Post on 14-Apr-2017
3º CSXH
ESTADO Unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e todos os
seus habitantes se someten á súa autoridade. O seu territorio está delimitados por unhas fronteiras. A poboación é o conxunto de cidadáns dese estado. Teñen recoñecidos uns dereitos pero tamén unhas
obrigas. Para regular o territorio e a poboación o estado dita un conxunto de normas, e crea un conxunto de
institucións que teñen a misión de facer efectivas as decisións do estado.
Funcións: Manter a orde política. Defender o territorio. Establecer relacións internacionais. Elaboración de leis. Proporcionar servizos. Regular a economía e as relacións laborais.
Que é o Estado do Benestar ou Estado social?
Un estado no que o goberno intervén na economía e na sociedade co fin de acadar un nivel de vida digno para os seus cidadáns e reducir as desigualdades sociais. Coa recadación de impostos ofrecen servizos gratuitos universais, subsidios, pensións, establecemento dun salario mínimo…
ESTADOS DEMOCRÁTICOS
Para considerar un estado como democrático ten que cumprir tres características: - Participación da cidadanía no goberno. - Separación de poderes. - Estado de dereito.
Participación dos
cidadáns
Eleccións dos representantes da cidadanía.
Requisitos no proceso:
Todos os cidadáns maiores de idade deben poder votar.
Deben poder presentarse ás eleccións todas as persoas e partidos que o
desexen e que respecten as normas da democracia.
Todos os que se presenten poderán expor o seu programa libremente.
Eleccións que deben celebrarse periodicamente.
Debe garantirse a limpeza dos resultados.
Os partidos que gañan as eleccións deben respectar os partidos que perderon e que
forman parte da oposición, para criticar o goberno e propor outras alternativas con
liberdade.
Separación de
poderes
O poder está repartido para evitar que unha persoa ou un grupo acaden o control. Esta
separación garante a protección dos cidadáns, cada poder controla a actuación dos
outros dous.
PODER LEXISLATIVO (Parlamento). Encargado do aprobar as leis e controlar as
accións do goberno.
PODER EXECUTIVO (Goberno) Ocúpase de aplicar as leis e de administrar o país.
PODER XUDICIAL(Os xuíces) Ten como misión velar polo cumprimento das leis polos
cidadáns e polas institucións.
Estado de dereito No que as leis deben ser respectadas por todos.
O referente é a CONSTITUCIÓN, aprobada polos cidadáns e onde se define a forma do
estado, os dereitos e deberes dos cidadáns e limitan o poder das institucións. As
persoas teñen uns dereitos que os gobernantes deben respectar sempre.
3º CSXH
AS DITADURAS
Unha persoa ou grupo de persoas concentra nas súas mans todos os poderes do Estado. O acceso ao poder
realízase de forma violenta, despois don golpe de estado (cando un pequeno grupo toma o poder pola forza) ou
unha revolución (levantamento popular).
Os cidadáns non participan no goberno, e só se respectan as leis que dita o goberno. Non existen institucións para
a defensa dos cidadáns cando os seus dereitos son vulnerados.
A cuestión relixiosa:
ESTADOS LAICOS Separación total entre Estado e relixión. Os cidadáns poden profesar a relixión que
desexen ou ningunha.
ESTADOS CONFESIONAIS Existe unha relixión oficial que goza de amplos privilexios. Poden ser estados
democráticos e permitir a práctica doutras doutrinas relixiosas. Moitos non son
democráticos e prohiben o culto doutra relixión diferente á oficial.
TEOCRACIAS Hai unha relixión oficial, os libros sagrados son a lei e os relixiosos forman parte do
goberno ou teñen unha influencia política importante. En moitos prohíbense outras
relixións ou están restrinxidas á vida privada.
A forma do estado
MONARQUÍA O xefe do estado é un rei, que ten o seu cargo por dereito de nacemento e con carácter
hereditario. Poden ser democráticos ou ditatoriais.
REPÚBLICA O xefe do estado é un presidente. Nas repúblicas democráticas o presidente é elixido polos
cidadáns, mentres que nas repúblicas que son ditaduras o presidente é elixido polos grupos
que controlan o poder.
A organización territorial do Estado.
Para administrar mellor o territorio, os estados organízanse en unidades territoriais menores. Estas divisións territoriais
reciben distintos nomes en cada país: departamentos, cantón, rexións, etc… Adoitan existir dous tipos de institucións de
goberno: estatais (Toman decisións que afectan a todo o territorio estatal. Parlamento nacional, goberno e os tribunais
superiores), rexionais e locais (Toman decisións que afectan só ao ámbito territorial ao que pertencen).
ESTADOS CENTRALIZADOS ESTADOS DESCENTRALIZADOS
As institucións locais e rexionais non teñen
autonomía de goberno, posto que dependen
das institucións estatais, os funcionarios son
elixidos pola Administración central. Exemplo:
Francia.
-As rexións teñen institucións propias. Os cidadáns elixen os
membros dos gobernos e parlamentos locais e rexionais, que
non dependen das institucións do estado.
- O estado mantén o poder máximo.Leis comúns no territorio e
institucións estatais con autoridade en todo o estado.
- Os municipios e as rexións teñen amplos poderes nos seus
territorios. Nas Constitucións defínense as competencias (as
materias sobre as que teñen poder). Exemplo: España
As relacións entre os estados. Para facilitar as súas relacións, os Estados asinan tratados, pactos e convenios (=Documentos nos que os estados se comprometen a realizar determinadas accións nunha maneira concreta). Poden xurdir conflitos entre os Estados:
- Económicos: Cando chocan os intereses económicos de dous ou máis países. - Militares: Que poden desembocar en terribles guerras. Para resolver os problemas poden solicitar a axuda doutros países ou a mediación de organismos internacionais.