Post on 06-Apr-2016
description
ESTRUTURA ORGANIZATIVA OeC CONSENSUADO NA ASEMBLEA EN COMÚN DO MARTES 02/12/2014
Ourense en común organízase en base a tres piares fundamentais: máxima transparencia, participación e
horizontalidade. Piares que asentan a seguinte estrutura:
Grupos de traballo Unidades técnicas para acompañar e enriquecer o traballo dos encontros polo
común sectoriais e de barrio. Abertos pero configurados segundo criterios de operatividade (perfís, número
de membros, metodoloxías, etc.), pluralidade e independencia das organizacións. De adhesión individual e
con cargos rotatorios.
Asemblea en Común Asemblea de encontros polo común (sectoriais e de barrio) e grupos de
traballo. Soberana e de adhesión individual. Ninguén representa a ninguén, nin un EPC nin un grupo de
traballo. Todos os membros dos grupos de traballo e dúas persoas de cada EPC.
Asemblea cidadá Encontro público e aberto á cidadanía que validará cada unha das fases do
proceso, reflexionará sobre os pasos dados e avaliará o grao de cumprimento de obxectivos. A asemblea
servirá ademais para dar a coñecer os novos retos de cara á seguinte fase abríndoa á participación e
incorporación de todas as persoas interesadas.
GRUPOS DE TRABALLO
QUE SON?
Unidades técnicas para acompañar e enriquecer o traballo dos encontros polo común sectoriais e de barrio.
QUEN CONFORMA OS GRUPOS DE TRABALLO?
De adhesión individual e con cargos rotatorios e tendo en conta a paridade. Abertos pero configurados segundo
criterios de operatividade (perfís, número de membros, metodoloxías, etc.), pluralidade e independencia das
organizacións. Cada persoa só poderá participar nun grupo de traballo (malia a posibilidade de colaborar
noutro en momentos puntuais como persoal de apoio).
QUE DEREITOS OU OBRIGAS TEÑEN?
Os grupos de traballo son autónomos a todos os efectos debendo unicamente difundir a orde do día da súas
xuntanzas 24 horas antes da mesma e compartir as actas resultantes co resto dos grupos de traballo. As
asembleas de cada grupo de traballo son vinculantes e definitivas sempre que as decisións alí tomadas non
entren en conflito coas decisións de carácter estratéxico (vid infra) ou de interese xeral que só poden ser
aprobadas ou modificadas na REDE.
QUE GRUPOS DE TRABALLO (GT) EXISTEN?
Grupo de traballo de Apertura...
...para estimular a participación da cidadanía e os colectivos sociais e políticos
Grupo de traballo de Comunicación...
...para que nos entendamos entre nós e nos entendan dende fóra
Grupo de traballo de Coordinación...
...para garantir a boa engrenaxe e o bo funcionamento
Grupo de traballo de Loxística, legal e financeiro...
...para consultas, correccións e para dar soporte material ao proxecto
Grupo de traballo de Mediación...
...para reducir os conflitos e facilitar o consenso e a participación
Grupo de traballo de Relato e análise (contidos)...
...para producir datos, ideas e ferramentas de cara a construción real da alternativa
Grupo de traballo de Apertura
Quen o conforma? De adhesión individual e libre (grupo exento de militantes en organizacións
políticas ou persoas que ocuparan cargos de responsabilidade no pasado). Persoas que ocupen
estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles
sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as
persoas en todos os GT.
Cando se reúne? Segundo as súas necesidades con moderación e acta rotatorias.
Que funcións ten? En xeral é o grupo responsable de estimular a participación da cidadanía e
os colectivos sociais e políticos en OeC. Entre as súas funcións máis específicas están:
- Recibir ás persoas interesadas en integrarse activamente no proceso: incorporación aos
grupos de traballo, acompañamento e presentación pública ao resto de integrantes, etc.
- Relacións con organizacións e outros procesos municipalistas
- Convocatoria e coordinación dos Encontros polo común de barrios: Ponte, Couto...
- Iniciativa na proposta dunha metodoloxía para a fase de Candidatura
Ferramentas propias: De comunicación - Lista de correo (non suplentes)
- Telegram (non presentes suplentes)
De xestión
- Carpeta compartida en rede (Dropbox onde estarán presentes backup ou
copias en dixital de toda a documentación xerada definitiva: actas propias, documentos de traballo,
sínteses das reunións con organizacións...)
Grupo de traballo de Comunicación
Quen o conforma? De adhesión individual e libre (grupo exento de persoas que ocuparan cargos
de responsabilidade no pasado ou cunha imaxe pública ligada a outras organizacións políticas).
Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de
xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación
de todas as persoas en todos os GT.
Cando se reúne? Segundo as súas necesidades con moderación e acta rotatorias.
Que funcións ten? En xeral é o grupo responsable de coordinar todo o contacto, de que nos
entendamos entre nós e que se entenda dende fóra o proxecto de OeC. Entre as súas funcións máis
específicas están:
- Xestión redes sociais
- Soporte ferramentas de comunicación e telemáticas de traballo (roldas correo-e, PAD...)
- Audiovisual
- Deseño e imaxe corporativa
- Xestión relación cos medios (convocatoria, dossier...)
- Estratexia comunicativa
- Web
- Protocolos de comunicación e transparencia na comunicación interna e externa
Ferramentas propias: De comunicación - Lista de correo (non suplentes)
- Telegram (non presentes suplentes)
De xestión
- Carpeta compartida en rede (Dropbox onde estarán presentes backup ou
copias en dixital de toda a documentación xerada definitiva: actas propias, documentos de traballo,
repositorio de imaxes, logos, deseños, modelo de folio, dossieres prensa, convocatorias, listado
xornalistas...)
Grupo de traballo de Coordinación
Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre
que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle representantes
rotatorios tamén do resto de grupos de traballo (nomeados por cada GT) e outras persoas suplentes
de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.
Cando se reúne? Sempre que sexa necesario. Preferentemente reunións semanais con
moderación e acta rotatorias.
Que funcións ten? En xeral posibilitar o bo funcionamento da estrutura organizativa de OeC.
Entre as súas funcións máis específicas están:
- Preparación e coordinación da Rede (convocatorias, medios, necesidades...)
- Decisións de emerxencia
- Implementación de propostas estratéxicas de comunicación e liña política
- Avaliación do proceso
- Coordinación dos grupos de traballo
Ferramentas propias: De comunicación - Lista de correo (non suplentes)
- Telegram (non presentes representantes rotatorios GT nin suplentes)
De xestión
- Carpeta compartida en rede (Dropbox onde estarán presentes backup ou
copias en dixital de toda a documentación xerada definitiva: documentos marco, actas propias e das
redes, código ético, listados de integrantes...)
Grupo de traballo de Loxística, legal e financeiro
Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre
que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas
suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.
Cando se reúne? Segundo as súas necesidades con moderación e acta rotatorias.
Que funcións ten? En xeral é o grupo responsable de dar soporte a estrutura e o proxecto de
OeC. Entre as súas funcións máis específicas están:
- Medios de financiación
- Intendencia, produción...
- Legal
Ferramentas propias: De comunicación - Lista de correo (non suplentes)
- Telegram (non presentes suplentes)
De xestión
- Carpeta compartida en rede (Dropbox onde estarán presentes backup ou
copias en dixital de toda a documentación xerada definitiva: actas propias, documentos de traballo,
gastos-ingresos DATOS QUE TERÁN QUE SER PUBLICADOS EN WEB)
Grupo de traballo de Mediación
Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre
que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas
suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.
Cando se reúne? Segundo as súas necesidades con moderación e acta rotatorias.
Que funcións ten? En xeral é o grupo responsable de mediar nos conflitos e facilitar o consenso
e a participación dentro de OeC. Entre as súas funcións máis específicas están:
- Avaliación e innovación na estrutura _ exploración de ferramentas que promovan o
entendemento, a conciliación e a participación do maior número de persoas.
- Soporte a grupos de traballo puntuais
- Resolución de conflitos
- Facilitación en REDE e asembleas (panel, propostas de síntese, dinámicas...)
Ferramentas propias: De comunicación - Lista de correo (non suplentes)
- Telegram (non presentes suplentes)
De xestión
- Carpeta compartida en rede (Dropbox onde estarán presentes backup ou
copias en dixital de toda a documentación xerada definitiva: actas propias, documentos de traballo,
relatogramas e paneis...)
Grupo de traballo de Relato e análise (contidos)
Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre
que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas
suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.
Cando se reúne? Segundo as súas necesidades con moderación e acta rotatorias.
Que funcións ten? En xeral ocúpase de investigar e alimentar o debate, de producir datos,
ideas e ferramentas para a construción da alternativa de OeC. Entre as súas funcións máis específicas
están:
- Estratexia
- Asesoramento
- Investigación e xeración de contidos, datos, estatísticas...
- Liñas programáticas
- Documentos políticos
- Coordinación dos Encontros polo común sectoriais: saúde, emprego, urbanismo...
Ferramentas propias: De comunicación - Lista de correo (non suplentes)
- Telegram (non presentes suplentes)
De xestión
- Carpeta compartida en rede (Dropbox onde estarán presentes backup ou
copias en dixital de toda a documentación xerada definitiva: actas propias, documentos de traballo,
datos...)
ASEMBLEA EN COMÚN
QUE É?
É o máximo órgano de representación de OeC. Unha asemblea con decisións vinculantes e con capacidade de
modificación das decisións estratéxicas.
QUEN CONFORMA A ASEMBLEA EN COMÚN?
Á AeC están chamados a participar tanto representantes dos EPC sectoriais e de barrio (dous máximo por EPC)
e todos os integrantes dos GT. Soberana e de adhesión individual. Ninguén representa a ninguén, nin un EPC
nin un grupo de traballo.
CANDO SE REÚNE?
Segundo as súas necesidades, como norma xeral unha vez cada quince días.
CAL É PROCEDEMENTO DE CONVOCATORIA E ACCIÓN DA AeC?
1º) Establecemento da semana na que se celebrará sempre na asemblea anterior.
2º) O GT de coordinación abre un Doodle á participación de tod@s para escoller o día máis apropiado. Será
enviado á rolda de correo-e xeral (cidadaniaou@roldas.saramaganta.info) xunto cun PAD aberto cunha
proposta de orde do día que poderá ser modificada ata o día de peche do propio Doodle. Nesta orde do día
procurarase que os asuntos máis complexos vaian sempre ao final para non xerar sensación de innmobilidade.
As convocatorias non se publicará abertamente en redes, facendo un chamamento ás persoas interesadas en
participar para que contacten co GT de Apertura e se subscriban á rolda de correo-e para recibir as
convocatorias, documentos de traballo, etc.
3º) Coa data máis votada e a proposta de orde do día definitiva, que actuará tamén como acta online e na que
deberán estar presentes todos os documentos a debater na asemblea, o GT de coordinación procurará un
espazo adecuado en función das necesidades da reunión e enviará a convocatoria definitiva á rolda.
4º) Previamente ao inicio de cada asemblea nomearase entre @s participantes: 1 persoa encargada de
dinamizar, 1 persoa encargada de levantar acta, 1 persoa encargada das quendas de palabra, 1 persoa que
desenvolva o labor de mediación, 1 persoa responsable de panelística e sempre que sexa posible rexistro de
audio, vídeo e fotografía.
5º) O primeiro punto recurrente da orde do día será sempre un informe breve (3 minutos) da actividade dos
diferentes grupos de traballo no tempo discorrido dende a última asemblea ata a presente.
6º) Unha vez rematada a asemblea o GT de coordinación redactará un acta pública que será remitida ao GT de
comunicación para a súa difusión en redes e web seguindo o criterio de transparencia. Nese acta de acordos
omitiranse nomes e referencias persoais. A orixinal (acta online) quedará pendurada no PAD colaborativo e un
backup no Dropbox do GT de coordinación.
PROTOCOLO DE TOMA DE DECISIÓNS NA AeC
(extensible aos Grupos de Traballo) As decisións deben ser produto do debate, o traballo colaborativo e a escoita activa, tratando de adoptalas
sempre cun consenso previo. É por iso, e para gañar en operatividade, que se tomarán por asentimento, tanto nos
Grupos de Traballo como na Rede. Se ninguén bloquea un asunto, apróbase. Os acordos consolídanse 24 horas despois
de ser publicada a acta.
Cando non sexa posíbel adoptar acordos por consentimento, daranse dous supostos:
- Para decisións non estratéxicas, por maioría simple, para impedir o bloqueo de procesos en curso
e evitar a tiranía das minorías.
- Para decisións estratéxicas, entendidas estas como aquelas que afectan ao marco común do
proceso expresado no manifesto e nos acordos constituíntes (declaración de principios e obxectivos
do proceso, estrutura organizativa, protocolo de relacións con organizacións e principios éticos e de
relacións internas); se non é posible consenso procederase adiarse como punto na orde do día da
seguinte AeC en base ao seguinte protocolo:
1º) Os textos e as propostas de carácter estratéxico terán que ser publicados con 6 días
de anterioridade á reunión de rede e difundidos pola lista de correo para permitir o estudo e posible
redacción de emendas.
2º) As emendas serán enviadas á rolda de correo-e con 48 horas de antelación á reunión
da rede e deberán defenderse fisicamente ese mesmo día.
3º) Na AeC darase lectura en voz alta ás decisións estratéxicas. Ao chegar aos puntos onde
hai emendas lense e sométense a consenso.
3.1. Se o hai inclúense na proposta de modificación.
3.2. Se o grao de apoio é pouco significativo descártase.
3.3. Se non hai consenso pero hai un grao de apoio importante daranse 2 quendas de
palabra a favor e 2 quendas en contra para a súa defensa e proposta de consenso.
3.4. Se despois das quendas segue sen existir consenso evidente ou directamente
bloqueo pedirase que un grupo de persoas reúnanse a parte para tentar crear unha
proposta transaccional de consenso. Este grupo estará formado por unha persoa que
defende a emenda, unha persoa que a rexeite e dúas persoas do GT de mediación. En
caso de non haber representación de persoas do GT de mediación pedirase a
colaboración de dúas persoas voluntarias que non amosasen claramente actitudes de
bloqueo ou apoio á emenda.
3.5 De non producirse acordo se someterá a votación da Asemblea se esta decisión é
de carácter urxente ou imprescindíbel ademais de estratéxico. De haber unha maioría
simple entre as persoas presentes a prol da toma en consideración da cuestión se
someterán a votación a continuación os textos presentados. Se aprobará o que obteña,
cando menos, o 60% de votos a favor de entre as persoas presentes. No caso de que
nin a decisión de votar nin ningunha das propostas acade o número de votos necesaria
en cadansúa votación consideraranse decaídas ambas as dúas. Será obrigatoria a
presentación dunha nova proposta na seguinte AeC. A nova proposta deberá presentarse
e tramitarse consonte ao procedemento dos números anteriores.
3.6 As emendas que sexan adiadas serán estudadas polo grupo de mediación que
presentará un texto alternativo na seguinte Asemblea implementando novamente o
protocolo dende o punto 1º.
MEMORANDO DE TRANSPARENCIA
En base a este criterio...
...todas as convocatorias de asembleas, tanto da AeC como dos GT, serán compartidas dentro da rolda de
correo-e. Podendo facer un chamamento en redes a participar da mesma previo contacto co GT de Apertura.
...todas as actas, tanto da AeC como dos GT, serán compartidas dentro da rolda de correo-e. Ademais unha
síntese dos acordos da mesma e sen datos persoais será sempre difundida en redes e web.
...todas a contabilidade de OeC deberá estar pendurada na web, informando de calquera ingreso ou gasto.
...calquera relación de OeC con organizacións políticas ou colectivos semellantes será pendurada na web xunto
cunha síntese dos temas tratados e posibles acordos.