Presentación definitiva un mar

Post on 24-Apr-2015

1.087 views 10 download

description

 

Transcript of Presentación definitiva un mar

Colección CANISTREL

LIBRO DE CONTOS

escrito e ilustrado

polos alumnos de

3º Ciclo de EP do

CEIP CURROS ENRÍQUEZ

de Celanova

Un mar de aventuras

¿Cantas veces un neno soña co mar? Nel imaxina infinitas aventuras de piratas atrevidos, de mariñeiros valentes, de náufragos, de barcos desaparecidos, de monstros que viven nos profundos abismos. Este libro pon en palabras esas aventuras imaxinadas para que as goces lendo, porque ler tamén é unha aventura infinita para todos os que se atreven a comezala.

Este libro é o resultado dun proxecto didáctico desenvolvido polos alumnos de Terceiro Ciclo de Educación Primaria do CEIP Curros Enríquez de Celanova, en Ourense.

Utilizamos as novas tecnoloxías para a redacción, as ilustracións e o deseño, para que ademais de estar impreso en papel a nosa obra sexa un libro dixital.

Para lelo en internet entra na páxina do colexio e pulsa en animación á lectura

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscelanova/

• AVENTURAS CO CAPITÁN PATANEGRA

• SURCANDO OS SETE MARES• DESCUBRINDO A ATLANTIDA• PERDIDOS NO PACÍFICO• O MUNDO ESCONDIDO• UNHA AVENTURA NO FONDO

MARIÑO• PERIGO NO LAGO NESS• O TESOURO DA ILLA• O MONSTRUO DAS PROFUNDIDADES• O NAUFRAXIO DO MIRAFLOR

ÍNDICE

AVENTURAS CO CAPITAN PATA NEGRA

Uns amigos moi afeccionados ós libros e ás aventuras de piratas fundan “O Club do Mar” e emprenden unha viaxe arredor de América co seu amigo o Capitán Patanegra.

SURCANDO OS SETE MARESUn día Pablo, que dende pequeno soñaba con ser pirata, mercou un barco pirata de verdade e, acompañado dos seus amigos, sucou os sete mares en busca dun gran tesouro.

DESCUBRINDO A ATLANTIDA

Carlos e os seus amigos descobren unha terra perdida baixo o mar: a Atlántida.Alí coñecerán ó seu rei e vivirán unha experiencia inesquecible

PERDIDOS NO PACÍFICOUns rapaces que van de vacacións nun cruceiro naufragan e descobren a illa na que vive o deus POSEIDÓN e a súa mascota.

O MUNDO

ESCONDIDO

Catro nenos viaxan a illa de “El Hierro”. Son succionados por un remuíño e aparecen nun mundo agochado nas profundidades da terra.

UNHA AVENTURA NO FONDO MARIÑO

Tania e Jack son propietarios dunha empresa de mergullo. Un día, explorando novos lugares que mostrarlles ós turistas, son capturados por Burbulla, a raíña das sereas.

O TESOURO DA ILLACatro amigos descobren un tesouro, axudados por un náufrago que resulta ser un compañeiro ó que os piratas abandonaran nunha illa deserta.

PERIGO NO LAGO NESS

Uns exploradores diríxense ó Lago Ness para investigar se é verdade que existe o monstro do que circulan tantas lendas.

O MONSTRUO DAS PROFUNDIDADES

Uns desaprensivos conseguen capturar ó LEVIATÁN, un animal mitolóxico das profundidades con corpo de serpe e cabeza de dragón.Xurxo e mailo seu pai, axudados por un científico, vanse encargar de liberar á criatura.

O NAUFRAXIO DO MIRAFLOR

Catro náufragos conseguen sobrevivir nunha illa e cando cren que un barco ven a rescatalos resulta que son piratas que veñen a ocultar os seus tesouros nunha cova.

AgradecementosÓs mestres que coordinaron a redacción dos contos

A Fernando M. Martínez Menchón por coordinar os traballos de ilustración

Á imprenta Celanova pola edición do libro

A Don Luis Ferreiro, presidente da FUNDACIÓN CELSO EMILIO FERREIRO por apadriñar este libro

Ó auditorio Ilduara, á Fundación Curros Enríquez e ó Concello de Celanova polo seu apoio para realizar esta presentación

Á Consellería de Educación e á Xunta de Galicia por concedernos o Contrato Programa para

a Mellora do Éxito Escolar

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcurroscelanova/

Este proxecto desenvolveuse no marco do Contrato-Programa Plan de Mellora de Éxito escolar que lle foi concedido ó Centro pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.