Post on 02-Aug-2015
Historia do mundo contemporáneo
1. O Antigo réximea. Poboación, economía agraria e réxime
señorialb. A sociedade dos privilexiosc. O absolutismo e a súa práctica de gobernod. A ilustración e a crítica do antigo réxime
Concepto
Podería definirse
Como o conxunto de trazos políticos, xurídicos, sociais e económicos, que caracterizaron a Europa e ás súas colonias durante os séculos XVII e XVIII.
O Termo
Empregárono por primeira vez os revolucionarios franceses para designar despectivamente a estrutura política e social do seu país.
Posteriormente, utilizouse para designar esa realidade política e institucional noutros estados.
Características
• Unha demografía antiga
• Unha economía agraria
• Un réxime señorial
• Unha estrutura social estamental
• Unha forma de goberno absolutista
Unha demografía antiga
Caracterizada por un escaso ou lento crecemento vexetativoCon altas taxas de natalidade contrarrestadas polos altos índices de mortalidade (especialmente infantil).Crise demográfica do século XVII: epidemias, guerras, fame
Unha demografía antiga
Cun fráxil equilibrio entre poboación e recursos
Os escasos rendementos agrícolas e a irregularidade das colleitas desencadean reiteradas crises de subsistencia que desembocan en fames negras e predispoñen ao desenvolvemento de enfermidades epidémicas.
A secuela é unha mortalidade catastrófica.
O antigo réximea. demografía: transición demográfica
No século XVIII comeza o crecemento da poboación causado por: A natalidade segue sendo moi
alta (cerca de 40%) Baixa a taxa de mortalidade por:
Menos guerras Epidemias menos frecuentes Menos malas colleitas Mellorou a dieta alimentaria Primeiros avances hixiénico-
sanitarios
Unha demografía antiga
O resultado foi:
Un sustancial crecemento demográfico, que non afectou por igual a todo o continente. Máis en Inglaterra ou Francia.
Ese crecemento contribuiu ao aumento da demanda
de alimentos e manufacturas, así como un aumento da dispoñibilidade de man de obra para o campo e a industria, factores esenciais no fenómeno da revolución agrícola e industrial.
Unha economía de base agraria
3/4 partes da poboación activa estaban ocupadas na actividade agrícola e gandeira. De subsistencia.
Introdúcense novos cultivos:millo (XVII) pataca (XVIII) A principal fonte de riqueza é a terra. En mans dun reducido número de persoas. (reis, nobres, eclesiásticos, mosteiros..)
AGRICULTURA TRADICIONAL/INNOVACIÓNS AGRARIAS
AGRICULTURA TRADICIONAL INNOVACIÓNS AGRARIAS
Escasos rendementos Aumento dos rendementos
Paisaxe de campos abertos, openfield Paisaxe de campos pechados, bocage
Ocupa a maior parte da poboación activa Diminúe o peso demográfico das actividades primarias
Policultivo Especialización de cultivosDesenvolvemento dos cultivos de plantación
Útiles rudimentario Difusión dos útiles de ferro, primeiros pasos da mecanización
Escasos fertilizantes Aumento do usos de fertilizantes orgánicos e logo químicos
Usos comunitarios Privatizacións de comunais
Terras amortizadas e señoríos Difusión da propiedade privada
Mercado local Creación de mercados nacionais e internacionais
Sistemas de rotación de cultivo
Unha economía de base agraria
A industria é de carácter artesanal. Importancia do sector téxtil. En Galicia o liño
Conserva aínda trazos gremiais.
SECTOR SECUNDARIO
ARTESANAL SISTEMA DOMÉSTICO
SISTEMA FABRIL
Unidade de produción
Obradoiro artesanal
Granxas Vivendas
Fábrica
Normas Gremiais A traballo feito Disciplina fabril
Fontes de enerxia
Animal e humana
Animal e humana
Carbón
Ferramentas Variedade para distintos procesos
Primeiras máquinas
Máquinas movidas por vapor
Produción Non homoxénea Máis homoxénea Seriada
Traballador Cualificado Pouco cualificado
Non cualificado
Prezo Redución do prezo
Diminución do prezo da unidade producida
Mercado Local e regulamentado
Amplo radio Nacional e internacional
Unha economía de base agraria
O comercio máis relevante é o de longa distancia
Os intercambios internos son escasos e complicados, debido ás deficientes comunicacións e á inexistencia dun mercado interno unificado.
Rutas comerciais no Antigo Réxime
Unha economía de base agraria
O desenvolvemento urbano é escaso A aldea é o centro de organización produción.
Son escasas as cidades con máis de 50.000 habitantes. A mediados do século XVIII nalgunhas zonas (Inglaterra) comeza unha importante emigración do campo á cidade.
Isto repercutirá nun desenvolvemento sen precedentes do fenómeno do urbanismo.
Unha economía de base agraria
A estrutura da propiedade
É fundamentalmente de carácter señorial, baseada en grandes propiedades cuxos donos reciben cuantiosas rendas de carácter feudal procedentes dunha inxente masa de campesiños. En Galicia foros.
A SOCIEDADE ESTAMENTAL
Unha estrutura social estamental
Articulada en estamentos Un estamento correspóndese cun estrato ou grupo social, definido por un común estilo de vida e análoga función. É de carácter impermeable. A sociedade era profundamente relixiosa, intolerante e analfabeta. Tribunal da Inquisición.
Cada membro da sociedade pertence a un estamentoEste denega ou concede privilexios, é dicir a exención de obrigas ou o dereito a vantaxes exclusivas. Ao estamento privilexiado accédese (agás o clero) por nacemento ou por concesión especial do monarca.
A ríxida sociedade estamental entra en criseA raíz dos cambios producidos ao longo do século XVIII (Revolución Francesa), abrindo paso á sociedade capitalista. Crecente protagonismo da burguesía.
Unha estrutura social estamental
Mapa Europa
Un goberno absolutista
A MONARQUÍA ABSOLUTA
Un goberno absolutista
Fundamentado ideoloxicamente na fórmula
“Monarquía de Dereito Divino”. Bossuet afirma que o poder é concedido ao Rei por Deus e carece de límites terreais e o Rei é responsable só ante Deus.
A monarquía absoluta
Un goberno absolutista
Os instrumentos que utilizan os reis absolutos son:
Os Consellos de ministros O Exército A Burocracia e a Diplomacia.
Sistemas políticos no século XVIII
Sistema político francés antes de 1789
Sistema político inglés despois de 1688
Un goberno absolutista
Esta fórmula de goberno encontrou resistencia Esencialmente, a que proviña dos defensores dos privilexios
feudais ostentados pola nobreza e o clero, herdados do Medievo.
Mediante o "Despotismo Ilustrado“ os reis buscarán destruír esa oposición e atraerse a outros sectores sociais.
Un goberno absolutista
O Despotismo Ilustrado. Todo para o pobo pero sen o pobo
Sistema político que combinaba o absolutismo con algunhas ideas
reformistas da Ilustración. Monarcas ilustrados : Federico I de Prusia, Xosé I de
Portugal, Carlos III de España, Catarina II de Rusia, Xosé II de Austria.
Entenderon o poder como un medio ao servizo da grandeza da monarquía e do benestar da poboación.
O seu obxectivo era racionalizar a administración e potenciar as actividades económicas sen modificar as bases políticas e sociais.
Un goberno absolutista
Paradigma de monarquía absoluta
A francesa, encarnada na figura do rei Luis XIV.
Un goberno absolutista
Houbo excepcións a esta forma de goberno
As Provincias Unidas (Holanda)
A República de Venecia
Inglaterra
Un goberno absolutista
O seu máximo esplendor alcánzao Durante a 2ª metade do século XVII e gran parte do
século XVIII.
A súa fin acaecerá tras a revolución burguesa en Francia (1789) e os posteriores estalidos do século XIX.
A Ilustración
Concepto
Podería definirse como o movemento filosófico, literario e científico que se desenvolve en Europa e as súas colonias ao longo do século XVIII (“das Luces”).
Supuxo unha importante modernización cultural e o intento de transformar as caducas estruturas do Antigo Réxime.
AS IDEAS DA ILUSTRACIÓN
A Ilustración
Ideas fundamentais A Razón
É o único medio para conseguir a verdade e, xunto co progreso,
constitúe o camiño para alcanzar a felicidade. O Progreso
A él chegase grazas á Ciencia; en combinación coa técnica, permite o avance da humanidade de maneira evolutiva e indefinida.
A Natureza
É a orixe de todo o xenuino, verdadeiro e auténtico. A sociedade é a que falsea corrompe ao home, bon en estado natural.
A Felicidade
É un ben ao que todo home ten dereito e constitée un fin en sí mesma.
Textos: A sociedade civil por J. Locke
A Ilustración
Vehículos de difusión
As sociedades científicas, literarias ou artísticas e as academias, apoiadas polos poderes públicos.
As sociedades de amigos do país, establecidas normalmente nas principais cidades e capitais de provincia.
Os Salóns. Faladoiros ou reunións de ilustrados.
A Enciclopedia
O pensamento ilustrado
Antecedentes
Hai que buscalos en Inglaterra e Holanda durante o século XVII. Destaca a figura de Newton.
A Ilustración
O pensamiento ilustrado
Figura decisiva de gran influencia posterior
John Locke. Propugna a separación de poderes.
A Ilustración
O pensamento ilustrado
Na súa vertente política
É desenvolvido na obra dos seguintes autores:
Montesquieu. Teoriza sobre a división de poderes.
Voltaire. Indaga na liberdade de pensamento e avoga por unha nova relixión (deísmo) que substitúa ás reveladas.
Rousseau. Fai fincapé na concepción da Natureza e as relacións sociais entre os homes.
A Ilustración
Montesquieu: A división de poderes
Voltaire; A idea de tolerancia
Rousseau; a Soberanía popular
Cidadáns con dereitos e deberesDemocracia directa
FUNDAMENTOS FILOSÓFICOS DO LIBERALISMO POLÍTICO
Esquema antigo réxime
A Ilustración
O pensamento ilustrado
Na súa vertente económica
Concrétase en dúas novas correntes: a fisiocracia o liberalismo, que entran en colisión coa tendencia imperante do momento, o mercantilismo.
• Fisiocracia Os fisiócratas sosteñen que a riqueza dun estado provén da natureza, máis exactamente, da agricultura. O seu principal teórico é Quesnay.
• Liberalismo Para os seus defensores, a riqueza do Estado non radica nin na acumulación de metais preciosos (mercantilismo) nin exclusivamente na agricultura (fisiocracia), senón na liberdade. O Estado non debe intervir na actividade económica. O seu principal teórico é Adam Smith.