Dm Medio Ambiente

Post on 16-Apr-2017

274 views 0 download

Transcript of Dm Medio Ambiente

Día Mundial do Medio Ambiente

5 de Xuño do 2014

Desde 1973, cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola Asamblea Xeral das Nacions Unidas coa finalidade de sensibilizar á poboación do noso planeta sobre a importancia do medio ambiente.

Historia

Este ano o tema será o apoio aos pequenos estados insulares que corren máis risco de ser afectados pola elevación do nivel do mar como consecuencia do quecemento global producido polo efecto invernadoiro. O eslogan escollido é “Alza a túa voz e non o nivel do mar”. O obxectivo é centrar a atención sobre eses pequenos territorios e explicar a súa importancia para preservar a diversidade cultural e biolóxica.

Cambio climático: as actividades humanas, especialmente o emprego de enerxías derivadas dos combustibles fósiles, están a producir un grave impacto sobre o clima que se aprecia nun aumento global da temperatura.

Efecto invernadoiro: orixínase polo do aumento da cantidade de CO2 e do número de partículas en suspensión na atmosfera que impiden a perda de calor prodúcíndose deste xeito un aumento gradual das temperaturas. As emisións proceden principalmente das combustións (calefacción, cociñas, coches, industrias, avións a reacción, incendios forestais). A redución das masas forestais e do planto mariño fai que aumente o CO2 e diminúa o osíxeno. 

Incendios forestais: cada ano arden, no mundo, 200.000 hectáreas de superficie forestal deixando o solo exposto á erosión e emitindo grandes cantidades de CO2. 

Desertización: un fenómeno que afecta a 168 países, especialmente en áreas de África, India e China. As causas principais son a seca, o cambio climático, a mala xestión da auga e a agricultura ou gandaría excesivas.

Deforestación: millóns de quilómetros de selva e bosques desaparecen cada ano poñendo en perigo o osíxeno do aire, expoñendo os solos á erosión e eliminando especies de interese ambiental ou como fontes de recurso.

Contaminación: do aire, dos ríos, dos océanos, do solo…Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde) unha de cada oito mortes son ocasionadas polo alto nivel de contaminación do aire, tanto no interior do edificios como no exterior.

Superpoboación, especialmente nas grandes urbes. A poboación da Terra triplicouse nos últimos 40 anos.

Desgaste da capa de ozono: a capa de ozono protexe o planeta dos prexudiciais raios ultravioleta. Algúnhas substancias que emitimos á atmosfera que conteñen cloro ou bromo destrúen o osono facendo que esta capa protetora se debilite, especialmente nas zonas polares. 

Mala distribución e xestión da auga: actualmente unha terceira parte da poboación da Terra non ten acceso axeitado á auga en boas condicións. 1.800 millóns de persoas carecen de auga potable, 2.400 millóns non teñen equipamentos sanitarios mínimos a aproximadamente 20 millóns morren cada ano a causa de enfermidades relacionadas co consumo de augas contaminadas. 

Redución da biodiversidade: un gran número de especies de seres vivos de todo tipo estanse a extinguir cada día e moitos corren grave risco de facelo. Nos próximos anos extinguiránse 1 millón de especies vexetais e animais, especialmente nas selvas de África, Asia e América do Sur. 

Sobrepesca: estase producindo a case desaparición de numerosas especies a causa do exceso de pesca.  

Resíduos: A cantidade e a variedade de materiais que empregamos habitualmente é moi grande e a maioría deles antes ou despois poden rematar na terra, nos ríos ou no mar. No mundo prodúcense diariamente cinco millóns de Tm de resíduos sólidos, 1 kg de por persoa. A producción de resíduos é moito máis alta nos países desenvolvidos e nas zonas urbanas.

Chuvia ácida: prodúcese cando os óxidos de xofre e nitróxeno, resíduos gasosos das combustións, entran na atmosfera. Alí volven a oxidarse e a continuación combínanse co vapor de auga converténdose en ácidos sulfúrico e nítrico, que son ácidos fortes, corrosivos e moi activos que caen coa chuvia.  

María Martínez Búa, xuño 2014