Post on 03-Jul-2015
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
O
TAMAÑO
DO
Ola, amigos:
Esta historia que vos vou contar,
é terrorífica, pero vaivos encantar!!
Fala de bechos, pantasmas e tronos,
raios, pesadelos e dragóns con cornos.
Se escoitas a miña historia
hasme entender,
porque non existen nenos,
sen medo de cando vez!!!
Sentistes algunha vez medo????
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
Un día de verán, mentres lía tranquilamente un libro na nosa
biblioteca apareceu ela. Silenciosa e perigosa.
Sen saber como entrara descubrina enriba dunha chea de libros. Alí estaba!! Mirándome sen moverse…
Sabedes o que lle daba medo a picolindo???
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
Sentíame moi ……. ASUSTAD@,
MEDORENT@… e
Como sabemos cando temos medo?
o meu corpo non deixaba de TREMER, as mans SUÁBANME, o meu corazón LATEXABA
FORTE, o pelo POÑÍASEME DE PUNTA e a boca
QUEDOU SECA E GRITEI
Como era o tamaño do seu medo?
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
De súpeto, todo quedou ás escuras. Non podía ver nada, nin a ????? que me asustou. Entón que fixo
Picolindo? BERRAR, AGARRARSE A ALGÚN OBXECTO, TREMER….
Saín correndo e agocheime nun sitio seguro. dentro dun baúl
pequeno onde ninguén podería atoparme.
Como era o tamaño do seu medo?
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
E alí, escoitei o ruído… Levei un gran SUSTO!!!
Que sería ese ruído? PANTASMAS, ESQUELETOS, ZOMBIS, RAIOS E
TRONOS, BECHOS…
Cando todo está ás escuras síntome INSEGURO e ás veces penso que as
pantasmas existen…he,he… Que parvada!!
Despois dun tempo quedo fun tranquilizando e conseguín transformar
o medo en AFOUTEZA.
Como era o tamaño do seu medo?
Levantei un pouco a tapa do baúl e mirei cos meus ollos ben abertos….
Que sería o que viu picolindo?
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
O seu amigo Troy decidira facerlle unha visita!! Que
sorpresa!! Sentiuse moi ALIVIADO, CONTENTO.
Saíu do baúl e deulle un grande abrazo. Troy traía unha
lanterna. A luz marchara en toda a rúa por culpa daquela
treboada de verán.
Agora que xa non estaba só, xa non sentía o mesmo MEDO. Decateime de que o medo é
unha emoción que sempre pasa e termina marchando.
Troy mais eu fomos coa lanterna en busca da ...?. Ela seguía alí tan tranquila!! Parece que só eu
tiven medo!!
Collemos un tarro de cristal e metémola con moitísimo coidado dentro del. Logo saímos á
rúa e alí deixámola en liberdade.
Cando volvemos entrar xa non me sentía ASUSTADO.
Conteille ao meu amigo Troy todos os medos que tiña. O meu medo ás arañas, á escuridade, ás
pantasmas. ….
Pero tamén lle contei outros, como o meu medo a non ter amigos ou a non ser quen de facer as
cousas ben…
Vós tamén tedes estes medos?
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
Troy díxome que sentir medo non é malo porque
en moitas situacións pode axudarme a evitar
perigos.
Falar con Troy das cousas que me meten medo axudoume a caer na
conta de que en realidade non teñen
porque asustarme porque ata o sentimento máis
aterrador acabará esvaecendo!!
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012
Antes de marchar, Troy aprendeume
unha cantiga para cantar
sempre que teña medo:
Se algo te ocorre,
e se achega o medo,
xoga a espantalo
con moito esmero.
Como se fai?
Eu cho direi!
Con este conxuro
vai esvaecer.
Non leva allo,
tampouco canela.
Esta apócema
Non se fai na panela.
Fai que marche! Non chames á túa
curmá! Marchará
se aprendes a rimar:
Medo, inimigo, rimas con embigo! Se vés asustarme… Impórtame un figo! Pecha os teus ollos,
Repítea, cando os abras… sorpresa terás:
O MEDO XA NON ESTÁ!
ZAHIDA
RODRIGUEZ (Adaptación)
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío CEIP: VIRXE DO ROCÍO 2011-2012