Post on 31-Jan-2021
IES Sofía Casanova (Ferrol)
Curso 2020/2021
1. O reinado de Carlos IV e a Guerra da Independencia.
2. O reinado de Fernando VII.
3. O reinado de Sabela II.
4. O Sexenio Democrático.
5. A Restauración Borbónica.
6. A industrialización e os cambios sociais en España.
7. Recursos de consulta.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 2
Os principais fitos do reinado de Carlos IV e a crise da monarquía española. Orixes e desenvolvemento da Guerra de Independencia. O reinado de Xosé I Bonaparte. O labor das Cortes de Cádiz.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
3
▪ Carlos IV reinou entre 1788 e 1808.Este período estivo marcado polotemor ao contaxio revolucionariodesde Francia, a involución enmoitas reformas ilustradas e ocrecente protagonismo de ManuelGodoy, un fidalgo que se converteuen home de confianza do monarca.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 4Retrato de Carlos IV, por
Francisco de Goya (1789)
▪ Principais fitos do reinado de Carlos IV:
▪ As relacións con Francia:
▪ Enfrontamento coa Francia revolucionaria até 1795 (Paz de Basilea).
▪ Alianza en 1796 (Tratado de San Ildefonso) para combater a Inglaterra (ameaza para o comercio eas colonias americanas).
▪ Derrotas contra armada inglesa (Trafalgar, 1805).
▪ Abdicación de Carlos IV:
▪ Tratado de Fointanebleau (1807) = permiso de Godoy para que Napoleón atacase Portugal (aliadade Inglaterra) desde España.
▪ Motín de Aranjuez contra Godoy e os reis como rexeitamento desta situación por parte dospartidarios do príncipe Fernando.
▪ Abdicación de Carlos IV no seu fillo, Fernando VII.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 5
▪ Coa escusa de mediar no conflitofamiliar, Napoléon reuniu en Baiona(Francia) a Carlos IV e FernandoVII. Obrígaos a ceder os seusdereitos á coroa española e nomearei a seu irmán, Xosé I Bonaparte.
▪ O 2 de maio de 1808 prodúcese unlevantamento popular en Madridcontra a ocupación militar francesa, ecomeza oficialmente a Guerra daIndependencia.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 6
O dous de maio de 1808 en Madrid
(ou A carga dos mamelucos),
por Francisco de Goya (1814)
▪ A Guerra da Independencia durouaté 1814, e estivo marcada polasuperioridade militar francesa e aocupación practicamente total doterritorio peninsular.
▪ Ante esa situación, os españoisdesenvolveron a táctica da guerra deguerrillas, ao tempo que contaronco apoio de Gran Bretaña ePortugal.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 7
▪ Xosé I Bonaparte intentoureproducir en España as medidaspolíticas e administrativas do seuirmán en Francia, que compiloununha Carta outorgada (Baiona,1808).
▪ Contou co apoio dun reducidonúmero de intelectuais e nobresespañois, chamados afrancesados,que estaban convencidos de que esteera o mellor modo de lograr arenovación e modernización deEspaña.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 8
Xosé Bonaparte como
Rei de España,
por François Gérard
(1808)
▪ Xosé I foi rexeitado pola maioría da poboación. As elites e o pobo formaronxuntas, institucións que asumiron a soberanía en ausencia dos monarcas eexerceron o goberno no seu territorio, organizando a defensa e a guerra.
▪ Para coordinalas creouse a Xunta Suprema Central Gobernativa de España eIndias.
▪ Ao mesmo tempo, estendeuse a idea de convocar Cortes extraordinarias queelaborasen novas leis e definisen o modelo político que se quería para España.Reunidas en Cádiz en 1810, elaboraron diversos decretos e redactaron aConstitución de 1812, coñecida como A Pepa (aprobada o 19-III).
▪ Recollía os principios básicos do liberalismo: soberanía nacional, división depoderes, dereitos e liberdades individuais, a existencia de Cortes, o sufraxio...,ademais da monarquía, o catolicismo como relixión oficial e unha administracióncentralizada
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 9
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 10
A promulgación da Constitución de 1812, por Salvador Viniegra (1912)
Os principais fitos e as etapas do reinado de Fernando VII. A independencia da América española.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
11
▪ Rematada a guerra contra os franceses, retornou aEspaña Fernando VII en 1814. Napoleón devolvéralle acoroa española polo Tratado de Valençay (XII-1813).
▪ Contando co favor popular e o apoio dos nobres e daIgrexa, impuxo o seu poder absoluto, derrogando aConstitución de Cádiz e toda a lexislación liberalaprobada durante a súa ausencia.
▪ O seu reinado divídese en tres períodos:
▪ Sexenio absolutista (1814-1820).
▪ Trienio liberal (1820-1823).
▪ Década ominosa (1823-1833).
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 12Retrato de Fernando VII,
por Francisco de Goya
▪ O sexenio absolutista (1814-1820): nesta época proliferaron as conspiracións eos pronunciamentos (levantamentos de oficiais do exército) por parte das forzasliberais (burgueses e algúns militares), aínda minoritarias. Reivindicaban orestablecemento da Constitución de 1812.Todos fracasaron.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 13
▪ O trienio liberal (1820-1823): o 1-I-1820, en Cabezas de San Juan(Sevilla), o tenente coronel Rafael del Riego levantouse enarmas e esixiu o restablecemento da Constitución de 1812.Durante as vindeiras semanas, a meirande parte do exércitopermaneceu pasivo, até que se lle sumaron varias gorniciónsimportantes. Fernando VII viuse obrigado a aceptar aConstitución o 10-III.
▪ Os novos gobernos liberais comezaron a restaurar a lexislaciónliberal das Cortes de Cádiz e a impulsar importantes reformaseconómicas, sociais e administrativas.
▪ España foi o primeiro caso da onda revolucionaria liberal de 1820,que afectou a varios países da contorna mediterránea.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 14
Rafael del Riego
▪ A década ominosa (1823-1833): o medo á extensión da vaga revolucionaria porEuropa levou ás potencias absolutistas, reunidas no Congreso de Verona (outubro-decembro de 1822), a acordar unha serie de intervencións militares para esmagaras revoltas liberais.
▪ En España, en abril de 1823, entran os Cen Mil Fillos de San Luís, un exércitofrancés ao mando do duque de Angulema, que restablece o poder absoluto deFernando VII. Comezou un período de dura represión contra a oposición liberal,que retomou as conspiracións.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 15
▪ Ao mesmo tempo, os sectores máis reaccionarios e absolutistas comezan aafastarse de Fernando VII, a quen acusaban de debilidade por verse obrigado aadoptar reformas económicas urxentes e non restablecer a Inquisición.
▪ Ademais, dada a falta de descendencia do monarca, estes absolutistasagrupáronse ao redor de Carlos María Isidro, irmán do rei, a quen vían comofuturo sucesor.
▪ En 1830, Fernando VII derrogou a Lei Sálica (introducida por Filipe V) eproclamou herdeira a súa filla Sabela, nacida do seu matrimonio con María Cristinade Borbón. Orixinouse entón un grave problema dinástico.
▪ En 1833 morreu Fernando VII e tanto Sabela como Carlos foron proclamados eaceptados como reis por cadanseus partidarios.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 16
▪ A independencia da América española: foi un procesolongo e complexo (1808-1824) que afectou á meirandeparte das colonias.
▪ Factores:
▪ Extensión das ideas liberais.
▪ Cambios de réxime acontecidos en España.
▪ Desexos das minorías crioulas (descendentes de españoisnacidos en América).
▪ Producíronse diversas guerras entre os independentistase a poboación leal á coroa española.
▪ Ao final do proceso, España só contaba con Cuba, PuertoRico e Filipinas.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 17
Os principais fitos e as etapas do reinado de Sabela II.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
18
▪ Sabela II reinou entre 1833 e 1868, época na que seconsolidaron as reformas liberais.
▪ A vida política estivo condicionada pola división e oenfrontamento entre liberais (moderados eprogresistas), no que tiveron un papel destacado comoxefes de partido e de goberno varios militares,denominados “espadóns” (como o progresista Esparteroou os moderados Narváez e O’Donnell).
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 19
Sabela II en 1852, por
Franz Winterhalter
▪ As rexencias de María Cristina e Espartero (1833-1843): á morte de seu pai,Sabela II tiña tres anos, polo que exerceu de rexente súa nai, María Cristina deBorbón (1833-1840), e logo o xeneral progresista Baldomero Espartero (1840-1843). Neste período cómpre destacar:
▪ A Primeira Guerra Carlista (1833-1839), entre os partidarios de Sabela e os do seu tío,Carlos María Isidro (denominados “carlistas”).
▪ Carlistas = partidarios do absolutismo, da orde tradicional e dos privilexios forais.
▪ Convenio de Vergara (1839) = fin do conflito. Os carlistas aceptan a Sabela II a cambio do respectodos privilexios forais (Lei paccionada de 1841).
▪ O triunfo da revolución liberal: tomáronse medidas como a amnistía para os exiliados, aorganización provincial de 1833, a desamortización eclesiástica ou a Constitución de1837, ademais da recuperación de boa parte da lexislación das Cortes de Cádiz.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 20
▪ As diferenzas entre liberais moderados e progresistas:
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 21
▪ O reinado persoal de Sabela II: comezou en 1843, cando tiña 13anos. Tratou sempre de apoiarse en políticos moderados,marxinando ás forzas progresistas, que adoitaron recorrer aopronunciamento. No seu reinado distínguense varios períodos:
▪ A década moderada (1843-1854), baixo a dirección do xeneral Narváez.Réxime baseado na Constitución de 1845, máis conservadora. Destaca acreación da Garda Civil (1844) como instrumento represor. As medidasrestritivas e o fraude electoral provocaron conspiracións dos progresistas.A frustración e a radicalización dunha parte dos progresistas deu lugar aunha nova familia dos liberais: os demócratas.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 22
O xeneral Narváez
▪ O reinado persoal de Sabela II:
▪ O bienio progresista (1854-1856): o xeneral Espartero presidiunovamente o goberno tras un pronunciamento progresista, pero asdiferenzas entre as faccións progresistas foron aproveitadas polosmoderados para recuperar o poder pouco despois. Destes anos destacana Lei de desamortización xeral e a Lei de ferrocarís, ambas de 1855.
▪ A década moderada-unionista e a fin do reinado (1856-1868):alternáronse no poder os unionistas (moderados e progresistas decentro) de O’Donnell e os moderados de Narváez. Destacan as campañasmilitares do xeneral Prim en Marrocos e as expedicións punitivas doalmirante Méndez Núñez contra Chile e Perú. A partir de 1866 odescontento popular foi en aumento polo autoritarismo da raíña, até queunha revolución expulsouna do poder en 1868.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 23
O xeneral O’Donnell
A fin do reinado de Sabela II e a revolución de 1868. As etapas do Goberno Provisional, o reinado de Amadeo I de Savoia e a I República.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
24
▪ En setembro de 1868, militares e liberais progresistas descontentosco autoritarismo de Sabela II protagonizaron unha sublevación enCádiz. En toda España formáronse xuntas revolucionarias quereclamaron cambios no sistema e o establecemento de medidasdemocráticas (sufraxio universal, liberdade de prensa, deasociación...) e sociais (abolición do imposto sobre os consumos e dorecrutamento dos soldados polo sistema de quintas).
▪ A revolución, denominada “A Gloriosa”, triunfou e Sabela II tivo queabandonar o país.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 25
▪ Estableceuse un Goberno Provisional:
▪ Puxéronse en marcha novas medidas políticas(ampliación das liberdades democráticas) eeconómicas.
▪ Elixíronse novas Cortes por sufraxio universal en 1869,e aprobaron unha nova Constitución.
▪ O xeneral Serrano foi nomeado rexente, mentes quese buscaba un candidato á coroa de España. Ascondicións eran: que fose católico, liberal e gozase daaprobación das potencias europeas.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 26
Subasta da coroa española.
Caricatura aparecida na revista
La Flaca en 1869
▪ O candidato elixido foi Amadeo I de Savoia, que reinou de 1871 a 1873. Tivo queafrontar moitas dificultades e contou con escasos apoios:
▪ O xeneral Prim, o seu principal valedor, fora asasinado poucos días antes da súa chegadaa España.
▪ A aristocracia rexeitábao por estranxeiro, a Igrexa por permitir a liberdade de cultos, opobo pola súa falta de carisma e os seus problemas para falar o castelán, os carlistas e osafonsinos (partidarios do fillo de Sabela II) por consideralo ilexítimo, e os republicanosporque desexaban instaurar unha república.
▪ Neses anos, comezou unha nova guerra carlista e unha sublevación en Cuba (Guerra dosDez Anos, 1868-1878).
▪ Ante todos estes problemas, Amadeo I renunciou á coroa en 1873.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 27
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 28
Retrato de Amadeo I,
por Vicente Palmaroli
▪ O 11 de febreiro de 1873, as Cortes proclamaron a Primeira República, queestivo marcada por una crecente inestabilidade política, sucedéndose variosgobernos en poucos meses:
▪ O primeiro foi o de Estanislao Figueras: entre os republicanos xorden diferenzas sobrea organización administrativa e territorial (unitarios e federais). Celebradas elecciónsxerais, as novas Cortes proclamaron unha república federal.
▪ O segundo goberno foi presidido por Francisco Pi i Margall: redactouse un proxecto deConstitución federal (que non chegaría a aprobarse). A axitación social e políticaaumentou polas diferenzas entre os federais; os máis radicais decidiron non esperar áaprobación do texto constitucional e proclamaron a soberanía dos seus cantóns(pequenas cidades ou rexións-Estado). Esta revolta cantonalista provocou a dimisión dePi i Margall.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 29
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 30Caricatura aparecida en La Flaca en 1873 sobre as diferenzas
entre as faccións republicanas
▪ A Primeira República (1873-1874):
▪ Os seguintes presidentes foron Nicolás Salmerón e EmilioCastelar, que trataron de restablecer a orde, combatendo acarlistas e cantonalistas. O 3 de xaneiro de 1874, mentres secelebraba a sesión para elixir a un novo presidente, oxeneral Pavía disolveu as Cortes.
▪ O xeneral Serrano asumiu o poder e suspendeu asgarantías constitucionais até que o país estivesepacificado.
▪ O 29 de decembro de 1874, o xeneral Martínez Campospronunciouse en Sagunto a favor do restablecemento damonarquía na persoa de Afonso XII, fillo da exiliadaSabela II. As resistencias foron moi escasas.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 31
O xeneral Pavía disolve as Cortes
O reinado de Afonso XII e a rexencia de María Cristina de Habsburgo.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
32
▪ Entre 1875 e 1923, o réxime político de España coñécese como a Restauraciónborbónica, que consta das seguintes etapas:
▪ O reinado de Afonso XII (1875-1885).
▪ A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902).
▪ O reinado constitucional de Afonso XIII (1902-1923).
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 33
Afonso XII
▪ O reinado de Afonso XII (1875-1885): comezou co pronunciamento do xeneralMartínez Campos, que puxo fin á Primeira República. Características:▪ Pacificación do reino: derrota dos carlistas e fin da guerra en Cuba.
▪ Abolición dos privilexios forais vascos (1876) polo seu apoio ao carlismo. Foronsubstituídos por leis comúns e por un concerto económico no pago de impostos.
▪ Centralismo administrativo coa lei municipal de 1877.
▪ Aprobación da Constitución conservadora de 1876 e artellamento do novo réximepolítico por Antonio Cánovas del Castillo, que tentou lograr a estabilidade políticamediante un sistema de quendas ou alternancia pacífica entre os dous grandes partidosno exercicio do poder.
▪ Para poder gobernar era necesario contar coa confianza do rei e o apoio das Cortes, peropara iso había que manipular as eleccións. O rei nomeaba o goberno e este convocabadeseguido eleccións a Cortes, eleccións que debía gañar para ter maioría nelas; parafacelo recorría á fraude eleitoral e aos caciques locais que buscaban os votos para oscandidatos oficiais.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 34
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 35Caricaturas sobre o sistema canovista aparecida en El Loro en 1881 (esquerda) e sobre o caciquismo,
elaborada por Castelao (dereita)
▪ A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902): en1885 morreu Afonso XII a causa da tuberculose; a súa viúvaMaría Cristina, coa que xa tivera dúas fillas, estaba embarazada.En 1886 naceu Afonso XIII e ata a súa maioría de idade (1902)exerceu a rexencia a súa nai.
▪ Deste período compre destacar:
▪ A consolidación da alternancia ou quenda pacífica e de mutuoacordo (pacto do Pardo) entre as forzas monárquicas agrupadas emtorno a dous grandes partidos liberais: o Partido Conservadorliderado por Cánovas, e o Partido Liberal, progresista, por Sagasta.Ante algunha dificultade ou crise, a raíña destituía o goberno enomeaba un novo presidido polo xefe do partido dinástico queestaba na oposición; este convocaba eleccións que sempre gañabagrazas á fraude e ao caciquismo.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 36
María Cristina con
Afonso XIII
▪ A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902):
▪ Deste período compre destacar:
▪ As reformas liberais de Sagasta, coa ampliación de dereitos e liberdades: lei deasociacións (1887), que permitiu a legalización das organizacións obreiras; lei do xurado(1888); Código civil (1889), e lei do sufraxio universal masculino para maiores de vinte ecinco anos (1890).
▪ O desenvolvemento das organizacións obreiras, tanto das socialistas (PSOE, UXT), conmaior implantación en Madrid, País Vasco e Asturias, como das anarquistas, conpredominio en Cataluña e Andalucía. Tamén se produciron numerosos atentadosanarquistas, entre eles o asasinato de Cánovas en 1897.
▪ O inicio dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos que en Cataluña,País Vasco e Galicia reivindicaban o recoñecemento das súas peculiaridades lingüísticase políticas.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 37
▪ A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902):
▪ Deste período compre destacar:
▪ O desastre de 1898 ocasionou a perda de Cuba e Filipinascomo consecuencia da derrota na guerra contra EE.UU.,que as ocupou temporalmente. resto das posesiónsespañolas no Pacífico (as illas Marianas e Carolinas) foronvendidas por España a Alemaña en 1899. Desaparecía así oimperio colonial español.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 38
Gravado da batalla dos Outeiros
de San Xoán, en Cuba
(1-XII-1898)
Os principais cambios económicos e sociais na España do século XIX. As desamortizacións, a industrialización e a extensión do ferrocarril.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
39
▪ O inicio da industrialización: O proceso industrializador comezou en España nasdécadas iniciais do século XIX, pero este proceso foi lento e afectou só adeterminadas zonas; a economía seguiu sendo basicamente agraria esubdesenvolvida. As principais zonas industriais foron:
▪ Cataluña: onde se iniciou a industrialización e onde acadou o seu maiordesenvolvemento, converténdose na principal zona industrial de España. Destacaron osector téxtil, fundamentalmente do algodón, e a metalurxia de transformación.
▪ Andalucía e o Levante: iniciaron unha temperá industrialización ligada aodesenvolvemento do sector siderúrxico (Sevilla e Málaga) e téxtil (Murcia e Alacante).Pero non tivo continuidade, debido aos seus elevados custos e á competencia doutraszonas. A importante minería (chumbo, cobre) non xerou riqueza na zona porque foiexplotada por compañías de capital estranxeiro, principalmente inglés.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 40
▪ O inicio da industrialización:
▪ Asturias e o País Vasco: o seu desenvolvemento industrial iniciouse a mediadosdo século XIX, ligado á explotación das minas de carbón e ferro, aos altos fornosda siderurxia, e aos talleres de transformación metalúrxica.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 41
▪ O ferrocarril: A primeira liña peninsular non foiconstruída ata en 1848 (Barcelona-Mataró). Ademais decomezar tarde a introdución do ferrocarril, a debilidadeda industrialización fixo que o seu desenvolvementofose moi lento.▪ En 1855 iniciouse a construcción das principais vías, cun
ancho superior ao europeo e cun deseño radial a partir deMadrid.
▪ Arredor de 1876 rematáronse varias das liñas quecomunicaban Madrid coa periferia, pero quedaban moitaszonas sen comunicar.
▪ O ferrocarril contribuíu a comunicar as distintas zonas deEspaña, creando un mercado unificado, pero contribuíu poucoao desenvolvemento industrial, pois gran parte do materialfoi importado do estranxeiro.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 42
▪ A desamortización = conxunto de medidas tomadas polos gobernos liberaisprogressistas para que o Estado puidese liberar e vender terras amortizadas,é dicir, que non se podían vender e que pertencían ás institucións eclesiásticas eaos concellos.
▪ As terras afectadas primeiro eran declaradas bens nacionais e despoisexpropiadas, sen indemnización, para poñelas deseguido á venda en pública poxa.
▪ Destacaron tres leis:
▪ Mendizábal (1836): bens de conventos e mosteiros.
▪ Espartero (1841): bens do clero secular.
▪ Madoz (1855): bens do Estado e dos concellos.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 43
▪ A desamortización:
▪ Os seus obxectivos foron:
▪ Modificar o réxime de propiedade da terra, de modo que toda ela puidese ser unhapropiedade privada explotada con criterios capitalistas (máximo beneficio eespecialización cara ao mercado).
▪ Conseguir recursos para o Estado para pagar a débeda pública e financiar a guerracarlista (Mendizábal) ou a construción do ferrocarril (Madoz).
▪ Incrementar os partidarios da causa liberal co aumento de novos propietarios, asícomo debilitar os seus inimigos, especialmente a Igrexa.
▪ Os máis beneficiados desta venda do 20% do territorio de España foron xentescon recursos (nobres terratenentes, burgueses, campesiños ricos), e os máisprexudicados a Igrexa, os concellos e os campesinos pobres, especialmente os dosur de España que aproveitaban os froitos dos bens comunais.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 44
Referencias para consultar e ampliar información.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com
45
▪ Escolma de Documentos históricos da Unidade 4 (dispoñíbel na aula virtual).
▪ Libro de texto da materia, páxinas 92-119.
▪ Vídeos:▪ La Guerra de la Independencia Española.
▪ La Revolución Liberal Española.
▪ Fernando VII (1814-1833).
▪ Las Regencias (1833-1843).
▪ El Reinado de Isabel II (1de2). La Década Moderada y el Bienio Progresista (1844-1856).
▪ El Reinado de Isabel II (2de2). El Bienio Moderado y la Década de la Unión Liberal (1856-1868).
▪ El Sexenio Revolucionario o Sexenio Democrático (1868-1874).
▪ Alfonso XII (1875-1885).
▪ El sistema político de la Restauración: el sistema canovista.
▪ La Regencia de Mª Cristina de Habsburgo y la Crisis del 98.
Adrián Ansede Taboada - histogal.com 46
https://www.youtube.com/watch?v=wMI9WyOCXuE&ab_channel=CLIONAUTAShttps://www.youtube.com/watch?v=RCWzvNA3qPg&ab_channel=CLIONAUTAShttps://www.youtube.com/watch?v=YA2OzSb2VRs&ab_channel=CLIONAUTAShttps://www.youtube.com/watch?v=xS8jpIQAtxM&ab_channel=CLIONAUTAShttps://www.youtube.com/watch?v=eFtbIi9DocYhttps://www.youtube.com/watch?v=9CzPbFkynDYhttps://www.youtube.com/watch?v=6rLu0NBIKaQhttps://www.youtube.com/watch?v=DFTffm7D7PEhttps://www.youtube.com/watch?v=Y2skg4BIYRAhttps://www.youtube.com/watch?v=I_yjd2EQ9Z