Post on 12-Aug-2020
O Saco das Novas
Curso 2016-2017
O saco das novas
2
INFANTIL
TRES ANOS
VISITOU A
CASA DOS
PEIXES
O saco das novas
3
O saco das novas
4
O saco das novas
5
O saco das novas
6
O saco das novas
7
O saco das novas
8
O saco das novas
9
O saco das novas
10
O saco das novas
11
OS TRES PORQUIÑOS (Nova versión)
1º Primaria
Hay moitos, moitos, moitísimos anos había un
lobo feroz que quería comer a tres porquiños irmáns,
e dous cazadores que querían cazar ao lobo.
O lobo díxolles aos tres porquiños que precisaba da súa axuda para librarse dos
cazadores. Pero, os porquiños déronse conta de que era unha mentira para poder
comelos, xa que o lobo sorría con cara de malvado mentres falaba con eles. Así que,
botaron a correr.
O lobo díxolles:
- Picáchedes!!, e perseguiunos.
Durante esta persecución, apareceron
os cazadores e botaron a correr tras o
lobo, mentres o lobo corría tras os
porquiños.
Nun momento no que
despistaron aos cazadores, o lobo
pediulles perdón aos porquiños.
Díxolles que esta vez falaba en serio.
Os cazadores non o deixarían en paz,
así que precisaba da súa axuda de
O saco das novas
12
verdade. Sentía moito ter contado mentiras e non o volvería facer nunca máis, e por
suposto, tampouco intentar comelos. Pero por favor, por favor, por favor, que o
protexesen. Os porquiños decidiron perdoalo, sempre e cando cumprise a súa promesa.
Así que, idearon un plan.
Os porquiños engañaron aos cazadores dicindo que o lobo estaba na casa de
palla, cando en realidade o lobo, estaba agochado na casa de pedra.
Nun principio funcionou, pero os cazadores ao ver que non o atopaban, seguiron
buscando nas outras casas e ao chegar a casa de pedra, o lobo atemorizado fuxiu ao
bosque. Os cazadores perseguírono. Como o plan non funcionara, os porquiños tomaron
outra decisión.
O saco das novas
13
Un dos porquiños disfrazouse de lobo, facendo que os cazadores o perseguisen a
él, ata levalos a unha trampa na que os outros dous porquiños verteron tarros de mel por
riba das cabezas dos cazadores. Os cazadores coa mel nos ollos non podían ver. Fíxose
noite antes de que conseguisen limparse, porque o mel se lle secou na cara creando unha
máscara. Debido a isto, acabaron por perderse na escuridade do bosque.
Os tres porquiños e o lobo, regresaron á casa de pedra para vivir todos xuntos e
sen perigo.
Viviron felices e comeron perdices e a nós non nos deron porque non quixeron.
FIN
O saco das novas
14
O alumnado de segundo curso fixo unha visita moi interesante a biblioteca
municipal. Esto foi o que mais lles gustou....
O saco das novas
15
O saco das novas
16
O saco das novas
17
COÑECENDO A CARLOS CASARES
Co gallo da celebración das Letras Galegas, este ano o noso curso decidiu
aprender un pouco máis do autor que é conmemorado este ano, Carlos Casares. Para
isto recollemos información sobre a súa vida e sobre a súa obra. Todo o que
aprendemos mostrámolo nun mural que queremos compartir con todos vós.
Puxemos a biografía do autor:
Tamén recompilamos algunhas das portadas das súas obras máis significativas:
O saco das novas
18
E uns compañeiros fixeron un retrato:
Este foi o resultado!
Alumnos e alumnas de terceiro
O saco das novas
19
BUSCANDO O MÁIS VITAL GAÑAMOS
INTERCENTROS
Ímos contar a historia de como as nenas e os nenos de cuarto curso de Educación Primaria
do CEIP de Piñeiros conseguimos gañar este ano o XXVIII Certame Intercentros do Concello de
Narón na categoría de Teatro.
Todo empezou no primeiro trimestre nas clases de “Obradoiro” coa profesora substituta de
Raquel que se chamaba Luz e que empezou a poñer en marcha o proxecto de representar a obra de
teatro “ O libro da selva” no Pazo da Cultura. A nosa intención non era a de gañar, só pretendiamos
aprender e pasalo o mellor posible con esta nova experiencia, pero se gañabamos, mellor que mellor...
Despois de ler a obra, repartimos as personaxes, aprendemos os papeis de memoria, fixemos
coreografías e empezamos a ensaiar. Ao principio saíanos regular, falabamos moito e non estabamos
ao que tiñamos que estar, pero ao ir mellorando cada vez nos gustaba máis e o iamos facendo un
pouquiño mellor.
No segundo trimestre, xa con Raquel, seguimos ensaiando, a veces tamén nas clases de
música, xa que o gran día estaba cada vez máis cerca e aínda tiñamos moito que mellorar.
Os últimos días de ensaio démonos conta, por fin, que máis importante que a nosa actuación
individual era o grupo e o respecto as actuacións dos demais. Ser capaces de gardar silencio cando non
estabamos no escenario era fundamental para que todo saíra como tiña que saír o día da
representación.
O saco das novas
20
Ese día chegou por fin e todos estabamos moi contentos e nerviosos. Eramos os últimos en
actuar e todos os coles que se presentaban ao concurso estábano facendo xenial. Durante a
representación houbo un pequeno fallo técnico, non soou unha música que tiña que soar, pero como xa
nos advertira Raquel moitas veces isto pasaba e o que tiñamos que facer era seguir para diante coa
representación, e así fixemos.
Cando rematamos coa canción final “Busca o máis vital” e saudamos ao público, os seus
aplausos fixéronnos sentir moi contentos e orgullosos de todo o traballo realizado desde setembro.
Raquel tamén se emocionou moito e chorou de alegría porque todo saíra moi ben. E foi ela a
que, xa de volta no colexio, a que nos deu a gran noticia, quedamos en primeiro lugar!
Agora si que estabamos contentos, abrazamos todos a Raquel e cantamos a canción dos
campións. Ademais gañamos un premio en cartos que vai a servir para mercar instrumentos musicais
para a aula de música que poderemos tocar todos o ano que ven.
Só quedaba ir a recoller o premio todos xuntos no Pazo da cultura, ao que volveremos en
xuño para representar esta obra no Festival de fin de curso.
Para finalizar este pequeno resumo de todo o vivido este ano, darlle as grazas a Luz e a
Raquel por confiar en nós e facernos gañadores.
Foron as primeiras en darse conta de que eramos unha panda de teatreiros!
Nunca o esqueceremos!
Alumnado de 4º curso do CEIP de Piñeiros
O saco das novas
21
O PESADELO DE
MARIO
Fai pouco tempo, nunha noite escura e tormentosa, nun país onde reinaban os
soños, vivía Cama Feliz. Cama Feliz era unha cama de princesas, con moitas cores e
cun dosel de seda e brillos dourados.
Esta cama era moi especial xa que cando te deitabas nela soñabas cousas que
sucederían no futuro. Nela deitábase un rapaz chamado Mario, un rapaz alto, delgado,
louro e cuns ollos grandes e verdes. Era un rapaz curioso e ousado; feliz e soñador.
Gustáballe vivir aventuras, os contos de medo e viaxar e coñecer outras paisaxes e
culturas.
Unha noite Mario decidiu ir durmir xa que estaba esgotado. Saltou á cama dun
chimpo quedou durmido inmediatamente e a partir dese momento produciríase un
cambio radical na súa vida.
Soñou que se atopaba no Castelo de
Drácula e comezou a ter medo porque sabía
que aquel conde era malvado, tirano e cruel.
Aínda así decidiu percorrer o Castelo e
chegou diante dunha porta grande e robusta,
feita de madeira escura e cun pomo dourado
con forma de morcego onde estaba escrito o
nome de DRÁCULA.
Decidiu abrir a porta, que rinchou
estrondosamente. Mario sentiu un calafrío
que percorreu a súa espiña dorsal. Ao entrar,
de fronte, viu un altar iluminado por unha
O saco das novas
22
luz que viña do teito. Enriba do altar había un libro dourado que contiña catro opcións:
volver á casa, atopar un tesouro, gobernar o mundo e coñecer a historia de Drácula.
Destas catro opcións só podía escoller unha.
Mario escolleu a opción de volver á súa casa e para iso tiña que ir ata última
páxina do libro na que atopou un enigma que tiña que resolver. O enigma consistía en
descifrar un xeroglífico totalmente descoñecido para el.
A sala na que se atopaba Mario tiña as paredes cubertas por andeis cheos de
libros. Mario buscou un libro onde puidera atopar a solución ao xeroglífico. Ao coller
un daqueles libros a parede comezou a xirar, e abriuse un espazo novo. Mario entrou
naquel espazo e atopouse nun cuarto grande e escuro. Acendeu a luz e veu o ataúde de
Drácula. Ao abrilo descubriu a solución do xeroglífico, que indicaba que camiño tiña
que seguir para saír do castelo e regresar a casa.
Cando Mario saíu do castelo atopou a Cama Feliz que o levou outra vez ao seu
mundo.
Moitos anos máis tarde tocoulle nunha rifa, unha viaxe turística ao “Castelo de
Drácula”. De novo comezaba o seu pesadelo.
FIN
Alumnos 5º de primaria
O saco das novas
23
AS SAIDAS DE EDUCACIÓN FÍSICA
Día do Peón (11-11-16)
O día 11 de novembro, coincidindo con San Martiño, todos os alumnos e
alumnas de Primaria do cole xuntámonos no pavillón para lanzar os peóns ao chan.
Pasamos a hora do recreo e a lectura facendo xogos e lanzando as buxainas. Bailámolas
na man, en distintas partes do corpo, a ver cal bailaba máis tempo…
Ese día pasámolo moi ben todos xuntos, foi un día moi divertido e especial.
Aarón, Martín e Carla de 5º
O saco das novas
24
EXCURSIÓN DE 6º Á CAPELA
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria asistimos a unha excursión no
colexio da Capela o día 7 de abril, onde poidemos relaxarnos antes das notas da segunda
avaliación.
Primeiro fixemos unha ruta guiados polo exdirector do colexio da Capela, tamén
coñecido como o alcalde de San Sadurniño, que se chama Secundino. A ruta percorría
un quilómetro das Fragas do Eume e, aínda que aprendimos moitas cousas que parecían
innecesarias, Secundino, fixo que todo iso fose unha experiencia entretida e interesante.
Ao chegar ao colexio da Capela o que máis nos chamou a atención foi a pouca
cantidade de alumnado (72 alumnos, fronte a nós que somos 207).
Despois de chegar o primeiro que fixemos foron uns xogos de correr para
quentar e, ao rematar, os rapaces de 5º curso de Educación Primaria do colexio da
Capela ensináronnos, divididos en diferentes grupos, unha serie de xogos populares.
Entre eles:
O peón, a corda, a mariola, os zanco, a zorregada e a porca, o xogo que máis
gustou. Este xogo consistía en meter unha pelota no oco sen que a parase o “porqueiro”
había uns paus coma os de “hockey”. Cada rapaz ou rapaza deste curso ensinábanos
unha actividade.
Aínda que o alumnado escaseaba o colexio era bastante grande e contaba con
diversas instalacións deportivas e de xogos populares, xa que recibían constantemente
alumnos doutros colexios para coñecer xogos da nosa terra, Galicia.
A nós gustounos moito porque coñecimos moitas cousas que non sabiamos de
xogos galegos e fixemos moitos amigos.
O saco das novas
25
Alumnos 6º primaria
Saída Atletismo (23-09-16)
O día 23 de setembro fixemos una saída ao estadio de Río Seco en Narón a facer
una xornada de atletismo. Fomos en bicicleta coa axuda da Policía Local e Protección
Civil. Alí fixemos distintas actividades como salto de altura, de lonxitude, lanzamento
de peso e carreira de relevos con testigo.
As dúas actividades máis complicadas foron o lanzamento de peso, porque a
bola pesaba moito, e o salto de altura porque a técnica era algo difícil.
O saco das novas
26
Lucía Piñón, Roi e Natalia de 5º
Saída bicis Día non violencia de Xénero
O día 25 de novembro realizouse a Marcha Ciclista pola Igualdade entre Homes
e Mulleres. Fomos en bici ata o
Auditorio de Narón a ver una
obra de teatro moi divertida.
Pasámolo moi ben xa que
nos encanta ir na bici e a obra foi
moi divertida.
Dani e Manuel de 5º
O saco das novas
27
Saída Colexio A Capela e museo alumnado 3º
Os nenos e nenas de 3º fomos a visitar o museo da Capela e o colexio para xogar
a Xogos Populares cos nenos e nenas dese cole, que ademáis eran os nosos profes e
ensináronnos a xogar.
Foi un día divertidísimo.
O saco das novas
28
CAMIÑO ESCOLAR SEGURO
Este curso púxose en marcha unha iniciativa promovida por Educación Vial que
se chama “Camiños Escolares Seguros”. Esta actividade consiste en vir ao colexio a pé,
en bici, en patín…
Polas beirarrúas encóntranse banderíns nas farolas, pisadas no chan e puntos de
encontro onde podes ir quedando cos amigos. Todo isto serve para ir seguindo os
distintos itinerarios que te levan ao cole.
Algunhas tendas de Narón colaboran no proxecto e chámanse “Tendas amigas”.
Cada día que ves a pé ou en bici ou en patín… danche un punto que equivale a unha
pegada. Estes puntos podes canxealos nalgunhas destas tendas amigas e éstas danche
regalos ou descontos en moitas cousas. Ademais, se tes algún problema polo camiño
podes pedirlles que te axuden.
O martes 23 de maio veu a Televisión de Galicia a entrevistarnos.
Preguntáronnos que nos parecía o proxecto do Camiño Escolar Seguro e en qué
consistía.
Cada día, dous nenos/as están axudando aos policías locais a facer o traballo de
policía. Así, axudan aos nenos e nenas que veñen ao cole, axudan a dirixir o tráfico e
facer as entradas máis seguras.
Os nenos e nenas de 5º de Primaria
O saco das novas
29
O noso paso polo cole
O saco das novas
30
María José Casal
A nosa mestra de 4º, María José Casal xubilouse este ano e queriamos dedicarlle
esta páxina da nosa revista.
Aínda que estivo connosco só dous trimestres, recordámola con agarimo xa que
era una profesora moi boa e tratábanos moi ben.
Deixábanos xogo libre una vez á semana, cando estabamos tristes consolábanos
e dábanos bicos, apertas e mimos.
Recordamos especialmente o tempo do Antroido cando un día nos deu unas
máscaras de pallaso para pintar e recortar. Martín, Adriana e Nicolás inventaron unha
canción que dicía: “So good is the pallasotes…” e todos rimos moito.
Tamén recordamos que
fixéramos un baile flamenco, porque
iamos disfrazados de cordobeses, e ela
felicitounos moito e ademais
acompañounos ata á praza Álvaro
Paradela disfrazado coma nós.
Moitas grazas María José por
ensinarnos moitas cousas e por todos
eses días bos contigo.
Querémoste moito e temos morriña de ti.
Alumnos de 5º
O saco das novas
31
O saco das novas
32
O saco das novas
33
O saco das novas
34
O saco das novas
35
sinaturas
O saco das novas
36
Gracias por estes anos e lembrade
que no CEIP Piñeiros sempre seredes
ben recibidos. Moita Sorte