Post on 24-Jul-2015
A Lei de Orzamentos e a UniversidadeMentiras e verdades
“O Sistema Universitario de Galicia ten en execución un Plan de Financiamento 2011-2015 que se caracteriza por ser dinámico, flexible, sostible, equitativo e eficiente”
“Os 371,5 millóns con que está dotado o Plan de Financiamento do SUG para 2013 distribuiranse entre as tres universidades en base aos resultados en áreas clave: Financiamento estrutural, subvención por resultados, e financiamento por mellora da calidade”
José Alberto Díez de CastroSecretario xeral de Universidades da
Xunta de Galicia
Financiamento
Orzamento sostible? Dinámico e flexible, si….O proxecto de lei de orzamentos:
•Rebaixa un 6,5% os recursos respecto a 2012•Consolida unha redución de case o 17% respecto a 2009•Voltamos a niveis de financiamento de 2005
Financiamento
• O financiamento estrutural, que garante o funcionamento ordinario da universidade, baixa de 290,06M de euros a 250,74 (39,32M menos)
• As subvencións por resultados docentes (26,90M) corresponden a un plan a tres anos. En 2013 tocan só 8,87M de euros
• Asigna 47,97M de euros para convocatorias competitivas de I+D+i. Dende 2009 a execución orzamentaria non chega ao 20% e nada indica que vaia ser diferente este ano.
• Daquela, dos 371,5 M de euros do plan de financiamento para 2013 son, en realidade, só 312,60M.
Financiamento
“O capítulo IV do Plan de Financiamento reduciuse noutros 6 millóns de euros, polo incremento
dos ingresos propios das universidades, procedente dos
ingresos extraordinarios obtidos polas segundas e sucesivas
matrículas”
Jesús VázquezConselleiro de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria
Financiamento
FinanciamentoOs ingresos NON se incrementaron:
✓- estudantes ao pasar as titulacións de 5 a 4 anos
✓- matrícula en mestrados pola crise
✓+ impago de taxas (2º prazos)
Os ingresos das 2ª-3ª matrículas estables non compensan as perdas
As previsións erradas da Xunta de Galicia poden provocar un burato económico de 2-3 millóns de euros nas universidades nos ingresos por taxas
“Se ben a redución da masa salarial da Xunta de Galicia é do 6,3% respecto das contas de 2012, a repercusión desta baixada no eido das universidades foi atenuada de xeito consciente, aplicando unha redución do 5,4%, isto é case un punto porcentual inferior á aplicada para a Xunta.”
Jesús VázquezConselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria
Persoal
Persoal• “La Xunta recortará una media del 4% el salario de los
funcionarios en el 2013.”(http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/12/21/
xunta-bajara-media-4-salarios-funcionarios/00031356099764112941604.htm)
• O proxecto de lei de orzamentos reduce as retribucións de todo o persoal das universidades galegas, no seu conxunto, nun 5% da masa salarial.
• A autonomía universitaria será para aplicar o recorte en cada universidade (recortes salariais, despedimentos e non renovacions de contratos…)
• A Lei de orzamentos xa é seguro que:• Vai afectar aos complementos autonómicos do PDI, que
incentivan a produtividade na docencia e na investigación, entre outros.
• Obriga a que as vacantes que se produzan se supriman das RPT. Iso implica que, por exemplo, interinos e contratados van saltar nos concursos de traslado.
Docencia“As universidades teñen que ser motor do desenvolvemento de Galicia cumprindo a súa función académica”
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades da Xunta
de Galicia
Docencia• Nos últimos anos máis de 150 postos de PDI
perdidos• A taxa de reposición do 10% está elevando a carga
docente, especialmente nalgunhas áreas• As universidades de Galicia, despois das de Illes
Balears, Madrid e Canarias, son as de peor ratio alumnos/profesor: 13,8 alumnos (en 2011)
• A intervención da Xunta na xestión de persoal (todas as contratacións teñen que ser permitidas pola Consellaría de Facenda) provoca baleiros e atrasos na cobertura de vacantes, como o que reflicte estes días a prensa en Políticas
• A USC está facendo simulacións para aumentar a xornada do PDI
• As retribucións pola produtividade e a excelencia na docencia vanse recortar pola eliminación dos complementos autonómicos
Investigación“En consonancia coa aposta do goberno galego pola I+D+i, e en cumprimento das evolucións previstas para estas partidas do Plan, os fondos de transferencia tecnolóxica e de resultados de investigación, increméntanse en 2 millóns de euros.
Contrariamente á tendencia xeral, en Galicia auméntanse ano a ano os recursos en I+D+i.”
Jesús Vázquez
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria
Investigación• As convocatorias competitivas de I+D+i
case non se están executando. En 2009, coa execución ao 100%, foron 39M de euros. En 2012 só se executaron 6M.
• Como consecuencia, pérdese persoal de apoio á investigación (na USC, uns 400 contratos menos con cargo ao capítulo VI) e pérdese competitividade a medio e longo prazo
• As retribucións por produtividade e excelencia na investigación vanse recortar pola eliminación dos complementos autonómicos
Estudantado"No contexto duns orzamentos cada vez máis axustados teño que destacar o incremento do 2% na partida orzamentaria destinada a bolsas e axudas para os estudantes universitarios, para paliar as consecuencias da crise nas economías das familias galegas e evitar situacións de exclusión ou abandono da educación universitaria por motivos económicos. Seguiremos apostando por repercutir o menor incremento posible nas taxas de matrícula".
Jesús VázquezConselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria
Estudantado• En 2011-2012 as bolsas e axudas da
Consellería de Educación tiveron como beneficiarios a só 1.962 estudantes universitarios, sobre uns 76.000, e foron axudas de apoio á mobilidade, aprendixaxe de linguas, imprevistos por causas sobrevidas, premios...
• As bolsas de estudo do Ministerio, as que realmente sustentan o alumnado universitario, teñen menos beneficiarios, máis requisitos e están a sufrir importantes atrasos (moitos aínda hoxe non cobraron), que asfixian as familias
• O conxunto das axudas a Erasmus e Séneca reducíronse á metade dende 2012.
Estudantado• Aínda que as taxas da 1ª matrícula
se conxelen, xa aumentaron espectacularmente as de 2ª e sucesivas.
• Hai carreiras con especial dificultade académica que se van facer imposibles economicamente.
Non aos recortes nas universidades públicas xa que
• O financiamento non abonda para o funcionamento ordinario da universidade
• Provoca a redución de persoal por non renovacións, despedimentos ou falta de financiamento dos proxectos de investigación
• Produce unha nova redución retributiva e maior carga de traballo
• Ocasiona redución da calidade da docencia• Causará un retroceso de anos na calidade da
investigación, que perderá competitividade • Busca a perda de competitividade fronte á
universidade privada• Elimina o papel da universidade como factor de
igualación social ao seleccionar económicamente ao alumnado
E para a sociedade galega…
• Menor riqueza directa: menos alumnado desprazado, menos gasto do persoal, menos investimento en congresos, etc.
• Menor riqueza indirecta: resultados de investigación, formación da sociedade…
• Aposta por un modelo non innovador e de alta eficiencia, senón por un modelo privatizador, que traslada a riqueza xa existente a un modelo de negocio privado que explota o sector público
Mobilízate!