Monte da Siradella

Post on 06-Aug-2015

88 views 5 download

Transcript of Monte da Siradella

Monte da SiradellaO Grove

O Monte da Siradella (167 m), é o punto máis alto da península de O Grove, situada na banda sur da Ría de Arousa.Desde os seus miradoiros pódese ver o istmo da Lanzada, a enseada do Vao, a illa de Ons e parte da ría de Arousa.

Monte da Siradella

O GROVE

A LANZADA

Vista desde o a

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.

O istmo da Lanzada é unha barra areosa con cordóns de dunas fixas e móbiles, duns 2 km de lonxitude e unha anchura que varía dos 500 aos 1.000 m. Formouse polas achegas de area das correntes contrarias do río Umia e o mar aberto.É de formación relativamente recente; o primeiro mapa que representa O Grove como península é de 1784, mentres que outro mapa de 1632 representábao aínda como illa.

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada. Á esquerda a Aula da Natureza.

É unha zona dun grande interese xeolóxico. Nos cumes domina a pedra de gran, con interesantes formacións rochosas: penedos, pedras cabaleiras…Na base atópase un gran campo de dunas fixadas pola vexetación e unha duna remontante que ascende pola aba sur do monte.

Dunas na aba sur do monte Siradella

Duna remontante

Vista desde o monte Siradella sobre a ría de Arousa (no primeiro plano a illa de Arousa).

O istmo e os cantís da Lanzada.

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.Á esquerda a enseada do Vao coa marea baixa.

Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.A enseada do Vao coa marea alta.

A enseada do Vao coa marea alta.

Vista sobre a illa de Ons.

Penedos

Pedras cabaleiras no cume da Siradella

A carón do monte da Siradella hai un castro do que só quedan os restos das murallas e a base dalgunhas casas castrexas.

Castro da Siradella

FloraA maior parte do monte está ocupado por piñeiros e mato de toxo e, entre eles, aparecen especies de interese.

Piñeiros bravos e mansos

Estripo (Crataegus monogyna)

Pótega, mel de raposo (Cytinus hypocistis).Unha planta parásita das carrascas.

Cantroxo (Lavandula stoechas, subsp stoechas)Só se atopa na costa do sur de Galicia.

Orquídea (Cephalantera longifolia).Unha planta escasa en Galicia, moi abundante na zona sur do monte da Siradella.

Violeta (Viola kitaibeliana).Unha planta de pequeno tamaño que se atopa nas dunas do monte.

Ruda (Ruta chalepensis).Unha planta que se cultiva polos seus valores mediciñais, que aparece silvestre nesta zona.

FIGUEIRA DO MECO, nunha rocha da Siradella Conta a lenda que o Meco era un cacique do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite tivo unha discusión nunha taberna e partíronlle unha xerra na cabeza. Os veciños levárono ao monte da Siradella e colgáronno dunha figueira. Cando a xustiza preguntou Quen matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!

FaunaCoellos, aves do mato, do bosque e das rochas, algún anfibio, lagartos e numerosos invertebrados.

Chasco (Saxicola torquata), macho. Rabirrubio (Phoenicurus ochruros), femia.

Sapo de esporas (Pelobates cultripes) Lagartixa galega (Podarcis bocagei), macho.

Lagarto arnau (Timon lepidus)

Bolboretas e avelaíñas

Ematurga atomaria

Lycaena phlaeas

Papilio machaon Syntarucus pirithous

Macroglossum stellatarum

Hipparchia fidia Hyponephele lycaon

Pyronia cecilia Lasiommata megera

Araña cangrexo (Thomisus onustus)

Cabalo do demo (Sympetrum sanguineum)

Formiga león (Myrmeleon formicarius)

Escaravellos (Lachnaia pubescens)

Vagalume (Lampyris noctiluca), macho. Escaravello (Milabris quadripunctatus)

Escaravello (Cribroleptura stragulata)

Centro de interpretación

Na Siradella atópase o Centro de Interpretación da Natureza, onde se amosa toda a riqueza do espazo natural do contorno.

LIC “Complexo Ons-O Grove”ZEPA e HUMIDAL RAMSAR“Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada”.

Área de lecer

Lagoa naturalizada aproveitando un desmonte.

Montaxe e fotos: Xea