Post on 20-Jul-2015
Sanguiño(Rhamnus frangula)
arraclánglossy buckthorn
bourdainesanguiño
CLASEAnxiospermas
ORDERhamnales
FAMILIARhamnáceas
Arbusto ou pequena árbore coa copa redondeada que pode acadar os 4 m de altura.É orixinaria de Europa, norte de África e oeste de Asia. Atópase en lugares húmidos e sombrizos nas proximidades de bosques caducifolios e cursos de auga. É común en toda Galiza agás nos sitios máis secos e nas montañas altas.
TALO:Toro curto, xeralmente curvado, coa tona de cor vermella a parda, máis escura e con gretas canto máis vella.
FOLLASCaedizas, simples, alternas, de forma oval, de 3 a 6 cm de ancho e 4 a 8 cm de lonxitude, de cor verde e lustrosas polo dereito e máis craras no revés.
folla nova
FLORESHermafroditas, pequenas, con cinco pétalos brancos e agrupadas en pequenos grupos nas axilas das ponlas. Florece entre abril e xullo.
FROITOS Drupas de 8 mm, primeiro vermellas e despois negras. Maduran a partir de xullo.
CICLO ANUAL-SANGUIÑO
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
USOS: árbore ornamental para parques e xardíns.a madeira úsase en carpintería e a cortiza como vermífugo en mediciña popular.
PUDIO(Rhamnus alpinus)Arbusto caducifolio que aparece puntualmente en zonas calcárias da cunca do Sil.
Rhamnus pumila legionensisArbusto anano que vive sobre paredes calcárias. Endémico do Noroeste da Península Ibérica. En Galiza atópase en Enciña da Lastra e no Courel.
ALATERNO(Rhamnus alaternus)Árbusto ou pequen árbore que só se atopa nas calcárias de Enciña da Lastra.
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetXullo 2015