Post on 16-Apr-2017
PRAZAS DA NOSA CIDADEPARA XOGAR E CONVIVIR
Praza da liberdadeUnha das prazas máis novas, cun aparcadoiro debaixo
1ª Praza das Xornadas Xadrez na Rúa, no 2010
PRAZA DA LEÑA
O museo , que se atopa na mesma praza, está instalado en dous pazos levantados a finais do século XVIII: o que dá a rúa Sarmiento, asoportalado e con escudo de armas e con gárgolas nas cornixas e o de Casto Monteagudo, unha gran casa señorial urbana.Para adecuala a Museo fixéronsellealgunhas reformas exteriores como a ponte que une os dous edificios e na fachada principal dúas estatuas que representan a Esperanza e a Fortaleza.
A praza recibe este nome porque nela vendíase a leña para as cociñas. Está rodeada por un conxunto de edificacións populares e no medio da praza atopamos un cruceiro do século XV que posiblemente estivo antes na ponte do Burgo.
Esta praza, como outras de Pontevedra,
tomou o nome do comercio que se
desenvolvía nela ata hai poucos anos.
Hoxe en día os domingos pola mañá
celébrase un mercado de antigüidades.
Os edificios que rodean a praza destacan
polos seus soportais que contan con
locais de tabernas típicas.
PRAZA DA VERDURA
PRAZA DA VERDURADebemos destacar o edificio da Casa
da Luz que recibe o seu nome porque
no ano 1.888 instalouse unha fábrica
de luz, sendo así Pontevedra, das
primeiras cidades de España en contar
cunha fábrica deste tipo.
A fonte que aquí vemos é de ferro.
Existen catro iguais en Pontevedra.
A primeira delas trouxérona de París no
ano 1.887, e as outras tres foron feitas
nos talleres vigueses de Sanxurxo
Badía. Sacaron o molde da que
trouxeran pero os floróns que a
rematan son obra do arquitecto
Sesmeros.
PRAZA DA FERRERÍA
Únese coa pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras que chama a atención pola cantidade de caras da súa fachada .
A Ferrería é sen dubida unha das prazas máis típicas, visitadas e queridas da cidade e o centro neurálxico da vida pontevedresa. Recibe o seu nombre das forxas que existían nos seus soportais e que antigamente subministraban metal aos demais gremios da cidade.
PRAZA DA FERRERÍA
Atópase rodeada de tradicionais terrazas especialmente concorridas durante o verán, que permiten gozar dos variados edificios que conforman este irregular espazo con casas de carácter popular e outras de corte modernista que lle dan un especial perfil.
Todo este conxunto encóntrase presidido pola presenza de dous edificios relixiosos: San Francisco e o Santuario da Peregrina, así como por unha serie de edificacións de pedra, algunhas con soportais dunha grande harmonía.
PRAZA DA FERRERÍA
A Peregrina é unha das prazas máis significativas da cidade de Pontevedra, tanto pola súa céntrica situación como por albergar a igrexa da Peregrina, o templo principal da cidade xa que esa virxe é a súa patroa.
Conecta a zona nova co casco antigo da cidade e é un dos puntos máis frecuentados polos pontevedreses e considerado por eles como o corazón da cidade, lugar de camiño, lecer e de celebracións.
É un espazo bastante amplo xa que enlaza coa praza Ourense, a da Ferrería e os jardins de Casto San Pedro.
Praza da Peregrina
PRAZA DO TEUCRO
Esta praza está rodeada por casas dos séculos XVII e XVIII, o Pazo de San Román e o Pazo do Marqués de Aranda, onde podemos atopar algúns escudos nas súas fachadas. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas máis importantes para tomar tapas ou para ir de viños. O máis curioso do lugar son as preciosas casas que a rodean e os marabillosos soportais que lle dan ao lugar un encanto especial.
PRAZA DA PEDREIRA
Nome derivado das actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteros da cidade. Antigamente coñecida como praza da Herba, é un lugar inundado de tempos pasados no que atopamos o precioso Pazo de Mugartegui construído durante os séculos XVII y XVIII, exemplo característico da arquitectura urbana do barroco galego. Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, O Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias importantes galegas e, rematando a construción, un magnífico exemplar dun reloxo de sol. Hoxe en día é a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe dos Viños Rías Baixas e nel realízanse algunhas bodas civis oficiadas polo Alcalde.
Antigamente coñecida como a Praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba. No gran casarón dos Cruz e Montenegro construída no século XV, viviu o afamado contralmirante Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla do Callao (Perú) na que participou. A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridas reunións de pensadores e escritores da época, como por exemplo Valle Inclán. Actualmente na praza establécese unha estatua en honor ao escritor de Vilanova de Arousa.
Praza de Méndez Núñez
PRAZA DE ESPAÑA
Tamén coñecida como praza do concello porque é ali onde está ubicada a casa do concello. Este edificio foi construido entre 1877 e1890 sobre os restos das antigas casas dos concellos dos séculos XV-XVI é obra do arquitecto Alejandro R. Sesmeros.
Tamén podemos admirar no mesmo entorno desta praza o monumento aos heroes de Ponte Sampaio levantado no ano 1911 polo escultor González Pola logo duna subscrición popular, a fin de conmemorar a vitoria dos galegos contra as tropas de Napoleón.