Post on 26-Mar-2021
PLÁSTICA 3º ESO
ACTIVIDADE PARA OS DÍAS 5º e 6º DE AUSENCIA POLO COVI-19
A finalidade última deste exercicio é facer unha banda deseñada nas próximas dúas semanas. Imos por partes:-Deberás contar cunha historia breve escrita previamente por ti, ou por outra persoa, tamén podes escoller o texto que eu propoño, o capítulo III de Scórpio de Carballo Calero o homenaxeado nas Letras de 2020.-Usarás dous DINA-4Envíame:-Imaxe do texto onde marques como se repartirán as viñetas con números-Os dous papeis correctamente divididos nas viñetas correspondentes numeradas. Poden ter a forma que queiras pero deben estar separadas.-Debuxos esbozados nas viñetas onde se vexan os bocadillos e textos necesarios.
Tes dúas posibilidades de mostrarme como evoluciona o traballo:-Escaneado-Fotografado. Neste caso coida que non se vexan sobras colocando o papel apoiado sobre unha superficie inclinada ou vertical
Envíao a: xmraplastica@gmail.com antes do remate da primeira semana
Como saberás este exercicio non é avaliable, pero supón unha práctica moi útil para avanzar na materia.
Un saúdo e cóidate