Post on 15-May-2015
description
HID
RO
GR
AF
ÍA E
B
IOX
EO
GR
AF
ÍA
Isaac Buzo Sánchez(adaptado)
OS RECURSOS HÍDRICOSDE ESPAÑA
A HIDROSFERA
É a parte do sistema terrestre composta por auga. Esta atópase en diferentes compartimentos e estados:
Depósito Volume (en millóns de km3) Porcentaxe
Océanos 1370 97.25
Casquetes e glaciares 29 2.05
Auga subterránea 9.5 0.68
Lagos 0.125 0.01
Humidade do solo 0.065 0.005
Atmosfera 0.013 0.001
Regatos e ríos 0.0017 0.0001
Biomasa 0.0006 0.00004
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fonte: Wikipedia
A AUGA NA HIDROSFERAA
UG
A
SÓLIDA
LÍQUIDA
GASOSA
CASQUETES E GLACIARES
AUGA MARIÑA
AUGA CONTINENTAL
Superficial
Subterránea
Ríos
Lagos
ATMOSFERA
HUMIDADE D0SOLO
BIOMASA
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
FOnte: Banco de imágenes CNICE
Proceso de circulación da auga na terra que inclúe cambios de localización e de estado (sólido, líquido e gasoso) provocados principalmente pola enerxía solar e a forza da gravidade
CICLO HIDROLÓXICO: A auga en movemento
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS: Réxime fluvial
Variación do caudal (volume de auga transportada por un río) ao longo do ano
Factores que interveñen:
Climáticos: pola distribución das precipitacións en forma de chuvia ou neve, de maior ou menor regularidade estacional e pola temperatura (estiaxe veraniega)
Xeológicos: pendente, altitude e orientación da conca e polo tipo de rochas que influén no grao de erosión
Bióticos: pola presenza ou non de vexetación
Antrópicos: pola construción de pantanos, encoros ou canles que regulan o caudal do río
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS: Réxime fluvial
Tipos de réximes fluviais
- Nival: O río nace nas altas e medias montañas, presentando o máximo caudal en primavera e verán, coincidindo co desxeo, e o mínimo en inverno, ao se produciren as precipitacións en forma de neve, que quedan acumuladas
- Pluvial: A maior parte do caudal procede das chuvias, reducíndose normalmente en verán
-Pluvio-nival, nivo-pluvial ou mixto:Atopámolo cando o caudal procede tanto da auga de chuvia coma do desxeo
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOISVertentes
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: Banco de Imaxes CNICE
OS RÍOS ESPAÑOISVertente Cantábrica
- Curtos
- Caudalosos
- Cunha grande forza erosiva polos desniveis que salvan (Ex.: foces e desfiladeiros do Cares e do Deva nos Picos de Europa)
- Réxime regular pola constante pluviosidade
- Destacan: - Bidasoa, Nervión, Nalón, Navia e Sella
Desembocadura do río Nervión
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOISVertente Atlántica
Os ríos galegos: Miño, Tambre e Ulla Teñen características próximas aos ríos da vertente cantábrica (pola súa similitude climática e orográfica)
O ríos Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir:
Son longos, discorren por chairasPresentan estiaxe estival (maior canto máis ao sur) e enchentes en outono e primavera
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOISVertente Mediterránea
Agás o Ebro, os ríos mediterráneos son curtos, de forte pendente e de caudal irregular, debido ás chuvias deficitarias En verán padecen estiaxe, converténdose a miúdo en ramblas ou cauces secos durante un tempo En outono sofren fortes enchentes relacionadas coa gota fría Os principais ríos:
Cuncas internas catalás (Ter Llobregat, Francolí), Os levantinos (Turia, Xúcar, Segura) Cunta sur de Andalucía (Guadalhorce, Almanzora)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
Fuente: Google. Maps
OS RÍOS ESPAÑOISOrganización e xestión
Conca hidrográfica
Xestión: Confederación hidrográfica
Intercomunitarias
Intracomunitarias
A xestión lévaa o Estado: Norte, Texo, Guadiana,
Guadalquivir, Ebro, Segura, Xúcar
A súa xestión corre a cargo das CC.AA: interiores
vascas, interiores galegas, cunca sur, interiores
catalás, Baleares e Canarias
Organización
Existen problemas: O Guadalquivir. El Estado cedeu a súa xestión a Andalucía, malia que é unha cunca intercomunitaria. A Junta de Extremadura presentou un recurso de inconstitucionalidade (ten que resolvelo o Tribunal Constitucional)
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica Norte: Miño
O Miño nace no Macizo Galaico. Principal afluente: Sil. Percorre as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, onde marca fronteira con Portugal. Queda englobado na Cunca Hidrográfica del Norte, xunto a todos os ríos cantábricos
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica Norte: Ríos
Cantábricos
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Demarcación hidrolóxica Galicia Costa
As cuncas dos pequenos ríos galegos nacidos no Macizo Galaico e que desembocan no Atlántico constitúen unha cunta intracomunitaria (dependen do Consorcio Augas de Galicia, Xunta de Galicia)
Estes ríos presentan as mesmas características dos ríos cantábricos, coa particularidade da desembocadura en forma de rías
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Douro
A cunca do Douro é a máis extensa de toda a penínsulaO río Douro nace nos Picos de Urbión (Sistema Ibérico). Atravesa as provincias de Soria, Burgos, Valladolid, Zamora e ddesemboca en Porto Recebe entre outros afluentes o Pisuerga e o Esla polo Norte (nacen na Cordilleira Cantábrica e aportan máis auga) e o Adaja e o Tormes polo sur (nacen no Sistema Central, con menor pluviosidade)Predomina o réxime pluvial, con máximos en inverno e mínimos en verán
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Texo
O Texo é o río de maior lonxitude da península, anque a súa bacía é pequenaNace na serra de Albarracín (Sistema Ibérico), atravesando as provincias de Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres, para desembocar en LisboaSó na marxe norte recebe afluentes de relativa importancia: Jarama, Alberche, Tiétar e AlagónPresenta un réxime pluvio-nival, con máximo primaveral, no curso alto e medio, sendo pluvial oceánico no curso baixo
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Guadiana
O Guadiana nace nas lagoas de Ruidera, desaparecenco para reaparecer posteriormetente nos Ollos do Guadiana, afloramento de augas subterránas onde se sitúan as Táboas de Daimiel. Atravesa as provincias de Cidade Real e Badaxoz, desemboca en Ayamonte, despois de facer fronteira entre España e Portugal algúns quilómetrosNo territorio de xestión da Confederación Hidrográfica do Guadiana inclúense os ríos Tinto e Odiel, que desembocan directamente no mar
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Guadalquivir
O Guadalquivir nace na Sierra de Cazorla, e atravesa a provincia de Xaén, Córdoba, Sevilla, e Cádiz, desembocando en Sanlúcar de Barrameda, nas Marismas de Doñana. É navegable no último treitoConta coa aportación dos afluentes de SerraMorena (Guadalimar, Jándula, Guadiato) e da Cordilleira Subbética (Genil, caudaloso porque baixa de Serra Morena) O seu caudal máximo dáse en invierno e o mínimo en verán
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Sur
Pequena cunca intercomunitaria composta por pequenos ríos que nacen nos Sistemas Béticos e desembocan rapidamente no MediterráneoPosúen as características dos ríos de vertente mediterránea
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Segura
Inclúe territorios principalmente de Murcia, e das CC.AA. circundantes: Andalucía, Castilla-La Mancha, e Comunidade ValencianaRíos de caudal irregular con fortes estiaxes en veránPara paliar a falta de auga, nas rexións do sueste construíuse o Trasvase Texo-Segura, obra de enxeñería que afecta ás cuncas do Texo, Guadiana, Xúcar e Segura
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Xúcar
A Confederación Hidrográfica do Xúcar inclúe no territorio que xestiona a conca do río Xúcar, máis a do Turia e outros pequenos ríos que desembocan no Mediterráneo entre a cunca do Segura e a do EbroSon ríos curtos e irregulares, que padecen estiaxes en verán e enchentes principalmente en outono
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Confederación Hidrográfica do Ebro
A cunca do río Ebro é a segunda máis extensa da penínsulaO Ebro nace en Fontibre (Santander), percorrendo as provincias de Burgos, Álava, A Rioxa, Zaragoza, e desemboca formando un extenso delta aol sur da provincia de TarragonaOs afluentes da marxe norte son de réxime pluvio-nival, que recollen as augas da vertente pirenaica meridional, son o Aragón, o Gállego, o Segre, e o Cinca; os afluentes da marxe sur, como o Xalón, de réxime pluvial irregular, nacen no Sistema Ibérico
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOISESConcas interiores catalás
Como cunca intracomunitaria depende da Generalitat de CataluñaTrátase de pequenos ríos pirenaicos ou nados nas Cordilleiras Costeiro-Catalás que desembocan directamente no marPosúen as características dos ríos da vertente mediterránea
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS RÍOS ESPAÑOIS Demarcacións hídricas de Canarias e Baleares
En ambos os dous casos apenas existen cursos permanentes de auga en superficie, polo que o abastecemento faise principalmente a partir das augas subterráneas, humedais e desalgadoras
No caso de Baleares a xestión da auga correspóndelle ao Consorcio de Auga do Govern Balear, mentres que en Canarias é o cabildo insular de cada unha das illas quen xestiona as augas do seu territorio
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
OS LAGOS
LAGOS
ENDÓXENOS
EXÓXENOS
Tectónicos
Volcánicos
Glaciares
Cársticos
Arreicos
Litorais
Eólicos
La Janda (Cádiz)
Campos de Calatrava (Cidade Real)
Lagos pirenáicos; Sanabria
Lagoas de Ruidera (Cidade Real)
Tablas de Daimiel (Cidade Real)
Mar Menor, AlbufeIra Valencia
Closes do Ampurdán
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
HUMEDAIS
Son extensións desiguais de terreo, xeralmente pouco profundas. Inclúen lagoas, albufeiras, marismas e deltas
Son de importancia ecolóxica debido á adaptación dos seus animais e plantas a un ecosistema de transición entre a auga e a terra
Serven de lugar de acollida de aves migratorias
Os principais humedais españois atópanse nas Tablas de Daimiel, as lagoas de Toledo, Cidade Real, Albacete e o val do Ebro, as marismas do Guadalquivir, o delta do Ebro e as albufeiras de Valencia e do Mar Menor
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
A AUGA SUBTERRÁNEA: Os acuíferos
Son embolsamentos de auga subterránea almacenada no solo pola acción das rochas impermeables
Cando chegan ao máximo nivel de almacenaxe (nivel freático) as augas saen á superficie a través de ríos, mananciais ou directamente ao mar
A península Ibérica conta con moitos acuíferos nas depresións dos principais ríos, nas chairas litorais mediterráneas e nas illas Baleares e Canarias
As augas subterráneas, xeralmente de boa calidade abastecen a numerosa poboación, aínda que a sobreexplotación pode provocar a salinización das augas
Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ