Post on 18-Jul-2020
MULLERESPARA
PENSARMOS
NAVEGANDO LIBRES
IES POLITÉCNICO DE VIGO
IRENE GONZÁLEZ BASANTA
MARUXA MALLO
YSABEL BARRETO
MARÍA SOLIÑO
EMILIA PARDO BAZÁN
ÁNGELES ALVARIÑOMERCEDES NÚÑEZ
JULIA MINGUILLÓN
CONCEPCIÓN ARENAL
MARÍA CASARESOFELIA NIETO
CAROLINA OTERO
PILAR CASTILLO
OLIMPIA VALENCIA
MARÍA WONENBURGUERSOFÍA CASANOVA
MARÍA BARBEITO
ROSALÍA DE CASTRO
MULLERES PARA PENSARMOS
Baseada en "Mulleres que (nos) dan que pensar" de África López Souto
Muller forte e áxil. Xogou nun equipo masculino, o Orillamar, comoporteira, para logo formar o seu propio equipo, o Irene FC. Xogabavestida de branco e cunha camiseta de pescozo de cisne. Incansable, durante os partidos non paraba de moverse e berrar dandoinstrucións aos seus futbolistas. Foi unha auténtica pioneira no mundo do fútbol: non existe constancia entodo o mundo doutra muller que fose futbolista na época dos anos 20 doséculo XX. Morreu moi nova, enferma de tuberculose
A transgresión que supón o deporte feminino
IRENE GONZÁLEZ BASANTA1909-1928
XOGADORA NUN
EQUIPO MASCULINO
FORMOU O SEU
PROPIO EQUIPO DE
FÚTBOL
FUTBOLISTA
A CORUÑA
F U T B O L I S T A
Extravagante, vital, orixinal, intensa, fascinante, atrevida... Nacida en Viveiro, pasou parte da súa infancia en Corcubión. Malia quede pequena quería ser capitá de barco, estudou Belas Artes. Foi amiga de Ortega y Gasset, Salvador Dalí, Federico Garcia Lorca.Colaborou para a "Revista de Occidente" e foi ademais pintora,ilustradora e escenógrafa. Expuxo en París, Copenhague, Berlín. As súas obras máis importantesson: "As mozas", "Os tesouros agochados", "Moza negra", "Dúasmulleres na praia", "Unha ciclista na praia". Estivo exiliada en Bos Aires, e voltou a España no ano 1965. Cando ofixo, ninguén se acordaba dela malia a súa importante obra.
A frenética paixón pola vida
MARUXA MALLO1909-1995
VIVEIRO- MADRID
PINTORA
SURREALISTA
P I N T O R A
ARTISTA DA
XERACIÓN DO 27
Foi unha das primeiras artistas plásticas galegas que tivo verdadeiraresonancia nacional, e unha das poucas mulleres que conseguiron aMedalla Nacional das Belas Artes. Formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando e foi unhaestimada retratista. Foi membro da Real Academia Galega e a súaobra foi exposta en Madrid e Galicia. A obra de Julia Minguillón figura no Museo de Arte Contemporáneode Madrid e en todos os museos de Galicia. A súa obra máis louvadafoi “A Escola de Doloriñas”.
A pintora laureada
JULIA MINGUILLÓN( 1906-1965)
LUGO-MADRID
MEDALLA NACIONAL
DE BELAS ARTES
MEMBRO DA REAL
ACADEMIA GALEGA
P I N T O R A
PINTORA
Carolina Otero, máis coñecida como “La Bella Otero”, foi unhabailarina, cantante e actriz galega que se estableceu en Francia. Foiun dos personaxes máis importantes da "Belle Epoque" francesanos círculos artísticos de París. Filla de nai solteira e moi pobre, apenas tivo acceso a unhaeducación académica. Fuxiu de Valga despois de sufrir unhaagresión sexual e mudou o seu nome, Agustina, polo de Carolina.Aprendeu a bailar e a interpretar e traballou nunha compañía decómicos portugueses. Marchou a Marsella, para axiña ser coñecida en toda Francia. Actuouen Nova York e realizou xiras por todo o mundo como bailarinaexótica e actriz, conseguindo sona internacional. Foi a primeiraartista galega e española coñecida internacionalmente.
A construción dun mito
CAROLINA OTERO( 1868-1965)
VALGA-NIZA
A BELLA OTERO
A C T R I Z
BAILARINA,
CANTANTE, ACTRIZ
A grande dama do teatro e do cinema existencialista francés eragalega. Nada na Coruña, exiliouse moi nova a Francia por razónspolíticas (era filla de Casares Quiroga, ministro da República conManuel Azaña). Nacionalizada francesa en 1975 e considerada francesa polosfrancesas, forma parte do grupo de grandes tráxicas galas. Estudouinterpretación no Conservatorio de Paris. Traballou en varias obrasescritas por Camus, Sartre, Cocteau, Genet ou Claudel,convertíndose en musa do existencialismo francés. Entrou naComedie National, onde representou a Shakespeare, Ibsen,Eurípides ou Chéjov. Conseguiu o premio Molière a mellor actriz deteatro e o Premio Nacional de Teatro. Foi condecorada coa Lexiónde Honor francesa. Aceptou que os premios de teatro de Galicialevasen o seu nome, pero o seu pasamento impediulle asistir áprimeira edición.
A gran dama do teatro francés
MARÍA CASARES( 1922-1996)
A CORUÑA-ALLOUE
ESTUDOU
INTERPRETACIÓN
A C T R I Z
PREMIO MOLIÈRE E
PREMIO NACIONAL
DE TEATRO
Nacida en Santiago de Compostela, súa nai e seu pai eran moiafeccionados ao canto e á ópera e transmitiron esa paixón a Ofelia eás súas irmás, cando as educaban na propia casa. Os pais leváronaspara Madrid a estudar no conservatorio, onde Ofelia se presentou aunha audición e foi elixida como soprano de Maruxa. Ao pouco xa cantaba no Teatro Real madrileño. Tamén cantou enFlorencia, en Chile, Perú, Brasil, Cuba, Arxentina, México e nos EUA. Abordou personaxes moi diversos, como Aida, Tosca, Melia,Lionora e incluso fixo un dobre papel na mesma ópera. Retirouse da súa exitosa carreira para casar, e deste xeito seguir omodelo de muller imposto na súa época. Aos tres anos de casadamorreu despois dunha operación aparentemente non perigosa.
Mulleres na música culta
OFELIA NIETO( 1898-1931)
COMPOSTELA-MADRID
CANTANTE SOPRANO
C A N T A N T E S O P R A N O
CANTOU NO TEATRO
REAL E EN
NUMEROSOS
LUGARES DO MUNDO
Xa dende moi nova sente inclinación pola música grazas a calchegou a ser unha xenial pianista ademais de ser unha notableconcertista de violín. Aos dezasete anos actúa en París. Un crítico de "Le Monde" dixodela: " Acabamos de escoitar a unha xoven dun talento pianísticoextraordinario". Un dos seus concertos máis famosos tivo lugar no Ateneo deMadrid en 1912, onde interpretou oito obras de Liset. Tivo, tamén,grandes éxitos en concertos celebrados en Niza e na SociedadeFilharmónica de Bilbao. Compuxo a nana "Durme" (voz e piano) e musicou unha muiñeira("Maruxiña") que leva letra de Pondal.
Mulleres na música culta
PILAR CASTILLO( 1895-1952)
A CORUÑA
PIANISTA
P I A N I S T A
MUSICOU A MUIÑEIRA
"MARUXIÑA"
Licenciouse en 1925 con premio extraordinario e dotorouse enMadrid. Aínda que o que lle gustaba eran as enfermidades pulmonares, houbode especializarse en Xinecoloxía xa que nese tempo as mulleres nonpodían ocuparse doutras ramas. Tiña fortes conviccións políticas, que debeu agochar durante a épocafranquista, e por este motivo foi detida pola súa pertenza ao PartidoGaleguista. Logo disto perdeu moitos pacientes, por ser tachada deser de esquerdas. Tivo consultorio en Vigo, na rúa do Príncipe e exerceu a súa profesiónmáis alá dos oitenta anos.
A feminización da sanidade
OLIMPIA VALENCIA1898-1997
XINECÓLOGA
BALTAR- VIGO
2º MEDICA EN
GALICIA
M É D I C A
INTELECTUAL E
GALEGUISTA
Graduouse en matemáticas contra a vontade de seu pai e da épocaque lle tocou vivir. Mentres asistía ao Instituto da Coruña, xogaba aobaloncesto, escoitaba a Bach e estudaba inglés e alemán. Fixo o doutoramento na Universidade de Madrid, en 1950. Só tresanos despois foi a primeira muller en España en recibir unha bolsaFullbright, que a levou á Universidade de Yale, onde acadou outrodoutoramento en teoría de grupos. Deu aulas en diversas universidades norteamericanas e foi nomeadaSocia de Honra da Real Sociedade Matemática e Doutora HonorisCausa pola Universidade da Coruña.
"Eu teño tendencia a ser feliz"
MARÍA WONENBURGER1927-2014
OLEIROS- A CORUÑA
M A T E M Á T I C A
MATEMÁTICA
PROFESORA NA
UNIVERSIDADE DE
YALE
Naceu na Galiza pero na mocidade trasladouse a Madrid para poderter máis acceso á cultura Casou co profesor e filósofo Wincenty Lutoslawski e marchou avivir a Polonia. Con todo, nunca se desvinculou de Galiza pasandolongas temporadas. Muller moi inqueda culturalmente traballou como xornalista, comoenfermeira e chegou a falar oito idiomas. Fixo moito traballoxornalístico en Polonia e en Rusia até a Segunda Guerra Mundial. Defendeu o voto feminino así como a indenpendencia económicadas mulleres. Os últimos anos da súa vida foron de graves penurias económicas emorreu en Polonia, desvinculada neses momentos de España.
Unha correspondente de prensa polo mundo
SOFÍA CASANOVA1861-1958
XORNALISTA
PRIMEIRA
CORRESPONDENTE
GALEGA DE PRENSA
A CORUÑA-POZNAN
X O R N A L I S T A
MESTRA, LINGÜISTA,
TRADUTORA,
ESCRITORA
Mestra, pedagoga, publicista, escritora, tradutora, lingüista.Comenzou como mestra e gañou a súa praza ben cedo. Viaxou por toda Europa co fin de aprender os métodos de ensinanzamáis vangardistas. Foi a primeira en traer a España o métodoMontessori, baseado en principios psicopedagóxicos de liberdade eautoactividade das crianzas, nun ambiente que favoreza o seudesenvolvemento. Foi pioneira en promover o bilingüismo na escola galega e defendeuo uso da lingua materna entre alumnado e docentes. Escribiunumerosos artigos e libros, e foi unha firme defensora dos dereitosda muller. Foi membro da Real Academia Galega.
Outro xeito de ensinar
MARÍA BARBEITO1880-1970
A CORUÑA
M E S T R A , T R A D U T O R A
DEFENDEU O USO
DO GALEGO NA
ESCOLA
Principal responsable do Rexurdimento da literatura galega no XIX.Utilizou a escrita en prosa e verso para criticar a inxusta situacióndas mulleres. Muller adiantada ao seu tempo, denunciou as dificultades dasmulleres para poder dedicarse ao oficio de escritoras. Semprecomprometida coa xente humilde e honrada foi a súa voz. O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas por ser a data enque en 1863 se publicou en Vigo a súa obra "Cantares gallegos".Logo, en 1880, sería publicada en La Habana outro dos seus librosfundamentais, "Follas novas". Sempre defendeu a xustiza e a dignidade humana. O seu poema “Axustiza pola man” aínda é hoxe un canto de liberdade fronte aviolencia machista.
Rosalía, a poeta universal
ROSALÍA DE CASTRO1837-1885
ESCRITORA
COMPOSTELA-PADRÓN
E S C R I T O R A
PENSADORA
Entrou na Universidade vestida de home nun tempo en que seprohibía estudar ás mozas. Toda a súa vida loitou contra as inxustizas e a pobreza. Foi apensadora do XIX máis innovadora e brillante, e dedicou boa partedos seus escritos a pensar como reformar o ámbito do dereito e axustiza. O seu reformismo levouna a exercer como visitadora decárceres e propoñer melloras para as mulleres presas moiavanzadas para a época. No seu libro "A muller do porvir" avoga por recoñecer a intelixenciadas mulleres e por camiñar cara a unha educación igualitaria quepermita ás mozas exercer as profesións que mellor consideren. Naépoca, para descalificala díxose dela que era rigorosa, racional oucientífica.
CONCEPCIÓN ARENAL1820-1893
FERROL-VIGO
P E N S A D O R A
A muller que defendeu abrir escolas para
pechar cárceres
PENSADORA
VISITADORA DE
CÁRCERES
Foi unha escritora brillante que escribiu moito e moi ben. Nos seustextos, novelas, contos e artigos de opinión nos xornais, reflectiu arealidade social do século XIX. As súas personaxes, que van desde as traballadoras das fábricas atéas mulleres que sofren violencia machista, dan conta dun tempo enque se discriminaba ás mulleres en todos os espazos da vida. Entre os seus numerosos libros destacan "Os pazos de Ulloa", "Latribuna" ou "El encaje roto". Son unha chea de rúas e prazas as quelembran o seu talento e capacidade para transformar as palabras enretratos dunha época.
Muller valente que loitou día a día por facerserespectar como escritora
EMILIA PARDO BAZÁN1851-1921
ESCRITORA E
ARTICULISTA
A CORUÑA-MADRID
E S C R I T O R A
TÍTULOS: OS " OS
PAZOS DE ULLOA" E
"A TRIBUNA"
Nobre pontevedresa que sabía ler e entendía latín, algo nondemasiado habitual nesa época. Arredor dos 18 anos viaxou a Lima coa súa familia e alí coñeceu oexplorador Álvaro de Bendaña, descubridor das illas Salomón e conquen casou. Ambos viaxaron xuntos na procura de novas illas enunha destas viaxes el morreu, deixando a Ysabel ao mando doscatro barcos que compoñían a expedición. Muller de carácter, conseguiu impoñerse malia as ameazas demotíns e inconveniencias. A morte do seu home converteuna enalmirante e en herdeira das illas descubertas no seu periplo poloPacífico.
A primeira almirante
YSABEL BARRETO1567-1612
ALMIRANTE
PONTEVEDRA-PERÚ
A L M I R A N T E
GOBERNADORA
Desde nena amosou inquietudes intelectuais e foi unha granlectora, que realizou os seus estudos en Ferrol, Santiago e Madrid,onde se formou en Ciencias Naturais. Durante a guerra civil tivo queinterromper os seus estudos, que retomou unha vez finalizada esta. Exerceu de profesora de Bioloxía, Zooloxía e Botánica e deinvestigadora no Instituto Español de Oceanografía, formando parteda segunda xeración de oceanógrafas españolas. Foi bióloga mariño-oceanógrafa do IEO de Vigo, onde fixo estudossobre o plancto. Completou a súa formación en Plymouth (ReinoUnido) e en Massachusetts. Nesta cidade traballou na prestixiosaWooks Hole Oceanographic Institution até a súa xubilación. Deixou máis dun cento de publicacións científicas, entre libros eartigos en revistas e descubriu vinte e dúas especies de animaismariños. Foi a primeira muller a bordo dun barco de investigación.
O mergullo oceánico
ÁNGELES ALVARIÑO1916-2005
FERROL-CALIFORNIA
C I E N T Í F I C A
CIENTÍFICA
OCEANÓGRAFA
PRIMEIRA MULLER A
BORDO DUN BARCO
DE INVESTIGACIÓN
Nacida en Barcelona nunha acomodada familia de pai galego e naicatalá, de moi nova, e malia a oposición da súa familia, comezoutraballar de administrativa e mecanógrafa en varios lugares, taménno consulado de Chile, onde coincidiu con Pablo Neruda. Foi militante socialista e comunista e traballou para o Partido enBarcelona. Na Guerra civil fuxiu a Galicia, e aquí, na Coruña,colaborou na reconstrución do partido. En 1939 foi detida e enviadaao cárcere, onde viviu aterradoras escenas coas súas compañeiras:fame, insalubridade, sobrepoboación. Por un erro deprocedemento, saíu do cárcere antes do previsto e fuxiu a Francia,onde colaborou coa Resistencia francesa. Estivo no campo deconcentración de Ravensbrück, de onde por pouco non saiu convida. Logo destas dramáticas vivencias, casou, tivo un fillo e acaboumorando en Vigo, sendo sempre fiel ás súas conviccións.
Resistencia fronte ao retroceso
MERCEDES NÚÑEZ1911-1986
BARCELONA-VIGO
A C T I V I S T A P O L Í T I C A
MILITANTE
SOCIALISTA E
COMUNISTA
ESTIVO NO CÁRCERE
E NUN CAMPO DE
CONCENTRACIÓN
A figura de María Soliño perdura na memoria colectiva como bruxa etola. No século XVI, Cangas foi asaltada polos corsarios turcos e, comoproducto da agresión, morreron moitas persoas e a vila entrou nunperíodo de recesión. Para evitar esta situación, a nobreza acordoucoa Inquisición denunciar mulleres con bastantes posesiónsacusándoas de bruxaría, para así quedar coas súas posesións. Este foi o caso de María Soliño, que tiña unha casa grande, leiras eunha barca, polo que a capturaron, a torturaron, confiscaron osseus bens e a obrigaron a levar hábito penitente durante 6 meses.Non se sabe exactamente en que momento morreu, pois non haiacta de defunción.
A arbitrariedade das acusacións
MARÍA SOLIÑOSéculo XVI
CANGAS
ACUSADA DE BRUXA
DETIDA, TORTURADA
E DESPOXADA DE
TODOS OS SEUS
BENS