O ciclo da auga

Post on 13-Jun-2015

840 views 6 download

description

presentacion do ciclo

Transcript of O ciclo da auga

O CICLO DA AUGA

RÍOS

OCÉANOS

CHUVIA

ESQUEMA DO CICLO DA AUGA

1. EVAPORACIÓN

• A auga dos mares e dos océanos evapórase (transfórmase en vapor) por efecto do calor do sol.

• Ao evaporarse este vapor forma as nubes.

2. CONDENSACIÓN

• ao chegar á atmosfera o vapor de auga das nubes arrefría e condénsase (pasa a ser líquido ou mesmo sólido). Son as pingas de chuvia, as pedras de sarabia ou as folerpas de neve; que caen de novo á superficie terrestre.

3. AUGAS SUBTERRÁNEAS

• A neve e a sarabia ao derreterse e a auga da chuvia, pode filtrarse cara ao interior da terra formando verdadeiros ríos interiores: son as augas subterráneas.

4. AUGAS SUPERFICIAIS

• Ou tamén pode esvarar polas ladeiras dos montes formando regueiros, lagoas ou ríos que van desembocar ao mar.

5. FIN DO CICLO

• No mar, a auga evapórase de novo reiniciando o ciclo.

• Por iso non podes esquecer que si a auga é contaminada nalgún momento do ciclo, será moi difícil que se transforme de novo en auga potable.

6. A DISTRIBUCIÓN DA AUGA NO PLANETA

• De toda a auga que hai no planeta, só un 3% é auga doce. E desta porcentaxe só un 0,3% corresponde a auga líquida superficial, é dicir a auga que o ser humano pode aproveitar para o seu uso (ríos, lagos, fontes,...)