entroido

Post on 17-Mar-2016

222 views 1 download

description

historia das mascaras

Transcript of entroido

O entroido galego ten personalidade propia, sendo as máscaras uns dos personaxes máis típicos de Galicia, e en particular de Ourense.As máscaras son diferentes segundo o lugar, así temos: Felo, Peliqueiro, Cigarrón, Pantallas, Boteiros ou Generales.

O FELO

O Felo é de Maceda, diferenciase polas medias negras e na “Mitra” pintan animais da Serra de San Mamede.

PELIQUEIRO E CIGARRÓN

En Laza son Peliqueiros e en Verín Chámanse Cigarróns

Caraterízanse porque levan un mallo para pegarlle a quen se interpoña no seu camiño. Levan unhas chocas colgadas dun cinto para avisar da súa presenza, cada choca pode pesar quilo e medio.

BOTEIROS

Boteiros de Viana do Bolo.

Boteiros de Vilariño.

Os Boteiros teñen uns traxes moi elaborados cun colorido fermoso e de custosísima realización.

FOLIÓNS

Os folións son grupos de 30 ou 40 veciños que aconpañen aos boteiros.

PANTALLAS

As pantallas de Xinzo De Limia levan unhas vexigas de porco ou de vaca infladas coas que van acosando a xente.

GENERALES

Os “Generales” do Ulla teñen a súa orixe na guerra da Independencia contra os franceses.

VERGALLEIROS

Os Vergalleiros de Sarreaus.

VOLANTES

Os Volantes son da localidade luguesa de Chantada. Destaca o seu gorro que pode chegar a pesar 15 quilos.