E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S

Post on 23-Jun-2015

832 views 1 download

Transcript of E C O L O XÍ A D A S L I N G U A S

ECOLOXÍA DAS LINGUAS

ECOLOXÍA DAS LINGUASAs linguas non restan. As linguas suman. As linguas non

pesan. Non son un lastre para quen as leva. Pola contra, son elas as que levan o peso da historia enriba da cabeza. (...) Porén, malia non ter peso, as linguas pertencen á natureza. Mesmo son o enxerto máis logrado e actúan como o pole para a semente. Verbo desa fecundación, quixera lembrar que na lingua galega os seres máis nomeados son dous cativos coleópteros. O vagalume é chamado de máis de cen maneiras diferentes e algo semellante ocorre coa xoaniña. (...) O vagalume e a xoaniña escasean agora por mor dos herbicidas.

Unha lingua é comparábel a un senlleiro ecosistema. Se sentimos noxenta a queima dun bosque amazónico ou a seca dun río, ou a perda dunha obra artística e monumental, cómo ser insensíbel ante a vida das linguas! (...) A vida das linguas é unha metáfora das nosas vidas.

(...) Hai que considerar as linguas parte esencial do medio ambiente. O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) di que a perda dunha lingua e do seu contexto cultural representa a queima dun libro de consulta único do mundo natural. De seguir a actual tendencia, calcúlase que dentro de 100 anos, o 90% dos idiomas do mundo estarán extinguidos ou a piques de se extinguir.

MANUEL RIVAS (Luces. El País. 18/01/2008)

Cada dúas semanas morre unha lingua

En menos dun século desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo. En colaboración co instituto a prol das linguas en perigo, a

publicación National Geographic está a realizar un proxecto de documentación, para identificar os lugares do mundo onde a situación é máis crítica. Cada 14 días, apuntan, unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010

probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundoalgunhas sen testemuña escrita ou audiovisual ningunha- e con elas a sabedoría

acumulada dos seus pobos. O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas

que esmorecen, como por exemplo a implantación de programas de aprendizaxe para os cativos en idade escolar.

Porén, afirman que o éxito destes plans depende do grao de implicación dos estados. Así, salientan como positivo o traballo feito co hawaiano, co maorí e co hebreo, e avogan polo uso das novas tecnoloxías para acadar resultados máis

positivos.

Fonte: xornaldixital Vieiros.

A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por

medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no

número de linguas que se falan na terra.

Cantas linguas se falan hoxe no mundo?

Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes.

Menos de 300 linguas superan o millón de falantes.

O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE.

A ONU recoñece uns 200 estados, pola contra hai

milleiros de linguas vivas.As fronteiras políticas poucas

veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas.

O normal é que a un estado lle correspondan varias linguas.

O FALSO MONOLINGÜISMO FRANCÉS

Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha

lingua non oficial do Estado en que habitan.   

A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo. 

A EUROPA DAS NACIÓNS

A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro. 

No continente europeo hai moi poucos estados monolingües:

tradicionalmente mencionamos os casos de Islandia e Portugal (co

permiso do mirandés), hoxe deberiamos incluír varias ex-

repúblicas soviéticas. No resto dos estados contabilízanse

numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos

espallados por diferentes países…

TIPOLOXÍA DAS LINGUAS

- LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS. (Segundo o número de falantes)

- LINGUAS OFICIAIS E LINGUAS SEN ESTADO. (Segundo o estatus legal)

- LINGUAS MINORIZADAS E LINGUAS DE PRESTIXIO. (Segundo o estatus social)

CAUSAS DA DESAPARICIÓN DUNHA LINGUA:1. Substitución da lingua. 2. Desaparición da lingua:

2.1. Desaparición física dos falantes, 2.2. Ruptura da transmisión familiar.

Linguas minorizadas

As linguas do Estado Español

Territorios de fala galega

O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns

de habitantes nos cinco continentes.

O galego-portugués no mundo

POR QUE ESTA DIVERSIDADE E NON UNHA ÚNICA LINGUA?

Sempre en Galiza, Castelao.

Cuestións para a reflexión• Por que meu irmán comezou a falar moito antes

ca min?• Por que na lingua esquimó teñen multitude de

nomes para a “foca”?• Por que se comezou a usar por España adiante

o termo galego “chapapote”?• Cal é a familia lingüística do galego?• Por que os falantes abandonan a lingua de seu?• Por que esta diversidade e non unha única

lingua?• Que é a “eco-lingüística”?• Exercicio 5. da páxina 36 do Libro de Apoio.

FONTES…

• Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. (pax.7 e 11)

• Guía das linguas de Europa. X. H. Costas. (pax. 9, 17, 33)

• As linguas de España. Mª V. Moreno. (pax. 59-61)

• Sempre en Galiza. Castelao. (pax. 43)• Artigos e tiras cómicas tirados da prensa cotiá.• Imaxes tiradas da rede e da presentación de

Román Landín aloxada en slideshare.• Libro de apoio (pax. 33)