Post on 22-Mar-2016
description
1
Ana Iglesias Calviño
2
3
Parador de Santo Estevo.
Presentación da campaña “Síntelo?” 2012
Ana Iglesias Calviño.
16/04/12 Módulo MKT 1º GIAT
4
5
INDICE.
1. Introdución.
1.1 Campaña “Síntelo?” 2012.
1.2 Parador de Santo Estevo.
1.3 A quen vai dirixida?
2. Instrumentos publicitarios.
2.1 FAX
2.2 XORNAIS
Locais
Autonómicos
Estatais
2.3 BUZONEO
Folleto
Postais
Tríptico
Cartón de felicitación
2.4 E-MAIL
2.5 MARKETING MÓVIL
Mensaxes curtos (SMS)
Mensaxes multimedia (MMS)
6
Mensaxes WhatsApp
2.6 REDES SOCIAIS
Tuenti
2.7 BLOG TURÍSTICO
2.8 VÍDEO
2.9 ADVERGAMING
2.10 CALENDARIOS
2.11 CARTÓNS DE PRESENTACIÓN
2.12 CARTÓNS DE AGREDECEMENTO
2.13 PATROCINIO
3. Observacións.
4. Bibliografía.
7
8
1 INTRODUCIÓN.
1.1 Campaña “Síntelo?” 2012
O Parador de Santo Estevo neste ano decidiu captar a atención de
todos aqueles que busquen un momento de sosegó nunha paisaxe
chea de paz e tranquilidade. Unha escapada espiritual para quen
queira fuxir do mundo.
O nome da campaña veu dado a que cada recuncho do hotel ten
vida propia: a pegada da historia en cada parede, a maxia das súas
paisaxes… Todo evoca a que o hotel ten vida propia, de aí a
pregunta síntelo?, podes escoitalo e percibilo?
As cores escollidas para a campaña serán tonos de verde e
marróns suaves, queremos chamar a atención pero dunha forma
que a persoa que mire os nosos folletos ou terípticos se leve unha
sensación do hotel de tranquilidade e sosegó. Por iso imos
prescindir de cores fortes que aínda que chamen a atención non
van acorde coa política da campaña.
As imaxes da mesma maneira serán expostas ao público de forma
que lles chegue ao corazón. Queremos causarlle emocións que lles
parezan agradables á vista. Ademais, os sons da campaña en
vídeos ou anuncios de radio, a música, será de artistas galegos
pausadas e que lle provoquen ao espectador unha sensación de
calma. Así mesmo, tamén queremos exportar a cultura galega
insertándolle aos nosos folletos publicitarios citas ou fragmentos de
obras dos distintos escritores e poetas galegos.
A campaña durante todo o ano ofrecerá ao público distintas ofertas
e promocións de todo tipo para poder gañar a un gran número de
segmentos de mercado.
Dito isto queda oficialmente aberta a campaña “Síntelo?” do hotel-
parador de Santo Estevo 2012.
9
1.2 Parador de Santo Estevo.
“Estas sacrosantas ribeiras naceron e conformáronse en tempos
moi remotos; de orixes confusas, pero non confundidas, cos
medievais tempos…”
O Parador encóntrase situado na localidade de Santo Estevo de
Rivas de Sil, no concello de Nogueira de Ramuín, na comarca da
Ribeira Sacra, a 28 km. de Ourense.
A principal vía de acceso transcorre pola capital ourensá,
accedendo pola autovía A-52 das Rías Baixas (Madrid-Benavente-
Vigo), que pasa por Ourense. No núcleo urbán, temos dúas
posibilidades. O acceso máis corto e doado é la OU-536, dirección
a pobra de Trives, e no km. 7, dirección a Luintra.
Outra opción é coller a N-120 dirección a Monforte de Lemos-
Ponferrada e no km. 550, en Penalva, coller o desvío a Luintra,
continuando despois directamente ata Santo Estevo de Ribas de
Sil.
10
Este Monasterio beneditino, situado no corazón da Ribeira
Sacra, espazo natu-ral de orixinal beleza onde confluen os
ríos Miño e Sil é un dos centros monásti-cos de Galicia e é
hoxe un dos seus refe-rentes turísticos. A existencia do
Monas-terio está probada no século X, se ben a súa orixe
parece remitirse aos séculos VI e VII. Neste monasterio
altérnanse estilos dende o románico ao barroco e cabe
resaltar os tres claustros (románico, góti-co e renacentista). O
edificio foi declara-do Monumento Histórico Artístico no ano
1923.
Para fuxir do es-trés e da rutina, a Ribeira Sacra é un
excelente em-plazamento no que relaxarse e disfrutar uns
días de calma. Neste lugar, especial-mente coñecido pola súa
riqueza biolóxica, destaca a espectacular paisaxe que
conforman os Cañóns do Sil.
Unha das ventaxas de aloxarse nun pa-rador como o de
Santo Estevo é a opor-tunidade de sentir a beleza do lugar na
propia pel grazas ao seu circuito de spa no que relaxar o
corpo e gozar do placer dos sentidos nas suas tonifi-cantes
augas. Porén, se isto non parece suficiente, este aloxamento
ofrece diver-sos tratamentos e masaxes entre os que elexir o
que máis se adecue ao cliente.
Despois da relaxación, unha visita ás bo-degas dos
alrededores con denominación de orixe Ribera Sacra para
degustar os viños da zona onde tamén se pode obser-var o
proceso de elaboración. Para aque-les que estén interesados
en coñecer os viñedos máis importantes do lugar, o para-dor
de Santo Estevo organiza visitas guia-das nas que realizar
unha cata de viños para vivir de cerca a cultura etnolóxica
desta rexión situada entre a provincia de Ourense e Lugo.
11
O Hotel conta cun total de 77 habitacións, distribuidas ao
longo de tres claustros de estilos e épocas distintas. Desta-
can as habita-cións por ser todas diferen-tes, e algunhas
delas, con vis-tas impresio-nantes sobre a paisaxe dos
Cañóns do río Sil.
O Hotel dispón de restaurante con terraza ao carón do monte
de castiñeiros, cafeta-ría con terraza no claustro da portaría,
salóns e fermosos xardíns.
O hotel, calificado con catro estrelas ofrece entre outros os
seguintes servizos:
12
1.3 A quen vai dirixida?
A campaña “Síntelo?” creada pola empresa pretende captar a un
amplo número de segmentación de mercado.
Ben dunha forma ou ben doutra, Santo Estevo pretende captar ao
público que busque unha escapada espiritual. As persoas que
queiran perderse nas paraxes da Ribeira Sacra o tempo que queira
ou precise. Con isto,enténdese que non se pretende dividir ao
público en idades ou estados civís. O parador tamén pretende
persuadir coa campaña a parellas novas que busquen un par de
noites de intimidade e romanticismo.
Aquelas persoas de costa que queiran descubrir o interior da nosa
comunidade, A Ribeira Sacra: o corazón da terra. Aqueles que
queiran maravillarse cos canóns do Sil a través das nosas decenas
de rutas turísticas…
En definitiva Síntelo? Vai dirixida a todos aqueles que Sintan ganas
de rodearse de maxia e natureza autóctona.
13
2. INSTRUMENTOS PUBLICITARIOS.
2.1 Fax.
O fax converteuse, logo de 5 anos de reinado (nos '90),
novamente nun medio publicitario de rápido
crecemento. Un medio que ninguén imaxinou fai
apenas poucos anos cando a estrela era internet.
Hoxe, co crecente nivel de spam, a campaña busca
novas alternativas e recurre a aquela que nos '90
signou unha rentabilidade absoluta para a publicidade.
Por iso, o Parador de San Estevo empregará este medio
publicitario para que aquel público que posúa oficina ou
despacho na casa e que empregue este medio teña a
oportunidade de ter a mellor información sobre as ofertas da
campaña de primeira man.
2.2 Xornais.
O xornal foi o medio de publicidade impreso
por excelencia, foi dos primeiros en aparecer
mais non perdeu a súa forza como medio
publicitario.
San Estevo empregará este medio publicitario PREDILECTO.
Xa que como se explicou anteriormente na introducción da
campaña, o obxectivo é impactar ao público emocionalmente;
e, aínda que as TIC’S o estean dominando todo, todavía
quedan moitas persoas que seguen gozando ao sentir o
papel nas mans. Pode ser un público que busque unha
14
escapada espiritual nunha paisaxe íntima e paradisíaca como
é a Ribeira Sacra.
Este medio podémolo clasificar en:
Locais
Un bo exemplo deste tipo de Xornal, en Ourense, sería “La
Región” onde se poderían captar un público que queira
unha escapada dunha fin de semana ou simplemente
relaxarse no noso SPA.
Autonómicos
Nomes como “La Voz de Galicia”, “Faro de Vigo” etc son
moi bos exemplos. Estes xornais chegan a case tódolos
recunchos de Galicia. O público que pode atraer é o que
busca no Parador coñecer A Ribeira Sacra (descubrir as
súas paisaxes, )
Estatais
Estes xornais non produciría o mesmo impacto ca os
outros xa que a nivel estatal a publicidade perdería todo o
seu potencial.
15
2.3 Buzoneo.
El buzoneo es una técnica de publicidad directa que
permite hacer publicidad llegando directamente a
los consumidores e impactarles de una forma que
permite segmentar y geolocalizar de una forma económica
Los resultados de los anuncios de publicidad tipo buzoneo
son fácilmente medibles. El buzoneo puede ser el pilar de una
acción de anuncios de publicidad o puede ser el
complemento ideal para potenciar compras y recordación de
marca en zonas previamente localizadas y seleccionadas de
máximo interés para el anunciante.
Si los folletos de publicidad de un buzoneo incorporan una
oferta o descuento , por ejemplo un descuento en la próxima
compra, una prueba gratuita o un vale descuento o regalo 2 x
1, los anuncios de publicidad realizados mediante buzoneo
puede tener resultados muy atractivos .
San Estevo empregará este medio de forma regular e cada
vez que a campaña “Síntelo” lance algún tipo de oferta ou
promoción. Hai que mencionar de forma especial os cartóns
de felicitación, que serán enviados aos clientes que tralo seu
consentimento, saibamos a súa data de cumpleaños e así
darlle o noso sincero parabén pola gran data.
En xeral, todos serán enviados a clientes que pasaron xa polo
hotel, e que desen o seu consentimento previo a empregar os
seus datos persoais para pornos en contacto con eles.
Algúns deles son:
16
Folletos
17
Postais
18
Tríptico
19
Cartón de Felicitación
20
2.4 E-mailing.
Nos últimos tempos Internet converteuse nunha
ferramenta imprescindible tanto no noso traballo
coma nas nosas vidas. San Estevo empregará este
medio de forma periódica (mensual por exemplo)
para comunicar ofertas e promoción ou simplemente
para invitar ao cliente a un fin de semana.
Serán enviados a aqueles clientes que nos desen ese dato e
desen o seu consentimento para empregalo con fins
promocionais do noso parador.
2.5 Marketing móvil.
A empresa empregará esta ferramenta
publicitaria co fin de conseguir un achegamento
cos clientes. A persoa poderá recibir no seu
propio teléfono móvil información do noso parador
con ofertas e promocións que xurdan durante
toda a campaña deste ano 2012. Así mesmo, a
empresa aínda non tendo promocións que ofrecer aos seus
clientes poderá incitalos a visitar novamente San Estevo
propoñéndolle unha escapada de fin de semana por exemplo.
As mensaxes serán escritas en varios soportes e plataformas
(sms, mms….) e serán enviadas a aqueles clientes que nos
desen ese dato e desen o seu consentimento para empregalo
con fins promocionais do noso parador.
21
SMS.
Mensaxes curtas que enviadas periódicamente aos
clientes que desen o seu consentimento previo a empregar
ese dato con fins promocionais. Os horarios están
estipulados no apartado de Observacións.
22
MMS.
As mensaxes multimedia son perfetas para potenciar o
atrativo do producto insertando alguna imaxe ou flash na
mensaxe de promoción. Serán enviadas periódicamente
aos clientes que desen o seu consentimento previo a
empregar ese dato con fins promocionais. Os horarios
están estipulados no apartado de Observacións.
23
WHATSAPP.
As mensaxes “whatsapp” son todo un boom no marketing
móvil sobre todo entre a poboación máis nova. A día de
hoxe podemos ver que todos os móviles xa son
smartphones que integran un sistema operativo p.e.
Android . Whatsapp volveuse moi popular xa que é unha
plataforma onde os usuarios pódense mandar mensaxes
gratuítos, só teñen que dispoñer dunha rede de datos.
O Parador de San Estevo, empregará esta plataforma para
enviar mensaxes periódicamente aos clientes que desen o
seu consentimento previo a empregar ese dato con fins
promocionais. Os horarios están estipulados no apartado
de Observacións.
24
2.6 Redes sociais.
As redes sociais son un punto clave no que
hai que xogar se queremos facernos ver. A
día de hoxe as redes sociais teñen miles de
millóns de contas por todo o planeta. Son moi
populares sobre todo entre o público máis
novo. Por iso, o parador de San Estevo fará
unha conta en tres delas, tres das máis populares en España.
Ademais, tamén temso pensado crear anuncios nas mesmas
redes, que teñen moitos espectadores ao longo do día.
Facebook.
A nosa presencia en Facebook é crucial xa que é a maior rede
social que existe. Actualmente atópase en tódolos idiomas e países.
Unha conta en Facebook permite que no noso perfil, ademáis de
compartir fotos e vídeos poidamos promocionar de forma sinxela
ofertas, promocións ou packs aos nosos amigos. Ademais dun
perfil, a nosa empresa tamén podería crear unha nova opción que
ofrece Facebook ás empresas: Páxinas. Nas páxinas, as empresas
ademáis de información tamén poden compartir fotos vídeos e
ligazóns. A diferenza sería que en lugar de amigos, o Parador de
San Estevo tería seguidores por todo o mundo se se chega a facer
unha boa publicidade do hotel.
25
26
Tuenti.
Tuenti é a rede social máis popular entre a xuventude
española. San Estevo pode atraer ao público máis novo a
través desta plataforma. A empresa ca creación dun perfil,
pode compartir fotos e vídeos con tódolos seus amigos.
Ademais, pode compartir estados nos que pode ofrecer
alguna promoción ou producto. E conta cun espazo
persoal onde pode escribir sobre o parador ou
complementarse co estado e ofrecer promocións.
A diferencia de Facebook, Tuenti non ofrece a posibilidade
de creación oficiais de páxinas dirixidas a empresas pero
aínda así é posible crealas totalmente gratuítas e moi
doadas de facer.
27
Twitter.
Twitter, ao igual que Facebook é unha rede social a nivel
internacional. Os twitteros poden comentar o que pensan ou o que
están facendo a través dos seus tweets.
San Estevo pode crearse un perfil nesta rede social grtuíta e doada
de facer, coma as anteriores, para darse a coñecer pola Internet.
O maior problema que lle vexo a esta rede é que nos seus tweets, o
número de palabras está limitado; polo tanto, a empresa terá
dificultades á hora de ofrecer productos e servizos. Polo tanto, unha
boa solución é a de pegar links que leven ao público á páxina oficial
do parador para que poida ler ben as nosas ofertas.
Tamén, o parador pode twittear frases que inviten aos espectadores
a visitar San Estevo e no seu defecto a nosa web.
28
2.7 Blog Turístico.
O blog como ferramenta publicitaria, empregarémola
para promocionar o parador empregando
exclusivamente imaxes de todo o hotel, videos promocionais
e promoción de ofertas que lancemos durante toda a
campaña deste ano “Síntelo?”. Ademais, os noso público terá
a oportunidade de preguntarnos dúbidas o que fará sentirnos
moi cercanos a eles ou incluso, os clientes que xa gozaran da
súa estancia con nós Terán a oportunidade de comentar a
súa experiencia no parador e recomendarnos a outros que
están indecisos ou teñen a idea de hospedarse en San
Estevo.
29
2.8 Vídeo Publicitario.
Unha excelente idea promocional é un spot do
parador onde as imaxes e o son son os
protagonistas. A música escollida para chegar ao corazón do
espectador é “Mar Adentro” de Carlos Nuñez, a cal evoca
sentimentos que mesturada cas impatactes imaxes do canón
do Sil fan tolear a calquera. En cant oao visual, escolleronse
planos tanto do exterior coma do interior do parador: a
fachada, o patio, o SPA ou incluso unha habitación do hotel.
O vídeo ten unha duración de 00:42 e sería proxectado en
redes sociais, blogs ou mesmamente en Youtube.
- Estes son algúns dos fotogramas sacados do vídeo publicitario:
Parador de San Estevo… Síntelo?
30
31
32
2.9 Advergaming.
No mundo dos videoxogos, o parador
pensa que pouco rendemento se lle pode sacar en canto a
publicidade. Porén, pensamos que hai que darlle unha
oportunidade xa que hai que explorar sempre novas vías para
promocionarnos. Neste campo, a empresa decidiu firmar un
contrato cos coordinadores do famoso xogo “The Sims”. Este
é un xogo de realidade virtual onde as personaxes xogan a
vivir coma na vida real. A última versión, disponible para case
tódalas plataformas: “The Sims 3”, ten varios discos de
expansión xa disponibles no mercado. A idea de darnos
publicidade na expansión “The Sims 3 Trotamundos”.
Queremos negociar cos deseñadores do xogo a forma de que
o parador de San Estevo tal e como o coñecemos pola súa
estructura pase ao xogo, para que os nosos “Sims” poidan
hospedarse neste luxoso hotel durante as súas idílicas
vacacións.
33
2.10 Calendarios.
Os calendarios son unha forma de que o cliente se
acorde de nós diariamente e iso dará lugar a unha
toma de contacto que nos permitirá fidelizar clientes.
Por iso, a empresa agasallará no mes de decembro aos seus
clientes cun calendario para saudar ao novo ano que chega e
así, convidalos a unha nova visita ao fermoso parador de San
Estevo.
34
2.11 Cartóns de Presentación.
Os cartóns de presentación son unha
boa forma de que o cliente teña a nosa
información sempre con el por
exemplo na súa carteira. Estes cartóns
poderán atopalos nos seus cuartos
enriba do escritorio ao carón do cartón de agredecemento.
Ademais estes cartóns estarán en recepción para que o público o
teña a man e poida coller un por se o precisase sen ningún tipo
de compromiso.
Os nosos representantes e directivos tamén poderán portar estes
cartóns para que cando xurda alguna xuntanza con
patrocinadores e proveedores poidan entregalas en man para
facernos notar de forma perceptible.
35
2.12 Cartóns de Agredecemento.
Os cartóns de Agradecemento son un detalle que
o cliente agradecerá ver no seu escritorio da
habitación agradecéndolle a súa estancia no
noso Parador. É unha toma de contacto para que
o cliente nos sinta cercanos a el. O cartón
ademáis do agradecemento contará cunha frase ou cita
popular galega para exportar a nosa cultura aos nosos
visitantes foráneos.
36
2.13 Patrocinio.
Neste apartado, a empresa ten pensado empregar como patrocinio
paneis destinados para a publicidade tanto na provincia de Ourense
como na de Pontevedra. Ademais, os taxista da cidade de Ourense
tras un acordó co concello levarán nos seus vehículos o nome do
parador.
O equipo de futbol e baloncesto de Ourense, levarán nas súas
camisetas o noso logo e o noso eslogan xa que este ano somos os
maiores patrocinadores do clube.
Este apartado quedará aberto para máis suxerencias de patrocinio
que vaian xurdindo ao longo deste ano e que se son viables
tentarase de por en marcha.
37
3 OBSERVACIÓNS.
A empresa rechazou totalmente algún instrumentos publicitarios
que lles pareceu agresivos para o público que quería atraer e
que polo tanto, crearía neles un sentimento de rexeito cara o
parador. Entre outros estes instrumentos son os banners,pop
ups, skyscrapers ou as cortinillas. Por iso, decidiuse exentalos
da campaña.
Anteriormente, en marketing móvil, non se fixo mención á
temporalización do envío das mensaxes. Esta temporalización
trasládase a outros apartados da campaña que precisen enviar
mensaxes coma o fax, e-mail etc. O horario estipulado sería de
mañáns de 10.00 a 13.00 e polas tardes de 15.00 a 21.00.
Polas noites absterase de enviar mensaxes salvo por e-mail que
se proporcionará un período de dúas horas para facelo de 22.00
a 00.00.
Faise imprescindible a mención de Paradores en
toda a campaña e a sua presencia en tódolos
instrumentos publicitarios empregados xa que
Santo Estevo pertence a esta gran empresa que
dirixe toda a rede de paradores de España.
+ Apunte persoal: Pido disculpas polas faltas de ortografía durante
todo o documento pero é que Word cámbiame palabras sen
permiso por culpa do cruce de idiomas e autocorrección.
38
4 BIBLIOGRAFÍA.
http://www.publicidadymarketingweb.com/
http://www.inter-marketing.com/
http://www.seoprofesional.com/
http://www.puromarketing.com/
http://www.parador.es/
http://ams62.blogspot.es/
http://www.turgalicia.es/
http://marketingmovil.blogspot.com.es/
http://www.escapadarural.com/
39
40
41
Parador de Santo Estevo.
Fin da presentación da campaña “Síntelo?”
2012
© Aninha
42