Post on 07-Aug-2020
NATURAIS
Semana do 30 de marzo ao 3 de abril de 2020
PROXECTO: AS PLANTAS
Esta semana propóñemos realizar un pequeño proxectosobre as plantas. O ideal sería saír a observalas na natureza,plantalas nun invernadoiro, coidalas , regalas …
Como as circunstancia son especiais, plantexarémolo deoutro xeito.
Tarefa 1: Plantamos de 2 a 5 sementes en 1 bote de cristal,eleximos entre garavanzos, lentellas ou fabas. No seguintevideo observamos como facelo:
https://www.youtube.com/watch?v=BbYHwEfbtpk
Tarefa 2: Facemos un diario da nosa planta. A idea é que rexistredes os cambios que sofre a planta co paso do tempo, poñemos a DATA, escribimos e debuxamos o que observamos. O primeiro rexistro debe ser o día que plantamos. Rexistramos cada vez que observemos algo diferente.
Tarefa 3:Partes dunha planta
Vídeo partes dunha planta
https://www.youtube.com/watch?v=zIDVm8maLDI
Canción da árbore
https://www.youtube.com/watch?v=KulzdajyVY8
ACTIVIDADE NO CADERNO
Escribe o nome das partes desta planta no teu caderno.
Tarefa 4: Clasificación das plantas.
Vídeo: Clasificación das plantas
https://www.youtube.com/watch?v=kgoDDLxfVOw
Vídeo: Aprendemos sobre as plantas
https://www.youtube.com/watch?v=askyZseZmlw
Canción: Petronila é unha flor
https://www.youtube.com/watch?v=POlcx/uf21k
ACTIVIDADE NO CADERNO
Clasifica estas plantas en árbores, arbustos ou herbas.
CERDEIRA TOMIÑO
FENTO CARBALLO
XESTA MARGARIDA
TRIGO
ÁRBORES HERBAS ARBUSTOS