Monumentos de España

Post on 15-Jun-2015

351 views 8 download

description

Presentación sobre 8 monumntos españois.

Transcript of Monumentos de España

MONUMENTOS

DE ESPAÑA

Información sacada da wikipediaAlumnado de 6º 2013-14

Alcázar de Toledo Alcázar é un termo español para referirse a un castelo ou palacio fortificado. Provén do árabe e significaba campamento ou cuartel.

É unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta de Toledo.

A construción orixinal data do século III d. C., na que foi pazo romano. No século VI, co rei Leovixildo, foi sede do estado. Posteriormente tivo moitas ampliacións. Alfonso X O Sabio fundou nel a Escola de Tradutores. Sufriu 3 importantes incendios ao longo da súa historia. Durante a Guerra Civil española quedou practicamente destruído polo exército republicano.

Acueduto de Segovia

Conduce as augas dun manancial situado a 17 quilómetros da cidade. A auga recóllese nunha cisterna, para ser conducida ata unha segunda torre, onde se decanta, quitándolle a area. Ten unha pendente dun 1%. Xa na cidade ten uns arcos que, na parte máis elevada, acadan os 28 metros (con preto de 6 metros de cimentos) e ten dúas ordes de arcos.

Foi construído polos romanos entre os séculos I e II d. C. Está realizado con granito, asentado sen argamasa. Os arcos na zona inferior teñen un van de 4,5 metros. Figura no escudo da cidade.

Alhambra de Granada

A primeira constancia que temos dela data do século IX. Foi creada con propósitos militares, ten fortaleza (alcazaba), pazo (alcázar) e cidade (medina). Os lugares máis representativos son: alcazaba, generalife, partal. Pazos Nazaríes, Pazo de Carlos V, patio dos Leóns e xardíns do generalife. É un dos monumentos españois máis visitados.

A Alhambra é unha cidade con pazos e fortaleza que aloxaba ó monarca e á corte do Reino de Granada. É de orixe árabe. O seu verdadeiro atractivo radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, así como na integración da mesma na natureza.

A Mesquita de Córdoba é unha antiga mesquita construída no século VIII sobre unha igrexa visigoda, e convertida en catedral no século XIII. Constitúe xunto coa Alhambra o monumento máis importante da arquitectura española-musulmá.

O edificio está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade e Ben de Interese Cultural.

Con 23.400 metros cadrados, foi a segunda mesquita máis grande do mundo en superficie, por detrás da Mezquita da Meca.

Conta con 1.300 columnas sobre as que hai 365 arcos de ferradura bicolores.

Mesquita deCórdoba

Está ao lado do Parque do Retiro e preto da Cibeles.

Mide 41 m de ancho por 21 m de altura. Coroándoa están esculturas de catro nenos que representan as 4 virtudes: fortaleza, xustiza, temperanza e prudencia.

Existe unha famosa canción de Ana Belén e Víctor Manuel dedicada a ela.

A Porta de Alcalá é unha das cinco antigas portas reais que daban acceso á cidade de Madrid.

Foi construída a finais do século XVIII, durante o mandato de Carlos III. Toma o nome por ser a saída cara a Alcalá de Henares.

Porta de Alcalá

Mide 170 metros de altura. As torres teñen forma de espiral, dando a impresión de que soben. Cando estea rematada terá 18 torres. Conta con cinco naves que forman unha cruz latina. A nave central acada os 45 m de altura, mentres que as laterais chegan aos 29 m. No interior atópanse columnas inclinadas con forma de árbore. Conta con fermosas vidreiras.

Sagrada Familia

A Igrexa da Sagrada Familia é unha basílica católica romana en Barcelona, deseñada polo arquitecto Antoni Gaudí. Comezouse a construír no 1882, e aínda está en construción. É o maior expoñente da arquitectura modernista catalá. É de estilo neogótico.

O Teatro romano de Mérida está na cidade romana de Augusta Emerita, actual Mérida (Badaxoz). Foi construído entre os anos 16 e 15 a. C.

Sufriu varias remodelacións. Tras ser abandonado, cubriuse de terra, quedando só visible a zona superior das gradas.

No seu momento tiña capacidade para 6.000 persoas e contaba con trece portas de acceso. As clases sociais máis acomodadas sentábanse na zona baixa. O escenario ten 63 metros de lonxitude e acada unha altura de 17,50 m.

Foi declarado Patrimonio da Humanidade no ano 1.993 pola UNESCO. Nel celébrase anualmente o Festival de Teatro Clásico.

Teatro romanode Mérida

Foi construída no século XIII, e ampliada posteriormente. Ten tres corpos, os dous primeiros de 12 caras (dodecagonais), e o último circular.

Foi capela e posteriormente, cárcere.

Foi declarada monumento histórico-artístico en 1931. Atópase en bo estado de conservación e alberga o Museo Naval de Sevilla .

Torre del Oro A Torre del Oro está situada na marxe esquerda do río Guadalquivir (Sevilla). A súa altura é de 36 metros. Posiblemente o seu nome en árabe faga referencia ao brillo dourado que se reflectía sobre o río. O brillo era debido a unha mestura de morteiro, cal e palla prensada.