Post on 26-Dec-2014
description
GRANDES ESCRITORES POR PAÍSES
ESPAÑA
● Miguel de Cervantes Saavedra
● Benito Pérez Galdós
● Francisco de Quevedo
Miguel de Cervantes Saavedra
É considerado unha das máximas figuras da literatura española e universalmente coñecido por escribir Don Quijote de la Mancha, que moitos críticos describiron como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal, ademais de ser o libro máis editado e traducido da historia, só superado pola Biblia.
Benito Pérez Galdós
Novelista, dramaturgo e cronista español. Trátase do maior representante da novela realista do século XIX en España, e un dos máis importantes escritores da lingua española,famoso por escribir os “Episodios Nacionales” sobre a historia recente de España.
Francisco de Quevedo
Escritor español do Século de Ouro. Trátase dun dos autores máis destacados da historia da literatura española e é especialmente coñecido pola súa obra poética, aínda que tamén escribiu obras narrativas e obras dramáticas.
Francia
● Victor Hugo
● Jules Verne
Victor Hugo
Poeta, dramaturgo e escritor romántico francés, considerado como un dos escritores máis importantes en lingua francesa. Tamén foi un político e intelectual comprometido e influente na historia do seu país e da literatura do século XIX.A súa obra máis famosa e Os Miserables.
Jules Verne
Escritor, poeta e dramaturgo francés célebre polas súas novelas de aventuras e pola súa profunda influencia no xénero literario da ciencia ficción, escritor das famosas Viaxe ao centro da Terra, Vinte mil leguas de viaxe submarina e A volta ao mundo en oitenta días.
Rusia
● Fiódor Dostoyevski
● Leon Tólstoi
Fiódor Dostoyevski
Un dos principais escritores da Rusia Tsarista, cuxa literatura explora a psicoloxía humana no complexo contexto político, social e espiritual da sociedade rusa do século XIX. É considerado como un dos máis grandes escritores de occidente e da literatura universal.A súa obra máis coñecida e Crimen y Castigo.
León Tolstói
Novelista ruso amplamente considerado como un dos máis grandes escritores de occidente e da literatura mundial.As súas obras máis famosas son Guerra e Paz e Ana Karénina, e son tidas como a cúspide do realismo.
Reino Unido
● William Shakespeare
● Charles Dickens
● Arthur Conan Doyle
William Shakespeare
Dramaturgo, poeta e actor inglés,Shakespeare é considerado o escritor máis importante en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal, famoso por obras de teatro como Romeo y Julieta e Hamlet.
Charles Dickens
Famoso novelista inglés, un dos máis coñecidos da literatura universal, e o principal da era vitoriana. Foi mestre do xénero narrativo, ao que imprimiu certas doses de humor e ironía, practicando á vez unha aguda crítica social. As súas obras máis famosas son Oliver twist e Cuento de Navidad.
Arthur Conan Doyle
Foi un médico e escritor escocés, creador do célebre detective de ficción Sherlock Holmes. Foi un autor prolífico cuxa obra inclúe relatos de ciencia ficción, novela histórica, teatro e poesía
Estados Unidos
● Ernest Hemingway
● Edgar Allan Poe
● Mark Twain
Ernest Hemingway
Foi un escritor e xornalista estadounidense, e un dos principais novelistas e contistas do século XX. O seu estilo sobrio e minimalístico tivo unha grande influencia sobre a ficción do século XX.
A súa obra mais destacada foi El viejo y el mar
Edgar Allan Poe
Edgar Allan Poe foi un escritor, poeta, crítico e xornalista romántico estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, do cal foi un dos primeiros practicantes no seu país. Foi renovador da novela gótica, recordado especialmente polos seus contos de terror
Mark Twain
Mark Twain foi un popular escritor, orador e humorista estadounidense. Escribiu obras de grande éxito como El príncipe e o mendigo ou Un ianqui na corte do Rei Arturo, pero é coñecido sobre todo pola súa novela Las aventuras de Tom Sawyer e a súa secuela Las aventuras de Huckleberry Finn.
Sudamérica
● Gabriel García Márquez
● Mario Vargas Llosa
Gabriel García Márquez
Gabriel García Márquez , é un escritor, novelista, guionista e xornalista colombiano. En 1982 recibiu o Premio Nobel de Literatura
Gabriel García Márquez está relacionado de xeito inherente co realismo máxico e a súa obra máis coñecida, a novela Cien anos de soidade, é considerada unha das máis representativas deste xénero literario
Mario Vargas Llosa
Mario Vargas Llosa, é un escritor peruano, que dende 1993 conta tamén coa nacionalidade española. Uno dos máis importantes novelistas e ensaístas contemporáneos, a súa obra obtivo numerosos premios, entre os que destacan o Príncipe de Asturias das Letras 1986 e o Nobel de Literatura 2010