Post on 12-Aug-2020
Que queremos conseguir?• O recoñecemento
dos nosos dereitos profesionais, apoiando e asesorando a outras mulleres do mar e fomentando a solidariedade entre nós.
• A defensa dos intereses económicos, sociais e profesionais das asociadas e da nosa zona de influencia.
• Impulsar actividades comúns e programas formativos.
• Reforzar a colaboración e o traballo en rede con outras mulleres e colectivos, tanto do sector do marcomo doutros ámbitos.
Quen somos?A Asociación de Mulleres do sector pesqueiro SEO Fisterra Ría de Muros-Noia está formada por redeiras, percebeiras, bateeiras, armadoras, mariscadoras e outros perfís profesionais do sector do mar que traballan no territorio de influencia do GALP 4.
Mulleres da Costa Sostible
DumbríaCorcubión
Cee
Fisterra
Carnota
Muros
Outes
Noia
Porto do Son
Por que unha asociación de mulleres do sector pesqueiro?• Porque queremos dispoñer
dun espazo colectivo onde unir forzas para achegar solucións ante os problemas comúns das mulleres do mar.
• Para poñer en valor e que se recoñeza o noso traballo.
• Porque queremos facer visible o noso papel transformador na sociedade en xeral e no sector pesqueiro en particular.
• Para promover a nosa participación nos espazos de toma de decisións.
Como nos organizamos?• A Asociación constituiuse
en 2016 por iniciativa de 30 mulleres do mar e conta con dous espazos principais de participación e goberno:
• ASEMBLEA XERAL Lugar de encontro, debate e toma de decisións por parte das socias.(Celébrase unha vez ao ano)
• XUNTA DIRECTIVA Órgano operativo e de representación da asociación. Está formada por varias asociadas en representación dos distintos sectores profesionais das mulleres do mar.
Que actividades promovemos?• Sesións informativas sobre as
últimas novidades no sector.
• Asesoramento sobre o acceso a recursos e subvencións.
• Información sobre os dereitos das mulleres do mar.
• Talleres formativos.
• Intercambio e cooperación con outras organizacións de mulleres do sector.
Contacto Na sede da asociación...
Edificio Municipal de Servizos Administrativos Rúa Espíritu Santo, 4 15200 Noia
Navegas connosco?
Facebook: mullerescostasostible Correo electrónico mullerescostasostible@gmail.com
Co apoio de
Para lograr estes obxectivos, TI ES NECESARIA
Queremos ser máis! Precisamos sumar novas socias que queiran unirse a nós e conseguir melloras para todas
Como podo participar?• Entra en contacto
con nós e faite socia!• Recollemos as túas demandas,
propostas e consultas.• Acude a asemblea xeral
ou forma parte da xunta directiva.
Como podes formar parte da asociación?• Has de estar en activo
nalgunha actividade vinculada ao sector pesqueiro e desenvolvela no ámbito territorial da asociación.
• Completar a solicitude de alta na asociación.
• Abonar a cota anual de 10 euros mediante domiciliación bancaria