Post on 05-Jun-2020
REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,
ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS
PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E
SERVIZOS
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 20 de febreiro de 2014, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Preguntas orais en Comisión
1.1 14775 (09/POC-002771)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María Soledad e 4 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da priorización do tramo Carballo-Baio na construción da autovía da Costa da Morte e a súa incidencia nas condicións da adxudicación, así como a execución e as características técnicas do resto do trazado Baio-Berdoias, a existencia dalgún proxecto para a construción dunha variante de Baio e o prazo previsto para a entrada en funcionamento da totalidade da autovía
1.2 16743 (09/POC-002315)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación co proxecto da variante de PortosínPublicación da iniciativa, BOPG n.º 226, do 21.01.2014
1.3 17270 (09/POC-002447)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a valoración do Goberno galego do impacto en Galicia da suba das peaxes das autoestradas e as actuacións previstas para a súa rebaixa, así como sobre o rescate da titularidade pública da AP-9Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014
1.4 17956 (09/POC-002609)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción e 4 máisSobre o estado de execución das obras da ponte de Paradai, da cidade de LugoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014
1.5 18013 (09/POC-002622)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda
Sobre a adxudicación da obra da variante da estrada AC-550 no núcleo de PortosínPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014
1.6 18058 (09/POC-002633)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre as actuacións do Ministerio de Fomento destinadas á mellora da seguridade das infraestruturas ferroviariasPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014
1.7 18168 (09/POC-002655)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción e 3 máisSobre o proxecto de reforma da estrada LU-641 entre A Cruz do Incio e Castroncán, en SamosPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014
Daniel Luís Varela Suanzes-CarpegnaPresidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,
OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS
POR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna P
VicepresidenteEnrique Nóvoa López P
SecretarioAntón Sánchez García AGE
Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SJosé Santiago Freire Abeijón PAlejandro Gómez Alonso PAntonio Mouriño Villar PAna Belén Pontón Mondelo BNGRomán Rodríguez González PJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PPatricia Vilán Lorenzo S
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 14775(09/POC-002771)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Soneira Tajes, María Soledad e 4 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da
priorización do tramo Carballo-Baio na construción da autovía
da Costa da Morte e a súa incidencia nas condicións da
adxudicación, así como a execución e as características
técnicas do resto do trazado Baio-Berdoias, a existencia
dalgún proxecto para a construción dunha variante de Baio e o
prazo previsto para a entrada en funcionamento da totalidade
da autovía
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Marisol Soneira Tajes, Francisco Caamaño Domínguez, Raúl
Fernández Fernández, José Antonio Sánchez Bugallo e Patricia Vilán
Lorenzo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta
oral en Comisión.
No pasado Pleno celebrado os días 29 e 30 de outubro, o Sr. conselleiro de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, manifestou que a Xunta de
Galicia está a priorizar o tramo Carballo-Baio da paralizada autovía da
Costa da Morte e introduciu unha nova infraestrutura que non estaba
prevista anteriormente: a variante de Baio.
A autovía da Costa da Morte é unha infraestrutura que conforma un único
proxecto e que como tal foi licitada e adxudicada, de tal xeito que calquera
modificación ao respecto modifica, tamén, as condicións da licitación e da
adxudicación co que iso pode significar en canto a posibles reclamacións e
recursos por parte das empresas que concorreron o concurso e non gañaron
o mesmo.
Tampouco coñecemos cal é o procedemento para a executar a denominada
variante de Baio, anunciada polo Sr. Conselleiro, nin cal vai a ser o
procedemento para a súa licitación, adxudicación e execución xa que non
figura cantidade algunha nos orzamentos para 2014, nin nos consta que esta
posibilidade figurase na oferta feita pola empresa concesionaria da autovía
como unha posibilidade a maiores.
Todas estas incertezas engádense a un atraso considerable das obras por
decisións políticas da Xunta de Galicia, a carencia de capacidade financeira
da empresa readxudicataria das mesmas, e a sensación dos habitantes da
Costa da Morte de que existe unha falta total de interese por parte do
Goberno Galego para dotar a este territorio dunha infraestrutura
fundamental para o seu desenvolvemento económico.
Por iso, as deputadas e os deputados asinantes preguntan a Xunta de
Galicia nos seguintes termos:
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
1.ª) Que significa exactamente “priorizar o tramo Carballo-Baio” no
trazado da autovía da Costa da Morte?
2.ª) Que pretende facer a Xunta de Galicia co resto do trazado Baio-
Berdoias, e cales serían as características técnicas do mesmo?
3.ª) Existe un proxecto para a construción dunha variante de Baio? Se é así,
canto custa, en que fase de tramitación se atopa e cal vai a ser o proceso e o
prazo para a súa execución?
4.ª) Existe algún proxecto de someter a peaxe o tramo anunciado como
prioritario?
5.ª) Esta priorización non implica a modificación das condicións de
adxudicación da autovía da Costa da Morte?
6.ª) Cando prevé a Xunta de Galicia que circulen vehículos pola totalidade
da autovía da Costa da Morte?
Pazo do Parlamento, 4 de novembro de 2013
Asinado dixitalmente por: María Soledad Soneira Tajes na data 06/11/2013 11:20:21
Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 06/11/2013 11:20:38 Raúl Fernández Fernández na data 06/11/2013 11:20:46 José Antonio Sánchez Bugallo na data 06/11/2013 11:20:54
Patricia Vilán Lorenzo na data 06/11/2013 11:21:03
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 16743(09/POC-002315)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en
relación co proxecto da variante de Portosín
Publicación da iniciativa, 226, 21.01.2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do
Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión,
relativa á variante de Portosín.
O Diario Oficial de Galiza do pasado 22 de outubro de 2013 publicaba a
resolución pola que se sometía a información pública o estudo informativo e o
estudo de impacto ambiental da obra de variante da estrada AC-550 no núcleo de
Portosín. Trátase dunha actuación de pouco máis de sete quilómetros, no que a
Xunta de Galiza ten previsto investir en torno aos 37 millóns de euros. Unha
actuación que neste momento non ten sentido levar adiante e que tería un forte
impacto ambiental e social. A mellora das comunicacións nesta zona podería
resolverse mellorando a AC-550 e destinarse o resto do recursos á incrementar e
reforzar os servizos públicos, ou impulsar a creación de emprego.
Desde o BNG consideramos que nun momento de crise económica, con grandes
recortes en servizos públicos tan relevantes, a atención a sanidade, educación e
servizos sociais deberan ser as prioridades da Xunta de Galiza. Nun contexto
como o actual, as obras en materia viaria deberan centrarse en actuacións que
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
eliminen puntos negros nas estradas galegas, melloras estruturais de estradas que
rexistren unha elevada sinistralidade e o mantemento da rede actual. Do noso
punto de vista, estas non son as circunstancias que concorren no caso da variante
de Portosín, razóns polas que defendemos as seguinte Pregunta para a súa
resposta oral en Comisión:
Considera a Xunta de Galiza que neste contexto de crise económica é lóxico
priorizar actuacións como a variante de Portosín?
Ten previsto a Xunta de Galiza reconsiderar esta actuación e destinar estes
recursos a mellorar a AC-550 e garantir os servizos públicos ou crear emprego
nesta comarca?
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Deputada do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Belén Pontón Mondelo na data 26/12/2013 11:04:41
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 17270(09/POC-002447)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a valoración do Goberno galego do impacto en Galicia da
suba das peaxes das autoestradas e as actuacións previstas
para a súa rebaixa, así como sobre o rescate da titularidade
pública da AP-9
Publicación da iniciativa, 230, 04.02.2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en comisión, relativa ás
actuacións que ten previsto levar adiante o Goberno galego, en relación coas peaxes das
autoestradas, singularmente coa AP-9.
O pasado 1 de xaneiro os galegos e galegas vían de novo como as peaxes das
autoestradas galegas incrementaban os seus prezos. Estamos ante un novo abuso que
converte o acceso ás autoestradas nun artigo de luxo e que agrava a crise que o sector do
transporte atravesa no noso país.
De feito, as autoestradas galegas son das máis caras de todo o Estado e as que
menos bonificacións presentan. Unha discriminación clara, que se agrava no caso da
AP-9 cuxo percorrido íntegro xa supera os 20 euros. Co agravante de ser unha vía de
peaxe na que non hai alternativa real, sendo moitas e moitos os condutores cautivos da
mesma. Mais a AP-9 é tamén a mostra clara e evidente da grande estafa que supuxo a
súa privatización: un grande negocio para Audasa, unha ruína para a cidadanía. Os
galegos e galegas non obtivemos ningún beneficio real da súa privatización, só
incrementos abusivos das peaxes todos os anos.
Desde o Bloque Nacionalista Galego consideramos que esta situación é gravosa
para o conxunto de Galiza e debe ser revisada con urxencia. Non é normal que viais
estruturantes dunha parte relevante do territorio se convertan nun freo ao noso
desenvolvemento é a mobilidade das e dos cidadáns galegos.
Estamos ademais nun momento de crise económica, cuns niveis de paro
escandalosos e cunha forte baixada dos salarios na Galiza, con incremento dos prezos
dos combustíbeis e dos impostos asociados aos mesmos. Xustamente neste contexto a
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
suba das peaxes é un freo ao desenvolvemento económico da Galiza e unha nova
penalización ao conxunto de galegos e galegas que usan esta vía.
Por estas razóns formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta oral en
comisión:
-Como valora a Xunta de Galiza o impacto que ten a suba das peaxes na Galiza?
-Que actuacións ten previsto levar adiante o Goberno galego para que se
rebaixen as peaxes das autoestradas galegas de titularidade estatal e galega?
-Que opinión lle merece á Xunta de Galiza a posibilidade de recuperar a
titularidade pública da AP-9?
-Ten previsto levar adiante algunha actuación que vaia na dirección de avanzar
no rescate da titularidade pública da AP-9?
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Deputada do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 15/01/2014 09:53:32
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 17956(09/POC-002609)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María Concepción e 4 máis
Sobre o estado de execución das obras da ponte de Paradai, da
cidade de Lugo
Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Concepción Burgo López, Juan Carlos González Santín, José Antonio
Sánchez Bugallo, Patricia Vilán Lorenzo e Raúl Fernández Fernández,
deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas
de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en
Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e
Servizos.
A execución do chamado “Plan Paradai”, está a ser un exemplo paradigmático
da ineficacia, falta de credibilidade, e incumprimentos da Xunta de Galicia en
Lugo.
O Plan Paradai foi iniciado en 1999 a través dun convenio firmado pola
Consellería de Política Territorial, o IGVS, a Deputación de Lugo e o
Concello de Lugo e tiña tres fases das que queda pendente a terceira que tería
que terminarse en 2010-2011, pero lonxe diso, a Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas foi demorando estas obras dende 2009.
En 2011 foi necesario firmar unha addenda o convenio para alongar o prazo
de realización das obras por parte da Xunta de Galicia e ampliar o prazo de
remate das obras dous anos, ata 2014, ano no que a Xunta de Galicia se
comprometeu a ter finalizadas as obras, insistimos xa incumprindo as súas
promesas iniciais.
Pero en 2012, e antes de licitar nin unha soa obra, o conselleiro de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas, incumpriu de novo o seu compromiso o
dicir que só realizará a ponte e o enlace ata Serra de Meira, cun presuposto
de 3,5 millóns, e deixando sine die a realización da estrada das Gándaras, o
acceso da nova ponte ata Conde Fontao e o tramo entre Serra de Meira e a
estrada de Vegadeo. Para afianzar este incumprimento total, no mesmo ano a
Xunta de Galicia desestima de forma unilateral o convenio firmado en 1999.
A única obra do Plan Paradai que foi licitada, a ponte e a conexión ca estrada
das Gándaras, foi parada durante máis de un ano e reiniciada en outubro de
2013 pero de novo volveu a ser interrompida en xaneiro de este ano.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas afirmou que
había problemas técnicos para continuar a obra da ponte, pero sen especificar
cales eran estes inconvenientes.
Non parece admisible que de novo a Xunta de Galicia alongue no tempo a
realización destas infraestruturas que son esenciais para a zona norte da cidade
nin que sega a intentar culpar ao Concello de Lugo, nunha estratexia medida
de ataque político con cal intenta tapar a súa propia incapacidade e nula
vontade de rematar estas infraestruturas.
Polo exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Por que despois de tantas demoras na realización do Plan Paradai, a
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas suspendeu
as obras en xaneiro de 2014?
2. Cales son os problemas técnicos aos que aludiu o conselleiro para
xustificar a suspensión?
3. Cando van a reanudar as obras de Paradai?
4. Cando ten previsto a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas rematar a obra da ponte de Paradai e a conexión coa
estrada das Gándaras?
5. Ten intención o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas de retomar o convenio do Plan Paradai desestimado no
ano 2012 de forma unilateral?
6. Ten intención o conselleiro de Medio Ambientes, Territorio e
Infraestruturas de facer as obras da terceira fase do dito Plan que faltan?
7. Cando ten previsto facelo?
Pazo do Parlamento, 24 de xaneiro de 2014
Asdo.: Concepción Burgo López
Juan Carlos González Santín
José Antonio Sánchez Bugallo
Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Asinado dixitalmente por: María Concepción Burgo López na data 24/01/2014 13:14:29 Juán Carlos González Santín na data 24/01/2014 13:14:35
José Antonio Sánchez Bugallo na data 24/01/2014 13:14:41 Patricia Vilán Lorenzo na data 24/01/2014 13:14:47
Raúl Fernández Fernández na data 24/01/2014 13:14:53
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 18013(09/POC-002622)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre a adxudicación da obra da variante da estrada AC-550 no
núcleo de Portosín
Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
Yolanda Díaz Pérez, membro do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega da
Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión, relativa
á resolución que somete a información pública o estudo informativo e de impacto
ambiental da variante da estrada AC-550 no núcleo de Portosín.
Ao rematar maio, presentou Alternativa Galega da Esquerda dúas iniciativas
advertindo dos prexuízos que se derivarían da pretensión da consellaría de desbaldir
millóns de euros nunha infraestrutura superflua que afectaría a diversos espazos
naturais protexidos e a diversos elementos do patrimonio cultural. Agora publícase no
DOG de 20 de novembro, o trámite de información pública do estudo informativo e de
impacto ambiental da obra da variante da estrada AC-550 no núcleo de Portosín.
No resumo do estudo de impacto ambiental acredítase a existencia do LIC Esteiro do
Tambre como parte da ría de Noia, abranguindo unha superficie de 1.581 ha., o cal
propicia o desenvolvemento dunha ampla gama de comunidades vexetais que alentan
un determinado número de especies acuáticas invernantes e algunhas nidificantes.
No ámbito do hábitat as obras de actuación da obra afectan a unha parte do polígono
con diferentes elementos dentro do ámbito e nos arraedores.
Nas inmediacións da área de estudo atópanse dous humidais, un, o de Trasdunas das
Gaivotas, dentro do ámbito doe studo, e outro, o das Marismas de Anguieira a poucos
metros do mesmo.
O estudo recolle o inventario dos elementos patrimoniais susceptibles de vérense
afectados pola obra: as mámoas da Agra da Cova, o castro de Valcunqueiro, os muíños
das Raposeiras, as cruces de Mantoño, as Pedregueiras e o camiño de Mantoño.
A xeración de riscos ecolóxicos de grao medio, de carácter irreversible, na rede de
drenaxe superficial apenas se poderá no mellor dos casos mitigarse; na hidroloxía
subterránea a afección é alta tanto na perda de calidade das augas como nas
interferencias no réxime hidráulico; haberá destrución directa de solo extensa,
permanente e irreversible; recoñécese o irreversible efecto barreira na fauna; a
recoñecida no estudo afectación media, permanente e irreversible no patrimonio
cultural; a lesión alta, extensa, permanente e apenas mitigable no que atinxe á paisaxe;
e unha afección irreversible, aínda que o estudo di que de grao baixo nos tecores de
caza e pesca: en resumo, atopámonos con impactos que o propio estudo de impacto
ambiental cualifica como moderados na emisión de partículas e gases de combustión e
nas vibracións, na rede de drenaxe e nas augas fluviais, nas interferencias no réxime
hidráulico, na eliminación da cuberta vexetal e nas formacións vexetais de interese, así
como na perda de bens e na permeabilidade territorial; e o impacto é severo na
xeración de riscos xeolóxicos, na destrución directa de solo e na creación do efecto
barreira.
Todo elo para satisfacer un volume de tráfico que se mantivo constante nos últimos 10
anos (non superou o incremento do 1% no decenio), e incluso cun lixeiro descenso nos
últimos anos no que se refire a vehículos pesados. E os atascos puntuais se superarán
coa posta en funcionamento da variante noiesa. Cales son polo tanto os estudos de
tráfico da zona? De que planeta saen os centros de camións e os milleiros de vehículos
reflectido na memoria? Incluso o pretendido aforro do tempo dista de ser o sinalado.O
proxecto fala de mellorar a seguridade nun traxecto que xa o é.
A consellaría deixa de lado a previsible afectación negativa no pequeno negocio da vila,
ao alonxar o tráfico destes establecementos. Incluso os danos nos montes adxacentes
restaría un valor natural por suposto, pero tamén económico ao restar ao turismo
verde na zona.
Por último que non menor, queremos chamar a atención sobre un proxecto inviable
nos termos económicos porque supón enterrar, nas verbas do conselleiro, 37 millóns
de euros, os cales teñen hoxe outras ocupacións urxentes e necesarias, que non son as
desta variante.
En suma,o conxunto dos prexuízos nunha infraestrutura tan innecesaria como onerosa
leva a este Grupo Parlamentar a reclamar a súa non realización.
Xa que logo, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda formula a
seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral na comisión:
- En atención aos prexuízos avaliados no informe de impacto ambiental non vai
proceder o goberno galego a suspender a súa adxudicación?
- Non considera o goberno galego un gasto superfluo e oneroso un investimento
nunha infraestrutura que non é precisa á teor dos datos de tráfico da memoria
do estudo informativo?
Compostela, 28 de xaneiro do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 28/01/2014 10:14:32
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 18058(09/POC-002633)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións do Ministerio de Fomento destinadas á
mellora da seguridade das infraestruturas ferroviarias
Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014
Á MESA DO PARLAMENTO
Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario da
Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta, para a súa resposta
oral en Comisión, en relación coas medidas de seguridade a adoptar despois
do accidente de Angrois.
O accidente na curva da Grandeira, unha traxedia na que faleceron 79 persoas,
mostrou carencias nos sistemas de seguridade das liñas chamadas de alta
velocidade.
Ademáis do esclarecemento das responsabilidades do accidente, é
fundamental correxir aqueles aspectos necesarios para que non se volte a
producir un accidente destas características.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou unha batería de 20 medidas
correctivas.
Non se puxo un prazo para executar estas melloras, que supoñen revisar toda
a rede ferroviaria e os sistemas de seguridade. A aquel grupo inicial de
reformas sumáronse outras achegadas polas vítimas, como a suxeición dos
asentos ao arco estrutural do tren ou estudar o uso do cinto de seguridade,
medidas que a ministra formulou no último Consello de Ministros de Transporte
da UE.
Polo declarado pola ministra todo está en revisión medio ano despois.
Descoñecemos si o goberno galego dispón de información por parte do
Ministerio de Fomento sobre as a súas actuacións no sistema ferroviario
galego.
Por todo o exposto, o deputado que subscrebe, do Grupo Parlamentar da
Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte Pregunta para a súa
resposta oral en Comisión:
1.- É coñecedor o goberno da Xunta de Galicia do grado de execución e
implementación das 20 medidas propostas polo Ministerio de Fomento en
relación coa mellora da seguridade das infraestruturas ferroviarias?
2.- Cáles son as medidas executadas ate o de agora?
3.- Dentro das 20 medidas non se explicitou rematar de implementar o tramo
Ourense A Coruña con todas as características do proxecto orixinal como
cambio do ancho de vía e a implantación das medidas de seguridade previstas
no proxecto inicial .Cál é a posición defendida pola Xunta de Galicia diante do
Ministerio de Fomento a propósito do remate da liña en 2018?
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014.
Asdo. Antón Sánchez García
Deputado do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Antón Sánchez García na data 28/01/2014 12:23:11
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.02.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.7 18168(09/POC-002655)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María Concepción e 3 máis
Sobre o proxecto de reforma da estrada LU-641 entre A Cruz do
Incio e Castroncán, en Samos
Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Concepción Burgo López, Raúl Fernández Fernández, José Antonio
Sánchez Bugallo e Patricia Vilán Lorenzo, deputadas e deputados
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e
Servizos.
En novembro de 2009, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas anunciou o inicio dun estudio para elaborar un proxecto de
reforma da estrada LU-641 entre A Cruz do Incio e Castrocán en Samos
para incrementar as súas condicións de seguridade eliminando ou
reducindo curvas, ampliando tramos e acondicionado os entronques con
outras estradas, tal como afirmou a delegada da Xunta de Galicia en Lugo.
Para elo, o Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010
aprobou un decreto para proceder a expropiación urxente dos bens e
dereitos afectados polo proxecto de mellora desta estrada, ao tempo coas
obras, dun total de 14,4 quilómetros e con 7.404.428,07 € de orzamento,
dividíanse en tres tramos:
Castrocán-Santa María do Mao cun orzamento de 2.184.147,29 €
Travesía do Mao cun orzamento de 509.203,96 €
Santa María do Mao - O Incio cun orzamento de 4.711.076,82 €
As obras tiñan unha duración prevista de 12 meses, e a travesía e o tramo
entre Santa María do Mao e O Incio están rematados; pero non así a parte
que une Castrocán e Mao onde nada se fixo e está nunhas condicións
lamentables.
Non parece lóxica esta situación cando a Xunta de Galicia afirmaba que a
adaptación da estrada LU-641 ao Plan de baixa intensidade media diaria era
absolutamente necesaria porque era a principal vía de comunicación entre
os concellos de Samos e O Incio. Así, afirmaba en 2010, que había que
aumentar a estrada con dous carrís de 3 metros para desconxestionar o
tráfico, reducir os tempos de percorrido, mellorar a seguridade de vehículos
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
e peóns e a accesibilidade a empresase vivendas. Tan importante era que as
expropiacións se fixeron polo procedemento de urxencia.
Non se pode entender, por tanto, como no se rematou a obra e permítese
que parte desta estrada, o tramo que une Santa María de Mao e Castrocán,
estea nunhas lamentables condicións que fan perigosa a circulación, sobre
todo en inverno, e reduce as posibilidades de competitividade das empresas
situadas na zona.
As necesidades que deron lugar ao arranxo da estrada LU-641 seguen
presentes, e mais son aínda maiores polo deterioro que o tempo fixo no
tramo non iniciado. As expropiacións están feitas e polo tanto, so se
necesita a vontade política de cumprir cas promesas realizadas pola Xunta
de Galicia para arranxar o tramo que resta.
Polo exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Por que non se fixo a obra de arranxo do tramo Santa María de Mao-
Castrocán (Samos) da estrada LU-641?
2. Foron adxudicadas as obras no tramo santa María do Mao-
Castrocán? Cando?
3. Pensa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
terminar esta obra xa presupostada e anunciada dende 2010?
4. Considera a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas que é necesaria facer o tramo restante da LU-641?
Pazo do Parlamento, 28 de xaneiro de 2014
Asdo.: Concepción Burgo López
Raúl Fernández Fernández
José Antonio Sánchez Bugallo
Patricia Vilán Lorenzo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Asinado dixitalmente por: María Concepción Burgo López na data 29/01/2014 11:05:31
Raúl Fernández Fernández na data 29/01/2014 11:05:39 José Antonio Sánchez Bugallo na data 29/01/2014 11:05:45
Patricia Vilán Lorenzo na data 29/01/2014 11:05:51