Post on 19-Mar-2016
description
Os traxes da avoa
dobleuve · estudo de deseñoCruz Lago
Maquetación e deseño:Ilustracións:
© Non se permite a reproducción total ou parcial, nin a transmisión ou incorporación a sistemas informáticos, mecánicos ou electrónicos, das imaxes e textos incluidos neste caderno, sen autorización previa e por escrito dos titulares do copyright.
Alba e Xan son dous irmáns xemelgos.
¡Que ben!. Hoxe irán visitar á avoa que vive na casa de á beira.
O seu mellor amigo é Nando, un can colorado.
A avoa Margarita é modista e fai vestidos e traxes con pedri-ñas brillantes e teas fermosas.
Na casa da avoa hai poucos xoguetes, pero ten un armario cheo de roupa e disfraces cos que Alba e Xan xogan a super heroes, piratas...
... fadas e osiños. A Nando tamén o disfrazan e está moi gracioso.
¡Avoa, avoa!, ¡atopamos uns traxes de rei e raíña!.Ja, ja, ja... eses non son disfraces, son os traxes rexionais que tiña gardados para irnos á festa.
A avoa explícalles aos nenos as distintas partes dos traxes.Os traxes rexionais forman parte da nosa cultura e do folclore galego.
dengue
saia
mandil
pano
¡Que guapos están Alba e Xan!
monteira
chaleque
pantalón ou calzón
Margarita levou aos nenos á romaria a bailar e a comer lam-betadas.
¡Que ben o pasamos!