Post on 09-Jul-2015
OS MEDIOS NATURAIS DE ESPAÑA E DE GALICIA
TEMA 6
1.-SITUACIÓN, OS LÍMITES E RELEVOS DE ESPAÑA
MAPAS INTERACTIVOS
• http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos
2.-SITUACIÓN, LÍMITES E O RELEVO DE GALICIA
MAPAS INTERACTIVOS
• http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflashga.htm
3.-CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS: 3.1.-Elementos do clima
• España está na zona temperada do hemisferio norte.
• Temperaturas: Verán é a estación máis calorosa e o inverno é a máis fría. Primavera e outono teñen temperaturas intermedias.
• Precipitacións: Distinguimos:– España Húmida, con precipitacións superiores a 800
mm.– España seca, onde son inferiores.
• O verán é a estación do ano con menos precipitacións pois España atópase baixo a influencia do anticiclón das Azores.
• O inverno: é unha estación chuviosa, aínda que conta con períodos sen chuvias debido ao anticiclón europeo.
• A primavera e outono teñen precipitacións variables pois altérnanse borrascas e anticiclóns.
3.-CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS: 3.1.-Elementos do clima
O CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS.
3.2.-Os factores do clima • Latitude: as temperaturas aumentan de norte
a sur. As precipitacións diminúen de norte a sur.
• Altitude: Fai descender as temperaturas e aumentan as precipitacións.
• Distancia ao mar: As temperaturas son máis suaves na costa e máis contrastadas no interior.
O CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS. 3.3.-Os climas e os medios naturais
4.-O MEDIO OCEÁNICO
• Exténdes polo Norte e Noroeste da península (Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco e Norte de Navarra)
• Relevo montañoso• Costas accidentadas• Temperaturas suaves pola proximidade ao mar.• Precipitacións superiores a 800 mm.• Ríos caudalosos, regulares e curtos de gran forma erosiva por nacer en
montañas próximas ao mar.• Vexetación: caducifolia (carballo, faia) logo o mato alto e denso e
prados.• Fauna: osos, raposos, xabaríns• Actividades tradicionais: gandería extensiva e explotación e
agricultura no fondo dos vales. Agora cultivan horta, hai gandería estabulada para leite e carne e a explotación forestal
5.-MEDIO MEDITERRÁNEO• Esténdese polo interior peninsular ao sur do medio oceánico e na costa
mediterránea.• Relevo é chan e de elevada altitude media. Na zona costeira é máis
accidentada.• Temperaturas do interior son contrastadas con invernos fríos e veráns
calorosos. Na costa son menos contrastadas, con invernos fríos e veráns calorosos.
• Precipitacións escasas, inferiores a 800 mm.• Os ríos teñen caudal irregular con augas baixas no verán. Os que percorren o
interior pensinsular son logos e teñen pouca forza erosiva pois descurren por zonas chairas. Os do litoral mediterráneo son curtos e erosivos.
• Vexetación: bosque de perennifolio coa aciñeira, sobreira e o piñeiro. Matos e prantas como a xara, tomiño.
• Fauna: inclúen coellos, linces, cervos.• As actividades tradicionais eran a gandería trashumante e a agricultura de
vide, trigo e oliveira.• As actividades modernas son moi variadas. Agricultura tecnificada, cultivo
baixo plástico, gandería estabulada, industria téxtil.
6.-OS MEDIOS NATURAIS DE CANARIAS
• Relevo accidentado e volcánico• Clima subtropical con temperaturas cálidas todo o ano e
precipitacións escasas. En referencia ás augas predominan os acuíferos e torrentes.
• Vexetación: cardón, a tabaiba, o drago, a laurisilva.• Fauna: lagarto, morcego orelludo.
• Actividade tradicional: a agricultura de policultivo de secaño (non se regaba)
• Agricultura moderna: agricultura do plátano e tomates e agricultura de invernadoiros (flores, mango, aguacate...)
6.-OS MEDIOS NATURAIS DE MONTAÑA
• O medio natural de montaña localízase nos sistemas montañosos por riba dos 1000 metros.
• O relevo é accidentado con acusadas pendentes.
• O clima ten temperaturas baixas e precipitacións abundantes que caen en forma de neve.
• Os ríos son caudalosos, con enchentes na primavera co desexeo
• A vexetación gradúase en altura e sucédense: bosques, matos e prados.
• Fauna propia son as cabras, corzos e aves rapaces.
• As actividades tradicionais eran a agricultura de policultivo nos vales e gandería extensiva.
• As actividades modernas son a explotación de minerais e de rochas para a industria. Aproveitamento de augas e produción de electricidade e turismo de neve.
7.-O MEDIO NATURAL DE GALICIA
• CLIMA: Clima oceánico suave e chuvioso con catro variantes:
– Oceánico húmido, propios da costa onde chega o vento húmido. Precipitacións elevadas e contrastes térmicos escasos.
– Oceánico continental: propio das chairas e vales do interior onde chega o vento seco. Invernos fríos, veráns calorosos e precipitacións menores.
– Oceánico de montaña: propio das serras orientais e centrais con invernos fríos e veráns frescos e precipitacións altas.
– Oceánico mediterráneo: Propio dos vales do Sil e Miño. Precipitacións escasas e gran contraste térmico entre invernos fríos e veráns calorosos.
7.-O MEDIO NATURAL DE GALICIA
• RÍOS: Galicia conta cunha densa redes fluvial formada por cursos de auga de réxime regular e lonxitude variable.– Vertente cantábrica: Dende o río Eo ao Cabo
Ortegal.• Ríos curtos de menos de 50 km
– Vertente atlántica: Dende o Cabo Ortegal ata a desembocadura do Miño. Teñen tamaño mediano e longos.
7.-O MEDIO NATURAL DE GALICIA
• VEXETACIÓN: A vexetación natural de Galicia está constituída por bosques caducifolios nos que predomina o Carballo. Tamén aparecen bidueiros, amieiros, castiñeiros. Boa parte deste bosque foi substituído por eucaliptos e piñeiros para a explotación forestal da madeira.
• O sotobosque medran fentos e as landas que é vexetación de matogueira na que abunda o breixo, toxo, xesta.
• As praderías ocupan tamén grandes extensións.