Fragas do Eume

Post on 16-Apr-2017

537 views 0 download

Transcript of Fragas do Eume

Fragas do

Eume

Situación Xeográfica A área protexida abrangue unha superficie de 9.125 ha nos

vales do Eume e algúns dos seus afluentes, entre o límite das provincias de A Coruña e Lugo (concello de Xermade) e o límite da influencia das mareas na parroquia de Ombre en Pontedeume, a Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba. Os terreos están situados nos concellos de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes. Na actualidad residen no parque 521 personas nos cinco municipios .

Tipo de proteción

“Parque Natural” “LIC”

O río Eume, eixo do parque natural, nace na vertente sur da Serra do Xistral, atravesa a Depresión das Pontes e logo encáixase entre rochas graníticas e xistos con fortes pendentes para finalmente formar a ría de Ares.

Río Eume

O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.

No interior do parque natural está o Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII e nas proximidades o mosteiro de Monfero e o castelo de Leboreiro.

Na parte alta do espazo atópase o encoro do Eume ou da Capela e máis abaixo os restos das antigas centrais Ventureira e O Parrote.

Flora A árbore con maior presenza no parque natural é o

carballo. Tamén hai castiñeiros, bidueiros, teixos… En este parque encontranse tamén unhas 21 especies

diferentes de fentos, algunhas moi raras.

Hipericum

Culcita macrocarpa

Woodwardia

Fauna As fragas do Eume, polo seu clima húmido, son o lugar

ideal para os anfibios. Aquí viven 13 das 15 especies de Galicia.

Entre as aves destacan: falcón peregrino, miñato común e real, pito real, pito verde…

Entre os mamíferos destacan: a lontra, o gato bravo, o gato algario, os morcegos…

Lontra

Bacaloura

Lagartixa Serrana

Pintega Común

Lenda A lenda conta que Deus, ao crear os tres

ríos que nacen na serra de O Xistral, (Eume, Landro e Masma) prometeulle un home cada ano ao que chegase primeiro ao mar. Traizoado polos otros dous, que o deixaron durmindo, o Eume tivo que cruzar vales e montes para gañar. Por eso saiu bravo; antes da aparición dos encoros levaba cada ano a vida dun home.

Catastrofes Naturais O 31 de marzo de 2012

iniciouse un incendio no concello da Capela, que destrueu parte do parque e que non foi extinguido hata o día 3 de abril.

A superficie queimada estimouse nun total de 750 hectáreas, das que unas 350 corresponden ao Parque, unhas 100 hectáreas en fragas de gran valor patrimonial.

Martín Prado Padín