Post on 17-Jul-2020
MOSTRA ETNOGRÁFICA
Cada imaxe vai acompañada por versos de Manuel María e
Bernardino Graña.
Obxectos recopilados polo alumnado do centro que lembran a vida diaria
na aldea labrega e mariñeira.
Fotografía de Xosé Suárez (terceira década do século XX)
XUGO
Peza de madeira que se coloca sobre o pescozo dos animais para enganchar o
carro, o arado, ...
(...) Ollos grandes,
corna levantada;
LORA Correa coa que se
engancha o xugo coa cabezalla do carro.
Aparello que se lle pon a algúns animais no fociño para que non coman mentras
traballan.
Como a casta se conoce! Filla da vaca Marela. O que come ben mo loce! Non hai becerra como ela!
BUCEIRA
ARADO DE PAU
Ara na alma, nos leiros, nos nosos soños baleiros!
Aparello agrícola que leva unha
prancha de ferro ou rella que se crava na terra
e abre os regos.
MANLLE
MAZO USADO PARA AXUSTAR OS CARROS OU PARA MALLAR CEREAIS OU LEGUMES.
Estamos no agosto: a malla e a gadaña
ENCIÑO
FERRAMENTA PARA RASTRILLAR A TERRA.
Que xuntas están as leiras nas agras a parolar!
TROLLO
Especie de angazo que se emprega para achanzar a
terra.
A terra da Terra Chá é moura
FOUCE Instrumento de folla curva que se utiliza
para rozar.
SACHO
Utensilio para remover
a terra.
Ao segar o pan, o trigo está maduro;
CESTA (CON MILLO DO PAÍS)
Recipiente feito de vimbios
entretecidos.
Quedan os agros tristeiros, que lles levaron o pan
ESFOLLADOR FEITO CON OSO DE PORCO
Para quitarlle as follas á espiga
de millo.
O millo é zugón, zugón; deixa a terra cansada, sen forzas o terrón
CRIBO
Utensilio para peneirar o gran.
Os labradios que a millo están dan pouco millo e pouco pan
BARUTO
O pan centeo é un tesouro; Semella a terra que o deu
Recipiente que serve para
peneirar a fariña.
A terra arada e labrada só quere ser sementada!
MEDIO FERRADO
Unidade de medida para o cereal. Na terra de soneira un ferrado equivalía á produción de 424 m2 de terreo.
REBOLA Pao curto e cilíndrico
para rasar as medidas dos cereais.
Hei de ir á Feira do Monte que é pró domingo que vén!
ROMANA
Balanza cun brazo pequeno onde se colga o que se vai pesar e
outro longo, graduado, onde se fai correr un peso.
PA DO FORNO
Ferramenta para meter a masa dentro do forno e para sacar os moletes.
Que boa colleita de pan e que espigas tan granadas
Fotografía de Xosé Suárez (terceira década do século XX)
Así vive o labrador: Comendo pan regado con sangue e con suor!
TREPIA
Utensilio de ferro con tres pés sobre o que se
poñen as olas, tixolas, ... ao lume.
POTA
Recipiente que se usa para
facer a comida.
Os obxectos fabricados polos oleiros de Buño nos seus talleres eran usados nos fogares de toda a
fisterra galega.
CAZOLA OLA XERRA CUNCA
ZOCO
Calzado coa sola de madeira e a
empeña de coiro.
Fíxose zoca chinela a gracia da abidueira. E vai marcando na acera os puntos da muiñeira!
Fotografía de Xosé Suárez (terceira década do século XX)
AIXOLA
Ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante unida a un mango curto, que se usa para debastar a madeira.
CEPILLO
Utensilio empregado en carpintaría para alisar a
madeira.
Que branca a abidueira! cara o ceo anda a soñar! Feita zoca, anque non queira,
Non hai nengún oficio tan fermoso como o de pastorear lembranzas
ZAFRA, MARTELO DE BÓLA E TENAZAS DE FERREIRO.
(...) e nas súas maos frolecen liños de arrepío
MANUEL MARÍA
RESTRELO
Táboa que leva espetados uns dentes de ferro utilizada para pentear as febras de liño.
Fotografía de Xosé Suárez (terceira década do século XX)
RASQUETA
Instrumento formado por unha
pequena pa triangular de ferro
e un mango de madeira, utilizado
para apañar percebes e mexillóns.
Mariñeiros de Viveiro, Fisterra, Caión, Malpica,
Pontevedra, Arousa, Muxía, pescadores e peixeiras, mariscadoras das rías,
NASA
Aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola de forma cilíndrica,
feita de madeira e recuberta de rede,
disposta de tal maneira que permite a entrada do peixe ou do marisco mais
non a súa saída.
de quen son os areeiros e os cons e faros e as illas?
Fotografía de Xosé Suárez (terceira década do século XX)
PANELA PARA O PALANGRE
Recipiente de madeira e
cortiza onde se fixan os
anzois utilizados na
arte do palangre.
de quen son brisa e gaivotas, a escuma que vos salpica, as ondas fortes trullando
e acobexando as sardiñas?
de quen o verdello, a area, os laños, as ardentías, e as nécoras e centolas e rodaballos e minchas,
senón do que no seu rostro sente do mar xerfa e tinta,
quen fere as mans nos mariscos, en remos, sales espiñas,
pugas, maromas ou lemes, quen se molla na auga fría, cuida nasas, barcos, pesca con redes, con liña ou fisga
e pasa noites ao axexo, con calma ou con maruxía,
quen mira a morte ben perto nas galernas da invernía?
BERNARDINO GRAÑA