Post on 26-Mar-2016
description
InternetInternet facilita a información
adecuada,
no momento adecuado,
para o propósito adecuado.
Bill Gates
Intercambio de información a
través da rede.
Pero…????
Cres que o sabes todo de internet?
Cando copias contidos, sabes de quen son ou quenos colgou na rede?
Cres que a información web que recibes sempre é certa?
1º.- Qué é internet? Internet é un conxunto
descentralizado de redes de
comunicación interconectada.
É unha rede informática.
Non é máis que un conxunto de
ordenadores despregados por
todo o mundo e conectados entre sí
intercambiándose información.
Web: rede, malla, telaraña…
Páxina web = Páxina de Internet: Documento
adaptado para a Web e que normalmente
forma parte dun sitio web.
A súa principal característica son os
hiperenlaces a outras páxinas, sendo isto o
fundamento da Web.
Composta principalmente por información (só
texto ou multimedia) e hiperenlaces; ademais
pode conter ou asociar datos de estilo para
especificar como debe visualizarse, ou
aplicacións embebidas para facela interactiva.
2º.- Web, Páxina web
3º.-Enderezo de internetUn enderezo é un lugar onde se almacena información. Unha serie de
letras, números, e/ou símbolos cos que identificarte a tí mesmo e polo cales
Internet identifica aos demais. Nos denominados enderezos de internet
están :enderezos web, enderezos de email , enderezos IP, etc.
Enderezo de e-mail: ten formato nomedeusuario@nomedeanfitrión.com,
onde o nombre de usuario é un nome elixido por ti e o nome de anfitrión é
o do proveedor do E-mail.
Enderezo web ou URL : Enderezo de algo concreto publicado na web.
Cada unha diferente e do tipo, http://www.edu.xunta.es, á que podemos
acceder todos.
Enderezo IP: Número asignado a un ordenador que está conectado a
internet.
4.- Que significa www?WWW (World Wide Web, rede global
mundial ou rede de amplitude mundial)
é un sistema de documentos de
hipertexto enlazados e accesibles a
través de Internet. Cun navegador web,
un usuario visualiza sitios web
compostos de páxinas web que poden
conter texto, imaxes, vídeos ou outros
contidos multimedia, e navega a través
delas usando hiperenlaces.
5.- Que significa http?
HTTP de HyperText Transfer Protocol
(Protocolo de transferencia de hipertexto)
é o método máis común de intercambio de
información na world wide web, o método
mediante o cal se transfiren as páxinas web a un computador.
Todas as páxinas web están escritas en linguaxe de hypertexto
(hyper-text markup language (HTML)), polo que o hipertexto é o
contido das páxinas web.
6.- Diferenzas entre http e www
O inicio "http" indica que o lugar
onde estás entrando, é unha
páxina Web.
A "www" non é máis que un
subdominio estandarizado de
facto: fíxose tan común no seu
momento que case todas as
páxinas o incorporan.
Non hai diferenza visible para nós.
7.- Diferenzas entre as terminacións.Org ,.Es, .Net, .Com
Tecnicamente, non hai ningunha diferenza entre .es, .com, .net e
.org.
Administrativamente, o dominio ".es" representa dominios
inscritos en España.
En cambio os dominios ".com", ".net", ".org" son de carácter xenérico
(non representa localización xeográfica) e o seu rexistro é administrado
por varias empresas en forma coordinada a través de todo o mundo.
Nun principio tratouse de agrupar as empresas comerciais
usando o sufixo ".com", os servizos de redes en ".net" e as
organizacións en ".org" .
Con todo na actualidade esta clasificación non é relevante.
8.- INFORMACIÓN RECOLLIDA
Cando usas internet, antes debes preguntarte:
a) Quen editou a páxina, autor. Se é unha entidade
coñecida, unha asociación relacionada con algún
tema, político, relixioso, etc..
b) Cando se publicou ou actualizou esa información.
c) E finalmente contrastar esa información noutras
páxinas ou incluso noutras fontes, non só na rede.
O autor dunha páxina web debe vir especificado no pé de
páxina, ou senón pulsando no botón dereito/ ver código
fonte.
Non obstante, non é obrigatorio cubrir o código de
identificación no caso de servidores ou aloxamentos web
gratuítos. Polo tanto, neste caso para nós é imposible
identificar o autor da web.
Nos blogs é máis doado atopar no perfil os datos do creador .
Noutro proxecto, falaremos de blogues.
AUTOR E DATA DE CREACIÓN OU ACTUALIZACIÓN
A maioría de páxinas web teñen posta a data de publicación
nunha esquiniña.
Tamén pode aparecer dentro do artigo, ao lado neste caso
soe estar o autor. Pero non sempre é así, se o que intentan é
ocultalo poden conseguilo.
Unha maneira de ver cando se creou a páxina e as
modificacións, é a través do sitio web:
http://www.archive.org/web/web.php
En canto a data de creación ou actualización
(30/04/2010) Lugares de realización das probas de acceso a grao medio
(30/04/2010) Anuncio da publicación das puntuacións definitivas e da relación de excluídos do baremo aberto para acordeón, saxofón e trompeta
(30/04/2010) Resolución definitiva do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de PES, EOI, EAP e OA, CMUS e PT.... e inspectores de educación
(29/04/2010) Resultado do sorteo de tribunais de oposicións de mestres
(29/04/2010) Resultado do sorteo efectuado para vogais que formarán parte dos tribunais encargados de xulgar os procedementos selectivos para o ano 2010
(29/04/2010) Listaxe provisional de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
(29/04/2010) Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases para a concesión de bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, para alumnos universitarios
(28/04/2010) Relación provisional de habilitacións concedidas e denegadas da provincia de Ourense (comisión do 28/04/2010)
Anuncios
Se probades en http://www.archive.org/web/web.php a colocar o enderezo da
web do noso centro: http://centros.edu.xunta.es/iesfblanco/ a mensaxe que
nos proporciona é a seguinte:
Robots.txt Query Exclusion.We're sorry, access to http://centros.edu.xunta.es/iesfblanco/ has been blocked by the site owner via robots.txt. Eso indícanos que a páxina non está actualizada porque lle foi bloqueado o acceso.Non obstante, se probades con , www.edu.xunta.es aparecen unha serie de datas de actualizacións.Pero que ocorre que esta páxina deixou de funcionar no 2009, ela mesmaestá sen actualizar, que contrariedade, non?????
IMPORTANTE: A MELLOR MANEIRA DE SABER SE UNHA PÁXINA
ESTÁ ACTUALIZADA É IR Á WEB QUE QUEREMOS REVISAR E NA BARRA DE ENDEREZOS COLOCAR O SEGUINTE CÓDIGO: javascript:alert(document.lastModified)
Inmediatamente proporciónavos data completa da última actualización.
Finalmente, comproba a información procurada en varias web e escolle o que precises, non cortes e pegues. Recomendable usar tamén outras fontes de información: libros, revistas, enciclopedias, dicionarios…
Traballo feito por alumnas e alumnos de TIC, 1ºA e B