Post on 03-Jul-2015
OS MATERIAIS, AS MÁQUINAS E OS MATERIAIS, AS MÁQUINAS E OS INVENTOSOS INVENTOS
OS MATERIAIS:● Orixe● Propiedades● Reciclaxe e contaminaciónAS MÁQUINAS:● Máquinas sinxelas• Pancas. Tipos de pancas● Máquinas complexasOS INVENTOS:● Os inventos como solución ás necesidades● Inventos modernos
MATERIAIS, MÁQUINAS E INVENTOSMATERIAIS, MÁQUINAS E INVENTOS
Así naceron as primeiras ferramentas e, máis tarde, as máquinas e aparellos, que conseguiron facilitarnos a realización de tarefas cada vez máis complexas ou nos permitiron disfrutar e entre- ternos durante o tempo de lecer.
Ao longo da historia, a curiosidade innata do home, a necesidade de buscar solucións ás dificultades cotiás e o afán de conseguir mellores resultados realizando o menor esforzo posible, levouno a interesarse polos materiais que a natureza lle proporcionaba, estudar as súas características e aplicalas na elaboración de obxectos de utilidade.
OS MATERIAISOS MATERIAIS
ORIXE:Os materiais poden ser de orixe animal, como por exemplo, o coiro; vexetal, como por exemplo, a madeira; ou mineral, como por exemplo, o vidro.
PROPIEDADES:A utilidade dos materiais e as súas aplicacións dependen das propiedades que presenten. As principais son:
➔Dureza
➔Resistencia
➔Elasticidade
➔Impermeabilidade
➔Condución de electricidade
RECICLAXE E CONTAMINACIÓNRECICLAXE E CONTAMINACIÓN
- Reciclar é o proceso mediante o cal produtos de refugallo, son novamente utilizados. Podemos comparalo ao ciclo da auga: A auga utilízase unha e outra vez.
- En España tíranse ao ano máis de 300.000 toneladas de metais. A medida que se recicle máis hai que eliminar menos volume de residuos, menor cantidade de materiais contaminantes no vertedoiro.
- Na produción de vidro, se se utiliza vidro reciclado, afórraseun 44% de enerxía.
- A recuperación de dúas toneladas de plástico equivale a aforrar unha tonelada de petróleo.
- En España calcúlase que, coa cantidade de papel que se recicla, afórranse 400.000 toneladas de petróleo.
AS MÁQUINASAS MÁQUINAS
✔ Máquinas sinxelas:Funcionan utilizando a forza das persoas ou doutros animais. As ferramentas, por exemplo, son máquinas sinxelas que nos axudan a utilizar a nosa forza de forma moi eficaz.
• Panca• Polea• Plano inclinado• Parafuso• Roda dentada
✔ Máquinas complexas:Funcionan utilizando a enerxía dos combustibles ou a electricidade (coche, guindastre, lavadora, tren, ordenador...).
A PANCAA PANCA
A panca é unha ferramenta simple que consta de tres partes:✗ Punto de apoio: Punto sobre o que se apoia ou xira a panca.✗ Potencia ou forza: Forza que temos que aplicar.✗ Resistencia: Forza que temos que vencer.
TIPOS DE PANCAS- De 1º xénero - De 2º xénero - De 3º xénero
As tesoiras son unha panca de 1º xénero
A carreta é unha panca de 2º xénero
As pinzas son unha panca de 3º xénero
OS INVENTOSOS INVENTOS
A maioría dos inventos desenvólvense para solucionar unha necesidade.
A roda
A lámpada incandescente
A imprenta
A fotografía
O reloxo
O bolígrafo
INVENTOS MODERNOSINVENTOS MODERNOS
● Os vehículos➔ Motores de explosión e motores
eléctricos
● Os aparellos eléctricos➔ Os electrodomésticos, ...
● Os aparellos de telecomunicacións➔ Teléfonos, televisores, ordenadores,
radios, ...
● Os instrumentos de medida e observación
➔ Compás, telescopio, microscopio, radar,...