Post on 01-Jul-2015
description
Comezaba así para min unha gran viaxe que marcaría a miña vida e
comecei recordando cousas que marcarán a miña viaxe,recordos.
Non coñezo o lugar a onde vou,teño medo,mais, levo comigo unha gran alfaia.
Xa sen marchar sinto que me invade a morriña,non vou derramar unha bágoa pero…
Hai certas persoas polas que sentes algo especial,moi forte.
Cando o medo nos abafa,sentímonos moi lonxe,como se as tebras engaiolaran as nosas almas.
Pero sei que non somos os únicos.Emporiso non me sinto diferente.
Penso que as apertas fan sentir a unha persoa mellor…
…e os sorrisos de verdade enfeitizan a alma.Ollos que como xanelas deixan ver os pensamentos.
É como outro solpor calquera,este,que leva unha tarde.Mais esta vez ,fuxiu cos soños dun emigrante.