O plurilingüismo da PI

Post on 15-Apr-2017

181 views 2 download

Transcript of O plurilingüismo da PI

O PLURILINGÜISMO DA PENÍNSULA

IBÉRICA

O portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado.

LINGUAS DA PENÍNSULA IBÉRICA

O mirandés, lingua románica do grupo asturleonés falada no concello portugués de Miranda do Douro, é oficial en Portugal desde 1999.

O aranés, lingua occitana, é lingua oficial no Val de Arán, en Cataluña.

O astur-leonés ou bable e o navarro-aragonés son linguas que non teñen carácter oficial.

LINGUAS DA PENÍNSULA IBÉRICA

O inglés é oficial en Xibraltar.

O galego, o vasco e o catalán son linguas oficiais nos seus territorios.

O catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra.

O normal é que a un O normal é que a un estado lle correspondan estado lle correspondan

varias linguasvarias linguas

A lingua mirandesa ou mirandés é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica.

É falada no Portugal nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro. Desde 1999 é oficial nese territorio.

En España,o 40% da poboación vive nun territorio En España,o 40% da poboación vive nun territorio con outro idioma oficial ademais do castelán.con outro idioma oficial ademais do castelán.

A lingua asturiana é unha lingua romance pertencente ao subgrupo asturleonés, derivada directamente do latín.

LINGUA ASTURLEONESA

O dominio do asturiano esténdese por todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias fálase o galego de Asturias.

Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bablebable, pero en realidade procede da locución "bla, bla" con carácter despectivo.

LINGUA LEONESA A Lingua leonesa ou leonés é o asturiano occidental (Llïonés, llingua llïonesa ou Asturianu oucidental). É unha lingua románica creada no territorio que agora ocupan as provincias españolas de León, Zamora e Salamanca.

Hoxe mantense viva no norte de León, na serra de A Cabreira e tamén é falada pola xente maior do oeste de Zamora e do noroeste de Salamanca.

LINGUA LEONESA

A situación do leonés como lingua minorizada levouno preto da extinción, estando considerada como unha lingua en perigo pola UNESCO.

Estanse a facer algúns esforzos para gañar aceptación entre a poboación urbana.

LINGUA ÉUSKARA

O éuskaro é lingua oficial dende 1982 na Comunidade Autónoma Vasca.

En Navarra, a súa situación está regulada pola Lei do Vascuence, que divide á Comunidade Foral en tres rexóns (vascófona, non vascófona e mixta).

En Francia, o euskera, como outras linguas minoritarias, non ten recoñecemento oficial.

LINGUA ÉUSKARA

O vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, que na súa maioría teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia indoeuropea.

LINGUA NAVARRO-ARAGONESA

O aragonés é unha lingua románica falada nas zonas máis septentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao noroeste de España.

Conta con moi pouca axuda por parte das institucións e o seu estado de conservación é cada vez máis precario entre os seus falantes nativos, a maioría dos cales fala un híbrido entre ambos idiomas, aragonés e castelán.

LINGUA CATALÁ

O catalán é unha lingua románica falada no nordeste da Península Ibérica.

Tamén se fala no oriente de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia) e na cidade sarda de Alguer, así como na zona do Carxe (Murcia), sen ser nestes lugares oficial.

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e Illas Baleares.

LINGUA CATALÁ

LINGUA ARANESA

O aranés é unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña

Ensinada dende o 1984 nas escolas, estivo considerada como "lingua en perigo", pero está agora a experimentar un rexurdimento.

Disfruta dun estatus de cooficialide en Cataluña.

LINGUA CASTELÁ

O castelán ou español é unha lingua románica do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España e boa parte de América do Sur e Centroamérica. É a segunda lingua en número de falantes, só por detrás do chinés mandarín. É falada por case 500 millóns de persoas.

CONCLUSIÓN

As linguas de España. María Victoria Moreno. Ed. Andel. Xunta de Galicia (1991)

CONCLUSIÓN

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 19961)

FONTES

Presentación Informática do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística IES ELVIÑA

Presentación Informática de Lourenço

Álvarez

Presentación Informática de Román Landín