Post on 06-Aug-2015
PRIMARIA - SECUNDARIA - BACHARELATO
IES PEDRO FLORIANI
1º.- XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA DE TRÁNSITO
Tendo en conta o establecido no Plan de Acción Titorial e no Plan de
Orientación Académica e Profesional, organizamos este “Plan de acollida” ou
“Programa de acollida” dos alumnos/as de Educación Primaria a Educación
Secundaria Obrigatoria, e de Educación Secundaria Obrigatoria a Bacharelato.
O obxectivo deste programa é propor unha serie de actividades que permitan
unha efectiva continuidade do alumnado, para pasar dunha etapa a outra.
A finalidade da ESO consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos
básicos de cultura, especialmente aspectos humanísticos, artísticos, científicos e
tecnolóxicos; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a
súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o
exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.
O Bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoría e ten
como finalidades proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e
humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e
incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse
para o acceso á educación superior.
O alumnado accederá á ESO se alcanzou o desenvolvemento correspondente das
competencias básicas e o adecuado grao de madurez. Accedera cando as aprendizaxes
non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa
educativa. E o alumnado accederá a Bacharelato cando cumpra os requisitos esixidos
para tales estudos.
2
O paso de Educación Primaria a ESO supón un cambio moi importante para
o alumnado e para a súa formación:
Centro: asistirán a un novo centro, un instituto, un centro máis grande,
cun ambiente novo e máis esixente.
Clima institucional: hai un cambio en canto a edificio, réxime de
disciplina, relación, maior autonomía por parte do alumnado e, por tanto,
maior necesidade de autocontrol e de autorregulación.
Relación sociais: o alumnado pasa a formar parte dun grupo maior,
incorporándose alumnado novo no grupo.
Metodoloxía: a exposición por parte do profesorado ten maior peso
dentro da metodoloxía, a aprendizaxe memorística adquire unha maior
importancia, os docentes móstranse máis distantes afectivamente, etc.
Aspectos que inciden no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado.
Os alumnos primordialmente van ser valorados en función das súas
destrezas académicas.
Horario: o horario de clase é máis extenso e intensivo, tendo maior
número de horas de clase. O maior número de profesores e de materias
leva consigo unha sobrecarga de traballo para o novo alumnado.
O éxito dun programa de transición e acollida radica na colaboración entre os
centros de partida e o centro de chegada, articulando conxuntamente medidas que
favorezan unha transición gradual que axude ó alumnado a adaptarse a nova situación,
minimizando a aparición de efectos negativos no plano social, persoal e académico. É
fundamental o traballo coordinado, sistemático e colaborativo dende o centros
3
educativos.
O desenvolvemento do alumnado é un proceso continuo e ascendente, que
acontece como resultado da educación: os logros que se producen nunha etapa, sexa
primaria ou secundaria, teñen repercusións para a seguinte e serán a base doutras
aprendizaxes posteriores.
O noso PLAN DE ACOLLIDA fundaméntase nos plantexamentos de educación
integradora e comprensiva, preocupada polo desenvolvemento equilibrado da
personalidade dos estudantes, pola atención a diversidade e a comprensión de
desigualdades de orixe socio-económico.
A Lei Orgánica 2/2006 de 3 Maio, de Educación (LOE) establece no seu
artigo121.4: Corresponde ás administracións educativas favorecer a coordinación
entro os proxectos educativos entre os centros de Educación Primaria e Educación
Secundaria, co obxecto de que a incorporación dos alumnos a ESO sexa gradual e
positiva.
Por todo o anterior, o paso dunha etapa educativa a outra debe ser continuo,
gradual e coherente, evitando cambios bruscos, e contando coa colaboración da
comunidade educativa (o propio alumnado, profesorado, pais/nais, alumnado en xeral,
departamento de orientación,…).
4
O PLAN DE ACOLLIDA diríxese basicamente a tres grupos:
ALUMNADO. Os alumnos/as que finalizan a etapa de Educación
Primaria dos CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO e CEIP PORTO
CABEIRO, e inician os seus estudos en 1º ESO, dado que constitúen o
centro da nosa tarefa educativa. Dentro deste grupo arbítranse unha serie
de medidas que atendan de xeito xeral ás necesidades do grupo-clase, sen
esquecer, a atención ao alumnado que presente unhas características
específicas. Tamén se terá en conta ao alumnado que procede do IES
ILLA SAN SIMÓN, ou doutro instituto e que se incorpora a 1º de
Bacharelato.
FAMILIAS. As familias dos alumnos/as que se incorporan a 1º da ESO
e 1º de Bacharelato. A colaboración das familias do alumnado é de suma
importancia, é un aspecto fundamental para obter uns óptimos resultados
neste proceso de adaptación.
PROFESORADO. Os responsables do deseño e desenvolvemento do
Programa serán os que a continuación se enumeran:
Equipo de mestres e mestras. Basicamente os titores dos
alumnos de 6º de primaria.
Equipo de profesores de secundaria. Os titores do
alumnado de 4º ESO.
O Equipo directivo dos diferentes centros.
Os Departamentos de Orientación. Concretamente os
orientadores dos centros implicados.
5
2º.- OBXECTIVOS DO PLAN
Os obxectivos deste PLAN DE ACOLLIDA responden as necesidades
detectadas nos diferentes centros educativos, e serán as seguintes:
1. Facilitar una axeitada transición e adaptación do alumnado aos cambios
producidos no contexto escolar, de Educación Primaria a 1º da ESO, e de 4º da
ESO a 1º de Bacharelato.
2. Facilitar o proceso de acollida e integración para previr situacións de
inadaptación, ansiedade, illamento ou baixo rendemento escolar.
3. Establecer unha primeira e axeitada comunicación entre os centros e as familias.
4. Orientar ás familias sobre aqueles aspectos que permitan a adaptación dos seus
fillos/as a nova etapa educativa. Orientalos acerca da educación secundaria, o
bacharelato, a organización do centro, etc.
5. Orientar ao profesorado co intercambio de datos, documentación e información
de interese para mellorar a resposta educativa do alumnado.
6. Promover a coordinación entre os centros de primaria e o instituto, e entre o
instituto Illa San Simón e o Instituto Pedro Floriani.
7. Coordinar as actuación titoriais entre os diferentes centros.
8. Adoptar as medidas oportunas de atención a diversidade: adaptacións
curriculares, medidas de reforzo, agrupamentos específicos, etc.
9. Coordinación nas actuacións a levar a cabo nun primeiro momento da
incorporación do alumnado.
6
3º.- METODOLOXIA
O principio metodolóxico polo que nos orientaremos para levar a cabo este
programa é a participación activa de todos os axentes implicados, dende un enfoque
colaborativo. É fundamental a coordinación das distintas persoas implicadas para
desenvolver as actividades previstas, así como asumir as responsabilidades que lle
corresponden a cada axente educativo.
Neste senso, os Departamentos de Orientación xunto cos titores e parte do
equipo directivo asumirán a principal responsabilidade.
Referente o traballo coas familias e o alumnado, manteremos unha actitude
aberta e confiada, para aminorar ansiedades innecesarias, evitar malentendidos e
posibles problemas de integración no centro. A súa vez, intentaremos implicar ás
familias na responsabilidade do proceso, facilitándolles criterios e consellos que lles
permitan comprender a importancia da súa participación no programa.
7
4º.- ACTIVIDADES – ACTUACIÓNS
4.1.- ACTIVIDADES CO ALUMNADO PARA 1º ESOACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Sensibilización ante o cambio da etapa e de centro Maio e xuño Orientador primaria
Xornada de portas abertas. Visita das instalacións, reunión informativa, …no IES PEDRO FLORIANI Visita do alumnado de 6º primaria ao Instituto. Charla informativa con participación do alumnado de 1º ESO, carpeta con plano, materias, normas, …
Maio ou Xuño Titores, alumnos de 1º ESO, orientadores, xefe de estudos
Traspaso de información do alumnado que ingresará no instituto
Xuño Orientadores e xefe de estudos
4.2.- ACTIVIDADES CO ALUMNADO PARA 1º BACHARELATOACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Sensibilización ante o cambio de centro e etapa Febreiro Orientador Xornada de portas abertas. Visita das instalacións, reunión informativa, …no IES PEDRO FLORIANIVisita do alumnado de 4º ESO ao Instituto. Charla informativa
Marzo Titores, Orientadores, equipo directivo
4.3.- ACTIVIDADES CO PROFESORADOACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Planificación das actividades do PLAN DE ACOLLIDA Abril e maio Orientadores Reunións para coñecemento do alumnado Maio ou xuño Orientadores e
xefe de estudosIntercambio de información (Informe Individualizado de Tránsito)
Xuño Titores e orientadores
Alumnado con necesidades específicas de apoio (ANEAE). Reunión para establecer unhas pautas de actuación para o curso seguinte
Xuño Titores, PT, AL, orientadores
Traspaso de información do alumnado que ingresará no instituto
Xuño Orientadores e xefe de estudos
Análise dos datos e organización das medidas de atención a diversidade
Xuño, setembro Orientador e xefe de estudos
Avaliación das actividades do PROGRAMA DE ACOLLIDA
Setembro Orientadores
4.4.- ACTIVIDADES COAS FAMILIAS DOS ALUMNOSACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES
Información das actividades do PLAN. Presentación das actividades a desenvolver
Xuño Titor, xefes de estudos, orientadores
Reunión de coordinación, para establecemento de pautas de actuación
Terceiro trimestre Orientadores
Visita ao IES PEDRO FLORIANI. Charla na que se informa sobre as características da ESO.
Maio ou Xuño Equipo directivo e orientadores
Proceso de matriculación Xuño Pais/nais, alumnos, administrativos
8
A coordinación das diferentes actuacións realizarase a través dos Departamentos
de Orientación de primaria e da ESO, e ao longo de todo o curso.
A charla as familias será informativa, sobre as características da ESO e da
oferta educativa do Instituto. Poderase revisar a documentación que deberán cubrir os
pais/nais para facer a matrícula dos seus fillos. Entrega de dípticos con diferente
información sobre o noso instituto.
A sesión informativa dirixida aos alumnos de 6º de primaria contará coa
colaboración dos titores deses grupos, orientadores, e algún membro do equipo
directivo. Tamén contaremos coa asistencia de 2 alumnos de 1º ESO, un por cada
titoría. Xuntos contestarán as dúbidas e inquedanzas que podan ter os alumnos de novo
ingreso en relación ao inicio dos estudos da ESO no novo centro.
9
5º.- AVALIACIÓN.
A avaliación será continua, levarase a cabo o longo do desenvolvemento do
programa, e estará a cargo de todos os participantes.
Os criterios básicos de avaliación son:
Grao de satisfacción do profesorado, alumnado e familias (pais/nais) sobre o
proceso de transición e acollida.
Grao de colaboración entre os diferentes centros implicados.
Grao de coordinación entre os departamentos de orientación.
Grao de comunicación coas familias do alumnado implicado.
Información suficiente sobre a normativa do centro: horarios, materiais, …
Integración entre os diferentes compañeiros.
Os instrumentos de avaliación serán a observación e o rexistro de
incidencias, así como a recollida de opinións entre os membros da comunidade
educativa que foron acollidos.
O proceso de seguimento e valoración do programa realizarase a principios do
mes de setembro, comezado o curso seguinte, e finalizando coa elaboración dunha
memoria que terá en conta: idoneidade das actuacións, a implicación das familias, a
integración dos alumnos/as, adecuación do informe individualizado de tránsito, …
10
6º.- CONCLUSIÓN
A transición y acollida dende un enfoque preventivo e colaborativo supón
coordinar a actuación dos distintos niveis que interveñen no sistema de orientación,
optimizando os recursos (persoais e materiais) e mellorando os sistemas de
comunicación entre eles. Tamén é de vital importancia unha adecuada avaliación
inicial, para logo poder estableces as medidas de atención a diversidade oportunas para
o alumnado que as requira e evitar situacións negativas para os alumnos/as. Por outro
lado, este programa tamén permítenos realizar unha primeira toma de contacto coas
familias do alumnado, e iniciar o establecemento de vínculos co centro e cos titores, e a
implicación directa das familias no proceso educativo dos seus fillos.
11
ORGANIZACIÓN DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (LOMCE)
1º ESO MATERIAS HORAS
TRONCAISBIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4XEOGRAFÍA E HISTORIA 3LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 4MATEMÁTICAS 5INGLÉS 3
ESPECÍFICAS EDUCACIÓN PLÁTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL 2FRANCÉS 2EDUCACIÓN FÍSICA 2RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1
DE LIBRE CONFIGURACIÓN
LINGUA GALEGA E LITERATURA 4Materia a determinar polo centro 1Titoría 1TOTAL 32 horas
12
ORGANIZACIÓN DO BACHARELATO (LOMCE)
1º BACHARELATO DE CIENCIASMATERIAS HORAS
XERAISFILOSOFÍA 2LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3INGLÉS 3MATEMÁTICAS I 4
TRONCAISElexir dúas
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 DEBUXO TÉCNICO I 4 FÍSICA E QUÍMICA 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3 MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS MATERIAS HORAS
XERAIS
FILOSOFÍA 2LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3INGLÉS 3LATÍN I (Itinerario de humanidades) 4MATEMÁTICAS APLICADAS AÁS CIENCIAS SOCIAIS I (Itinerario de ciencias sociais)
4
TRONCAIS
Elexir dúas ECONOMÍA 4 GREGO I 4 HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4 LITERATURA UNIVERSAL 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3 MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
13
INFORME INDIVIDUALIZADO DE AVALIACIÓN- 3º CICLO EP
CURSO ACADÉMICO: __________
1. DATOS PERSOAIS
ALUMNO/A:_________________________________________________________________
DATA DE NACEMENTO:_____________________________________________________
2. CONTEXTO FAMILIAR Datos relevantes da situación do alumno/a e da familia postos a disposición do centro para axudar ao proceso.
2.1. INFORMACIÓN SOBRE O ALUMNO/A
2.2 OBSERVACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR
3. AVALIACIÓN INICIAL A desenvolver durante o primeiro mes do inicio do ciclo.
3.1 INFORMES ANTERIORES De final de etapa. □ De final de ciclo. Psicopedagóxico. □ De entidades ou organismos externos. Outros………………………………………………………………………
Particularidades: □ Procedencia doutro centro………………………………
3.2 RESUMO DO HISTORIAL ACADÉMICO
14
Medidas de atención á diversidade: Reforzo Educativo. Apoio na aula. Apoio fóra da aula. Adaptación curricular. Outras: (Permanencia dun ano máis nun ciclo, flexibilización do período de escolaridade…) ………………………………………………………………………………………………….
Acadou os obxectivos das diferentes áreas curriculares do ciclo anterior. Áreas nas que non se acadaron os obxectivos:
CUALIFICACIÓN INSUFICIENTEC.M. MA. L.C. L.G. E.A.(Plást.) E.A.(Músic.) L.E. E.F.
ESTE ALUMNO/A PROMOCIONOU POR CONSIDERAR QUE AS APRENDIZAXES NON ACADADAS NON SUPOÑEN UN OBSTÁCULO PARA AVANZAR
Entidade dos reforzos e apoios específicos que se propuxeron para recuperar as aprendizaxes:
CEIP____________________ Rúa ____________________ (Pontevedra)
Tf./Fax
XUNTA DE GALICIACONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
3.3 GRAO DE DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
4. MEDIDAS EDUCATIVAS (Ordinarias ou extraordinarias organizadas ao longo do ciclo)
4.1 ATENCIÓN XERAL Evoluciona satisfactoriamente participando íntegramente na proposta de
tarefas e proxectos programados)
4.2 MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Reforzo Educativo. Apoio na aula. Apoio fóra da aula. Adaptación Curricular.
15
COMPETENCIA DIMENSIÓN VALORACIÓN
1 2 3 4 GLOBAL1COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
1- Falar e escoitar2- Ler3- Expresarse por escrito
2MATEMATICA
1- Comprender, interpretar e organizar a información.2- Dominar a expresión matemática oral e escrita.3- Formular e resolver problemas
3NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
1- Coñecer, comprender e aplicar nocións e experiencias científicas e tecnolóxicas básicas.2- Comprender como interactúan os seres vivos e o medio.3- Valorar a importancia do exercicio físico, a nutrición e a saúde.4- Coñecer e aplicar procesos científicos e tecnolóxicos.
4NO TRATAMENTO DA INFORM. E C. DIXITAL
1- Dominar linguaxes específicas básicas (textual, numérica, visual, etc.) para organizalas e analizalas.2- Usar as novas tecnoloxías para obter información e reelaborala.
5SOCIAL E CIDADÁ
1- Comunicarse en distintos contextos mediante o diálogo e a negociación, expresando as súas ideas e respectando as alleas.2- Respectar e valorar as normas de convivencia democrática.3- Comprender a evolución da realidade histórica e social, evitando calquera tipo de prexuízo ou discriminación.
6CULTURAL E ARTÍSTICA
1- Disfrutar coas creacións artísticas propias e dos demáis, usando diferentes técnicas artísticas.2- Valorar o patrimonio artístico e cultural.
7APRENDER A APRENDER
1- Adquirir responsabilidades en relación co propio traballo, realizándoo con esforzo e autonomía.2- Sentir satisfacción co traballo ben feito, desenvolvendo a confianza en si mesmo e o gusto por aprender.
8 AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
1- Saber deliberar e tomar as propias decisións.2- Saber buscar solucións a problemas, valorando o positivo de aprender dos erros.3- Coñecerse a si mesmo, as súas posibilidades e limitacións, e con capacidade de autocontrol.
1 = Sen progreso2 = Progreso Insuficiente3 = Progreso Suficiente4= Progreso Adecuado
VALORACIÓN GLOBAL
> 50% de 2 Progreso Insuficiente≥ 50% de 3 Progreso Suficiente≥ 50% de 4 Progreso Adecuado
Outras:……………………………………………………………………………………………
5. GRAO DE APRENDIZAXE ACADADO
5.1 APROXIMACIÓN AOS REFERENTES DA AVALIACIÓN
5.2 GRAO DE ADQUISICIÓN DAS APRENDIZAXES EN RELACIÓN COS OBXECTIVOS E O DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA 1 2 3 4Capta o sentido de textos orais recoñecendo as ideas principias e secundarias.Exprésase de forma oral mediante textos que presenten de maneira coherente coñecementos, feitos e opinións.Le textos de diverso tipo coa fluidez, pronunciación, entonación e ritmo adecuados ao seu contido.Comprende o que le, localiza, recupera información e recoñece as ideas principias e secundarias.Exprésase por escrito de forma clara e ordenada usando as normas gramaticais e ortográficas.Mantén conversas cotiás e familiares, empregando formas e estructuras básicas propias da lingua estranxeira sobre temas coñecidos en situacións de comunicación predecibles.Comprende textos breves escritos en lingua estranxeira.Produce textos moi breves escritos en lingue estranxeira, comprensibles e adaptados ás características da situación e á intención comunicativa.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA2. COMPETENCIA MATEMÁTICA 1 2 3 4Le, escribe e ordena, empregando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccións e decimais ata as centésimas) e os manexa en situacións da vida real.Ten fluidez no uso de estratexias personais de cálculo mental para realizar operacións e cálculos numéricos sinxelos en operacións de suma, resta, multiplicación e división simples, combinando ata dúas operacións en situacións de resolucións de problemas.Aplica estratexias sinxelas e busca procedementos matemáticos adecuados para formular e resolver problemas, expresando de forma ordenada e clara o proceso seguido.Coñece e manexa, en contextos reais, os instrumentos máis adecuados e as unidades de medida usuais, facendo previamente estimacións e expresando con precisión medidas de lonxitude, superficie, peso/masa, capacidade e tempo.Recolle, rexistra, realiza, le e interpreta representacións gráficas e táboas numéricas dun conxunto de datos relativos a contextos familiares.Coñece e utiliza as nocións xeométricas de paralelismo, perpendicularidade, simetría, perímetro e superficie para describir e comprender situacións da vida cotiá.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA3. COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E A INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
1 2 3 4
Planifica e realiza sinxelas investigacións: observa e pregúntase, manipula e experimenta, 16
Supera globalmente os criterios de avaliación das áreas curriculares. Suspende as seguintes áreas:
CUALIFICACIÓN INSUFICIENTE
C.M. MA. L.C. L.G. E.A.(Plást.) E.A.(Músic.) L.E. E.F.
formula hipótese, verifica e argumenta.Interpreta, realiza e emprega planos, mapas, croquis e itinerarios tendo en conta os signos convencionais e a escala gráfica.Emprega as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para situar nas liñas do tempo feitos históricos e outros feitos relevantes.Planifica a construcción de obxectos e aparellos cunha finalidade previa, empregando fontes enerxéticas, operadores e materiais apropiados.Adopta comportamentos de protección do medio ambiente na vida cotiá.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA4. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL 1 2 3 4Emprega diferentes procedementos de búsqueda, selección, organización e interpretación da información.Emprega de maneira adecuada distintas tecnoloxías da información e a comunicación para a búsqueda de información e a creación de diferentes produccións.Presenta un informe, utilizando soporte papel e dixital, recollendo información de diferentes fontes (directas, libros, Internet) con diferentes medios, seguindo un plan de traballo e expresando conclusións.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA5. COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ 1 2 3 4Participa activamente nas actividades da aula e do centro.Acepta e practica as normas de convivencia.Argumenta e defende as opinións propias, escoita e valora críticamente as opinións dos demáis, amosando unha actitude de respecto cara as persoas.Participa na toma de decisións do grupo, empreñando o diálogo para favorecer os acordos e asumindo as súas obrigas.Amosa respecto polas diferenzas e as características persoais propias e dos seus compañeiros e compañeiras.Acepta a corrección no caso de equivocación e asume responsabilidades.Ten adquiridos hábitos de saúde, de hixiene e de alimentación.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA6. COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA 1 2 3 4Representa de forma persoal ideas, accións e situacións valéndose dos recursos que a linguaxe plástica, visual, musical e corporal proporcionan.Constrúe composicións grupais en interacción cos compañeiros e compañeiras utilizando recursos expresivos vocais, instrumentais e corporais.Recoñece e valora as manifestacións artísticas e culturais do mundo social e cultural actual e doutras épocas.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA7. COMPETENCIA PARA A PRENDER A APRENDER 1 2 3 4Utiliza técnicas para aprender a aprender: organiza, memoriza e recupera a información, a través de resumes, esquemas ou mapas mentais.Reflexiona sobre a súa aprendizaxe: organización do traballo, aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe, autocorrección e autoavaliación.Emprega a lectura como medio de obter información.Usa as tecnoloxías da comunicación e a información para aprender a aprender e para comunicarse.VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA8. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL 1 2 3 4Amosa unha actitude de esforzo persoal e actúa de forma coordinada e cooperativa na resolución de tarefas que se plantexan.Amosa interese, creatividade e iniciativa persoal na resolución de tarefas.É autónomo/a na planificación, toma de decisións e realización das tarefas.Razoa e argumenta con lóxica comprobando a validez do proceso levado a cabo.
17
VALORACIÓN GLOBAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA1 = Sen progreso2 = Progreso Insuficiente3 = Progreso Suficiente4= Progreso Adecuado
VALORACIÓN GLOBAL
> 50% de 2 Progreso Insuficiente≥ 50% de 3 Progreso Suficiente≥ 50% de 4 Progreso Adecuado
6. DECISIÓN DE PROMOCIÓNSegundo os datos do apartado (5) que resumen a información das actas de avaliación.
Alcanza os obxectivos de todas as áreas, amosando destrezas nas oito competencias e un grao de madurez suficiente.
Non alcanza os obxectivos das áreas cualificadas negativamente no apartado (5.1)
Amosa un grao de desenvolvemento insuficiente nas seguintes competencias:
C.L MA. C.M. C.D. S.C. C.A. A.A. A.P.
PROMOCIONA Á E.S.O.
NON PROMOCIONA Á E.S.O. ( e permanecerá un ano máis no 3º ciclo)
7. MEDIDAS QUE SE PROPOÑEN PARA O PRÓXIMO CURSO
Reforzo Educativo. Apoio na aula. Apoio fóra da aula. Adaptación Curricular. Exención da 2ª lengua estranxeira Outras:
………………………………………………………………………………….
OBSERVACIÓNS
En Redondela, a ………………………. de……………………. 20….. O/A profesor/a titor/a
Sinatura
18
INFORME DE TRÁNSITO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A E.S.O.
1º.- DATOS DE IDENTIFICACIÓNAPELIDOS:____________________________________________________________________________NOME: ______________________________________________________________________________DATA DE NACEMENTO: ____________________________________IDADE: ______________________CURSO: _____________GRUPO: _____________
TITOR/A:_____________________________________________________________
2º.- ESCOLARIZACIÓN Permaneceu un ano máis: si non
No primeiro ciclo ………………………………………………………………………………… No segundo ciclo…………………………………………………………………………………. No terceiro ciclo ………………………………………………………………………………….
Necesitou medidas de apoio nas áreas de: Lingua española…………………………………………………………………………………… Lingua galega ……………………………………………………………………………………… Educación física…………………………………………………………………………………….. Educación artística ……………………………………………………………………………… Matemáticas ………………………………………………………………………………………. Lingua estranxeira ……………………………………………………………………………….
Tipo de apoio recibido: Dentro da aula……………………………………………………………………………………… Fora da aula ordinaria …………………………………………………………………………
Apoio dado por: Profesor/a titor/a ………………………………………………………………………………….. Profesorado de PEDAGOXIA TERAPÉUTICA ………………………....................... Profesorado de AUDICIÓN E LINGUAXE………………………………………………….
Respondeu ao apoio: Avanzando ben………………………………………………………………………………………… Avanzando moi lentamente …………………………………………………………………….. Esforzándose pero non avanzando …………………………………………………………….. Non colaborando ……………………………………………………………………………………..
Medida curricular de atención a diversidade adoptada: Reforzo educativo…………………………………………………………………………………….. Adaptación curricular ………………………………………………………………………………. Reforzo pedagóxico………………………………………………………………………………….. Agrupamento flexible………………………………………………………………………………..
3º.- NIVEL DE COMPETENCIA CURRICULAR
LINGUASI AS
VECESNON
Lectura e comprensión- Silabea ou deletrea ao ler- Le textos con fluidez- Comprende o que le- Ten unha correcta expresión oral- Busca e procesa a información
Expresión escrita- Escribe oracións- Escribe textos longos- Realiza correctamente composicións
MATEMÁTICASSI AS
VECESNON
19
- Suma- Resta - Multiplica - Divide - Razoamento lóxico- Resolución de problemas
O seu nivel de competencia curricular sitúase no ciclo: 1º ciclo de primaria 2º ciclo de primaria 3º ciclo de primaria
Aconséllase que en 1º ESO curse: Lingua estranxeira si……… non ……
Ou esté exento de 2 lingua estranxeira, polo motivo seguinte,: _______________________________________________________________________________________________________________________
Nivel no que se sitúa ao alumno: Alumno sen problemas de aprendizaxe Alumno con dificultades de aprendizaxe, e necesita:
Reforzo educativo, nas áreas: ______________________________________ ACs, nas áreas: __________________________________________________
4º.- INTERACIÓN NA CLASE O/A alumno/a maniféstase na aula (subliñar)
Distraído/a ou atento/a Desmotivado/a ou motivado/a Despreocupado/a ou responsable Impulsivo/a ou reflexivo Lento na tarefa ou rápido/a Dependente no seu traballo ou independente
5º.- ACTITUDES Introvertido/a ou extrovertido/a Tímido/a ou atrevido Agresivo/a ou dócil Inquieto/a ou tranquilo/a Irrespetuoso/a ou respetuoso/a
6º.- RELACIÓN FAMILIA-COLEXIO De colaboración Non colaboradora, debido a:
______________________________________________________
7º.- OUTROS ASPECTOS QUE CONSIDERE DE INTERESE:_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
En _____________________ a ______ de _____________ de 20____
Asdo. o/a titor/a do curso. Don/Dona: _________________________________
20