Post on 30-Dec-2015
description
O planeta Terra
Tema 12 A atmosfera terrestre >>>
Actividades complementarias do libro de texto. ECOSFERA editorial SM
1.1. ¿A que chamamos atmosfera?
Chamamos atmósfera...a unha delgada capa de gases que...rodea a Terra.A mestura de gases que forma a atmosfera chámase aire >>>
1.2. ¿Como se chama a capa de gases que rodea a Terra?
A delgada capa de gases que rodea a Terra chámase...atmosfera >>>
1.4. ¿Como se chama a mestura de gases que forma a atmosfera?
A mestura de gases que forma a atmosfera chámase...aire >>>
2.1. Principais gases que constitúen a atmosfera.
Gases que forma a atmosfera:Nitróxeno 78 %Osíxeno 21 %Argon 0’9 %Dióxido de carbono 0’033 % >>>
2.2. ¿Que gas se encontra na atmosfera en maior proporción?
O gas que se encontra en moior proporción na atmosfera é o...Nitróxeno 78 % >>>
2.3. ¿Por que dicimos que a atmosfera non é uniforme?
Dicimos que a atmosfera non é uniforme poque...a súa presión e densidade...diminúe coa...altura. >>>
2.4. ¿Por que é máis denso o aire a nivel do mar que no alto dunha montaña?
O aire é máis denso a nivel do mar porque...está máis comprimido nas...capas baixas pola acción da...gravidade. >>>
3.1. Partes da atmosfera.
Partes da atmosfera:Troposfera: nela prodúcense os fenómenos meteorolóxicos.Estratosfera: nela encóntrase a capa de ozono que nos protexe das radiacións solares.Ionosfera: nela fórmanse ións.Exosfera: capa máis externa que retén o vento solar >>>
3.2. ¿Como se chama a parte da atmosfera onde se producen os fenómenos meteorolóxicos?
A capa da atmosfera onde se producen os fenómenos meteorolóxicos chámase...troposfera >>>
3.3. ¿En que parte da atmosfera se encontra a capa de ozono?
A parte da atmosfera onde se encontra a capa de ozono chámase...estratosfera >>>
3.4. ¿Cal é a misión da capa de ozono?
A misión da capa de ozono é...protexernos das...radiacións ultravioleta do Sol. >>>
4.1. ¿Cómo contribuíron os organismos fotosintetizadores na formación da atmosfera?
A existencia dos organismos fotosintetizadores dou lugar á...aparición de osíxeno libre na...atmósfera.O aumento do osíxeno facilitou á formación da capa de ozono. >>>
4.2. Os seres vivos e o osíxeno.
O osíxeno prodúceno...as plantas na...fotosíntese e utlilízano tódolos..seres vivos na...respiración >>>
4.3. Os seres vivos e o dióxido de carbono.
O dióxido de carbono prodúceno...tódolos seres vivos na...respiración e utilízano...as plantas na...fotosíntese >>>
4.4. Os seres vivos e o nitróxeno.
O nitróxeno atmosférico...non pode ser utilizado directamente polos seres vivos.Algunhas bacterias son capaces de transformalo en compostos que as plantas poden absrober. >>>
5.1. ¿En que consiste a fotosíntese.?
A fotosíntese é...o proceso polo que as plantas fabrican...o seu propio alimento.Auga + sales minerais + dióxido de carbono + luz alimento + osíxeno >>>
5.2. ¿A que chamamos respiración.?
A respiración é...o proceso polo que os seres vivos...producimos enerxía.Nutrientes + osíxeno dióxido de carbono + enerxía + vapor de auga >>>
5.3. ¿Que gases se intercambian na fotosíntese?
As plantas na fotosíntese...toman dióxido de carbono e...desprenden osíxeno >>>
5.4. ¿Que gases se intercambian na respiración?
Os seres vivos na respiración toman...osíxeno e desprenden...dióxido de carbono e vapor de auga >>>
6.1. Principais características do medio aéreo.
Características do medio aéreo:Transparencia a luz, permite unha gran visibilidade.Propagación do son, as ondas sonoras progáganse a través do aire.Poder de sustentación, permite o voo dos organismos voadores. >>>
6.2. ¿Que ocorrería se a atmosfera non fose transparente?
Se a atmosfera non fose transparente:no habería visibilidade e...dificultaría a fotosínte. >>>
6.3. ¿Que quere dicir que a atmosfera ten poder de sustentación?
Que a atmosfera ten poder de sustentación quere dicir...que permite o voo dos organismos voadores. >>>
6.4. ¿Que permite que a atmosfera se comporte como unha máquina térmica?
A atmosfera compórtase como unha xigantesca máquina térmica...movida pola enerxía solar. >>>
7.1. ¿Como se produce a brisa mariña?
Durante o día a Terra quéntase máis rápido cá auga,polo que o aire quence e ascende.O aire frío procedente do mar ocupa o seu lugar e...prodúcese unha brisa suave do mar cara á costa denominada brisa mariña. >>>
7.2. ¿Como se produce a brisa nocturna?
Durante a noite a terra arrefría máis á...presa có mar, polo que o aire arrefría.O aire sobre o mar máis quente, ascende...e o seu lugar é ocupado polo aire máis...frío procedente da costa, soprando unha...brisa dende a costa cara ó mar. >>>
7.3. ¿A que chamamos presión atmosférica?
Chamamos presión atmosférica ó...peso do aire sobre a...superficie terrestre. >>>
7.4. ¿Como se chama o peso do aire sobre a superficie terrestre?
O peso do aire sobre a superficie terrestre chámase...Presión atmosférica. >>>
8.1. ¿A que chamamos anticiclón?
Anticiclón é...unha zona de alta presión producida...polo aire frío que...descende >>>
8.2. ¿En que consiste o ciclón ou borrasca?
Ciclón our borrasca é...unha zona de baixa...presión atmosférica...producida polo aire cálido que...ascende >>>
8.3. ¿Qué son as nubes?
As nubes son...aglomeracións de...pequenas gotas de auga...suspendidas no aire >>>
8.4. Explica o proceso de formación das nubes.
Formación das nubes:O aire quente e húmido que ascende...encóntrase con aire frío..o vapor condénsase e transfórmase en...pequenas gotas de auga...suspendidas no aire. >>>
9.1. ¿Como se produce a chuvia?
A chuvia prodúcese cando...as gotas de auga que forman as...nubes son demasiado grandes para...sustentarse no aire...caendo á terra en estado.... líquido. >>>
9.2. ¿Que é a neve?
A neve é a predipitación de auga en...estado dólido en...pequenas porcións de xeo chamadas...folerpas >>>
9.3. ¿A que chamamos folerpas?
Chamamos folerpas...ás pequenas porcións de...xeo que caen durante as...nevadas. >>>
9.4. ¿Como se forma o pedrazo?
O pedrazo fórmase con...partículas de xeo que ó...axitárense unhas contra outras...únense formando...copúsculos de xeo que caen ó solo. >>>
10.1. ¿A que chamamos sarabia?
Saraiba é...a precipitación de grans ou...corpúsculos de xeo chamados...pedrazo. >>>
10.2. ¿A que chamamos contaminación atmosférica?
Contaminación atmosférica é...a acumulación de substancias que...alteran a composición da...atmósfera. >>>
10.3. Efectos da contaminación atmosférica.
Efectos da contaminación atmosférica:Provoca enfermidades respiratoriasDestrúe a capa de ozonoProduce sobrequentamento da atmósfera >>>
10.4. ¿Como podemos evitar a contaminación atmosférica?
Para evitar a contaminación atmosférica:Reducir as emisións contaminantesFiltrar e depurar os gases emitidosReducir o consumo de carbón e petróleo. >>>