anymamundy e encenação de Tommy Luther. Alén das formas animadas, desenvolven desde 2010 creacións plásticas,
instalacións e performances para o espazo público, e colaboran con varias compañías de teatro, marionetas e circo, no deseño e construción
de escenografía, atrezzo, marionetas e interpretación, tales como Teatro
do Frío, PEL, Radar 360º, Herba Dañina, Nube Voadora, Teatro e Marionetas de Mandrágora, Comedias do Miño, Albergarche, entre
outras.
ARTESACÍA
GALICIA
SIPNOSE:
Illas desertas nace como resposta un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas. O espectáculo
propón unha travesía cara a nada, ancorada na
narrativa e na poesía audiovisual onde o público é
parte activa da peza. Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao
fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior.
É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura? A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e
do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas
cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a
aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton. Illas Desertas conta co apoio de AGADIC, Compañía Fura dels Baus, Colectivo RP, Sala Ingrávida, Concello de Santiago e Teatro Rosalía de
Castro da Coruña e Concello de Tui
AS ILLAS DESERTAS
FICHA TÉCNICA:
Autor/a: Laura Villaverde e Roi Fernández
Dirección: Artesacía Elenco: Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez
Escenografía: Artesacia Vestiario e caracterización: Esther Quintas
Música: Héctor Pazos Son: Héctor Pazos e Susana Méndez Iluminación: Héctor Pazos e Susana Méndez
ARTESACÍA ArtesaCíA é unha compañía que nace entre Galicia e Nova York. Os seus compoñentes, Roi Fernández o director e Laura Villaverde a actriz, ambos os formados artisticamente entre esas dúas terras, determinan introducir nunha artesa (ese espazo tradicional onde os alimentos collen un certo resaibo) a súa tradición, entusiasmo, sentimentos de desesperación, frustración cotiá e insatisfacción. A súa intención é condensalos nunha
expresión trasformadora como o Teatro, colmada de creatividade, imaxinación, enerxía e coñecemento. Algo que permita que o público se mobilice, utilice a imaxinación e poida facer todo tipo de asociacións. Os seus integrantes teñen un amplo currículo no marco escénico e artístico en xeral, participando en encontros escénicos internacionais en Edimburgo (Escocia, UK), Mostra Internacional de teatro de Ribadavia (España), The Kitchen ( NYC, USA), the Dance Theatre Workshop ( NYC, USA), ou o recente encontro de teatristas experimentais iberoamericanos en San Juan (Porto Rico), onde se representou o seu espectáculo "Uvas de collón de ghalo". É de destacar o continuo traballo da súa actriz principal, Laura Villaverde, nos workshops e procesos creativos da SITI Company de Nova
York, dirixida pola soada directora Anne Bogart.
ESTREA!
SIPNOSE: Mortais e vulnerables” e o segundo solo de Nuria Sotelo. Despois de 11 anos da aparición do primeiro solo,
“Métanse nos seus asuntos”, que marcou o comezo
de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerables ven marcar a transformación en Furia Sotelo. Este solo de danza contén o paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de
continuar indagando na práctica da creación colectiva. Un corpo ao servizo das olladas de diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de
creación: Aitana Cordero, Ánxela Blanco, Alejandra
Balboa, Mónica García e Clara Ferrao. Un corpo vulnerable; fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un
corpo que se constrúe a través das outras. E o sempre vívido desexo de bailar. O desexo de levar a cabo “Mortais e vulnerables” xorde antes da pandemia, como unha especie de premonición, adquirindo novos significados ante esta
nova realidade.
CÍA
FURIA
SOTELO
GALICIA
MORTAIS E VULNERABLES
FICHA TÉCNICA:
Dirección e intérprete: Nuria Sotelo Coreografía: Aitana Cordero, Ánxela Blanco, Alejandra Balboa,
Clara Ferrao, Mónica García e Nuria Sotelo Olladas externas: Avelina Pérez e Ana Vallés
Deseño de iluminación: Baltasar Patiño
CÍA FURIA SOTELO Nuria Sotelo, bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da
compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo, docente no eido do movemento, traballadora no ámbito social das artes, impulsora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no rural A Casa Vella. Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro como son o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Aporía Teatro, Cía.Mikel Arístegui e dende 2013 forma parte do elenco habitual de Matarile Teatro. Os espectáculos de Licenciada Sotelo teñen sido apoiados pola AGADIC, O Festival ALT de Vigo, O Festival Escenas do Cambio, Corpo(a)Terra entre outros. E teñen participado en programacións e Festivais nacionais e internacionais. Ademais de dirixir os espectáculos de Licenciada Sotelo, realiza encargos e colaboracións puntuais como coreógrafa para diferentes
artistas, compañías e eventos como a Gala de Entrega dos Premios da Cultura Galega17. En 2017 é premiada como coreógrafa pola obra Ensaio
amor no Certame Coreográfico de Madrid e recibe o Premio de Interpretación Maruja Villanueva do Concello de Padrón. No eido social das
artes, ten traballado en proxectos para a compañía5S ou o Festival Internacional de danza Deltebre Dança.
TEATRO
DO
ATLÁNTICO
GALICIA
SIPNOSE:
Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora
da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse
ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais. Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua
do seu país; o seu respecto e admiración polas
escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa
solidariedade e a súa dor polas miserábeis condi- cións de vida que aquelas teñen que soportar. Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia
da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as
súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o
silencio que todo o envolve. Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros. Chámase María Rosalía Rita de Castro.
LIBRE COMO OS PAXAROS
FICHA TÉCNICA:
Textos: Rosalía de Castro Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
Elenco: María Barcala Composición musical: Vadim Yukhnevich
Gravación: Mauricio Caruso Espazo escénico e iluminación: Antonio F. Simón / Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto Fotografía: Tino Viz/Margen Realización de vídeo: e-Me Comunicación Técnicos de Escena: RTA
TEATRO DO ATLÁNTICO Como afirmou a crítica e investigadora Inma López Silva: “Seguramente
sexa unha proeza que unha compañía teatral galega faga trinta anos
ininterrompidos sobre os escenarios”.
Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985, por María Barcala e
Xúlio Lago leva realizadas ata o momento 35 producións, entre as que podemos suliñar «Casa de Bonecas«, de Ibsen, «A noite das Tríbades» de Olov Enquist, «Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín«, de García Lorca, «O cerco de Leningrado«, de Sanchis Sinisterra, «O encoro«, de Conor McPherson, «A raíña da beleza de Leenane«, de Martín McDonagh ,
«Unha primavera para Aldara«, de Teresa Moure ou «Memoria de Helena e
María», de Roberto Salgueiro.
As súas producións teñen realizado xiras por case todas as autonomías, con
participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro
Teatro do Atlántico recibiu no 2016 o Premio da Crítica de Galicia no
apartado de Artes Escénicas.
PRODUCIÓNS
TEATRAIS
EXCÉNTRICAS
GALICIA
SIPNOSE: Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego? Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis
sorprendentes para axudar ás persoas infelices que
llo pedían? Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas
que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina? Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían
hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo
código penal? Para contar todas estas cousas, P.T. Excéntricas apresenta, ESTRELA DO DÍA, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A
palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ. Estrela do día é unha experiencia para o público
recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o
milagre aínda é posíbel
ESTRELA DO DÍA
FICHA TÉCNICA: Dramaturxia: Quico Cadaval Dirección: Marcos PTT Carballido Elenco: Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez Espazo escénico e lumínico: Laura Iturralde
Vestiario: Uxía Vaello Música: Nacho Muñoz Fotografía: Sabela Eiriz Deseño de son: Xurxo Piñeiro Vídeo: Marghe Morello_ Realización vestiario e atrezzo 16 Thunders O: Ezra Moreno Xefe de produción: Xefe técnico: Octavio Mas Rubén G. Pedrero Maquinario e son: Pepe Quintela Axudante de dirección: Deseño grá co: Alberto Guitián Carlos Santiago
PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS Producións Teatrais Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa, e investiga nos delicados mecanismos do humor. Serve de plataforma para as creacións de Mofa & Befa como “Finis Mundi Circus”, “Sempre ao Lonxe”, “Cociña Económica”, "Cranios Privilexiados" ou “Shakespeare para Ignorantes”. Tamén explora outras formas do humor máis sarcástico como en “Obra”, “Un Cranio Furado”, “Oeste Solitario”, “Da Vinci Tiña Razón!” e “Os amores de Jacques o fatalista”. E sirve como
plataforma de creación dos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval
e os musicais de Piti Sanz.
Excéntricas foi convidada a distintos festivais como Almada, Monterrey, FIOT, FETEGA, Ribadavia, SINGLOT, Cômico da Maia, Iberoamericano de Bogotá ou Almagro, festival que coproduciu “Bobas & Galegas”. Producións
Teatrais Excéntricas recibiou en 2017 o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao Mérito nas Ártes Escénicas outorgado pola Mostra Internacional
de Teatro de Ribadavia.
IMAGINART
TEATRO
CASTELA-LEÓN
SIPNOSE:
“SENDA SOBRE RODAS” é un espectáculo de
clown e videomapping que se realiza no exterior
dunha caravana. Trátase dun espectáculo para
tódolos públicos que fala do amor polo mundo, do
amor cara un mesmo. "Poesia, maxia e humor combínanse nesta ocasión
para penetrarse nun propio camiño de emocións.
Cada un seguindo a súa propia SENDA, como metáfora da vida, nunha fantástica e pasional viaxe,
onde quizais, só quizais, caiba a espera/ a desespera, a alegría / a tristeza e á súa vez, toda a
melancolía, a risa e a doce torpeza do pallaso. Sexa
como sexa, seguindo o seu propio camiño, seguindo
a súa propia SENDA.
SENDA SOBRE RODAS
FICHA TÉCNICA: Elenco: Virginia Urdiales Ilustración: Juanma Durán Videomapping: Rodrigo Tamariz
Música: Rodrigo Tamariz Escenografía: imaginart Teatro Videomaping
Xéneros: Clown e Videomapping Duración: 55 min Público: Adulto Tipo espectáculo: Circo
Premio Moretti 2019 Premio do espectador ao mellor espectáculo de Rúa Feira Ciudad Rodrigo 2020
IMAGINART Imaginart nace da unión de Producións Artísticas Kull D´Sac e Rodrigo
Tamariz Music&Mapping para crear espectáculos para todos os públicos,
especialmente para nenas e nenos. Producións propias creadas cun equipo infatigable, imaxinativo, apaixonado, que ten colaborado cos principais teatros do país e coas compañías europeas de referencia. Imaginart esperta emocións a través de espectáculos que excitan a curiosidade, enriquecen o maxín, recrean novos escenarios e exploran
límites. Buscan a novidade, o imprevisto, a aventura, o xogo e a excepcionalidade, e fano cerca do público, de todos os públicos.
MARTA
ALONSO
GALICIA
SIPNOSE:
BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción que estamos a compartir aquí e agora bailando. Danza, danza e máis danza, desde o humor, a graza. Vivir para a danza. A bailarina e creadora Marta Alonso presenta a súa propia historia na danza a través dunha nena que xoga e baila coa súa nai, dos seus primeiros movementos coa música dos anos 80 e 90, e o seu contacto co ballet clásico, finalizando esta viaxe na danza contemporánea, sen esquecer o sufrimento e dedicación que esixe esta disciplina. Bailar agora é un espectáculo moi xeneroso, cheo de
sorpresas, e que quere situarnos no tempo actual,
cunha linguaxe humorística e danza moi física, para
vivir o aquí e o agora bailando.
BAILAR AGORA
FICHA TÉCNICA: DIRECIÓN E INTERPRETACIÓN: MARTA ALONSO TEJADA
CREACIÓN: MARTA ALONSO TEJADA, VICTORIA P.MIRANDA,
PABLO REBOLEIRO RAMA ASISTENCIA DE DIRECIÓN E DRAMATURXIA: PABLO REBOLEIRO RAMA
COREOGRAFÍA E MOVEMENTO: VICTORIA P. MIRANDA. ASISTENCIA DE MOVEMENTO: SERGIO PEROL DESEÑO DE ILUMINACIÓN E ESPAZO ESCÉNICO: LAURA ITURRALDE
ESPAZO SONORO E MÚSICA: XABIER BÉRTOLO VESTIARIO: UXÍA P. VAELLO
ATREZZO: TÓCOLO PRODUCIÓN: MANU LAGO, GALICIA DANZA CONTEMPORÁNEA.
AUDIOVISUAIS: ÁNGEL SOUSA E MILA ERCOLI DESEÑO GRÁFICO: PAULINA FUNES
MARTA ALONSO Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. A
traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense,
1983) é multidisciplinar e hiperactiva. A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico, a interpretación e ao circo. A danza, o humor, e a cercanía co público xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena. Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. Marta tamén integra o colectivo Verticalia, que mestura danza contemporánea, circo, aéreos e danzas urbanas. BAILAR AGORA (Estreada en Outubro, 2020), é unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xunta de Galicia. E UNHA PRODUCIÓN DE: Marta Alonso Tejada (cía trasPediante) co Centro Coreográfico Galego, AGADIC, Xunta de Galicia.
6
5 BOLSAS DE CREACIÓN
1 PREMIO DO PÚBLICO
Ante o incremento palmario da precariedade do
sector cultural na cidade de Ourense do que fala,
entre outras medidas, a suspensión da
programación do Auditorio municipal de
Ourense e a retirada de apoios a iniciativas e citas
consolidadas da cidade e o peche de equipamen-
tos culturais de Ourense, o FITO pretende dar un
paso adiante coa posta en marcha do proxecto
67 GRAOS, OURENSE FERVESCÉNICA.
Esta iniciativa nace coa filosofía
de que o festival sexa facilitador entre artistas
e creadores radicados ou vencellados coa cidade
para dar voz e visibilidade aos seus
traballos, que sexa esta unha plataforma que
garanta e permita a transferencia de coñecemen-
to e experiencias baixo os criterios que ás liñas de
programación do FITO xa lle son propios. O festival ten aberto un concurso de ideas no que creadores de diferentes ámbitos artísticos poderán postularse para ser os benefi- ciarios de cinco bolsas de creación cunha dotación económica de 300 € que facilite a creación de espectáculos a escala, preformances, pequenas pezas singulares que deberán ter como carta de natureza a contemporaneidade, a hibri- dación e diálogo entre xéneros e disciplinas, a transversalidade e o diálogo entre as diferentes artes vivas.
Unha comisión, allea á organización do festival, valorará estos proxectos e fará a
selección daquelas que optarán as devanditas
bolsas de creación. A seguinte fase deste
proxecto ten que ver coa exhibición do
proxectos seleccionados ante os espectadores,
quenes serán os encargados de valorar todos
eles e outorgar mediante os seus votos o
Premio dos espectadores cunha dotación de
600 €.
Inscripción ata o día 8 de outubro:
Datos completos da persoa ou entidade solicitante no que sen inclúa
Breve historia e traxectoria dos participanes
O dossier da proposta que debe contar brevemente a descripción do argumento, ficha artística e as necesidades técnicas para a súa exhibición.
O material requerido enviarase preferentemente vía ON-LINE, a través da páxina web do festival www.fitoourense.es ou ao correo do mesmo fitoourense@yahoo.es
ACTIVIDADES PARALELAS
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE (FITO) quere ser plataforma e dar
visibilidade a un dos proxectos máis anovadores que este ano 2021 púxose en marcha na provin-
cia de Ourense e do que a coreógrafa NURIA SOTELO é responsable: A CASA VELLA, como novo
espazo de creación e acción social no rural, para a promoción da investigación e formación artísti-
ca, o uso creativo e saudable do corpo, o respecto polo medio natural e a posta en valor dos seus
recursos endóxenos e o patrimonio cultural inmaterial.
O proxecto A Casa Vella, a materialización dun soño; é un espazo para a conexión, a relación e a
reunión, favorecendo a relación entre o rural e o urbano, entre a arte, os corpos e os ecosistemas
natural e social.
Tres eixos interrelacionados entre si son a base do proxecto: creación artística, acción social no
rural e o mantemento e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial ligado ao agro. A creación
artística céntrase no corpo e nas artes do movemento e nas súas implicacións no benestar físico,
social e afectivo. A acción social pon o seu foco na promoción da igualdade e posta en valor da
diversidade a través de actividades e accións artísticas con mulleres, nenos/as, familias e a co-mu-
nidade no medio rural.
A Casa Vella é a materialización dun soño proxectado durante anos. É un proxecto empresarial e
un proxecto de vida onde poder conxugar a danza, a arte, a natureza, co desexo dun rural vivo no
que se atenda ás persoas e a súa diversidade.
Patrimonio cultural inmaterial da terra artéllanse ao redor dos costumes, festas, cantos e danzas e
das labores agrícolas e de procesado e conserva-ción tradicional dos produtos endóxenos; buscan-
do espazos de encontro comunitario e de relación, coñecemento e recoñecemento entre o rural e
o urbano.
O proxecto está impulsado por Nuria Sotelo (veterinaria conversa, coreógrafa, bailarina, directora
de escena, docente no eido do movemento e traballadora no ámbito social das artes) e Rubén
Vilanova (profesional relacionado cos coidados e a arte, fotógrafo e traballador cultural no ámbito
rural).
MEMORIA
DO PROXECTO
As actividades e iniciativas da Casa Vella están dirixidas a diferentes colectivos, dende a veciñanza de
Amiadoso, Allariz e concellos veciños, pasando por persoas do eido do desenvolvemento rural e a
explotación sustentable dos recursos naturais, ata a comunidade artística e de traballadores/as
culturais, de Galicia e de fóra. Residencias artísticas, obradoiros e formacións, encontros e xorna-
das, estancias para desenvolvemento de proxectos, actividades públicas… permitindo tamén o
aloxamento e estancia no mesmo lugar.
O proxecto de A Casa Vella, ubicado na aldea de Amiadoso, Allariz, en plena Reserva da
Biosfera, concíbese como un espazo de creación artística cunha forte vocación social, de
interacción, mediación e dinamización do contexto rural, e cunha especial atención ao
mantemento e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial do agro galego.
A Casa Vella é un dos primeiros espazos deste tipo que se poñen en marcha en Galicia, un
proxecto anovador e aliñado co espírito e tendencias do seu tempo, no que comezan a
agromar unha multiplicidade de iniciativas que procuran unha posta en valor do rural dende
novos modelos sustentables que asocien cultura, natureza, benestar social e desenvolvemento
profesional.
A Casa Vella proxéctase como un espazo para a conexión, a relación e o encontro. Un espazo
inclusivo e facilitador e intercambio de coñecementos que promovan un medio rural vivo;
sostible en termos sociais, ambientais e económicos.
A través da creación artística, a acción social por medio da arte e a produción agroalimentaria
sostible; confórmase como unha canle de comunicación entre o rural e o urbano, a tradición e a
contemporaneidade, entre xeracións e diversidades humanas. Un dos elementos
diferenciadores con respecto a iniciativas que conxugan arte, territorio e agricultura, é que a
creación artística ten como punto de partida os corpos e as súas relacións. A situación do proxecto é estratéxica, sendo o rural de Ourense, o territorio con maior idade
media de España, sendo a terceira rexión máis avellentada de Europa.